Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Premio Sakharov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A cerimonia de entrega do premio de 1990, outorgado aAung San Suu Kyi, dentro do hemiciclo do Parlamento de Estrasburgo no ano 2013.

OPremio Sakharov para a Liberdade de Pensamento, máis coñecido sinxelamente comoPremio Sakharov, honra a persoas ou organizacións que dedicaron as súas vidas ou accións á defensa dosdereitos humanos e aliberdade de pensamento.[1] Nomeado en homenaxe do científico e disidente soviéticoAndrei Sakharov, foi estabelecido en1988 poloParlamento Europeo.[1] Cada ano, aComisión de Asuntos Exteriores e aComisión de Desenvolvemento doParlamento Europeo elaboran unha lista de candidatos. Os eurodeputados que conforman esas comisións elaboran unha lista de preseleccionados en setembro.[2] Despois diso, a elección final outórgaselle á Conferencia de Presidentes do Parlamento Europeo (Presidente e líderes dos grupos políticos) e o nome do galardoado anúnciase a finais de outubro. O premio é entregado nunha cerimonia no hemiciclo do Parlamento deEstrasburgo en decembro.[3][4] O galardón inclúe un premio en metálico de 50 000 euros.[3]

O primeiro premio foi entregado de forma conxunta ó surafricanoNelson Mandela e ó rusoAnatoly Marchenko. O galardón de 1990 foille concedido aAung San Suu Kyi, mais non puido recollelo até o ano 2013 por mor do seu encarceramento político enMyanmar.[5] O premio tamén lle foi entregado a organizacións, sendo a primeira asNais de Praza de Maio arxentinas no ano 1992. Cinco dos galardoados co Sakharov foron posteriormente premiados coPremio Nobel da Paz: Nelson Mandela,Aung San Suu Kyi,Malala Yousafzai,Denis Mukwege eNadia Murad.[6]

Razan Zaitouneh (2011) foi secuestrada en 2013 e aínda segue desaparecida.[7]Nasrin Sotoudeh (2012) foi liberada da cadea en setembro de 2013,[8] mais aínda ten prohibido abandonar Irán, igual que o seu compañeiro galardoado en 2012Jafar Panahi.[9] O premio de 2017 foille concedido á Oposición de Venezuela, co boicot deEsquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica.[10][11]

Por mor das medidas de control sanitario motivadas polapandemia de COVID-19, numerosos eventos relacionados cos Premios Sakharov foron pospostos no ano 2020, incluíndo o Sakharov Fellowship,One World in Brussels e oEuropean Youth Event.[12]

