Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Programa internacional de avaliación do alumnado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

PISA é oacrónimo deProgramme for International Student Achievement ("Programa internacional de avaliación do alumnado"), un estudo internacional comparativo daavaliación do rendemento do alumnado posto en marcha polaOCDE. Tenta saber en que medida osxoves de 15 anos se achan preparados para se enfrontaren aos retos davida adulta.

Características

[editar |editar a fonte]

Os mozos desta idade achéganse ao final da súa escolaridade obrigatoria e PISA examina as competencias en tres ámbitos: alectura, asmatemáticas e asciencias. Este estudo realízase cada tres anos e de cada vez dáselle máis relevancia a unha destas tres competencias. Así, no2000 foi a lectura, no2003 as matemáticas, no2006 as ciencias e no2009 de novo a lectura. No ano 2003 introducíuse un compoñente máis, a resolución de problemas. O primeiro ano participaron 43 países industrializados, en 2003 foron 41 e calcúlase que para o 2006 serán 58. En cada país as probas realízanas entre 4.500 e 10.000 alumnos.

Oinstrumento de avaliación son unha serie de exercicios que se contestan con papel e lapis nun tempo de dúas horas. Nunha sesión de avaliación participan varias quendas de alumnos que respostan a preguntas distintas. As preguntas agrúpanse en unidades. Cada unidade consta dun texto introdutorio que presenta unha situación da vida real seguido dunha ou varias preguntas.

O formato das preguntas pode ser fechado ou aberto. As preguntas fechadas adoptan a forma deresposta múltiple nas que o alumno ha de escoller unha só das opcións que se lle presentan (normalmente catro). As preguntas abertas contéstanse redactando ou calculando a resposta nun espazo aberto.

As preguntas fechadas poden ser cualificadas automaticamente. As abertas hanno de ser manualmente por expertos. Para unificar os criterios de cualificación existen unhas instrucións pormenorizadas que se distribúen a todos os países.

As puntuacións posíbeis oscilan entre 0 e 3 puntos por cada pregunta, sempre en números enteiros. A maior parte das preguntas, entre elas todas as de resposta fechada, teñen unha puntuación máxima de 1 punto. Boa parte das preguntas abertas reciben unha puntuación máxima de 2 puntos e algunhas 3, en razón da riqueza da resposta segundo os criterios.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Programa_internacional_de_avaliación_do_alumnado&oldid=5499931»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp