Aprovincia de Valencia (envalenciano:València) é unha provincia daComunidade Valenciana. A capital provincial é a cidade homónima deValència. Ocupa unha superficie de 10.563 km², na que habitaban 2.463.592 persoas (INE 2006).
De interior montañoso, a provincia de Valencia presenta unha relativamente extensa chaira litoral, formada por terreos dealuvión, que serve de asento á fértilhorta valenciana. O litoral é baixo, areoso e de augas pouco profundas, sen outro accidente salientábel que o do cabo deCullera, englobando na súa totalidade oGolfo de Valencia, que se estende desde ocabo da Nao ao deOropesa.
Os dous ríos principais que atravesan o seu territorio son oTuria (que desauga nas proximidades da cidade deValencia, tras ter sido desviado a súa canle) e oXúcar (que desemboca enCullera), entre os cales desenvólvese unha lagoa litoral que recibe o nome deAlbufera de Valencia. Outros ríos destacábeis son oPalancia, que desemboca cerca deSagunt, e máis oSerpis, que desemboca enGandia.