Galardoados

[editar |editar a fonte]
AnoImaxeGalardoadoNacionalidadeNotasReferencia
1988Nelson Mandela foi o primeiro gañador do premio, xunto con Anatoly Marchenko.Nelson MandelaSudáfricaSuráfricaActivista anti-apartheid, posteriormente presidente deSuráfrica.[13]
-
Anatoly Marchenko (póstumo)Unión SoviéticaUnión SoviéticaDisidente, autor e activista soviético polos dereitos humanos.[13]
1989Dubček en 1989.Alexander DubčekChecoslovaquiaChecoslovaquiaPolítico eslocavo e impulsor daPrimavera de Praga.[13]
1990Suu Kyi en 2013.Aung San Suu KyiMyanmarPolítica opositora e antiga secretaria xeral da Liga Nacional para a Democracia.[14]
1991
-
Adem DemaçiKosovoKosovoPolítico kosovar e prisioneiro político.[13]
1992O manto branco das Nais da Praza de Maio, pintado no chan en Bos Aires, Arxentina.Nais de Praza de MaioArxentinaAsociación de nais arxentinas cuxos fillos desapareceron durante aGuerra Sucia.[14]
1993O logo de Oslobođenje en 2019.OslobođenjeBosnia e HercegovinaXornal que defende Bosnia e Hercegovina como un estado multiétnico.[14]
1994Nasrin en 2013.Taslima NasrinBangladeshDoutora e autora feminista.[14]
1995Zana en 2007.Leyla ZanaTurquíaTurquíaEscritora epolíticakurda encarcerada durante 15 anos por ser membro doPKK.[13]
1996Jingsheng en 2010.Wei JingshengChinaActivista do movemento democrático da China.[14]
1997Ghezali en 2013.Salima GhezaliAlxeriaXornalista,escritora eactivista polosdereitos da muller e ademocracia en Alxeria.[14]
1998Rugova en 2004.Ibrahim RugovaKosovoKosovoPolítico e primeiro Presidente de Kosovo.[13]
1999Gusmão en 2011.Xanana GusmãoTimor LesteAntigo militante e o primeiro presidente de Timor Leste.[15]
2000
-
¡Basta Ya!EspañaEspañaOrganización que uniu a individuos de diversas posicións políticas contra o terrorismo.[16]
2001Peled-Elhanan en 2001.Nurit Peled-ElhananIsraelActivista pola paz.[13]
-
Izzat GhazzawiPalestinaProfesor e escritorpalestino.
Zacarias Kamwenho en 2013.Zacarias KamwenhoAngolaAngolaArcebispo e activista pola paz.
2002
-
Oswaldo PayáCubaActivista político e disidente.[17]
2003Annan en 2012.Kofi AnnanGhanaGhanaPremio Nobel da Paz e sétimosecretario xeral das Nacións Unidas.[13]
Bandeira das Nacións Unidas.Nacións Unidas(Internacional)
2004
-
Asociación Belarusa de XornalistasBelarúsBelarúsOrganización non gobernamental que quere "garantir a liberdade de expresión e os dereitos de recibir e distribuir información e promover estándares profesionais de xornalismo".[18]
2005Membros das Damas de Branco na Habana, Cuba, en 2012.Damas de BrancoCubaMovemento de oposición, familiares de disidentes encarcerados.[19]
Logo de The Reporters Without Borders dende 2012.Reporteiros Sen Fronteiras(Internacional)Organización non gobernamental que loita pola liberdade de prensa.[19]
Ibrahim en 2018.Hauwa IbrahimNixeriaNixeriaAvogada polos dereitos humanos.[19]
2006Milinkevich en 2009.Alaksandar MilinkievičBelarúsBelarúsPolítico escollido polasForzas Democráticas Unidas de Belarús como candidato conxunto da oposición nas eleccións presidenciais de 2006.[20]
2007Osman en 2013.Salih Mahmoud OsmanSudánSudánActivista defensor dosdereitos humanos.[14]
2008Hu Jia.Hu JiaChinaActivista e disidente político.[21]
2009Monumento polas vítimas das opresión política na Unión Soviética.MemorialRusiaRusiaSociedade histórica a prol dos dereitos civís.[22]
2010Fariñas en 2014.Guillermo FariñasCubaDoutor, xornalista e disidente político.[23]
2011[a]Mahfouz en 2011.Asmaa MahfouzExiptoExiptoCinco representantes do pobo árabe, en recoñecemento do seu apoio á liberdade e ós dereitos humanos.[24]
al-Senussi en 2011.Ahmed al-SenussiLibia
Zaitouneh en data descoñecida.Razan ZaitounehSiria
Ferzat en Portraits of the Creators Sketchbook, 2011.Ali Farzat
-
Mohamed Bouazizi (póstumo)TunisiaTunisia
2012Panahi en 2007.Jafar PanahiIránActivistas iranianos, Sotoudeh é unha avogada e Panahi é director de cinema.[25][26]
Sotoudeh en 2012.Nasrin Sotoudeh
2013Yousafzai en 2019.Malala YousafzaiPaquistánActivista dos dereitos civís das mulleres e da educación.[27]
2014Mukwege en 2014.Denis MukwegeRepública Democrática do CongoR.D. do CongoXinecólogo que trata as vítimas deviolación en grupo.[28]
2015Badawi en 2012.Raif BadawiArabia SauditaEscritor e activista saudita, e o creador da páxina webFree Saudi Liberals.[29][b]
2016Murad en 2016.Nadia MuradIraqRefuxiadasiézidis perseguidas poloEstado Islámico.[30]
Aji Bashar en 2017.Lamiya Aji Bashar
2017Lorent Saleh.Oposición de VenezuelaVenezuelaOs membros daAsemblea Nacional do país (Juan Requesens,Julio Borges e outros) e tódolos prisioneiros políticos segundo oForo Penal Venezolano representados porLeopoldo López,Antonio Ledezma, Daniel Ceballos,Yon Goicoechea,Lorent Saleh, Alfredo Ramos e Andrea González.[31]
2018Sentsov en 2018.Oleg SentsovUcraínaUcraínaDirector de cinema, símbolo da loita pola liberación dos presos políticos detidos en Rusia e en todo o mundo.[32]
2019Tohti en 2011.Ilham TohtiChinaEconomista, estudoso e activista polos dereitos humanosuigur.[33]
2020Tsikhanouskaya en 2020.Oposición de BelarúsBelarúsBelarúsConsello de Coordinación de Belarús, iniciativa de mulleres valentes e personaxes políticos e da sociedade civil.[34][c]
2021Navalny en 2011.Alexei NavalnyRusiaRusiaOpositor político e activista anticorrupción[35]
2022Opobo ucraínoUcraínaUcraínaConcedido aos ucraínos que están "protexendo a democracia, a liberdade e o estado de dereito" tras ainvasión rusa de Ucraína de 2022.[36][37]
2023Mahsa Jina Amini (póstumo)IránA morte de Mahsa Amini en circunstancias sospeitosas provocou protestas xeneralizadas, moitas veces baixo o lemaMuller, Vida, Liberdade.[38][38]
Movemento Muller, Vida, Liberdade
2024María Corina Machado
Edmundo González
Venezuela

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Os galardoados foron defensores daPrimavera árabe
  2. Badawi fundou e dirixiu dous foros en liña sobre debates de relixión e política no seu país conservador,Saudi Liberals eFree Saudi Liberals
  3. Un deles éSviatlana Tsikhanouskaya, a activista dos dereitos humanos e política que participou naseleccións presidenciais de Belarús de 2020 como principal candidata da oposición.

Referencias

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,1"1986: Sakharov comes in from the cold".BBC News. 23 de decembro de 1986. Arquivado dendeo orixinal o 26 de decembro de 2010. Consultado o 21 de outubro de 2010. 
  2. "Sakharov Prize 2018: three finalists selected",News—European Parliament, 10 de setembro 2018
  3. 3,03,1"Sakharov Prize".Parlamento Europeo. Arquivado dendeo orixinal o 15 de setembro de 2017. Consultado o 29 de outubro de 2017. 
  4. "Sakharov Prize 2018: three finalists selected",News—European Parliament, 10 de setembro de 2018.
  5. Cook, Annabel (22 de outubro de 2013)."Aung San Suu Kyi collects Sakharov prize 23 years on".Financial Times. Arquivado dendeo orixinal o 28 de outubro de 2017. Consultado o 27 de outubro de 2017. 
  6. Boshnaq, Mona; Chan, Sewell; Dremeaux, Lillie; Karasz, Palko; Kruhly, Madeleine."Nobel Peace Prize Winners Throughout History".The New York Times. Arquivado dendeo orixinal o 13 de outubro de 2017. Consultado o 19 de xullo de 2019. 
  7. "Razan Zaitouneh". European Parliament. Arquivado dendeo orixinal o 28 de outubro de 2017. Consultado o 27 de outubro de 2017. 
  8. "Nasrin Sotoudeh". European Parliament. Arquivado dendeo orixinal o 28 de outubro de 2017. Consultado o 27 de outubro de 2017. 
  9. "Jafar Panahi". Arquivado dendeo orixinal o 28 de outubro de 2017. Consultado o 27 de outubro de 2017. 
  10. Schreuer, Milan (26 de outubro de 2017)."Venezuelan Opposition Receives E.U.’s Sakharov Freedom Prize".The New York Times(en inglés).ISSN 0362-4331. Arquivado dendeo orixinal o 26 de outubro de 2017. Consultado o 31 de outubro de 2017. 
  11. "Left to boycott politicised Sakharov Prize ceremony - GUE/NGL - Another Europe is possible".www.guengl.eu(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 01 de febreiro de 2018. Consultado o 31 de xaneiro de 2018. 
  12. "Sakharov Prize Community Newsletter No. 3"(PDF). European Parliament. 2020. Consultado o 12 de abril de 2021. 
  13. 13,013,113,213,313,413,513,613,7European Parliament, ed. (28 de outubro de 2008)."20 years of the Sakharov Prize: Human rights and reconciliation". Arquivado dendeo orixinal o 12 de decembro de 2010. Consultado o 22 de outubro de 2010. 
  14. 14,014,114,214,314,414,514,6Reporteiros Sen Fronteiras, ed. (15 de maio de 2009)."Sakharov Network calls for immediate release of Aung San Suu Kyi, Sakharov Prize laureate 1990". Arquivado dendeo orixinal o 16 de outubro de 2012. Consultado o 23 de outubro de 2010. 
  15. BBC News, ed. (15 de decembro de 1999)."Gusmão receives EU Sakharov prize". Consultado o 21 de outubro de 2010. 
  16. "Basque group wins peace prize". BBC News. 26 de outubro de 2000. Arquivado dendeo orixinal o 01 de abril de 2007. Consultado o 21 de outubro de 2010. 
  17. BBC News, ed. (17 de decembro de 2002)."Cuban dissident collects EU prize". Arquivado dendeo orixinal o 07 de maio de 2004. Consultado o 21 de outubro de 2010. 
  18. European Parliament, ed. (9 de novembro de 2004)."The Belarusian Association of Journalists - 2004, Belarus". Arquivado dendeo orixinal o 26 de xullo de 2015. Consultado o 18 de febreiro de 2015. 
  19. 19,019,119,2Gibbs, Stephen (14 de decembro de 2005). BBC News, ed."Cuba 'bars women from prize trip'". Arquivado dendeo orixinal o 17 de novembro de 2006. Consultado o 21 de outubro de 2010. 
  20. BBC News, ed. (26 de outubro de 2006)."Belarussian takes EU rights award". Consultado o 21 de outubro de 2010. 
  21. BBC News, ed. (17 de decembro de 2008)."China dissident wins rights prize". Arquivado dendeo orixinal o 30 de decembro de 2008. Consultado o 21 de outubro de 2010. 
  22. BBC News, ed. (22 de outubro de 2009)."Russia rights group wins EU prize". Consultado o 21 de outubro de 2010. 
  23. BBC News, ed. (21 de outubro de 2010)."Cuba dissident Farinas awarded Sakharov Prize by EU". Arquivado dendeo orixinal o 22 de outubro de 2010. Consultado o 21 de outubro de 2010. 
  24. European Parliament (ed.)."Sakharov Prize for Freedom of Thought 2011". Arquivado dendeo orixinal o 23 de outubro de 2011. Consultado o 27 de outubro de 2011. 
  25. Dehghan, Saeed Kamali (26 de outubro de 2012).The Guardian, ed."Nasrin Sotoudeh and director Jafar Panahi share top human rights prize". Arquivado dendeo orixinal o 26 de outubro de 2012. Consultado o 26 de outubro de 2012. 
  26. European Parliament (ed.)."Nasrin Sotoudeh and Jafar Panahi – winners of the 2012 Sakharov Prize"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 22 de decembro de 2015. Consultado o 27 de outubro de 2012. 
  27. Jordan, Carol (10 de outubro de 2013). CNN, ed."Malala wins Sakharov Prize for freedom of thought". Arquivado dendeo orixinal o 15 de outubro de 2013. Consultado o 10 de outubro de 2013. 
  28. BBC News, ed. (21 de outubro de 2014)."DR Congo doctor Denis Mukwege wins Sakharov prize". Arquivado dendeo orixinal o 22 de outubro de 2014. Consultado o 22 de outubro de 2014. 
  29. The Guardian (ed.)."Raif Badawi wins Sakharov human rights prize". Bruxelas. Associated Press in. Arquivado dendeo orixinal o 29 de outubro de 2015. Consultado o 29 de outubro de 2015. 
  30. BBC News, ed. (27 de outubro de 2016)."Sakharov prize: Yazidi women win EU freedom prize". Arquivado dendeo orixinal o 27 de outubro de 2016. Consultado o 27 de outubro de 2016. 
  31. Parlamento Europeo, ed. (26 de outubro de 2017)."Parliament awards Sakharov Prize 2017 to Democratic Opposition in Venezuela". Arquivado dendeo orixinal o 28 de outubro de 2017. Consultado o 27 de outubro de 2017. 
  32. Parlamento Europeo (ed.)."Sakharov Prize 2018 goes to Oleg Sentsov". Consultado o 25 de outubro de 2018. 
  33. "Ilham Tohti awarded the 2019 Sakharov Prize".European Parliament. 24 de outubro de 2019. Consultado o 24 de outubro de 2019. 
  34. "The 2020 Sakharov Prize awarded to the democratic opposition in Belarus".europarl.europa.eu. 22 de outubro de 2020. Consultado o 15 de novembro de 2020. 
  35. "Alexei Navalny awarded the European Parliament's 2021 Sakharov Prize".europarl.europa.eu. 20 de outubro de 2021. Consultado o 20 de outubro de 2021. 
  36. "Ukrainian people win European parliament's Sakharov prize".the Guardian. 2022-10-19. Consultado o2022-10-19. 
  37. "The Ukrainian people awarded the European Parliament's 2022 Sakharov Prize".europarl.europa.eu. 19 de outubro de 2022. Consultado o 19 de outubro de 2022. 
  38. 38,038,1"Jina Mahsa Amini and Iranian women protest movement win the 2023 Sakharov Prize".europarl.europa.eu(eninglés). 19 de outubro de 2023.Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2023. Consultado o 19 de outubro de 2023. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Premio SakharovModificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Premio_Sakharov&oldid=7003392»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp