Olds Curved Dash 6C1904. Este modelo, presentado en1901 polo industrialRansom Eli Olds, é considerado o primeiro en ser producido en serie e o primeiro en inaugurar o sistema de cadea de montaxe.
Ford T, vehículo presentado en1908 polo industrialHenry Ford. Foi o primeiro vehículo en producirse de maneira masiva, mediante o sistema de cadea de montaxe, sendo producido mediante a aplicación das teorías dotaylorismo.
Unha moderna liña de ensamblaxe dunha cadea de montaxe de automóbiles.
Aprodución en cadea,produción en masa,produción en serie oufabricación en serie foi un proceso revolucionario na produción industrial cuxa base é acadea de montaxe, liña de ensamblado ou liña de produción; unha forma de organización da produción que delega a cada traballador unha función específica e especializada en máquinas tamén máis desenvolvidas. Xunto coafabricación por encargo e aprodución por lotes, é un dos tres principais métodos de produción.[1]
A súa idea teórica nace cotaylorismo e foi Ransom Olds quen levou a idea á práctica, inagurando a súa cadea de montaxe en1901 para construír o seu prototipo denominado Curved Dash.[2] Porén, o sistema de cadea de montaxe tomou popularidade uns anos despois, grazas aHenry Ford, quen tomando a idea de Olds, desenvolveu unha cadea de montaxe cunha capacidade de produción superior e da cal o seu produto emblemático, foi oFord T. Esta evolución lograda á cadea de montaxe provocaría que o público atribuíse erroneamente a súa invención a Ford, no canto de Olds.[3][4] A finais do século XX, é superada por unha nova forma de organización industrial chamada toyotismo que se profundou noséculo XXI.
A disciplina do traballo e a procura do control coetáneo e dos tempos de produción do obreiro tiñan un límite obxectivo noséculo XIX. Este era que o día ten 24 horas e a forma en que o obreiro traballaba tiña unha velocidade determinada aínda en gran parte polo tempo dedicado a fabricar algún obxecto. A división do traballo non abondou para aumentar a velocidade na produción polo queFrederick Taylor traballou a idea decronómetro co obxectivo de eliminar ese "tempo inútil" ou malgastado no proceso produtivo.
Aorganización do traballo taylorista reduciu efectivamente os custos dasfábricas pero desatendeuse o salario dos obreiros. Iso deu inicio a numerosas folgas e descontento xeneralizado do proletariado co modelo, cousa que Henry Ford corrixiu e con isto logrou tamén unha visible transformación social. O taylorismo recibiu críticas e, tamén, foi ben valorado. A evolución deste modelo produtivo continuaríase no toyotismo.