Atempada 2011/12 daPrimeira División Española defútbol foi a 81ª edición desta competición. Comezou o27 de agosto de2011 e finalizou o13 de maio de2012. Inicialmente estaba previsto que dese comezo o día20 de agosto, pero aAFE, co apoio dos futbolistas, convocou unha folga como medida de presión para conseguir mellores condicións no convenio colectivo, polo que non se puido disputar a primeira xornada de liga na data fixada. Isto deu lugar a que se aprazase a xornada inaugural para a fin de semana do22 de xaneiro de2012 e, a vixésima, para o2 de maio do mesmo ano.
ODeportivo da Coruña, por primeira vez en 20 anos, non participou na categoría; en cambio, regresou á mesma oBetis tras dous anos de ausencia, acompañado poloRayo Vallecano, cuxa última participación produciuse na tempada2002/03, e oGranada, que estivo presente por última vez na campaña1975/76.
OReal Madrid coroouse campión cunha marca de 100 puntos, conseguindo así o seu 32º título de Liga. Ademais, tamén logrou bater outros rexistros históricos como o de equipo máis goleador, con 121 tantos, e o de maior número de vitorias nunha tempada, con 32. Por outra parte, oMálaga clasificouse, por primeira vez na súa historia, para disputar a rolda previa daLiga de Campións, mentres que oLevante fixo o propio finalizando en postos de acceso áUEFA Europa League.
Como en tempadas precedentes, consta dun grupo único integrado por vinte clubs de toda a xeografía española. Seguindo unsistema de liga, os vinte equipos enfróntanse todos contra todos en dúas ocasións -unha en campo propio e outra en campo contrario- sumando un total de 38 xornadas. A orde dos encontros decídese por sorteo antes de empezar a competición.
A clasificación establecerase con arranxo aos puntos obtidos en cada enfrontamento, a razón de tres por partido gañado, un por empatado e ningún en caso de derrota. Se ao finalizar o campionato dous equipos igualasen a puntos, os mecanismos para desempatar a clasificación serían os seguintes:
A maior diferenza entre goles a favor e en contra nos enfrontamentos entre ambos.
Se persiste o empate, teríase en conta a diferenza de goles a favor e en contra en todos os encontros do campionato.
Se aínda persiste o empate, teríase en conta o maior número de goles a favor en todos os encontros do campionato.
Se o empate a puntos é entre tres ou máis clubs, os sucesivos mecanismos de desempate previstos polo regulamento son os seguintes:
A mellor puntuación da que a cada un corresponda a tenor dos resultados dos partidos xogados entre si polos clubs implicados.
A maior diferenza de goles a favor e en contra, considerando unicamente os partidos xogados entre si polos clubs implicados.
A maior diferenza de goles a favor e en contra tendo en conta todos os encontros do campionato.
O maior número de goles a favor tendo en conta todos os encontros do campionato.
O club mellor clasificado con arranxo aos baremos defair play.
O equipo que máis puntos some ao final do campionato será proclamado campión de liga e obterá o dereito automático a participar na fase de grupos da seguinte edición daLiga de Campións da UEFA, xunto co subcampión e o terceiro clasificado; o cuarto disputará a rolda previa para acceder á fase de grupos.
O quinto e o sexto clasificado obterán o dereito a participar na próximaUEFA Europa League.
Os tres últimos equipos descenderán directamente áSegunda División. Para substituílos ascenderán de Segunda os dous primeiros clasificados, xunto co gañador dunha promoción que disputarán os clasificados entre o terceiro e sexto posto.
As cuestións de xustiza deportiva son competencia daReal Federación Española de Fútbol a través dos seus Comités de Disciplina Deportiva: Comité de Competición, Xuíces de Competición e Comité de Apelación. O Comité de Competición ditamina semanalmente as sancións aos futbolistas. Os xogadores son sancionados cun partido de suspensión en caso de acumular cinco amoestacións ao longo do campionato. Igualmente, son suspendidos aqueles futbolistas expulsados durante un encontro.
Os árbitros de cada partido son designados por unha comisión creada para tal obxectivo e integrada por representantes da LFP e a RFEF.
X = Partidos xogados;G = Partidos gañados;E = Partidos empatados;P = Partidos perdidos;GF = Goles a favor ;GC = Goles en contra;DG = Diferenza de goles;Pts = Puntos
Os horarios corresponden á CET (Hora Central Europea)UTC+1 en horario estándar eUTC+2 en horario de verán.
A xornada 1 queda adiada pola folga convocada polaAFE para esa xornada en Primeira e Segunda División, pasando a ser a derradeira da primeira volta. O campionato empezou o 27 de agosto coa xornada 2.
Xornada 1Celebrouse a fin da semana do 22 de xaneiro de 2012
OTrofeo Pichichi é o premio outorgado anualmente polo diario deportivoMarca ao máximo goleador da Primeira división da Liga española de fútbol. Cabe sinalar, que os goles deste trofeo non se contabilizan segundo as actas arbitrais, senón segundo o criterio do diario Marca, polo que non teñen validez oficial e poden non coincidir coa cifra de goles contabilizada polaLFP.
Lionel Messi conseguiu o seu segundo Trofeo Pichichi, anotando 50 goles e batendo a marca histórica deCristiano Ronaldo, que marcara 41 goles na tempada anterior.
OTrofeo Zarra é un premio outorgado polo diario deportivoMarca ao máximo goleador español da tempada. Do mesmo xeito que oTrofeo Pichichi, non ten en conta as actas arbitrais, senón as apreciacións propias do diario Marca.
OTrofeo Zamora é o título outorgado desde o ano1959 polo diario deportivoMarca, ao porteiro de fútbol menos goleado da Primeira División. Para optar ao premio é necesario disputar 60 minutos en, como mínimo, 28 partidos.
Víctor Valdés logrou o seu cuarto Zamora consecutivo e quinto da súa carreira, igualando a marca deAntoni Ramallets 52 anos despois.