Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Punxín

Coord.:42°22′13″N8°00′43″O / 42.370277777778,-8.0119444444444
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Punxín.
Modelo:Xeografía políticaPunxín
Imaxe

Localización
lang=glEditar o valor en WikidataMapa
 42°22′13″N8°00′43″O / 42.370277777778,-8.0119444444444
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de OurenseEditar o valor en Wikidata
CapitalA ForxaEditar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación755(2024)Editar o valor en Wikidata (44,41hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie17 km²Editar o valor en Wikidata
Altitude145 mEditar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• AlcaldeEditar o valor en WikidataManuel Vázquez FernándezEditar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en PunxínEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal32...Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE32065Editar o valor en Wikidata

Punxín é un concello daprovincia de Ourense, pertencente ácomarca do Carballiño. Segundo o padrón municipal, en2014 tiña 749 habitantes(956 en2003). O seu xentilicio(véxase no Galizionario) épunxinés.

Poboación

[editar |editar a fonte]
Censo total (habitantes)749 (2014)
Menores de 15 anos35 (4,67 %)
Entre 15 e 64 anos411 (54,87 %)
Maiores de 65 anos303 (40,45 %)
Evolución da poboación de Punxín  Fontes:INE eIGE.
1900193019501981200420092011201220132014201520162017201820192020202120222023
2.1732.0732.1001.281945861801
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos doINE e doIGE poden non coincidir.)

Xeografía

[editar |editar a fonte]

O concello, de 17,1 km², abrangue seis parroquias. Está situado ao noroeste da provincia de Ourense, atravesado polorío Barbantiño.

Patrimonio

[editar |editar a fonte]

Consérvanse restos de poboados castrexos nomonte de San Trocado e nocastro de San Cibrao de Las, no límite co concello deSan Amaro.

A igrexa de Vilela é de orixe románica, reformada no século XVIII, cunha soa nave e ábsida rectangular. Ten esculturas barrocas de San Pedro e dúas imaxes da Virxe das Dores e do Rosario, e un cáliz e un incensario de prata do século XVIII, deseñados por Piedra e Rañoi. Detrás do templo hai uncruceiro cunpeto de ánimas no pé que conserva un capitel xónico.

A igrexas de Ourantes é románica, do século XII. É dunha soa nave e ten un retablo churrigueresco.

A igrexa de Punxín é do século XVII, e conserva restos góticos. No seu interior hai un sartego prerrománico, do século IX, atribuído a San Wintila. Ten unha custodia do século XVIII e unha cruz do XVII deseñada por Pescouber. No adro hai un cruceiro modernista.

A igrexa de Freás é do século XVIII, co retablo maior rococó e esculturas barrocas da Virxe das Candeas, San Roque e a Virxe das Dores. Na fachada hai unha figura gótica da Virxe co Neno.

A igrexa de Vilamoure é do século XVIII, e ten dúas obras de pratería atribuídas ao abade Miguel Pérez.

A igrexa de Barbantes é dos séculos XVIII e XIX, e no seu interior ten un retablo rococó con imaxes do barroco.

O pazo de Punxín ten a súa orixe no século XII. En Freás está o pazo do Souto.

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Galería de imaxes de Punxín.

Parroquias

[editar |editar a fonte]
Galicia |Provincia de Ourense | Parroquias dePunxín

Barbantes (Santiago) |Freás (Santa María) |Ourantes (San Xoán) |Punxín (Santa María) |Vilamoure (Santo Estevo) |Vilela (Santa María)

Lugares de Punxín

[editar |editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Punxín vexa:Lugares de Punxín.

Notas

[editar |editar a fonte]

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  PunxínModificar a ligazón no Wikidata
Comarca do Carballiño
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Punxín&oldid=6947077»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp