Praia de Ver
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Praia de Ver | |
---|---|
![]() | |
43°23′50″N8°12′42″O / 43.397353,-8.211711 | |
Características xerais | |
Localización | Boebre (Pontedeume) |
Lonxitude | 285 m |
Grao de ocupación | Alto |
Grao de urbanización | Semiurbano |
Características específicas | |
Tipo de praia | Rectilínea |
Tipo de area | Branca e fina |
Condicións do baño | ![]() |
Zona de fondeo | Admítese |
Accesibilidade | |
Tipo de acceso | Estrada |
Sinalización do acceso | ![]() |
Apraia de Ver é unha praia situada na parroquia deBoebre, no concellocoruñés dePontedeume. Está situada nun contorno semiurbano por mor da construción na década de 1970 dunha urbanización de pisos e apartamentos, conhotel ecafetería, a escasos metros da praia. En cumprimento da Lei de Costas, o hotel e maila cafetería foron derrubados en2008[1].
Dispón de duchas de auga doce, e na súa contorna hai dous campings que abren en temporada estival, unha tenda de alimentación e unha cafetería.
Debido a que está ben protexida dos ventos e que as súas augas son tranquilas, está moi concorrida no verán. Está comunicada coa capital do concello mediante un servizo regular de autobuses.