Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Premio Nobel de Física

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Premio Nobel de Física
 Instancia de
 Subclase de
 Epónimo
 Parte de
Datas e cronoloxía
 Fundación
1901Editar o valor en Wikidata
Localización
 Localización
 País
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata G:Commons C:Commons
A1ª Conferencia de Solvay, en 1911, na que participaron 9 laureados co Nobel de Física. Sentados, de esquerda a dereita:W. Nernst,M. Brillouin,E. Solvay,H. Lorentz (presidente da conferencia),E. Warburg,J. Perrin,W. Wien,M. Curie eH. Poincaré. De pé, de esquerda a dereita:R. Goldschmidt,M. Planck,H. Rubens,A. Sommerfeld,F. Lindemann,M. de Broglie,M. Knudsen,F. Hasenöhrl,G. Hostelet,E. Herzen,J.H. Jeans,E. Rutherford,H. Kamerlingh Onnes,A. Einstein eP. Langevin.

OPremio Nobel de Física (ensueco:Nobelpriset i fysik), é un dos cincoPremios Nobel que outorga aReal Academia das Ciencias de Suecia, enEstocolmo, xunto cosPremio Nobel de Química, oPremio Nobel de Literatura, oPremio Nobel da Paz e mailoPremio Nobel de Fisioloxía ou Medicina.[1] Tradicionalmente, o de física é o primeiro en entregarse e o primeiro ano que se entregou foi no 1901. Como os demais premios, é administrado polaFundación Nobel.

Antecedentes

[editar |editar a fonte]

Alfred Nobel, na súa última vontade e testamento, afirmou que a súa riqueza debería ser utilizada para crear unha serie de premios para aqueles que lle confiran o "maior beneficio á humanidade" nos campos dafísica, aquímica, apaz, afisioloxía ou amedicina e aliteratura.[2] Aínda que Nobel escribiu varios testamentos durante a súa vida, o derradeiro foi escrito un ano antes de morrer e asinouse no Club Sueco-Noruegués deParís o 27 de novembro de 1895.[3] Nobel legou o 94% dos seus activos totais, 31 millóns decoroas suecas (2,9 millóns dedólares, ou 2,7 millóns de euros en 2023), para establecer e dotar os cinco premios Nobel.[4] Debido ao nivel de escepticismo ao redor do testamento, non foi ata o 26 de abril de 1897 cando foi aprobado poloStorting (Parlamento noruegués).

Os executores do seu testamento foronRagnar Sohlman e Rudolf Lilljequist, quen formaron a Fundación Nobel para coidar a fortuna de Nobel e organizar os premios. Conforme ás indicacións no testamento, o premio é administrado pola Fundación Nobel e outorgado por un comitê que consiste de cinco membros electos pola Academia Real.

Os membros do Comité Nobel noruegués que debían outorgar o Premio da Paz foron nomeados pouco despois de aprobarse o testamento. As outras organizacións que concederon premios seguiron:Karolinska Institutet o 7 de xuño, aAcademia Sueca o 9 de xuño e aReal Academia Sueca de Ciencias o 11 de xuño. A Fundación Nobel estableceu entón pautas para a concesión dos premios. En 1900, os estatutos recentemente creados da Fundación Nobel foron promulgados polo reiÓscar II. Segundo o testamento de Nobel, a Real Academia Sueca de Ciencias concede o Premio de Física.

Características

[editar |editar a fonte]

De gran relevancia dende a súa creación, obedecendo a vontade doquímicoAlfred Nobel, expresa no seu testamento, é un premio atribuído anualmente, en outubro, polos membros daReal Academia das Ciencias de Suecia «(...)á persoa que realizase o descubrimento ou invención máis importante dentro do campo da física».[5] Porén, a cerimonia onde se entregan oficialmente, polo rei de Suecia, a medalla e o diploma da fundación e un certificado para o premio monetario celébrase o 10 de decembro, día do aniversario do creador do premio.[6] Dende2001, a cantidade que se lle dá ó gañador é de 10 millóns decoroas suecas (pouco máis de 1 millón deeuros).[7]

Estatísticas (até 2024)

[editar |editar a fonte]

Desde 1901, outorgáronse en 118 ocasións, quedando sen outorgar, por diferentes razóns, en 1916, 1931, 1934, 1940, 1941 e 1942[8] polo que os cartos se engadiron aos fondos da Fundación. Os estatutos indican que non se pode entregar a máis de 3 persoas, polo que, entre 1901 e 2024, hai 47 premios de física outorgados a unha soa persoa; en 33 ocasións se compartiron entre 2 galardoados e en 38 ocasións se compartiron entre 3; cun total de 226 persoas galardoadas en total.[8]

Das 226 persoas galardoadas, só 5 foron mulleres:Marie Curie en 1903,Maria Goeppert Mayer en 1963,Donna Strickland en 2018,Andrea Ghez en 2020 eAnne L’Huillier en 2023;[9] e, soamente, unha persoa o recibiu en 2 ocasións,John Bardeen, en 1956 e 1972.

O máis novo en recibilo foiWilliam Lawrence Bragg, que o recibiu en 1905, cando tiña 25 anos, e o máis vello foiArturo Ashkin, que o recibiu en 2018, cando tiña 96 anos.[8]

Familiares galardoados

[editar |editar a fonte]

O único matrimonio galardoado foi o de Marie Curie ePierre Curie en 1903. En troques, hai 4 casos de pais e fillos:Sir William Henry Bragg xunto co seu filloWilliam Lawrence Bragg, o recibiron xuntos en 1915;Niels Henrik David Bohr en 1922 e seu filloAage Niels Bohr no 1975;Karl Manne Georg Siegbahn en 1924 e seu filloKai M. Siegbahn en 1981 eJoseph John Thomson en 1906 mailo seu filloGeorge Paget Thomson en 1937.[8]

Premiados

[editar |editar a fonte]
DataLaureadosFotoNacionalidadeTraballos recompensados
1901Wilhelm Conrad Röntgen
 Imperio Alemán"En recoñecemento dos extraordinarios servizos que ha prestado polo descubrimento dos extraordinariosraios que posteriormente levan o seu nome".[10]
1902Hendrik A. Lorentz (1/2)
Países BaixosPaíses Baixos"En recoñecemento ao extraordinario servizo que prestaron polas súas investigacións sobre a influencia domagnetismo nos fenómenos radiolóxicos".[11]
Pieter Zeeman (1/2)
1903Antoine Henri Becquerel (1/2)
Francia"En recoñecmento aos extraordinarios servizos que prestou polo seu descubrimento daradioactividade espontáne".[12]
Pierre Curie (1/4)
"En recoñecemento aos extraordinarios servizos prestados polas súas investigacións conxuntas sobre os fenómenos radiolóxicos descubertos polo profesor Henri Becquerel".[12]
Marie Curie (1/4)
1904LordJohn William Strutt
InglaterraInglaterra"Polas súas investigacións sobre asdensidades dos gases máis importantes e polo seu descubrimento deargon en relación con estes estudos".[13]
1905Philipp Lenard
 Imperio Alemán"Polo seu traballo sobre osraios catódicos."[14]
1906SirJoseph John Thomson
InglaterraInglaterraPescudas sobre a condución do gas. Primeiromodelo atómico.
1907Albert Abraham Michelson
Estados Unidos de AméricaEstados UnidosDesenvolvemento de diversos instrumentos ópticos de precisión e investigacóns desenvolvidas con estes instrumentos nos campos daespectroscopía emeteoroloxía.
1908Gabriel Lippmann
FranciaPolo seu método de reproducir fotografías en cor baseado nos fenómenos deinterferencia luminosa.
1909Guglielmo Marconi
 ItaliaInvención datelegrafía sen fíos porondas hertzianas e doosciloscopio catódico (tubo de Braun)
Karl Ferdinand Braun
 Imperio Alemán
1910Johannes Diderik van der Waals
Países BaixosPaíses BaixosEcuación de estado para gases e líquidos (lei de Van der Waals)
1911Wilhelm Wien
 Imperio AlemánDescubrimento sobre asleis da radiación da calor
1912Gustaf Dalén
SueciaSueciaInvención doregulamento automático para a chama das farolas e dos faros.
1913Heike Kamerlingh Onnes
Países BaixosPaíses BaixosPola súa investigación das propiedades da materia a baixastemperaturas.
1914Max von Laue
 Imperio AlemánPolo seu descubrimento da difracción dosraios X polo cristais.
1915William Henry Bragg
InglaterraInglaterraFundamentos daradiocristalografía moderna.
William Lawrence Bragg
1916Destinado ao Fondo Especial desta sección do premio.
1917Charles Glover Barkla
InglaterraInglaterraPropagación dasondas de radio e osraios X.
1918Max Planck
 AlemañaPolo seu descubrimento doscuantos de enerxía.
1919Johannes Stark
 AlemañaOefecto Stark: descomposición dosraios espectrais por uncampo eléctrico.
1920Charles Edouard Guillaume
SuízaSuízaPola mellora daprecisión das medidas en Física debido ó descubrimento de anomalías nasaliaxesníquel-aceiro.
1921Albert Einstein
 AlemañaPolo impulso ó avance da física teórica, en particular pola lei doefecto fotoeléctrico.
1922Niels Bohr
DinamarcaDinamarcaPola investigación da estrutura doátomo e aradiación emanada deles (mellora teórica do modelo deRutherford).
1923Robert Andrews Millikan
Estados Unidos de AméricaEstados UnidosPola medida dacarga eléctrica elemental doelectrón.
1924Karl Manne Georg Siegbahn
SueciaSueciaPolo seu traballo no campo daespectroscopía dos raios X.
1925James Franck
Gustav Ludwig Hertz
 AlemañaPolo descubrimento das leis que regulan o impacto doelectrón sobre o átomo.
1926Jean Baptiste Perrin
FranciaPolo traballo sobre a estrutura descontinua da materia.
1927Arthur Holly Compton
Estados Unidos de AméricaEstados UnidosPolo descubrimento doefecto Compton.
Charles Thomson Rees Wilson
EscociaEscociaPolo seu método de visualización de camiños seguidos polas partículas eléctricas (cámara de Wilson).
1928SirOwen Willans Richardson
InglaterraInglaterra"...polo seu traballo sobre oefecto termoiónico e, sobre todo, polo descubrimento da lei que leva o seunome".[15]
1929Louis de Broglie
FranciaPolo seu descubrimento da natureza ondulatoria doelectrón,
1930SirChandrasekhara Venkata Raman
IndiaIndiaPolo seu traballo sobre a dispersión da luz (efecto Raman).
1931Destinado ao Fondo Especial desta sección do premio.
