| Praza da Quintana | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Santiago de Compostela | |||||
Instancia de | |||||
Edificio adxacente | |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
| Wikidata C:Commons |

Apraza da Quintana é unha praza simbólica deSantiago de Compostela, formada pola confluencia da fachada sur dacatedral de Santiago, acasa da Parra, oConvento de San Paio de Antealtares e acasa da Conga.
Está dividida por unhas escalinatas, que separan a chamada Quintana de Vivos -a un nivel superior- da Quintana de Mortos. Foi construída no século XVI trala decisión do cabido compostelán de converter o cemiterio medieval da Quintana de Mortos en praza pública, cara1611, polo mestre Francisco Fernández de Araújo e por encargo co cóengo fabriqueiro da CatedralJosé Vega y Verdugo. Nas mesmas obras aproveitouse para pechar a fachada oriental da catedral cun muro corrido, a modo de pantalla, que cubría a cabeceira e as capelas absidais.
É moi utilizada en eventos públicos de carácter reivindicativo (manifestacións dodía das letras galegas,día da Patria, manifestacións ou conmemoracións deNunca Máis etc) ou lúdico, especialmente grandes concertos populares.

Noscanzorros do alto da Casa da Parra hai unhacámara web daCRTVG, que renova a imaxe cada doussegundos e abrangue aproximadamente un ángulo de visión de 90º.[1]
Nela unha placa lembra a xesta doBatallón Literario durante aGuerra da Independencia Española co seguinte texto:[2]
A LOS HÉROES
DEL BATALLÓN LITERARIO
DE 1808
LOS ESCOLARES COMPOSTELANOS DE 1896
Y LOS AYUNTAMIENTOS
DE 1822, 1865 Y 1896.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Praza da Quintana |
Artigos sobre a cidade deSantiago de Compostela | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Edificios | |||||
| Parques | |||||
| Centros comerciais | |||||
| Rueiro | |||||
| Transporte | |||||
| Medios de comunicación | |||||
| Deportes |
| ||||
| Outros recintos | |||||
| Centros de saúde | |||||
| Empresas locais | |||||
| Restos arqueolóxicos | |||||
| Accidentes xeográficos | |||||
| Educación | |||||
| Outros | |||||
