Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Pronome

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Enlingüística egramática, pódese denominarpronome a aquelas palabras que desenvolven unha función pronominal, é dicir, as que substitúen unsintagma nominal que se mencionou previamente ou que se sobreentende.

Por exemplo,eu,me,che,este,calquera etc.

Nalgúns pronomes exprésase onúmero, apersoa e en ocasións oxénero. Cando o pronome fai referencia a unha persoa, ao pronome denomínasellepronome persoal. Cando o pronome indica posesión, denomínasepronome posesivo. Cando introduce unha proposición adxectiva denomínasepronome relativo, malia que estas subclases de palabras (posesivo,relativo) conforman xunto coartigo,demostrativo,numeral eindefinido a clase de palabra dosdeterminantes.

Pero ademais, existe un tipo de pronome que non fai referencia a ninguén nin nada, carece de significado léxico e denomínaselleexpletivo oupleonástico. Eninglés, por exemplo, emprégase o pronome expletivo para cubrir a carencia dunsuxeito en oracións impersoais, por exemplo o pronomeit na oración "It rains" ("Chove" ). En galego é posible o uso dunel pleonástico: "El chove".

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Colocación do pronome átono en galego

Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pronome&oldid=4508379»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp