Pseudofungi | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Grupos | |||||||||
Sinonimia | |||||||||
Heterokontimycotina |
Pseudofungi é un grupo deheterocontos non-fotosintetizadores,[2][3], e que tamén se coñece como o grupoHeterokontimycotina.[4] Está composto porOomycota eHyphochytridiomycetes.[4]
O seu xeito de medrar, a partir de hifas, e o seu modo de nutrición osmotrófico fan que semellen aosfungos (sensu stricto), mais non están relacionados con estes. Multitude de probas bioquímicas, estruturais e de características xenéticas proban esta separación dos dous grupos.[4]
Postúlase que os pseudofungos proceden dealgas cromistas heterocontas unicelares que perderon os seusplastidios. Non se atopou proba desa perda deplastidios, mais si da existencia de plastidios dealgas vermellasendosinbiónticas.[5]
Logo, a partir dun proto-pseudofungo unicelular heterotrofo, probablemente un parasito de cogomelos, terían adquirido xenes de fungos grazas á transferencia xénica horizontal. Iso deu lugar a un desenvolvemento dunhaconverxencia da multicelularidade fúnxica,[6] e explicaría porqué aparede celular está ás veces formada porquitina ecelulosa
Os oomicetos estiveran sendo clasificados como fungos ata que as revisións sitemáticas da década de 1970 comezaron a cuestionar a súa relación cos fungos. Comezouse argumentando que non pertencían ao reino dos fungos[7][8] resaltando que estes estaban relacionados coas xantofíceas e chamóuselles "fungos algais"[9]. A esa nova división déuselle ou ben o rango de subdivisiónPseudofungi do filo dos Heterokonta e reino Protista[10] ou comoHeterokontimycotina do reino Heterokonta[11]. Clasificacións posteriores subiron os Heterokonta á posición de infrareino para definir este grupo de heterotrofos autotróficos[12], e que de novo se dividiu en dous filos: Bigyra e Pseudofungi.[3]
As relacións entre os grupos de pseudofungos son:
Pseudofungi |
| ||||||||||||