Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Praza de touros de Pontevedra

Coord.:42°25′49″N8°39′07″O / 42.43016,-8.65187
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Praza de Touros de Pontevedra
PontevedraEditar o valor en Wikidata
Vista da praza e da entrada ao tendido 3
 Instancia de
 Material usado
Persoas e organizacións
 Arquitecto/a
Siro Borrajo Montenegro
Datas e cronoloxía
 Fundación
1900Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
 Acontecementos
25 de xullo de 1996renovación
8 de outubro de 1899-12 de agosto de 1900construciónEditar o valor en Wikidata
Dimensión
Capacidade7.800 assento individual(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
Fontes e ligazóns
Redes
Patrimonio Galego: 55180BNE: XX100944
Wikidata C:Commons

APraza de touros de Pontevedra é un edificio dedicado a actividades taurinas na cidade dePontevedra, no cal se celebra cada ano a feira taurina da Peregrina.

O recinto ten unha capacidade para 7.800 persoas,[1] sendo polo tanto o segundo recinto con máis capacidade da capital pontevedresa, só por detrás doEstadio de Pasarón. A Praza de touros de Pontevedra é o único sitio permanente dedicado á tauromaquia en todo oterritorio galego.[2]

Historia

[editar |editar a fonte]

Antes da existencia da praza de touros, as corridas celebrábanse desde o século XVII nasprazas da Ferrería e da Alhóndiga (detrás da actualcasa do concello), pechándose as entradas con táboas e reservándose o dereito para utilizar as fiestras dalgunhas casas para presenciar os festexos. Estes espectáculos menciónanse nas crónicas da cidade de Pontevedra dePrudencio Landín Tobío.[3]

En 1892, o capitán de artillaríaBenito Calderón Ozores, irmán da marquesa de Riestra e xenro deEugenio Montero Ríos, en asociación con dous cordobeses, promoveu a construción dunha praza de touros de madeira no Campo da Torre, no mesmo lugar que a actual praza de pedra. Foi inaugurada o10 de agosto de1892 cunha corrida na que actuaron Espartero, Mazzantini eGuerrita. En 1896 recibiuse no Concello unha solicitude para a construción dunha praza de touros de pedra. A solicitude foi aprobada o 5 de novembro do mesmo ano, pero o proxecto de construción quedou en suspenso ata 1899.[4]

O arquitecto Siro Borrajo Montenegro, encargouse da dirección das obras que comezaron en outubro de 1899. Concretamente, o día 8, ao ritmo dopasodobre interpretado pola banda de música do orfanato. Antes de que se cumprise un ano do inicio das obras, a praza foi inaugurada polos toureiros Emilio Torres "Bombita" e Ricardo Torres "Bombita chico" que lidaron touros de Salas. Foi o 12 de agosto de1900 nobarrio de San Roque, o mesmo lugar onde se situou a praza de madeira.[5][6]

Dende entón moitas figuras do pasado e do presente pasaron pola praza:Manolete,Luis Miguel Dominguín,Enrique Ponce,El Juli,Antoñete,Cesar Rincón,Espartaco,José Tomás etc. Como curiosidade, o mesmo reiAfonso XIII presenciou un festexo taurino na praza en1929.

O 16 de agosto de 1931 acolleu a disputa do combate de boxeo entreÁngel Sobral eEmile Romerio, polo campionato de España de peso medio.[7].

Desde 1975 a praza de touros é propiedade dos irmáns Lozano.[8][9] Dende o ano1996 a praza ten unha cuberta que protexe do sol ou da choiva a todo o recinto (tanto bancadas como area).

Descrición

[editar |editar a fonte]

O edificio ten dúas plantas, a primeira reservada ás bancadas e a segunda aos palcos e asentos cubertos. A praza de touros está cuberta. En 1996, a praza de touros renovouse cunha cuberta[10] dun tecido similar ao dos veleiros, que dá acubillo aos espectadores e a unha parte do rodo, deixando aberto o centro.[11] Esta cuberta de membrana de PVC cunha superficie de 4300 m² foi inaugurada o 25 de xullo, durante unha corrida na que os toureiros lidaron touros bravos do Torreón e na que se anunciaron os matadores valencianos Enrique Ponce e Vicente Barrera, así como o colombiano César Rincón.

Evento durante aFeira Franca de Pontevedra.

A praza de touros de Pontevedra caracterízase polo seu gran número de afeccionados. Os tendidos de sol da praza de touros énchense de peñas que crean un grande ambiente cada tarde de touros. Ao redor de 50 peñas celebran cada ano a Feira da Virxe Peregrina. Este fenómeno das peñas é algo arraigado en Pontevedra.[12]

A praza de touros de Pontevedra é a única de Galicia e o escenario da maioría das corridas do noroeste da Península Ibérica. A feira da Peregrina é un dos ciclos taurinos da tempada española que ten máis éxito de recadación, xerando gran expectación nos seus carteis.[13] A actividade taurina concéntrase na Feira da Peregrina, patroa daprovincia de Pontevedra, que se celebra cada ano para partir do segundo domingo de agosto.

Na praza celébranse ademais de corridas eventos como concertos musicais, mitins políticos ou actos daFeira Franca.