1932Werner Heisenberg
 AlemañaPola creación damecánica cuántica.
1933Paul Adrien Maurice Dirac
InglaterraInglaterra
Polo descubrimento de novas formas nateoría atómica.
Erwin Schrödinger[16]
AustriaAustria
19341/3 destinado ao Fondo Principal e 2/3 ao Fondo Especial desta sección do premio
1935James Chadwick
InglaterraInglaterraDescuberta doneutrón.
1936Carl David Anderson
Estados Unidos de AméricaEstados UnidosPolo descubrimento dopositrón.
Victor Franz Hess
AustriaAustriaPolo seu descubrimento daradiación cósmica.
1937Clinton Joseph Davisson
Estados Unidos de AméricaEstados UnidosPola descuberta experimental dadifracción dos electróns polos cristais.
SirGeorge Paget Thomson
InglaterraInglaterra
1938Enrico Fermi
 ItaliaPola súa demostración da existencia de novos elementos radioactivos producidos porirradación deneutróns e o descubrimento relacionado dasreaccións nucleares por neutróns lentos.
1939Ernest Lawrence
Estados Unidos de AméricaEstados UnidosPola invención, desenvolvemento e resultados dociclotrón.
19401/3 destinado ao Fondo Principal e 2/3 ao Fondo Especial desta sección do premio
19411/3 destinado ao Fondo Principal e 2/3 ao Fondo Especial desta sección do premio
19421/3 destinado ao Fondo Principal e 2/3 ao Fondo Especial desta sección do premio
1943Otto Stern
Estados Unidos de AméricaEstados UnidosPolo descubrimento domomento magnético do protón e o método do raio molecular.
1944Isidor Isaac Rabi
Estados Unidos de AméricaEstados UnidosPolo método deresonancia en relación coas propiedades magnéticas do núcleo atómico.
1945Wolfgang Ernst Pauli
AustriaAustria"polo descubrimento doPrincipio de Exclusión, tamén chamado Principio de Pauli".[17]
1946Percy Williams Bridgman
Estados Unidos de AméricaEstados UnidosPola invención dun aparello para producir moi altas presións.
1947Edward Victor Appleton
InglaterraInglaterraPolas súas investigacións sobre a altaatmosfera, en particular, polo descubrimento dacapa Appleton.
1948Patrick Maynard Stuart Blackett
InglaterraInglaterraPolo desenvolvemento do método da cámara de néboa de Wilson, e os descubrimentos subsecuentes na física nuclear e a radiación cósmica.
1949Hideki Yukawa (湯川 秀樹)
XapónPolo descubrimento dosmesóns en base ó traballo teórico sobre asforzas nucleares.
1950Cecil Frank Powell
InglaterraInglaterraPolo desenvolvemento do método fotográfico para o estudo dos procesos nucleares e a súa aplicación ó estudo dos mesóns.
1951SirJohn Cockcroft
InglaterraInglaterraPolo seu traballo sobre atransmutación de núcleos atómicos producido por partículas atómicas aceleradas artificialmente.
Ernest Walton
IrlandaIrlanda
1952Felix Bloch
Estados Unidos de AméricaEstados UnidosPolo desenvolvemento de novos métodos de medidas magnéticas de precisión.
Edward Mills Purcell
1953Frits Zernike
Países BaixosPaíses BaixosPolo método de contraste de fase a a súa aplicacion ómicroscopio de contraste de fase.
1954Max Born
República Federal de AlemañaAlemaña OccidentalPola súa investigación fundamental enmecánicacuántica, e en particular, pola súa interpretación estatística dafunción de onda.
Walther Wilhelm Georg Bothe
Polométodo de coincidencia.
1955Willis Eugene Lamb
Estados Unidos de AméricaEstados UnidosPolos descubrimentos relacionados coaestruturafina do espectro do hidróxeno.
Polykarp Kusch
Pola determinación precisa domomento magnéticodo electrón.
1956William Bradford Shockley
Estados Unidos de AméricaEstados UnidosPolas súas investigacións sobresemicondutores eo efectotransistor.
Walter Houser Brattain
John Bardeen
1957Chen Ning Yang (楊振寧)
ChinaPola súa profunda investigación das leis deparidade.
Tsung-Dao Lee (李政道)
1958Pavel Tcherenkov (Павел Черенков)
 URSSPolo descubrimento e interpretación doefecto Tcherenkov.
Ilia Frank (Илья Франк)
Igor Tamm (Игорь Тамм)
1959Emilio Gino Segrè
Estados Unidos de AméricaEstados UnidosItaliaItaliaDescuberta doantiprotón
Owen Chamberlain
Estados Unidos de AméricaEstados Unidos
1960Donald Arthur Glaser
Estados Unidos de AméricaEstados UnidosPola invención dacámara de burbullas.
1961Robert Hofstadter
Estados Unidos de AméricaEstados Unidos
Polos seus estudos pioneiros na dispersión do electrón no núcleo atómico e os seus descubrimentos na estrutura dosnucleóns
Rudolf Ludwig Mössbauer
República Federal de AlemañaAlemaña OccidentalPolos seus estudos sobre a absorción resonante daradiación gamma e oefecto Mössbauer.
1962Lev Davidovich Landau (Лев Давидович Ландау)
 URSSPolas súas teorías para amateria condensada, especialmente,helio líquido.
1963Eugene Paul Wigner
Estados Unidos de AméricaEstados UnidosPola súa contribución á teoría do núcleo atómico e partículas elementais, particularmente polo descubrimento e aplicación de principios desimetría.
Maria Goeppert-Mayer[18]
Hans Daniel Jensen
Polos seus descubrimentos sobre a superficie nuclear.
1964Charles Townes
Estados Unidos de AméricaEstados UnidosPolo seu traballo no campo daelectrónica cuántica, que levou á construción de osciladores e amplificadores baseados no principio dosmáser eláser.
Nikolai Basov (Николай Геннадиевич Басов)
 URSS
Alexandr Prokhorov (Александр Михайлович Прохоров)
 URSS
1965Julian Schwinger
Estados Unidos de AméricaEstados UnidosPolo seu traballo enelectrodinámica cuántica.
Richard P. Feynman
Sin-Itiro Tomonaga (朝永 振一郎)
Xapón
1966Alfred Kastler
FranciaPolo desenvolvemento de métodos ópticos para o estudo das resonancias hertzianas nos átomos.
1967Hans Bethe
Estados Unidos de AméricaEstados UnidosPolas súas contribuciónas áteoría das reaccións nucleares, en particular no relacionado coa enerxía das estrelas.
1968Luis Walter Álvarez
Estados Unidos de AméricaEstados UnidosPola súa decisiva contribución áfísica das partículas elementais, en particula o descubrimento dun gran número deestados de resonancia.
1969Murray Gell-Mann
Estados Unidos de AméricaEstados UnidosPola contribución á clasificación das partículas elementais e as súas interaccións.
1970Hannes Alfvén
SueciaSueciaPolos seus descubrimentos enmagnetohidrodinámica e a aplicación de física doplasma.
Louis Eugène Félix Néel
Francia
1971Dennis Gabor
HungríaHungríaPola invención e desenvolvemento dométodo holográfico.
1972John Bardeen
Estados Unidos de AméricaEstados UnidosPola teoría dasupercondutividade (Teoría BCS)
Leon Cooper
John Robert Schrieffer
1973Leo Esaki (江崎 玲於奈)
XapónPolo estudo doefecto túnel en semicondutores.
Ivar Giaever
Estados Unidos de AméricaEstados Unidos
Brian David Josephson
GalesGalesPola predición teórica de propiedade dunha supercorrente a traverso dunha barreira túnel, en particular, oefecto Josephson.
1974SirMartin RyleInglaterraInglaterraPola súa investigación en radioastrofísica (técnica de apertura de síntese e descubrimento dospúlsares, respectivamente).
Antony Hewish
1975James Rainwater
Estados Unidos de AméricaEstados UnidosPolo estudo e descubrimento da relación entre movemento colectivo e movemento particular nos núcleos atómicos, e o desenvolvemento subsecuente dateoría do núcleo atómico.
Aage N. Bohr
DinamarcaDinamarca
Ben Roy Mottelson
1976Burton Richter
Estados Unidos de AméricaEstados UnidosPolos traballos sobre o descubrimento de partículas elementais pesadas dun novo tipo.
Samuel Chao Chung Ting (丁肇中)
1977Philip Warren Anderson
Estados Unidos de AméricaEstados UnidosPolo estudo da estrutura electrónica dos sistemas magnéticos desordeados.
SirNevill Francis Mott
InglaterraInglaterra
John Hasbrouck van Vleck
Estados Unidos de AméricaEstados Unidos
1978Petr Kapitsa (Петр Леонидович Капица)
 URSSPolas súas invencións e descubrimentos na área da física de baixas temperaturas.
Arno Allan Penzias
Estados Unidos de AméricaEstados UnidosPolo seu descubrimento daradiación de fondo de microondas.
Robert Woodrow Wilson
Estados Unidos de AméricaEstados Unidos
1979Sheldon Lee Glashow
Abdus Salam
Steven Weinberg
Estados Unidos de AméricaEstados Unidos
Paquistán
Estados Unidos de AméricaEstados Unidos
Pola teoría da campo unificadoelectrodébil.
1980James Watson Cronin
Estados Unidos de AméricaEstados UnidosPolo estudo da violación de principios fundamentais de simetría no decaemento dosmesóns K neutros.
Val Logsdon Fitch
1981Nicolaas Bloembergen
Estados Unidos de AméricaEstados UnidosPolo desenvolvemento daespectroscopía láser Polo desenvolvemento daespectroscopía electrónica de alta resolución.
Arthur Leonard Schawlow
Kai Siegbahn
SueciaSuecia
1982Kenneth Geddes WilsonEstados Unidos de AméricaEstados UnidosPola teoría dos fenómenos críticos en relación coastransicións de fase.
1983Subrahmanyan Chandrasekhar
Estados Unidos de AméricaEstados UnidosPolos estudos teóricos na estrutura e evolución dasestrelas.
William A. Fowler
Pola contribución ó estudo da xénese doselementos químicos.
1984Carlo Rubbia
ItaliaItaliaPola contribución á obtención daspartículas W e Z, portadoras daforza electrodébil.
Simon van der MeerPaíses BaixosPaíses Baixos
1985Klaus von Klitzing[19]
República Federal de AlemañaAlemaña OccidentalPola descuberta doEfecto Hall cuántico.
1986Gerd Binnig
República Federal de AlemañaAlemaña OccidentalPolo deseño do primeiromicroscopio electrónico.
Heinrich Rohrer
SuízaSuíza
Ernst August Friedrich Ruska
República Federal de AlemañaAlemaña Occidental
1987Johannes Georg Bednorz
República Federal de AlemañaAlemaña OccidentalPolos avances nasupercondutividade en materiais metálicos.
Karl Alexander Müller
SuízaSuíza
1988Leon Lederman
Estados Unidos de AméricaEstados UnidosPola demostración da estrutura dobre dosleptóns.
Melvin Schwartz
Jack Steinberger
1989Hans Georg Dehmelt
Wolfgang Paul
Norman Foster Ramsey
República Federal de AlemañaAlemaña Occidental
República Federal de AlemañaAlemaña Occidental

Estados Unidos de AméricaEstados Unidos

Polo desenvolvemento das bases dosreloxos atómicos.

Polo desenvolvemento datrampa de ións.

1990Jerome Isaac Friedman
Henry Way Kendall
Richard E. Taylor
Estados Unidos de AméricaEstados Unidos
Estados Unidos de AméricaEstados Unidos
Canadá
Por establecer as bases para o modelo dequarks.
1991Pierre-Gilles de Gennes
FranciaPola xeneralización de métodos de estudo a formas

complexas de materia

1992Georges Charpak
FranciaPola invención e desenvolvemento dedetectores de partículas.
1993Russell Alan Hulse
Estados Unidos de AméricaEstados UnidosDescuberta dunpúlsar nun sistema deestrelas binarias.
Joseph Hooton Taylor
1994Bertram N. Brockhouse
CanadáEstudo da estrutura e das propiedades doscristais.
Clifford G. Shull
Estados Unidos de AméricaEstados Unidos
1995Martin Lewis Perl
Estados Unidos de AméricaEstados UnidosDescuberta doleptón τ.
Frederick Reines
Pola detección doneutrino.
1996Douglas Dean OsheroffEstados Unidos de AméricaEstados UnidosPolo descubrimento dasuperfluideza noHelio-3.
David Morris Lee
Robert Coleman Richardson
1997Claude Cohen-Tannoudji
FranciaDesenvolvemento de métodos para arrefecer e atrapar átomos con luzláser.
Steven Chu
Estados Unidos de AméricaEstados Unidos
William Daniel Phillips
Estados Unidos de AméricaEstados Unidos
1998Robert B. Laughlin
Estados Unidos de AméricaEstados UnidosPolo descubrimento dunha nova forma de fluído cuántico con excitacións cargadas fraccionais (efectoHall cuántico).
Horst L. Störmer
AlemañaAlemaña
Daniel C. TsuiEstados Unidos de AméricaEstados Unidos
1999Gerardus 't Hooft
Países BaixosPaíses BaixosPor dilucidar a estrutura cuántica dainteracciónelectrofeble nafísica de partículas.
Martinus J. G. Veltman
2000Zhores Ivanovich Alferov
BelarúsBelarúsDesenvolvemento de heteroestruturas semi-condutoras para a electrónica rápida e aoptoelectrónica.
Herbert Kroemer
AlemañaAlemaña
Jack S. Kilby
Estados Unidos de AméricaEstados Unidos
2001Eric A. Cornell
Estados Unidos de AméricaEstados UnidosPola realización doacondensado de Bose-Einstein en gases enrarecidos de átomos alcalinos.
Wolfgang Ketterle
AlemañaAlemaña
Carl E. Wieman
Estados Unidos de AméricaEstados Unidos
2002Masatoshi Koshiba (小柴 昌俊)
XapónPolas súas contribucións pioneiras áastrofísica, en particular na detección deneutrinos cósmicos (Koshiba e Davis), e a descuberta das fontes astrofísicas deraios X (Giacconi).
Raymond Davis
Estados Unidos de AméricaEstados Unidos
Riccardo Giacconi
2003Alekséi Alekséyevich Abrikósov (Алексей Алексеевич Абрикосов)
RusiaRusiaPolas súas contribucións pioneiras á teoría dossupercondutores esuperfluídos.
Vitaly L. Ginzburg (Виталий Лазаревич Гинзбур)
Anthony J. Leggett
Estados Unidos de AméricaEstados Unidos
2004David Gross
Estados Unidos de AméricaEstados UnidosPolos seus descubrimentos sobre as interaccións dosquarks formulando o concepto deliberdade asintótica encromodinámica cuántica.
H. David Politzer
Frank Wilczek
2005Roy J. Glauber
Estados Unidos de AméricaEstados Unidos
Roy J. Glauber pola súa contribución á teoría cuántica de coherdanza óptica.
John L. Hall
John L. Hall eTheodor W. Hänsch, polas súascontribucións ó desenvolvemento da espectroscopía de precisión baseada en láser, incluíndo a técnica de frecuencia óptica combinada.
Theodor W. Hänsch
AlemañaAlemaña
2006George Fitzgerald Smoot
Estados Unidos de AméricaEstados UnidosPola descuberta da natureza doscorpos negros, daradiación cósmica de fondo e das súasanisotropías.
John Cromwell Mather
2007Albert Fert (1/2)
Francia"polo descubrimentomagnetorresistencia xigante."[20]
Peter Grünberg (1/2)
AlemañaAlemaña
2008Yoichiro Nambu (1/2)
Estados Unidos de AméricaEstados Unidos"...polo descubrimento do mecanismo da simetría rota espontánea na física subatómica".[21]
Makoto Kobayashi (1/4)
Xapón"...polo descubrimento da orixe da disimetría que predí cando menos a existencia de tres familias dequarks na natureza."[21]
Toshihide Maskawa (1/4)
2009Charles K. Kao (1/2)
Hong Kong"...polos logros innovadores sobre a transmisión de luz en fibra para a comunicación óptica."[22]
Willard S. Boyle (1/4)
Canadá"...pola invención dun circuíto desemicondutores de imaxe - osensor CCD".[22]
George E. Smith (1/4)
Estados Unidos de AméricaEstados Unidos
2010Andre Geim (1/2)
RusiaRusiaPolos seus traballos no desenvolvemento dografeno.[23]
Konstantín Novosiólov (1/2)
RusiaRusia
2011Saul Perlmutter (1/2)
Estados Unidos de AméricaEstados UnidosPolo descubrimento da expansión acelerada douniverso a través do estudo e observación dassupernovas.[24]
Adam Riess (1/4)
Estados Unidos de AméricaEstados Unidos
Brian Schmidt (1/4)
AustraliaAustralia
2012Serge Haroche (1/2)
FranciaPola súa metodoloxía revolucionaria que permitiu medir e manipular os sistemas individuais dequanto.[25]
David Wineland (1/2)
Estados Unidos de AméricaEstados Unidos
2013Peter Higgs (1/2)
Reino UnidoReino UnidoPolos seus traballos e concepción dobosón de Higgs.[26]
François Englert (1/2)
BélxicaBélxica
2014Isamu Akasaki (1/3)
Xapón"...pola invención dedíodos emisores de luz azul eficientes que permiten fontes de luz branca brillantes e que aforran enerxía".[27]
Hiroshi Amano (1/3)
Xapón
Shuji Nakamura (1/3)
Xapón
2015Takaaki Kajita (1/2)
Xapón"...pola descuberta das oscilacións dosneutrinos, que permiten demostrar que os neutrinos teñenmasa."[28]
Arthur B. McDonald (1/2)
Canadá
2016David J. Thouless (1/2)
Reino UnidoReino Unido"...polos descubrimentos teóricos nas transicións de fase topolóxicas e asfases topolóxicas da materia."[29]
Duncan Haldane (1/4)
Reino UnidoReino Unido
Michael Kosterlitz (1/4)
Reino UnidoReino Unido
2017[30]Rainer Weiss (1/2)
Estados Unidos de AméricaEstados Unidos"...polas decisivas contribucións aodetector LIGO e á observación dasondas gravitacionais."[31]
Kip Thorne (1/4)
Estados Unidos de AméricaEstados Unidos
Barry Barish (1/4)
Estados Unidos de AméricaEstados Unidos
2018Arthur Ashkin (1/2)
Estados Unidos de AméricaEstados Unidos"...polas pinzas ópticas e a súa aplicación aos sistemas biolóxicos."[32]
Gérard Mourou (1/4)
Francia"...Polo seu método de xeración de pulsos ópticos de alta intensidade e ultra-curtos."[32]
Donna Strickland[33] (1/4)
Canadá
2019James Peebles (1/2)
Canadá"...polos descubrimentos teóricos na cosmoloxía física."[34]
Michel Mayor (1/4)
SuízaSuíza"...polo descubrimento dun exoplaneta orbitando unha estrela de tipo solar."[34]
Didier Queloz (1/4)
SuízaSuíza
2020Roger Penrose (1/2)
Reino UnidoReino Unido"...polo descubrimento de que a formación deburatos negros é unha predición robusta dateoría xeral da relatividade."[35]
Reinhard Genzel (1/4)
AlemañaAlemaña"...polo descubrimento dun obxecto compacto supermasivo no centro danosa galaxia."[35]
Andrea Ghez (1/4)
Estados Unidos de AméricaEstados Unidos
2021[36]Syukuro Manabe (1/4)
Xapón"...pola modelaxe do climaterrestre, a cuantificación da variabilidade e a predición fiable doquecemento global."[37]
Klaus Hasselmann (1/4)AlemañaAlemaña
Giorgio Parisi (1/2)[38]
ItaliaItalia"...polo descubrimento da interacción de trastornos e flutuacións nossistemas físicos desde escalas atómicas a planetarias."[37]
2022[39]Alain Aspect (1/3)
Francia"...polos seus experimentos confotónsentrelazados, establecendo a violación dasdesigualdades de Bell e por ser pioneiros na ciencia dainformación cuántica."[40]
John Clauser (1/3)
Estados Unidos de AméricaEstados Unidos
Anton Zeilinger (1/3)
AustriaAustria
2023[41][42][43]Pierre Agostini (1/3)
Francia"...polos métodos experimentais que xeran pulsosattosegundos de luz para o estudo da dinámica electrónica na materia."[44]
Ferenc Krausz (1/3)
HungríaHungría
Anne L'Huillier[45] (1/3)
Francia
2024[46][47]John Hopfield (1/2)
Estados Unidos de AméricaEstados Unidos
"...polos seus descubrimentos fundamentais que permitan aaprendizaxe automática conredes neuronais artificiais."[48]
Geoffrey Hinton(1/2)
Reino UnidoReino Unido/

Canadá

2025[49]John Clarke (1/3)Reino UnidoReino Unido
"...polas súas descubertas sobre oefecto túnel enmecánica cuántica macroscópica e pola cuantización da enerxía nuncircuíto eléctrico."[50]
Michel Devoret(1/3)
Francia
John Martinis(1/3)Estados Unidos de AméricaEstados Unidos

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "The Nobel Prize".nobelprize.org/(eninglés). 2024. Consultado o 16 de outubro de 2024. 
  2. "Alfred Nobel (1833-1896)".bbc.co.uk(eninglés). 2014. Consultado o 16 de outubro de 2024. 
  3. Sohlman (1983), p. 7
  4. "Full text of Alfred Nobel’s will".nobelprize.org(eninglés). 2024. Consultado o 16 de outubro d 2024. 
  5. "The Nobel Prize in Physics".nobelprize.org(eninglés). 2024. Consultado o 16 de outubro de 2024. 
  6. "Nobel Prize Award Ceremonies".nobelprize.org(eninglés). 2024. Consultado o 16 de outubro de 2024. 
  7. O contido da lista de premiados está baseado na información da páxina dos premios Nobel,www.nobelprize.org/nobel_prizes/physics/laureates/
  8. 8,08,18,28,3"Facts on the Nobel Prize in Physics".nobelprize.org(eninglés). Consultado o 17 de outubro de 2024. 
  9. "Nobel Prize awarded women".nobelprize.org(eninglés). Consultado o 17 de outubro de 2024. 
  10. "The Nobel Prize in Physics 1901".nobelprize.org(eninglés). Consultado o 8 de novembro de 2024. 
  11. "The Nobel Prize in Physics 1902".nobelprize.org(eninglés). Consultado o 8 de novembro de 2024. 
  12. 12,012,1"The Nobel Prize in Physics 1903".nobelprize.org(eninglés). Consultado o 8 de novembro de 2024. 
  13. "The Nobel Prize in Physics 1904".nobelprize.org(eninglés). Consultado o 8 de novembro de 2024. 
  14. "The Nobel Prize in Physics 1905".nobelprize.org(eninglés). Consultado o 8 de novembro de 2024. 
  15. "The Nobel Prize in Physics 1928".nobelprize.org(eninglés). Consultado o 17 de outubro de 2024. 
  16. Freire, Noelia (13 de xaneiro de 2024)."Erwin Schrödinger y su fascinante (aunque poco conocida) faceta filosófica".nationalgeographic.com.es(encastelán). Consultado o 9 de outubro de 2024. 
  17. "The Nobel Prize in Physics 1945".nobelprize.org(eninglés). Consultado o 17 de outubro de 2024. 
  18. País, Ana (21 de marzo de 2021)."Maria Goeppert Mayer, la nobel de Física que explicó los "números mágicos" mientras investigaba sin que le pagaran".bbc.com(encastelán). Consultado o 9 de outubro de 2024. 
  19. Montero, Tamara (12 de setembro de 2024)."Klaus von Klitzing, premio Nobel de Física: «No invertiría mi dinero en la fusión nuclear»".lavozdegalicia.es(encastelán). Consultado o 9 de outubro de 2024. 
  20. "The Nobel Prize in Physics 2007".nobelprize.org(eninglés). Consultado o 10 de novembro de 2024. 
  21. 21,021,1"The Nobel Prize in Physics 2008".nobelprize.org(eninglés). Consultado o 10 de novembro de 2024. 
  22. 22,022,1"The Nobel Prize in Physics 2009".nobelprize.org(eninglés). Consultado o 7 de novembro de 2024. 
  23. "The Nobel Prize in Physics 2010".nobelprize.org(eninglés). Consultado o 7 de novembro de 2024. 
  24. "The Nobel Prize in Physics 2011".nobelprize.org(eninglés). Consultado o 7 de novembro de 2024. 
  25. "The Nobel Prize in Physics 2012".nobelprize.org(eninglés). Consultado o 7 de novembro de 2024. 
  26. "The Nobel Prize in Physics 2013".nobelprize.org(eninglés). Consultado o 7 de novembro de 2024. 
  27. "The Nobel Prize in Physics 2014".nobelprize.org(eninglés). Consultado o 7 de novembro de 2024. 
  28. "The Nobel Prize in Physics 2015".nobelprize.org(eninglés). Consultado o 7 de novembro de 2024. 
  29. "The Nobel Prize in Physics 2016".nobelprize.org(eninglés). Consultado o 7 de novembro de 2024. 
  30. Forssman, Alec (3 de outubro de 2017)."El Premio Nobel de Física de 2017 a la detección de las ondas gravitacionales".nationalgeographic.com.es(encastelán). Consultado o 9 de outubro de 2024. 
  31. "The Nobel Prize in Physics 2017".nobelprize.org(eninglés). Consultado o 7 de novembro de 2024. 
  32. 32,032,1"The Nobel Prize in Physics 2018".nobelprize.org(eninglés). Consultado o 7 de novembro de 2024. 
  33. Freire, Noelia (17 de febreiro de 2024)."Donna Strickland, la primera Nobel de Física del siglo XXI".nationalgeographic.com.es(encastelán). Consultado o 9 de outubro de 2024. 
  34. 34,034,1"The Nobel Prize in Physics 2019".nobelprize.org(eninglés). Consultado o 7 de novembro de 2024. 
  35. 35,035,1"The Nobel Prize in Physics 2020".nobelprize.org(eninglés). Consultado o 7 de novembro de 2024. 
  36. Redacción (5 de decembro de 2021)."Nobel de Física 2021 para los sistemas físicos complejos y los estudios del clima".rtve.es(encastelán). Consultado o 9 de outubro de 2024. 
  37. 37,037,1"The Nobel Prize in Physics 2021".nobelprize.org(eninglés). Consultado o 7 de novembro de 2024. 
  38. Barone, Luca Tancredi (12 de outubro de 2021)."Giorgio Parisi, Nobel de Física: “Saber cómo funciona el vuelo de los estorninos puede servir para entender la moda”".elpais.com(encastelán). Consultado o 9 de outubro de 2024. 
  39. Flores, Javier (6 de outubro de 2022)."Premio Nobel de Física 2022 para los investigadores del entrelazamiento cuántico".nationalgeographic.com.es(encastelán). Consultado o 9 de outubro de 2024. 
  40. "The Nobel Prize in Physics 2022".nobelprize.org(eninglés). Consultado o 17 de outubro de 2024. 
  41. Raffio, Valentina (3 de outubro de 2023)."El Nobel de Física 2023 premia la técnica para entender qué pasa en menos de un segundo".elperiodico.com(encastelán). Consultado o 9 de outubro de 2023. 
  42. Vacas, Constanza; Pereira Carvalho, Tiago (10 de abril de 2024)."Prémio Nobel de Física 2023 vai para Pierre Agostini, Ferenc Krausz e Anne L'Huillier".nationalgeographic.pt(enportugués). Consultado o 9 de outubro de 2024. 
  43. Redacción (3 de outubro de 2023)."Premio Nobel de Física 2023: qué son los pulsos de luz de attosegundos por los que Pierre Agostini, Ferenc Krausz y Anne L'Huillier recibieron el galardón".bbc.com(encastelán). Consultado o 9 de outubro de 2023. 
  44. "The Nobel Prize in Physics 2023".nobelprize.org(encastelán). Consultado o 7 de novembro de 2024. 
  45. Ansede, Manuel (6 de outubro de 2023)."Anne L’Huillier, ganadora del Nobel de Física: “Las personas estamos compuestas básicamente de espacio vacío”".elpais.com(encastelán). Consultado o 9 de outubro de 2024. 
  46. Redacción (8 de outubro de 2024)."El Nobel de Física, para los científicos que enseñaron a aprender a las máquinas".lavozdegalicia.es(encastelán). Consultado o 9 de outubro de 2024. 
  47. Criado, Miguel Ángel (8 de outubro de 2024)."Premio Nobel de Física 2024 a John Hopfield y Geoffrey Hinton por poner las bases de la inteligencia artificial".elpais.com(encastelán). Consultado o 9 de outubro de 2024. 
  48. "The Nobel Prize in Physics 2024".nobelprize.org(eninglés). 2024. Consultado o 7 de novembro de 2024. 
  49. "Nobel Prize in Physics 2025".nobelprize.org(eninglés). Consultado o 9 de outubro de 2025. 
  50. "Nobel Prize in Physics 2025".NobelPrize.org(eninglés). Consultado o2025-10-07. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Premio Nobel de FísicaModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Premios
Listas
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Premio_Nobel_de_Física&oldid=7201640»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp