APraza Vermella (enruso: Красная площадь,tr.Krásnaja plóščaď;AFI: [ˈkrasnəjə ˈploɕːətʲ]) é unha praza situada enMoscova, capital daFederación Rusa. A praza separa oKremlin, a antiga cidadela real e actuala residencia oficial do Presidente de Rusia, dun histórico barrio de mercadores coñecido como Kitai-gorod. A Praza Vermella é a miúdo considerada a praza central de Moscova e de toda Rusia, xa que as principais rúas de Moscova, que conectan coas principais estradas do país, parten dela.
O nome da Praza Vermella non provén nin pola cor dos ladrillos que o rodean (que, de feito, foron blanqueados en certos momentos da historia), nin da relación entre a cor vermella e ocomunismo. O nome xurdiu porque a palabra rusa красная (Krasnaya) pode significar tanto "vermello" como "fermoso" (este último é máis ben arcaico; прекрасная,prekrasnaya). Esta palabra, co significado de "belo", aplicouse orixinalmente áCatedral de San Basilio e posteriormente foi trasladado á praza próxima. Crese que a praza adquiriu o seu nome actual (que substitúe á Pozhar, "lugar queimado") noséculo XVII. Varias cidades antigas rusas, como Suzdal, Yelets, e Pereslavl Zalessky, a súa praza principal chámaseKrasnaya Ploshchad.
A Praza Vermella separa oKremlin, a fortaleza real onde actualmente reside o presidente de Rusia, do barrio histórico comercial de Kitai-gorod. Dela parten as principais rúas de Moscova en todas direccións, prolongadas en autoestradas até fóra da cidade. Por iso é considerada a praza como o centro da cidade e de toda Rusia.
A zona onde está situada a praza estaba orixinariamente poboada por edificios de madeira, pero foi limpada porIván III de Rusia, xa que eran susceptibles de arder con facilidade. A nova praza serviu como lugar para os mercados, máis tarde para cerimonias públicas e proclamacións, mesmo para coroar aostsares.
Na praza atópanse o patíbulo, o monumento a Kuzma Minin e a Dmitry Pozharsky, ademais do mundialmente famoso sepulcro (mausoleo) deLenin. Na parede do Kremlin están sepultas grandes figuras daUnión Soviética e relevantes militantes comunistas (como o líderIosif Stalin, o cosmonautaIuri Gagarin, o xornalista e escritor estadounidenseJohn Reed, algúns altos xefes militares etc).
O28 de maio de1987, o entón novoxermano-occidentalMathias Rust aterrou o seu pequeno aviónCessna en plena praza. Tivo que cumprir máis de 400 días de cárcere e ese feito tamén derivou na forzada renuncia do mariscal Sergey Sokolov, o entón ministro de defensasoviético.
En anos recentes na Praza Vermella celebráronse numerosos concertos. Realizaron actuacións alí grupos internacionais comoPink Floyd, a banda alemáScorpions que celebrou un recital coa orquestra presidencial da Federación Rusa no aniversario da capital rusa. Ou o antigobeatlePaul McCartney.