Naescala de tempo xeolóxico, oProterozoico (do grego πρότερος,próteros, 'o que vai diante', 'o máis vello', e ζῶονzôon, 'animal', 'ser vivo'; é dicir: 'o da primeira vida') é o terceiro e último doseóns en que se dividen os temposprecámbricos. Comprende desde hai uns 2 500 millóns de anos até hai uns 542 millóns de anos, durando, polo tanto, 1 958 ± 1,0 millóns de anos.[1][2] e 542± 1,0 millóns de anos, aproximadamente.
Os acontecementos mellor identrificados desta época son:
A transición a unha atmosfera osixenada, que se produciu probablemente durante o Mesoproterozoico, aGrande Oxidación.
Variasglaciacións, das que a máis severa produciuse durante o Neoproterozoico.
Operíodo ediacárico, onde a evolución de organismos pluricelulares de corpos brandos acelerouse.
No curos deste eón, os núcleos continentais, tamén chamados escudos continentais, que apareceran durante o Arcaico, experimentan un forte crecemento. Á fin do Proterozoico, o volume da masa continental estabilízase.
Ao principio do Proterozoico os primeiroscontinentes oucratóns estaban xa formados, ao igual que a dinámica dacodia terrestre representada pola súa división en placas tectónicas nas que se crea, transforma e destrúe a mesma.
Neste eón aTerra sofre cambios importantes rexistrándose un aumento da presión do osíxeno na atmosfera terrestre que deu lugar aoGrande Evento Oxidativo ouGran Oxidación, e tamén se produciron as primeiras glaciacións.
Foi durante o Proterozoico cando se formaron os continentes e máis cando apareceron nosocéanos as formas devidaeucarionte. Oosíxeno formouse naatmosfera. Considérase que asalgas azuis (cianobacterias) foron as principais responsables desta grande acumulación de osíxeno. Arredor de mil millóns de anos atrás moitos tipos de algas comezaron a aparecer no rexistro de fóseis, incluíndo asalgas verdes e vermellas.
O Proterozoico caracterízase pola presenza de grandes cratóns que darán lugar ás plataformas continentais. Ascordilleiras xeradas neste eón sufriron os mesmos procesos que os fanerozoicos. A intensidade dometamorfismo diminuíu neste momento xeolóxico. A Terra sofre as súas primeiras glaciacións, e rexístrase unha gran cantidade deestromatólitos que, sen dúbida, supuxeron un importante cambio nabiota terrestre. Operíodo ediacárico de finais do Proterozoico caracterízase pola evolución de abundantes organismos pluricelulares de corpo brando.