Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado histórico | Primeiro Imperio Francés![]() | |||
Capital | Liubliana![]() | |||
Poboación | ||||
Poboación | 1.500.000![]() | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Datos históricos | ||||
Creación | 1809![]() | |||
Disolución | 1816![]() | |||
O dasProvincias Ilirias (Provinces illyriennes, enfrancés) foi un estado satélite doPrimeiro Imperio francés situado e a costa norte e leste do marAdriático, no que foi a rexión histórica deIliria.
As Provincias Ilirias creáronse o14 de outubro de1809 a raíz doTratado de Schönbrunn, polo cal, entre outras disposicións, oImperio austríaco cedía ao Imperio napoleónicoTrieste eDalmacia. A estes territorios sumouse aRepública de Ragusa, anexionada porFrancia un ano antes.
A autoridade francesa levábaa a cabo unGobernador Xeral, o primeiro dos cales foiAuguste Marmont. Entre as novidades que se implantaron destaca a instauración dun código civil (copia do francés) na rexión, e a utilización dos idiomas eslavos (esloveno e croata) no ensino.
En agosto de1813, Austria declarou de novo a guerra aNapoleón e invadiu as Provincias Ilirias, apoiada polas tropas croatas que desertaban dos exércitos franceses. Pouco despois, enDubrovnik, estalaba unha insurrección contra os franceses que os expulsou coa esperanza de restaurar a República de Ragusa. Porén, tras a ocupación austríaca, isto nunca chegou a consumarse.
Coa derrota definitiva de Napoleón en1815, oCongreso de Viena ratificaba a soberanía austríaca na rexión e formáronse osReinos de Iliria e deDalmacia, como partes do Imperio austríaco.