Feira Taurina da Peregrina

[editar |editar a fonte]

Cada ano ten lugar a feira taurina da Peregrina coincidindo coas festas da cidade, na que se celebran 4 festexos durante as dúas primeiras fins de semana do mes deagosto na praza de touros de Pontevedra. Esta feira taurina ten un grande arraigo en sectores da cidade, con 47 grupos taurinos (peñas)[14], con arredor de 1350 socios.[15]

Controversia

[editar |editar a fonte]

Con todo, tamén hai unha forte oposición social á celebración deste evento taurino. Así, a Coordenadora Antitouradas de Pontevedra integra diferentes asociacións de diferente ideoloxía: contra omaltrato animal (Galiza mellor sen touradas,Matar por Matar NON, protectoraOs Palleiros),ecoloxistas (ADEGA,APDR,Vaipolorío,Verdegaia,Colectivo Ecoloxista do Salnés), políticas (Galiza Nova,Isca!,Briga,Nós-UP) sociais (A Revira), culturais (Cineclube de Pontevedra,Liceo Mutante) ou sindicais (CNT). Demandan a abolición do maltrato animal e a reconversión da praza de touros nun espazo público[16].

Galería

[editar |editar a fonte]
  • Escultura diante da Praza de touros
    Escultura diante da Praza de touros

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Pontevedra retoma las cuatro corridas de toros de la Peregrina".El Correo Gallego(encastelán). 6 de xuño de 2012. 
  2. "Los últimos toreros de Galicia".El Mundo(encastelán). 19 de agosto de 2018. 
  3. "Ciento nueve años de historia taurina".Diario de Pontevedra. 12 de xullo de 2009. 
  4. "Pero, ¿de quién es la plaza de toros?".La Voz de Galicia(encastelán). 14 de outubro de 2016. 
  5. "La plaza de toros, 125 años de historia".La Voz de Galicia. 10 de agosto de 2017. 
  6. "El coso de San Roque está de cumpleaños".Diario de Pontevedra(encastelán). 13 de agosto de 2022. 
  7. "Ángel Sobral".Boxer List(eninglés). 
  8. "El Concello blindará su arquitectura contemporánea e industrial".Diario de Pontevedra(encastelán). 18 de xuño de 2020. 
  9. "Pontevedra retoma las cuatro corridas de toros de la Peregrina".El Correo Gallego(encastelán). 6 de xuño de 2012. 
  10. "1996: Un «traje hecho a la medida» para el coso de San Roque".La Voz de Galicia. 20 de xullo de 2021. 
  11. "Veinticinco metros de radio para celebrar orejas y rabo".La Voz de Galicia. 20 de xullo de 2016. 
  12. "Eduardo Lozano: Las peñas taurinas de Pontevedra son un fenómeno de veinte años".El Correo Gallego(encastelán). 18 de xullo de 2007. 
  13. "La tradición taurina pervive en Galicia".El Correo Gallego(encastelán). 4 de agosto de 2007. 
  14. "Si quitaran los toros por una decisión política se armaría una revolución".La Voz de Galicia(encastelán). 19 de xullo de 2015. 
  15. "Miles de aficionados se darán cita este fin de semana en la plaza en el final de la feria".Faro(encastelán). 13 de agosto de 2011. 
  16. "Coordenadora Antitouradas de Pontevedra". Arquivado dendeo orixinal o 03 de setembro de 2011. Consultado o 16 de marzo de 2011. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Praza de touros de PontevedraModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Fontoira Surís, Rafael (2009).Pontevedra monumental(encastelán). Pontevedra: Deputación Provincial de Pontevedra. p. 421.ISBN 978-84-8457-327-2. 

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
De interese enPontevedra
Lugares senlleiros
Edificios civís
Casa das Campás • Casa do Correo Vello • Casa dos Vaamonde • Pazo dos Condes de Maceda • Pazo de Mugartegui • Pazo de Castro Monteagudo • Pazo de García Flórez • Casa das Caras • Liceo Casino • Teatro Principal • Casa consistorial de Pontevedra • Palacete das Mendoza • Pazo da Deputación de Pontevedra • Goberno Militar de Pontevedra • Hospital Provincial de Pontevedra • Mansión do Marqués de Riestra • Edificio da antiga Escola Normal • Praza de touros • Café Moderno • Edificio do Banco de España • Villa Pilar • Instituto Valle Inclán • Pazo de Lourizán • Antigo Cuartel de San Fernando • Casa dos Fonseca • Casa de Correos • Edificio Gran Garaje • Edificio do Colexio Oficial de Aparelladores • Mercado de Abastos de Pontevedra • Edificio da Caixa de Pontevedra • Goberno Civil de Pontevedra • Pavillón Municipal dos Deportes • Biblioteca Pública do Estado • Auditorio e Pazo de Congresos e Exposicións • Recinto Feiral de Pontevedra • Edificio Central da Xunta de Galicia en Pontevedra • Edificio Castelao  • Cidade da Xustiza de Pontevedra
Edificios relixiosos
Monumentos e esculturas
Prazas e rúas
Pontes
Restos arqueolóxicos
Museos
Artes escénicas
Educación e Cultura
Parques e espazos naturais
Instalacións deportivas
Exposicións e espectáculos
Hospitais
Transportes
Barrios
Medios de comunicación
Eventos
Asociacións culturais
Festas contouros en Galicia
Corridas
Prazas de touros
Desaparecidas
Outros artigos
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Praza_de_touros_de_Pontevedra&oldid=7220370»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp