Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Primeira guerra balcánica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Primeira guerra balcánica
Guerras balcánicasEditar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Causa de
 Causado por
 Resultado
Vitoria da Liga Balcánica
Datas
 Data de comezo
8 de outubro de 1912Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
30 de maio de 1913Editar o valor en Wikidata
Implicados
Forzas

336.742 homes nun principio[1]
44.500
230.000
Bulgaria 350.000
125.000
Total:749.500
Localización
 Localización
Identificadores
Freebase/m/01r0ltEditar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Aprimeira guerra balcánica, tamén coñecida comoprimeira guerra dos Balcáns, foi unconflito militar que durou deoutubro de1912 amaio de1913 e colocou aLiga Balcánica (Serbia,Montenegro,Grecia eBulgaria) contra oImperio Otomán. As forzas combinadas dos Estados balcánicos conseguiron superar as forzas otomás, numericamente inferiores e en desvantaxe estratéxica, conseguindo unha rápida vitoria. Como resultado da guerra, case todos os territorios europeos do Imperio Otomán foron conquistados e divididos entre os aliados, e creouse un estado independentealbanés, por presión deAustria-Hungría e deItalia. A pesar deste logro, as nacións balcánicas quedaron insatisfeitas co resultado da guerra, e as tensións internas que xurdiran coa retirada da ameaza otomá, que ata entón os unira, levounos ásegunda guerra balcánica.

Antecedentes

[editar |editar a fonte]

As tensións entre os estados balcánicos sobre as súas aspiracións ás provincias daRumelia ocupadas polos otománs, como aRumelia Oriental,Tracia eMacedonia, foron interrompidas pola intervención dasgrandes potencias nos Balcáns a mediados doséculo XIX, que querían garantir a protección das maiorías cristiás da rexión e o mantemento dostatu quo. En1867,Grecia,Serbia eMontenegro xa aseguraran as súas independencias, confirmadas poloTratado de Berlín unha década máis tarde. Mais a cuestión da viabilidade do dominio otomán reaparecería coaRevolución dos Mozos Turcos enxullo de1908, que obrigou aosultánAbd-ul-Hamid II a restaurar a suspensa Constitución otomá.

As aspiracións serbias sobre o territorio daBosnia-Hercegovina foron derrubadas porAustria-Hungría, que anexionou formalmente a provincia enoutubro de1908, polo que os serbios volveron a súa atención cara aKosovo, que consideraban un territorio histórico serbio, e para unha posíbel expansión cara ao sur.

Oficiais gregos, que se levantaran contra o goberno enagosto de1909, aseguraran un goberno progresista liderado porEleftherios Venizelos que, segundo esperaban, conseguiría resolver a cuestión da illa deCreta ao seu favor e vingar a derrota naguerra greco-turca de 1897.

Bulgaria, que gañou a súa independencia do Imperio Otomán en abril de1909 e tiña a amizade doImperio Ruso, tamén cobizaba territorios otománs naTracia e naMacedonia, para garantir s súa expansión.

En marzo de1910, estalou unha insurrección albanesa noKosovo, e en agosto do mesmo ano Montenegro seguiu o precedente de Bulgaria e tornouse monarquía.

En1911,Italia iniciou ainvasión daTripolitania, nonorte da África, á cal seguiu a ocupación das illas doDodecaneso. As decisivas vitorias militares italianas sobre o Imperio Otomán influenciaron aos Estados balcánicos a preparar unha guerra contra os otománs. Con ese fin, ocorreran diversos encontros entre os representantes das nacións balcánicas durante a primavera de1912, que acadaron unha rede de alianzas militares que se converterían na coñecida como aLiga Balcánica.

As grandes potencias, sobre todoFrancia eAustria-Hungría, reaccionaron a estas reunións diplomáticas tentando disuadir á Liga de provocar a guerra, mais fracasaron. Cara ao final desetembro, tanto os Estados da Liga coma o Imperio Otomán mobilizaron os seus exércitos. Montenegro foi o primeiro país en declarar a guerra ao Imperio, o25 de setembro. Os outros tres membros da alianza enviaron un ultimato ao Imperio Otomán o13 de outubro, e declaráronlle a guerra o día17 do mesmo mes.

Planos de batalla

[editar |editar a fonte]

Os catro aliados non planearan un plano xeral de batalla, e non fixeron ningún esforzo para coordinar as súas forzas. Polo contrario, a guerra acabaría por ser conducida por cada estado individualmente, e sendo así, pode separarse en catro frontes de batalla xeograficamente definidas. Os Búlgaros enfrontáronse á maior parte das forzas otomás, que protexían as rutas caraConstantinopla, especialmente naTracia e na Macedonia. Serbios e montenegrinos actuaron enKosovo, enSandjak, no norte da Macedonia e na rexión que viría a formarAlbania. Os gregos concentraron os seus esforzos de guerra no sur da Macedonia e na zona deSalónica.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Erickson (2003), p. 52

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Primeira guerra balcánica

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Primeira_guerra_balcánica&oldid=7207469»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp