Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Lugo .
Lugo é unha das catroprovincias deGalicia creadas porJavier de Burgos en1833 . É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa. Limita ó norte comar Cantábrico , ó oeste coaprovincia da Coruña e a dePontevedra , ó sur coaprovincia de Ourense e ó leste coPrincipado de Asturias e aprovincia de León , pertencente aCastela e León . A súa capital e a cidade máis poboada éLugo , sendo a segunda cidade en poboaciónMonforte de Lemos , seguida deViveiro ,Vilalba ,Sarria ,Ribadeo ,Foz ,Burela eChantada [ 1] .
Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 327 946 habitantes en2020 , trasA Coruña ePontevedra .
Consta de 67concellos , 11comarcas e 9partidos xudiciais , integrados por 1167parroquias e 10 299 entidades de poboación.[ 2]
Lugo porFrancisco Coello , 1864. Omar Cantábrico enBurela . Orío Sil ó seu paso polaRibeira Sacra lucense . OLandro ó seu paso polo concello deOurol . Oencoro de Belesar no concello doSaviñao . Vista dapraia das Catedrais , enRibadeo A croa do castro de Viladonga, enCastro de Rei , é un dos miles de castros que ten a provincia. A provincia sitúase no nordeste deGalicia , e ocupa 9.856 km². Segundo oIGE [ 3] , no ano 2020 vivía unha poboación de 327 946 habitantes, cunha densidade de poboación duns 33,27 hab./km².
Limita ao norte comar Cantábrico , ao oeste coaprovincia da Coruña , ao sur coaprovincia de Ourense , e ao leste, coPrincipado de Asturias e coaprovincia de León .
A orixe da delimitación moderna parte do proxecto de prefecturas deXosé I , na invasión napoleónica, que establecía aprefectura do Alto Miño , con cabeceira en Lugo e subprefecturas en Lugo,Mondoñedo e Viveiro.[ 2]
As rías da provincia de Lugo forman parte dasRías Altas . De oeste a leste son:
As illas máis importantes da costa lucense son, de oeste a leste:
Entre os numerosos cabos e puntas que hai na provincia debido a súa costa irregular, destacan:
O principal río que a percorre é oMiño , que tamén acada a provincia de Ourense e fai de linde entre a provincia de Pontevedra ePortugal , desembocando noocéano Atlántico . Nacornixa cantábrica ten moitos pequenos ríos. O afluente do Miño é oSil , que, doutra banda, cómpre dicir que resulta un atractivo turístico amais de poloscanóns e a súa riqueza vinícola, tamén polo encadramento no que se atopa, a chamadaRibeira Sacra , que abrangue o sur da provincia de Lugo e mais o norte da de Ourense.
Río Miño , nace naserra de Meira e desemboca noocéano Atlántico no límitegalaico -portugués . Atravesa a provincia de norte a sur. A meirande parte da provincia pertence á súa cunca.Río Sil , nace no Bierzo e desemboca norío Miño . Na maior parte do seu percorrido pola provincia fai de límite coaprovincia de Ourense .Río Landro , nace naserra do Xistral e desemboca naría do Barqueiro .Río Ouro , nace naserra do Xistral e desemboca nomar Cantábrico .Río Masma , nace na serra da Toxiza e desemboca naría de Foz .Río Eo , nace enBaleira e desemboca naría de Ribadeo . Foi declarado en2007 , Reserva da Biosfera polaUNESCO .Río Ladra , nace naTerra Chá e desemboca norío Miño .Río Narla , nace nos montes doCorno de Boi e desemboca norío Miño .Río Anllo , nace naserra do Xistral e desemboca norío Miño .Río Lea , nace naserra do Monciro e desemboca norío Miño .Río Neira , nace naserra do Portelo e desemboca norío Miño .Río Navia , nace nosAncares e desemboca enNavia (Asturias ).Río Cabe , nace noIncio e desemboca norío Sil .Río Lor , nace noCourel e desemboca norío Sil .Hai 28encoros na provincia, entre os que destacan:
Encoro de Belesar , norío Miño ó seu paso polos concellos deGuntín ,Páramo ,Portomarín ,Paradela ,Taboada ,Chantada eO Saviñao . Ten 655 hm³ de capacidade. é o maior de Galicia.Encoro de Salime , norío Navia ó seu paso porNegueira de Muñiz . Ten 266 hm³ de capacidade.Encoro de Santo Estevo , norío Sil ó seu paso polos concellos deSober ,Nogueira de Ramuín ,Parada de Sil eA Teixeira . Ten 213 hm³ de capacidade.Encoro dos Peares , norío Miño ó seu paso polos concellos doSaviñao ,Chantada ,Carballedo ePantón . Ten 182 hm³ de capacidade.Encoro de Vilasouto , norío Mao ó seu paso porVilasouto , no concello doIncio . Ten 21 hm³ de capacidade.Encoro de Sequeiros , norío Sil ó seu paso porSequeiros , no concello deQuiroga . Ten 11 hm³ de capacidade.Encoro de San Martiño , norío Sil ó seu paso polos concellos deQuiroga ,Larouco ,A Rúa de Valdeorras ePetín . Ten 10 hm³ de capacidade.Encoro do Covo , norío Covo ó seu paso poloCastelo , no concello deCervo . Ten 6 hm³ de capacidade.Encoro de San Xoán , no concello deGuitiriz . Ten menos de 1 hm³ de capacidade.Para unha lista completa, véxaseLista de encoros de Galicia .
Na provincia de Lugo hai varias lagoas situadas naTerra Chá :
Os sistemas montañosos máis importantes da provincia son:
Serra dos Ancares , facendo fronteira conLeón eAsturias , co pico da Pena Rubia (1.822 m) como altura raíña. Foi declarado en2006 , Reserva da Biosfera polaUNESCO .Serra do Courel , ó norte dorío Sil , tamén en fronteira coaprovincia de León , co monte Faro (1.606 m).Serra do Xistral , entre aA Mariña de Lugo e aTerra Chá , co Cadramón (1.056 m) e O Xistral (1.032 m) como puntos máis altos.Serra do Faro , co monte Cantelle (1.222 m) fronteira entre Lugo ePontevedra .Cova da Serpe , co pico do mesmo nome (841 m) entre Lugo eA Coruña .Comarcas e concellos da provincia de Lugo
Gráfico da evolución da poboación da provincia dende1900 ata20 20:
Na provincia de Lugo hai varias zonas protexidas, aínda que non hai ningún parque nacional nin natural.
O 50% pertence a servizos, o 34% a primaria (agricultura, gandería, silvicultura e pesca), o 11% é a construción e o 5% a industria (incluída a enerxía).[Cómpre referencia ] [cando? ]
Na provincia de Lugo hai tres liñas de tren en funcionamento:
Comarca Capital Concellos Os Ancares Becerreá Becerreá ,Baralla ,Cervantes ,Navia de Suarna ,As Nogais ,Pedrafita do Cebreiro Chantada Chantada Carballedo ,Chantada ,Taboada A Fonsagrada A Fonsagrada Baleira ,A Fonsagrada ,Negueira de Muñiz Lugo Lugo Castroverde ,O Corgo ,Friol ,Guntín ,Lugo ,Outeiro de Rei ,Portomarín ,Rábade A Mariña Central Mondoñedo Alfoz ,Burela ,Foz ,Lourenzá ,Mondoñedo ,O Valadouro A Mariña Occidental Viveiro Cervo ,Ourol ,O Vicedo ,Viveiro ,Xove A Mariña Oriental Ribadeo Barreiros ,A Pontenova ,Ribadeo ,Trabada Meira Meira Meira ,Pol ,Ribeira de Piquín ,Riotorto Quiroga Quiroga Folgoso do Courel ,Quiroga ,Ribas de Sil Sarria Sarria O Incio ,Láncara ,Paradela ,O Páramo ,Samos ,Sarria ,Triacastela Terra Chá Vilalba Abadín ,Begonte ,Castro de Rei ,Cospeito ,Guitiriz ,Muras ,A Pastoriza ,Vilalba ,Xermade Terra de Lemos Monforte de Lemos Bóveda ,Monforte de Lemos ,Pantón ,A Pobra do Brollón ,O Saviñao ,Sober A Ulloa Antas de Ulla Antas de Ulla ,Monterroso ,Palas de Rei
As comarcas da provincia de Lugo divídense en 67concellos (Galicia ten 313).