Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Provincias e territorios do Canadá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa xeopolítico do Canadá

OCanadá é unhafederación deNorteamérica integrada por dezprovincias e tresterritorios que conforman osegundo país máis grande do mundo en termos de superficie. A diferenza principal entre unha provincia e un territorio canadense é que a provincia recibe os poderes de goberno directamente da Coroa británica, por medio do Acta da Constitución de 1867, o cal outórgalle máis competencias e dereitos que un territorio, cuxos poderes están delegados polo goberno federal.

Na actualidade as provincias do Canadá sonAlberta, aColumbia Británica,Manitoba,Novo Brunswick,Terra Nova e Labrador,Nova Escocia,Ontario, aIlla do Príncipe Eduardo,Quebec eSaskatchewan. Os tres territorios son osTerritorios do Noroeste,Nunavut eYukón.

Historia

[editar |editar a fonte]

Ontario,Quebec,Novo Brunswick eNova Escocia son as provincias orixinais, formadas cando as colonias británicas norteamericanas se federaron o 1 de xullo de 1867 no Dominio do Canadá e por etapas comezaron a acumularse os indicios de soberanía do Reino Unido. Durante os seis anos seguintesManitoba,Columbia Británica e aIlla do Príncipe Eduardo foron engadidas como provincias.

ACompañía da Baía de Hudson mantiña o control de grandes porcións de territorio do oeste do Canadá ata1870, data en que entregaría estas terras ao goberno do Canadá e que conformarían osTerritorios do Noroeste. O 1 de setembro de1905, unha porción dos Territorios do Noroeste que se atopaba ao sur doparalelo 60 converteuse nas provincias deAlberta eSaskatchewan. En1912, as fronteiras do Quebec, Ontario e Manitoba estendéronse cara ao norte: Manitoba estendeuse ata o paralelo 60; Ontario cara ábaía de Hudson e Quebec anexouse o Distrito de Ungava.[1]

En1869,Terra Nova e Labrador decidiu nunreferendo permanecer como territorio británico e non como parte do Dominio do Canadá xa que temían que as políticas do Canadá central dominasen as políticas de Terra Nova en canto aimpostos e outros asuntos económicos. En1907, Terra Nova e Labrador adquiriron o estatuto de Dominio. Porén, en1933 o goberno de Terra Nova caeu, e durante asegunda guerra mundial o Canadá tomou a responsabilidade de defender Terra Nova. Logo da guerra, cuestionouse o estatuto de Terra Nova, e por unha estreita maioría, os cidadáns votaron para unirse á Confederación Canadense en1948, nun referendo. O31 de marzo de1949, converteuse na décima e última provincia en unirse á confederación.

Goberno

[editar |editar a fonte]
Evolución das fronteiras e os nomes das provincias e territorios do Canadá.

As provincias gozan de grande autonomía en relación co poder federal, e teñen a xurisdición sobre a maioría dos servizos públicos desanidade,educación, benestar e dos transportes intraprovinciais. Reciben "pagos de transferencia" do goberno federal para financiar estes servizos, e tamén teñen a capacidade de cobrar os seus propiosimpostos. O goberno federal, con poderes superiores en canto ao cobro de impostos, acondiciona estes pagos de transferencia e inflúe ás provincias; por exemplo, como condición para recibir fondos para financiar os servizos de sanidade, as provincias téñense que comprometer a ofrecer acceso universal.

Os órganos lexislativos das provincias son unicamerais. Anteriormente, algunhas provincias tiñan unha segunda cámara, coñecida como Consello Lexislativo, pero foron abolidas; a última en selo sería a do Quebec en1968. Na maioría das provincias, o órgano lexislativo chámase Asemblea Lexislativa, salvo nas provincias de Nova Escocia e Terra Nova e Labrador onde se chama Casa de Asemblea, e no Quebec, onde se coñece como Asemblea Nacional. Ontario ten unha Asemblea Lexislativa pero os seus membros denomínanse Membros do Parlamento Provincial. As Asembleas Lexislativas usan un procedemento similar ao daCámara dos Comúns canadense. O xefe de goberno de cada provincia é opremier, xeralmente o líder do partido con maioría parlamentaria. Este é tamén o caso en Yukón, pero os Territorios do Noroeste e Nunavut non teñen partidos políticos a nivel territorial. O representante da raíña en cada provincia é oTenente Gobernador. En cada un dos territorios hai un Comisionado análogo, pero representa ao goberno federal e non ao monarca. Estas diferenzas terminolóxicas resúmense a continuación.

Terminoloxía federal, provincial e territorial comparada

[editar |editar a fonte]
CanadáGobernador XeralPrimeiro MinistroParlamentoParlamentario
SenadoCámara dos ComúnsSenadorMembro do Parlamento
OntarioTenente GobernadorPremiern/a(*)Asemblea Lexislativan/aMembro do Parlamento Provincial
QuebecAsemblea NacionalMembro da Asemblea Nacional
Terra Nova e LabradorCámara da AsembleaMembro da Cámara da Asemblea
Nova EscociaMembro da Asemblea Lexislativa
Outras provinciasAsemblea Lexislativa
TerritoriosComisionadoLíder do Goberno (Premier)

(*) Quebec, Nova Escocia, Novo Brunswick, Manitoba, Terra Nova e a Illa do Príncipe Eduardo historicamente tiñan un Consello Lexislativo, análogo ó Senado federal.

Provincias do Canadá

[editar |editar a fonte]
EscudoProvinciaAbreviatura postal
Código ISO
Capital
[2]
Maior
cidade[3]
Entrada na
Confederación[4]
Poboación
[a]
superficie (km2)[6]Lingua
oficial[7]
Escanos[8]
TerraAugaTotalCongresoSenado
Ontario1[b]ONToronto1 de xullo de 186714,711,827917,741158,6541,076,395Inglés[c]12124
Quebec1QCQuebecMontreal1 de xullo de 18678,537,6741,356,128185,9281,542,056Francés[d]7824
Nova Escocia2NSHalifax[e]1 de xullo de 1867977,45753,3381,94655,284Inglés[f]1110
Novo Brunswick2NBFrederictonMoncton1 de xullo de 1867779,99371,4501,45872,908Inglés
Francés[g]
1010
Manitoba3MBWinnipeg15 de xullo de 18701,377,517553,55694,241647,797Inglés[c][h]146
Columbia Británica2BCVictoriaVancouver20 de xullo de 18715,110,917925,18619,549944,735Inglés[c]426
Illa do Príncipe Eduardo2PECharlottetown1 de xullo de 1873158,1585,66005,660Inglés[c]44
Saskatchewan4SKReginaSaskatoon1 de setembro de 1905}}1,181,666591,67059,366651,036Inglés[c]146
Alberta4ABEdmontonCalgary1 de setembro de 19054,413,146642,31719,531661,848Inglés[c]346
Terra Nova e Labrador2NLSan Xoán de Terra Nova31 de marzo de 1949521,365373,87231,340405,212Inglés[c]76
Total700737672706000000037.672.70670065490918000000005.490.9187005572013000000000572.01370066062931000000006.062.93170023350000000000003357002102000000000000102

Notas:

  1. Xusto antes da formación da Confederación, Ontario e Quebec formaban a Provincia do Canadá.
  2. Nova Escocia, Novo Brunswick, a Columbia Británica e a Illa do Príncipe Eduardo eran colonias separadas cando se uniron á Confederación. Antes da súa entrada, Terra Nova era un Dominio da Commonwealth Británica.
  3. Manitoba conformouse ao mesmo tempo que os Territorios do Noroeste.
  4. Saskatchewan e Alberta foron creadas a partir dos Territorios do Noroeste.
  1. As of Q1 2020.[5]
  2. Ottawa, a capital nacional do Canadá, está situada en Ontario, preto da súa fronteira con Quebec. Non obstante, aRexión da Capital Nacional esténdese a ambos lados da fronteira.
  3. 3,03,13,23,33,43,53,6De facto; O francés ten un estatuto constitucional limitado.
  4. Carta da lingua francesa; O inglés ten un estado constitucional limitado.
  5. Nova Escocia disolveu as cidades en 1996 a favor demunicipios rexionais; polo tanto o seu maior municipio rexional substituíuse.
  6. Nova Escocia ten moi poucos estatutos bilingües (tres en inglés e francés; un en inglés e polaco); algúns órganos gobernamentais teñen nomes lexislados en inglés e francés.
  7. Sección dezaseis da Carta canadense de dereitos e liberdades.
  8. Aínda que a provincia ten proteccións constitucionais por riba da media para a lingua francesa, non é aínda unha lingua oficial.

Edificios lexislativos provinciais

[editar |editar a fonte]

Territorios do Canadá

[editar |editar a fonte]

Na actualidade, os territorios doCanadá son tres. A diferenza das provincias, os territorios do Canadá non teñen ningunha xurisdición inherente e só gozan dos poderes que lles son delegados polo goberno federal.[9][10][11] Os territorios abarcan a porción do Canadá ao norte da latitude 60° N e ao oeste dabaía de Hudson, así como case todas as illas ao norte do Canadá continental (desde abaía de James cara ásIllas Árticas). A seguinte táboa presenta os territorios en orde de precedencia.

Territorios do Canadá
EscudoTerritorioAbreviatura postal (código ISO)Capital e
cidade máis grande[2]
Entrada na
Confederación[4]
Poboación[a]Superficie (km2)[6]Linguas oficiaisEscanos[8]
TerraAugaTotalCongresoSenado
Territorios do NoroesteNTYellowknife15 de xullo de 187044,9041,183,085163,0211,346,106Chipewyan,cree,inglés,francés,gwich'in,inuinnaqtun,inuktitut,inuvialuktun,slavey do norte,slavey do sur eTłįchǫ[12]11
YukónYTWhitehorse13 de xuño de 189841,078474,3918,052482,443Inglés efrancés[13]11
NunavutNUIqaluit1 de abril de 199939,0971,936,113157,0772,093,190Inuinnaqtun,inuktitut,inglés efrancés[14]11
Total territorios7005124790000000000124.79070063593589000000003.593.5897005328150000000000328.15070063921739000000003.921.7397000300000000000000370003000000000000003

Nota:Canadá non adquiriu novo territorio para crear Yukón, Alberta, Saskatchewan ou Nunavut. Estes formáronse a partir dos Territorios do Noroeste.

  1. As of Q1 2020.[5]

Edificios lexislativos territoriais

[editar |editar a fonte]

Evolución das provincias e territorios

[editar |editar a fonte]

Columbia Británica, Novo Brunswick, Terra Nova e Labrador, Nova Escocia e a Illa do Príncipe Eduardo eran colonias separadas antes unirse ó Canadá. Ontario e Quebec uníronse antes da Confederación como a Provincia do Canadá.

Manitoba e os Territorios do Noroeste creáronse en1870 a través daTerra de Rupert e os Territorios do Noroeste. Entón, a rexión do Territorio do Noroeste abarcaba todo o norte e o oeste do Canadá, incluíndo dúas terceiras partes de Ontario e Quebec, salvo as Illas Árticas, a Columbia Británica e unha pequena porción do sur de Manitoba.

En1882 formáronse os distritos provisionais nos Territorios do Noroeste.

En1895 fixéronse cambios nos distritos dos Territorios do Noroeste.

En1903 a disputa pola fronteira deAlasca fixou o límite noroeste de Columbia Británica. Este foi unha das dúas únicas provincias na historia canadense en reducir o seu tamaño. A segunda ocorreu en1927, cando unha disputa divisoria entre a provincia do Quebec e o Dominio de Terra Nova resultou no incremento de Labrador a expensas do Quebec.

En1905 formáronse a provincias de Alberta e Saskatchewan a partir dos Territorios do Noroeste.

En1912 as provincias do Quebec, Ontario e Manitoba creáronse de territorio que formara unha vez parte dos Territorios do Noroeste.

En1999 Nunavut foi creado a partir da porción leste dos Territorios do Noroeste. Yukón está na parte occidental do norte do Canadá, mentres que Nunavut está no leste.

A poboación de Nunavut é 85%inuit, mentres que a poboación dos Territorios do Noroeste é 10% inuit, 40% amerindios (chamados "Primeiras Nacións" ou "primeiros pobos") emétis (mestizos) e o 50% non éaborixe. Os tres territorios son a rexión menos poboada do Canadá, cunhas 100.000 persoas. A miúdo refírese a eles como unha soa rexión, "O Norte", a efectos organizativos.

Cada un dos territorios elixe a un membro do Parlamento. A diferenza dos territorios dos Estados Unidos (como asIllas Virxes dos Estados Unidos), os territorios canadenses elixen a un representante coas mesmas prerrogativas que os outros daCámara dos Comúns. Os residentes dos territorios canadenses son cidadáns con todos os dereitos dos cidadáns das provincias. Cada territorio tamén conta cunsenador.

Partidos políticos provinciais

[editar |editar a fonte]

A maior parte das provincias teñen homólogos provinciais aos tres partidos federais nacionais. Con todo, algúns partidos provinciais non están formalmente ligados aos partidos federais homónimos. Algunhas provincias teñen partidos políticos rexionais, como oSaskatchewan Party. O clima político provincial do Quebec é bastante diferente: a principal ruptura é entre oParti Québécois, que avoga pola soberanía do Quebec, e oParti Libéral du Québec, cuxa ideoloxía éfederalista, isto é, que Quebec siga formando parte da Confederación Canadense.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "The Atlas of Canada - Territorial Evolution, 1912". Arquivado dendeo orixinal o 02 de febreiro de 2007. Consultado o 10 de marzo de 2008. 
  2. 2,02,1Government of Canada, ed. (2013)."Provinces and Territories". Arquivado dendeo orixinal o 9 de febreiro de 2010. Consultado o 6 de agosto de 2013. 
  3. Place name (2013)."Census Profile". Statistic Canada. Arquivado dendeo orixinal o 08 de febreiro de 2013. Consultado o 6 de agosto de 2013. 
  4. 4,04,1Reader's Digest Association (Canada); Canadian Geographic Enterprises (2004).The Canadian Atlas: Our Nation, Environment and People. Douglas & McIntyre. p. 41.ISBN 978-1-55365-082-9. Arquivado dendeo orixinal o 03 de maio de 2016. Consultado o 21 denovembro de 2015. 
  5. 5,05,1"Population estimates, quarterly".Statistics Canada. 20 de marzo de 2020. Arquivado dendeo orixinal o 09 de xaneiro de 2019. Consultado o 20 de marzo de 2020. 
  6. 6,06,1"Land and freshwater area, by province and territory". Statistics Canada. 2005. Arquivado dendeo orixinal o 24 de maio de 2011. Consultado o 4 de agosto de 2013. 
  7. Coche, Olivier; Vaillancourt, François; Cadieux, Marc-Antoine; Ronson, Jamie Lee (2012)."Official Language Policies of the Canadian Provinces"(PDF). Fraser Institute. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 28 de abril de 2012. Consultado o 6 de agosto de 2012. 
  8. 8,08,1"Guide to the Canadian House of Commons". Parliament of Canada. 2012. Arquivado dendeo orixinal o 27 de xuño de 2013. Consultado o 6 de agosto de 2013. 
  9. "Northwest Territories Act - Department of Justice of Canada". Arquivado dendeo orixinal o 02 de setembro de 2006. Consultado o 10 de marzo de 2008. 
  10. "Yukon Act - Department of Justice of Canada". Arquivado dendeo orixinal o 05 de xuño de 2011. Consultado o 10 de marzo de 2008. 
  11. "Nunavut Act - Department of Justice of Canada". Arquivado dendeo orixinal o 05 de xaneiro de 2011. Consultado o 10 de marzo de 2008. 
  12. Northwest Territories Official Languages Act, 1988Arquivado 22 de xullo de 2014 enWayback Machine. (emendado 1988, 1991–1992, 2003)
  13. "OCOL – Statistics on Official Languages in Yukon". Office of the Commissioner of Official Languages. 2011. Arquivado dendeo orixinal o 25 de xullo de 2013. Consultado o 6 de agosto de 2013. 
  14. "Nunavut's Official Languages". Language Commissioner of Nunavut. 2009. Arquivado dendeo orixinal o 14 de agosto de 2013. Consultado o 6 de agosto de 2013. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Provincias e territorios do CanadáModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Bumsted, J. 2004.History of the Canadian Peoples, Oxford: Oxford University Press (ISBN 0-19-541688-0)

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Provincias_e_territorios_do_Canadá&oldid=7248974»
Categoría:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp