Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Provincia de Ourense

Coord.:42°N7°O / 42,-7
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo contén variasligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto.
Por favor,mellora o artigo introducindonotas ao pé,citando as fontes.
Podes ver exemplos de como se fainestes artigos.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Ourense.
Modelo:Xeografía políticaProvincia de Ourense
Ourense (gl)Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 42°N7°O / 42,-7
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGaliciaEditar o valor en Wikidata
CapitalOurenseEditar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación304.592(2024)Editar o valor en Wikidata (41,88hab./km²)
Xentilicioourensán, ourensáEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie7.273,2 km²Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoPena Trevinca (2.124 m)Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixorío Miño (40 m)Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Organización política
Órgano executivoDeputación de OurenseEditar o valor en Wikidata
• Presidente da DeputaciónEditar o valor en WikidataLuis Menor Pérez(2023–)Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal32Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
ISO 3166-2ES-OREditar o valor en Wikidata
Código NUTSES113Editar o valor en Wikidata
Código INE32Editar o valor en Wikidata

Sitio webdepourense.esEditar o valor en Wikidata
BNE: XX4575470

Ourense[1] é unha das catro provincias deGalicia creadas porJavier de Burgos en1833.

Mapa do partido de Ourense de Juan Quintana, 1807.

Datos xeográficos

[editar |editar a fonte]

Localización

[editar |editar a fonte]

Provincia suroriental deGalicia e a única sen litoral marítimo. Limita:

Superficie, demografía

[editar |editar a fonte]

A provincia deOurense ocupa 7.273,26 km². Neles, vive unha poboación de 304.550 habitantes (IGE 2023). Como resultado, Ourense ten unha densidade de poboación de 41,84 hab/km²; moi lonxe da media galega, que é de 91,36 hab/km². Algo máis dun terzo da poboación provincial vive na actualidade nacapital, e aproximadamente o 47% do censo da provincia reside na comarca de Ourense, onde se atopan, a maiores da capital, tres dos restantes 10 concellos máis poboados da provincia (Barbadás,O Pereiro de Aguiar, eSan Cibrao das Viñas).

Evolución da poboación de Provincia de Ourense  Fontes:INE eIGE.
19001930195019812004200920112012201320142015201620172018201920202021202220232024
419.665476.336494.283430.159339.555335.219330.257326.724322.293318.235318.391314.853311.680309.293307.651306.650305.223304.280304.550
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos doINE e doIGE poden non coincidir.)

Localidades importantes

[editar |editar a fonte]

Excepto o da capital, ningún dos outros 92 concellos provinciais acada os 14.000 habitantes. A lista ordenada dos once máis importantes nos inicios do ano 2022 era a seguinte:

Concellos máis poboados (2023)
PosiciónConcelloPoboación
Ourense104.250
O Carballiño13.968
Verín13.612
O Barco de Valdeorras13.277
Barbadás11.140
Xinzo de Limia9.953
O Pereiro de Aguiar6.647
Allariz6.378
Celanova5.709
10ªSan Cibrao das Viñas5.675
11ªRibadavia4.973
12ªA Rúa4.141
13ªColes3.176
14ªMaceda2.878


Na lista dosconcellos da provincia de Ourense poden verse todos.

Economía

[editar |editar a fonte]

As industrias inclúen a fabricación química, a produción de leite, o embotellado de auga preto de Verín e a fabricación de roupa preto da capital ourensá. Unha das maiores empresas transformadoras deaves tamén está situada na zona industrial próxima a esa cidade. Tamén hai un bo número de industrias e empresas auxiliares do automóbil, relacionadas coafactoría de Stellantis de Vigo.

A provincia tamén ten catro rexións vitivinícolas, das cinco de toda a rexión de Galicia.Ribeiro,Ribeira Sacra,Monterrei eValdeorras.

Aínda que non sexa un importante centro turístico, o turismo contribúe un pouco á economía. Os vales dos ríos atraen aos veraneantes e hai varias cidades medievais ben conservadas (Allariz eRibadavia).

Orografía

[editar |editar a fonte]
Alto de Outeiro de Augas na estrada OU-411, entre os concellos de Verea e Bande.
Porto dos Currais, entrada na provincia desde Porto de Seabra.

É unha provincia cunha altitude media non moi elevada, pero moi montañosa.As terras, sitas no oeste da provincia, nos límites coaprovincia de Pontevedra e deLugo, atópanse dentro da Dorsal galega, é dicir, o sistema montañoso occidental de Galiza, con serras como a doSuído ou a doFaro de Avión, que poden acadar nas súas cotas máximas alturas de arredor de 1.000 m:Coto da Puza con 1.035 m.,Marcofán de 939 m,Uceiro de 1.003 m,Alledo 1.013 m, atinxindo o punto máis alto no propioFaro de Avión con 1.155 m. Son materiais moi antigos, fundamentalmente graníticos, cortados por fracturas por onde corren os ríos (Arenteiro, Cea, Avia etc.), que conforman os vales. O aspecto de conxunto é macizo e serve de divisoria entre os ríos mencionados e as cuncas dorío Ulla,Oitavén,Tea (este afluente do mesmo Miño), ao tempo que actúa como unha primeira barreira fronte á influenciaatlántica, mais a súa altura relativamente baixa e os vales transversais non impiden o paso daschuvias, aínda que as atenúan.

A zona centro-oriental é moito máis accidentada, presentando maiores altitudes. Estas atinxen nos puntos máis altos nas serras que limitan coas provincias de León e Zamora: serra daEnciña da Lastra (Tara, 1.099),serra do Eixe (Pena Trevinca, 2.127 m, o punto máis elevado da comunidade),serra Segundeira,serra Calva (Montouto, 2.045 m). No centro domina oMacizo Central ourensán, no que se desenvolven unha serie de serras en disposición radial, de menor altitude, pero que facilmente poden superar os 1.500 m:Cabeza Grande (1.778 m),O Invernadeiro-Queixa (Seixo, 1.707 m),serra de San Mamede (Fonte do Santo, 1.618 m). Este relevo foi orixinado en boa parte polos movementos tectónicos doNeoxeno, formándose como consecuencia, non só alzamentos, senón tamén depresións, máis ou menos amplas e máis ou menos altas, que ás veces poden aparecer como amplas foxas. Así no leste temos a depresión doBolo; ao norte e oeste do val Sil-Miño - que pode abrirse en amplitude e escalonarse, como a deOurense -; no sur, aLimia, oval de Maceda e oval de Verín.

Polo sur, os mesmos fenómenos tectónicos aludidos, crearon outra serie de serras de distinta orientación (oeste-leste), que teñen unha menor altura, pero superior á das serras occidentais, e que dificultaron, tradicionalmente, a comunicación con Portugal, agás pola depresión de Verín:serra do Xurés (Nevosa, 1.539 m),serra do Larouco (Larouco, 1.525 m),serra de Penas Libres (Mairos, 1.083 m),serra da Esculqueira (Penedo dos Tres Reinos, 1.025 m.)


Hidrografía

[editar |editar a fonte]
Valgada do río San Lázaro, Macizo Central ourensán.
Tramo dorío Arnoia.

A provincia ourensá vese percorrida por infinidade de ríos. Deles, o máis importante é oMiño, recentemente afluído oSil neste, nun punto do límite coa provincia de Lugo.

Hidrograficamente a provincia de Ourense está dividida en trescuncas: a doMiño, a doLimia e a doDouro. A cunca dorío Miño ocupa unha boa parte da provincia: 4.837 km² (da que corresponden á subcunca dorío Sil 2.545 km²); a doLimia ocupa nesta provincia 1.395 km²; por último, a do Douro, as bacías dos ríos cuxas augas acaban noDouro abranguen 1.117 km².

O Miño ten unha parte pequena do seu curso dentro dos límites provinciais: entra á altura dosPeares e abandónaos enCortegada de Miño. Á parte do Sil, os seus afluentes principais son oBúbal e oAvia pola dereita, e oLoña,Barbaña, eArnoia pola esquerda. O Sil, que como é sabido é o afluente principal do Miño, ocupa máis da metade da cunca miñota na provincia, e desde logo na confluencia de ambos, nos Peares, contén maior caudal, facendo bo orefrán: "O Miño leva a fama, e o Sil a auga". O Sil entra na provincia, procedente do Bierzo, pola freguesía deCovas, no concello deRubiá, ocupando unha posición central na depresión doValdeorras. Desde os seus confíns serve, na maior parte do seu curso, de límite coa provincia de Lugo, ata Os Peares, punto de unión co Miño. O seu afluente principal é, sen dúbida, o Bibei (97 km), que drena augas das serras máis elevadas da provincia:Macizo Central,serra do Eixe,serra Segundeira, por medio doXares,Camba,Conso eNavea, principalmente.

OLimia forma de seu unha cunca independente, pois vai dar directamente ao Atlántico, formando oesteiro deViana do Castelo, enPortugal, onde transmuta o seu nome como Lima. Orío Salas, que aflúe pola súa esquerda, é o máis importante tributario.

Varios ríos acaban coas súas augas noDouro, en Portugal; o máis importante é sen dúbida oTámega, que ten unha lonxitude total de 145 km, superior á da maioría dos ríos galegos; o seu afluente máis importante é un segundoBúbal. O resto dos ríosdurienses teñen un curto percorrido dentro da provincia, e os máis destacábeis son oMente e oDiabredo, que a final son subafluentes do Douro, por intermedio doTuela.

A maioría destes ríos teñen un réxime fluvial de tipooceánico; os seus máximos niveis de caudal son invernais, como corresponde ao clima atlántico dominante; mais o Sil e os seus afluentes, por mor do montañoso das súas cuncas, gozan de réximenivo-pluvial, prolongando os máximos caudais durante a primavera, debido aodesxeo.

Con frecuencia o percorrido montañoso encaixa os ríos, obrigándoos a moverse entre bordos de gran pendente, o que ten creado algunhas das paisaxes máis fermosas da provincia, como son os diversos canóns do Sil (o de Covas, na súa entrada en Galiza, ou o comprendido entreQuiroga e os Peares). O cambio de materiais dos solos orixinou ás veces potentesfervenzas, das que cabería destacar a dorío Cenza, nese pequeno afluente do Bibei. Por outra banda nesas mesmas vertentes o aproveitamento agrícola, ao tempo que axudaba a fixar as ladeiras, axudou ao embelecemento paisaxístico coa construción de socalcos escalonados, polo normal plantados con videiras. Isto é observábel, dentro dos límites provincias, nas ribeiras do Bibei, á altura doencoro do Vao, ou ben no curso do Miño entre os Peares e a cidade deOurense.

Esta riqueza hídrica fixo que se construísen encoros por todos lados, asolagándose con frecuencia algúns dos vales máis ricos da provincia, o que non deixou de provocar protestas en plenofranquismo, sendo destacábeis as provocadas polo encoro dorío Xares enPrada, no concello deA Veiga, a fins dos anos 50, e as da presa deCastrelo de Miño, sobre o Miño, noRibeiro, a comezos dos 60.[Cómpre referencia]

Clima

[editar |editar a fonte]

Climaticamente a provincia de Ourense, como todaGaliza, pertence ao tipooceánico, caracterizado en liñas xerais por temperaturas suaves ao longo de todo o ano - con máximas estivais e mínimas invernais -, e precipitacións tamén durante todo o ano - con máximos invernais e mínimos estivais -. Porén non é o clima da costa (este mesmo ten sido cualificado de hiper-húmido na súa zona sur). A posición interior do territorio ourensán e a existencia dun relevo elevado propician diferenzas, carecendo por outra banda de homoxeneidade en toda a provincia. Basicamente distínguense catro zonas climáticas ourensás:

Dominio oceánico de transición

[editar |editar a fonte]

Aparece na zona noroccidental da provincia. Sen que chova como na costa, as precipitacións acadan valores en torno aos 1.500 mm, as temperaturas medias anuais, que ostentan o menorgradiente térmico da provincia, son suaves, acadando entre 12 e 14 °C de media. Os veráns poden cualificarse de frescos, pois non se atinxen nin os 20 °C de media. As precipitacións anuais andan arredor dos 1.500 mm, pero hai unha certa aridez estival. Un exemplo éSeoane, no concello doCarballiño:

Seoane
1931-1960xanfebmarzabrmaixuñxullagostsetoutnovdecANUAL
Temp. media (°C)5,16,48,410,412,615,717,917,615,712,47,85,511,1
Precipitacións (mm)20415118511098502738571291761991423

Dominio oceánico continentalizado

[editar |editar a fonte]

Corresponde á zona meridional da provincia: depresións daLimia e doTámega. As temperaturas medias anuais están entre 10º e 11 °C, e as precipitacións sobre 900 mm anuais. Porén as temperaturas invernais son frías, con abundantes días dexeadas, mentres a seca estival, con alto déficit de precipitacións, pode durar ata catro meses. Este dominio enlaza co da meseta central lucense, pero está rota a continuidade rómpese nos vales do Sil-Miño. Os datos básicos do clima deXinzo de Limia poden mostralo:

Xinzo de Limia
1931-1960xanfebmarzabrmaixuñxullagostsetoutnovdecANUAL
Temp. media (°C)4,54,97,89,212,215,217,517,715,211,27,84,910,5
Precipitacións (mm)94941196774512024529399134921

Dominio oceánico-mediterráneo

[editar |editar a fonte]

Esténdese polos vales dorío Miño e doSil, desde oRibeiro aoValdeorras, incluíndose a depresión dacapital. Aflora, e mesmo os cultivos dominantes, testemuñan o influxo mediterráneo. Son os países doviño. É a zona máis seca de Galiza, con medias de insolación superiores a 2.500 horas/ano e precipitacións por embaixo dos 800 mm. As temperaturas medias anuais roldan os 14º, con veráns calorosos (é doado atinxir e superar os 40º en días estivais), mais os invernos, polo illamento dos vales, son fríos, con frecuentesnéboas exeadas. Un exemplo pode ser a mesma cidade deOurense:

Ourense
1931-1960xanfebmarzabrmaixuñxullagostsetoutnovdecANUAL
Temp. media (°C)6,97,710,812,616,019,422,121,419,214,710,07,714,0
Precipitacións (mm)9078995662421720438995128818

Dominio oceánico de montaña

[editar |editar a fonte]

Basicamente corresponde ás zonas provinciais das serras doMacizo Central e as serras orientais (Eixe,Segundeira). As precipitacións acadan os valores da Galiza costeira nos 1.000 m. de altura, atinxíndose 1.500 mm ou máis. En cotas máis altas supéranse esas cifras. No inverno, as temperaturas medias mensuais poden caer por embaixo do 0 °C. Un exemplo pode serMesón de Herosa, a 900 msnm, no concello daGudiña:

Mesón de Herosa
1931-1960xanfebmarzabrmaixuñxullagostsetoutnovdecANUAL
Temp. media (°C)3,64,27,28,812,015,317,818,015,511,57,74,410,3
Precipitacións (mm)157127155120168731340931242042001474

Zonas bioxeográficas

[editar |editar a fonte]
Souto de Rozabales e castiñeiro de Pumbariños.

A provincia de Ourense, pertence á zona bioxeográfica Eurosiberiana, como o resto de Galiza, pero a súa situación especial fai que se atope en transición entre a provincia Atlántica daquela, e a provincia Carpetano-Ibérico-Leonesa que xa forma parte da rexión Mediterránea. Esta zona de transición comprende tamén parte daprovincia de Lugo.

A flora está marcada por especies típicas mediterráneas:aciñeiras,sobreiras,érbedos, que mesmo poden formar matos boscosos nas partes máis meridionais e orientais da provincia. A especie típica da flora galega ocarballo (Quercus robur), presente na parte occidental da provincia, está substituído no Centro-Sur e Oriente provincial polocarballo cerquiño, que nas comarcas máis orientais denominanrebolos. Nos ríos osamieiros,bidueiras esalgueiros, típicos da provincia Atlántica, conviven nas beiras dos ríos e outros lugares húmidos, conchopos, que son máis mediterráneos. A vexetación degradada, aínda con predominio detoxos exestas, nas zonas occidentais da provincia, ve xurdir grandes extensións deuces, que tinxen de morado ou branco, abas enteiras dos montes, recobrando a cor amarela a grande altura cospiornos. Aparecen tamén plantas aromáticas, típicas dagarriga e domaquis mediterráneo:estebas,lavanda,cantroxo ouazaia (Lavandula pedunculata),tomiño,ourego etc.

A intervención humana mudou a paisaxe boscosa, introducindoeucaliptos,piñeiros e, desde moito máis antigamente, ocastiñeiro. Mais entanto o eucalipto está reducido ás terras baixas occidentais, o piñeiro está adaptado en toda a provincia, aínda que a certas alturas medra con dificultade. O castiñeiro forma masas boscosas relativamente extensas en concellos doMacizo Central, comoChandrexa de Queixa ouA Pobra de Trives, mentres noutros sonsoutos maiores ou menores.

A fauna, consecuentemente, pode contar con especies tanto atlánticas como mediterráneas. Mentres a velenosavíbora de Seoane (Vipera seoanei) está espallada ata o norte de Galiza, outras especies deréptiles prefiren medios máis cálidos, polo que son relativamente abundantes nesta provincia, entre elas cabe indicar a outracobra velenosa galega avíbora fociñuda (Vipera latasti). Varias son as especies emblemáticas en perigo, como aperdiz charrela (Perdix perdix) propia das alturas, que ten o límite meridional de expansión precisamente naserra do Xurés.

Zonas protexidas

[editar |editar a fonte]
Canón do Sil.

A provincia conta con varias zonas de protección ambiental, con distintas cualificacións:

Parques naturais:

Os dous primeiros son taménZonas de Especial Protección de Aves (ZEPA).

Monumentos naturais:

Zonas especiais de conservación (ZEC):

Asemade foron declarados comoLICs, e están en proceso de avaliación como ZECs:

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Lei 2/1998, do 3 de marzo"(PDF).BOE. Consultado o 3 de maio de 2021. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Provincia de OurenseModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
Por favor, axuda namellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega.
Se cadra, podes atopar máis información napáxina de conversa.

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Provincias deGalicia
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Provincia_de_Ourense&oldid=7127953»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp