Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Professional Women's Hockey League

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaProfessional Women's Hockey League
Editar o valor en Wikidata
Nome na lingua orixinal(fr-ca)Ligue professionnelle de hockey féminin
(en)Professional Women's Hockey LeagueEditar o valor en Wikidata
Tipoprofessional sports league(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Deportehóckey sobre xeoEditar o valor en Wikidata
Membros6Editar o valor en Wikidata
Número de participantes6Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísCanadá eEstados Unidos de AméricaEditar o valor en Wikidata
Vixencia2023 –Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialthepwhl.comEditar o valor en Wikidata
Facebook: thepwhlofficialTwitter: thepwhlofficialInstagram: thepwhlofficialBluesky: thepwhl.comYoutube: UCNKUkQV2R0JKakyE1vuC1lQTikTok: thepwhlofficialEditar o valor en Wikidata

AProfessional Women's Hockey League ouPWHL (enfrancésLigue professionnelle de hockey féminin ouLPHF) é unha liga profesional feminina dehóckey sobre xeo doCanadá e osEstados Unidos. É propiedade e está operada na súa totalidade porMark Walter Group. A liga foi fundada en2023 e está integrada por seis equipos, tres de cada un dos países, que xogan unha liga regular para determinar que catro equipos disputan osplay-offs que determinan o equipo campión.

Equipos

[editar |editar a fonte]
NomeCidadeEstadioCapacidadeDirector/a xeralAdestrador/aCapitá
Boston FleetLowell, MATsongas Center6 003Danielle MarmerCourtney KesselHilary Knight
Minnesota FrostSaint Paul, MNXcel Energy Center17 954Melissa CarusoKen KleeKendall Coyne Schofield
Montreal VictoireLaval, QCPlace Bell10 062Danièle SauvageauKori CheverieMarie-Philip Poulin
New York SirensNewark, NJPrudential Center16 514Pascal DaoustGreg FargoMicah Zandee-Hart
Ottawa ChargeOtava, ONTD Place Arena8 585Michael HirshfeldCarla MacLeodBrianne Jenner
Toronto SceptresToronto, ONCoca-Cola Coliseum8 100Gina KingsburyTroy RyanBlayre Turnbull

Equipos de expansión

[editar |editar a fonte]
NomeCidadeEstadioCapacidadeFundación
PWHL SeattleSeattle, WashingtonClimate Pledge Arena17 1512025
PWHL VancouverVancouver, Columbia BritánicaPacific Coliseum16 2812025

Palmarés

[editar |editar a fonte]
TempadaCampiónResultadoFinalista1º da liga regular
2023-24Minnesota 3 - 2Boston-Toronto
2024-25Minnesota Frost 3 - 1Ottawa Charge-Montreal Victoire

Asistencia

[editar |editar a fonte]

Na súa tempada inaugural a PWHL bateu varios récords de audiencia. O27 de xaneiro de2024, durante o partido que disputaronMontreal eOttawa noPlace Bell deLaval (Quebec) rexistrouse a maior audiencia a un partido profesional de hóckey sobre xeo feminino noCanadá logo de rexistrar 8 646 persoas nas bancadas.[1] Posteriormente, noLittle Caesars Arena deDetroit superouse o récord de asistencia a un partido feminino nosEstados Unidos de América con 13 736 persoas nas bancadas durante a vitoria deBoston fronte aOttawa o16 de marzo de2024.[2] O16 de febreiro de2024 superouse un novo rexistro de asistencia cando 19 285 persoas presenciaron en directo noScotiabank Arena deToronto o partido entreToronto eMontreal.[3] Con todo, o maior fito da competición chegou o20 de abril de2024, cando 21 105 persoas encheron oBell Centre deMontreal durante o partido entre oequipo local e Toronto, converténdose deste xeito no partido máis visto na historia do hóckey sobre xeo feminino.[4]

Radiodifusión

[editar |editar a fonte]

Internacionalmente a liga pode seguirse víastreaming a través da canle da súa canle oficial deYouTube. NoCanadá a canle de televisiónSportsnet foi a primeira en confirmar que emitiría algúns partidos da competición, e pouco despois anunciouse queTSN eRDS, esta última con programación enlingua francesa, retransmitirían partidos da liga regular e dosplay-offs. O1 de xaneiro de2024, TSN deu cobertura ao partido inaugural da PWHL entreNew York eToronto, que finalizou coa vitoria (4-0) do equipo estadounidense.[5] NosEstados Unidos, a liga está dispoñiblerexionalmente enBally Sports North,NESN,SportsNet Pittsburgh eMSG Network.[6][7]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Game Recap: Murphy Scores Winner, Desbiens Makes 43 Saves As Montréal Beats Ottawa In Front...".www.thepwhl.com(eninglés). 2024-01-28. Consultado o2025-03-11. 
  2. "GAME RECAP: KNIGHT SCORES, ADDS SHOOTOUT WINNER AS BOSTON DEFEATS OTTAWA IN FRONT OF RECORD-BREAKING CROWD IN DETROIT"(eninglés). ThePWHL.com. 16 de marzo de 2024. Arquivado dendeo orixinal o 30 de marzo de 2024. Consultado o 30 de marzo de 2024. 
  3. "Professional Women's Hockey League Pregame Primer - Montréal at Toronto".OurSports Central(eninglés). 2024-02-16. Consultado o2025-03-11. 
  4. "PROFESSIONAL WOMEN’S HOCKEY LEAGUE (PWHL) SETS WORLD RECORD FOR ATTENDANCE"(eninglés). ThePWHL.com. 20 de abril de 2024. Arquivado dendeo orixinal o 24 de abril de 2024. Consultado o 11 de maio de 2024. 
  5. Saleh, Tariq (2024-01-02)."TSN, RDS, and Sportsnet land PWHL rights; Air Canada, Rogers named partners".Sportcal(eninglés). Consultado o2024-11-26. 
  6. "Professional Women's Hockey League announces national broadcast partnerships for inaugural 2024 season".CTV News(eninglés). 29 de decembro de 2023. Arquivado dendeo orixinal o 2 de xaneiro de 2024. Consultado o 31 de marzo de 2024. 
  7. Shircliff, Elaine (31 de decembro de 2023)."How to Watch the Inaugural PWHL Season"(eninglés). fullpresshockey.com. Consultado o 31 de marzo de 2024. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Professional Women's Hockey League

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Equipos
Tempadas
Drafts
Persoal
Trofeos
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Professional_Women%27s_Hockey_League&oldid=7079588»
Categoría:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp