Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Proteólise

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ahidrólise dunhaproteína (en vermello) poloataque nucleofílico da auga (en azul). A vida media da reacción se non está catalizada é de varios centos de anos.

Aproteólise é a degradación deproteínas ou ben por medio deencimas específicos, chamadosproteases, ou ben por medio de dixestión intramolecular.

Proceso de degradación

[editar |editar a fonte]

Se as protreínas se degradan durante adixestión, participan proteases específicas como atripsina, aquimotripsina, ascarboxipeptidases e aelastase.

Adegradación intracelular lévaa a cabo uncomplexo multiencimático denominadoproteasoma, que actúa nocitosol. Trátase dunha estrutura cilíndrica formada por proteases con dous extremos con complexos proteicos que alimentan a cámara interna do cilindro ao recoñeceren as proteínas. As proteínas que van ser degradadas foron previamente marcadas cunha pequena proteína chamadaubiquitina.

A proteólise ten varias funcións para a célula, entre elas:

  • Eliminación de metionina no extremoN-terminal tras atradución.
  • Eliminación das secuencias sinal de péptidos despois do seu transporte a través da membrana.
  • Separación de proteínas virais que se traducen desde unARN mensaxeiromonocistrónico.
  • Dixestión de proteínas dos alimentos como fonte de aminoácidos.
  • Conversión de proteínas inactivas (proencimas,cimóxenos,prehormonas) nas súas formas funcionais finais.
  • Degradación deciclinas e outras proteínas requiridas para a progresión no ciclo celular.

A proteólise pode realizarse tamén no interior dos orgánulos chamadoslisosomas, por medio dunhas proteases específicas chamadas catepsinas, das que hai uns 50 tipos diferentes. O pH óptimo para a súa actuación é de 5, e esta acidez obtense grazas a unha bomba de protóns. A degradación lisosomal recicla os aminoácidos das proteínas que non son anómalas, por exemplo, as que se encontran na membrana, ou se incorporaron á célula porendocitose. Non elimina proteínas "incorrectas". Son moi importantes en procesos como a regresión do útero tras o parto, que en 9 días pasa de pesar 2 kg a 50 g, ou na eliminación das membranas interdixitais durante o desenvolvemento fetal.

A proteólise tamén se usa moito en investigación e técnicas de diagnóstico.

Efecto proteolítico dalgúns velenos

[editar |editar a fonte]

Algúns velenos, tales como aqueles producidos por certas especies de serpes, poden tamén producir proteólise. Estes velenos son de feito, fluídos dixestivos que evolucionaron de modo que comezan a actuar no exterior do corpo do animal. Os velenos proteolíticos poden causar un amplo espectro de efectos tóxicos,[1] tales como:

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Hayes WK. 2005.Investigación en los roles y variaciones de los venenos de serpiente.Arquivado 15 de setembro de 2019 enWayback Machine. Loma Linda University.

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Proteólise&oldid=6255973»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp