OPrograma das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD), creouse mediante a fusión do Programa Ampliado de Asistencia Técnica das Nacións Unidas, creado en 1949, e o Fondo Especial daOrganización das Nacións Unidas, estabelecido en 1958. O PNUD, tal como se coñece no presente, foi creado en 1965 polaAsemblea Xeral das Nacións Unidas. Pertence ó sistema deNacións Unidas, e a súa función é contribuír á mellora dacalidade de vida dasnacións. Dende 1990, o PNUD publica o informe sobre desenvolvemento humano ou Índice dedesenvolvemento humano (IDH). O PNUD promove o cambio e conecta os coñecementos, a experiencia e os recursos necesarios para axudar ós pobos a forxar unha vida mellor. Está presente en 178 países.