| Praia de Praceres | |
|---|---|
| 42°24′21″N8°41′05″O / 42.405916666667,-8.6846666666667 | |
| Características xerais | |
| Localización | Pontevedra |
| Lonxitude | 50 m |
| Largo medio | 15 m |
| Grao de ocupación | Baixo |
| Grao de urbanización | Semiurbana |
| Paseo marítimo | Non |
| Características específicas | |
| Tipo de praia | Marítima |
| Tipo de area | Branca e fina |
| Condicións do baño | Augas tranquilas |
| Seguridade | |
| Sinalización do perigo | Si |
Apraia de Praceres oupraia da Posta[1] é unha praia galega situada no municipio dePontevedra, naprovincia de Pontevedra. É unha praia marítima semiurbana cunha lonxitude de 50 metros.[2][3]
A praia está localizada na parroquia civil deLourizán na marxe esquerda daría de Pontevedra, a 4 quilómetros dacidade e a menos dun quilómetro do barrio deEstribela. Atópase entre os estaleiros doporto e o cabo dosPraceres.[4]
A finais do século XIX durante o verán a vida social de Pontevedra víase animada por turistas e veraneantes que se trasladaban ás praias dos arredores da cidade, e en especial á praia dos Praceres que foi a praia de moda no período daRestauración e que estaba unida á cidade por tranvía.[5]
A principios do século XX á dereita da praia na punta do Cabo no istmo dos Praceres inaugurouse en 1902 o Gran Hotel de Baños de Mar de Los Placeres, propiedade deEugenio Montero Ríos que acollía a invitados e veraneantes e que en 1918 tras a súa morte, foi doado polo seu filloAvelino Montero ás relixiosas do Sagrado Corazón e que se converteu no Colexio Sagrado Corazón de Praceres.[6][7][8][9][10]
Na primavera de 1936 os anuncios de prensa centrábanse en publicitar para o turismo hoteis, restaurantes, casas de baño e a praia dos Praceres, para a que o servizo de tranvía ofertaba bonos de 10 viaxes de ida e volta a 4,25 pesetas. Na sociedade clasista da época no verán eran famosos os baños na praia de Praceres.[11] Ata mediados de século XX a praia presentou un aspecto salvaxe.
O 19 de maio de 1947 aprobouse o proxecto de construción dunha estrada ao longo daría de Pontevedra, entrePontevedra eOs Praceres. As obras desta estrada, que comezaron en 1949 e finalizaron en 1955, modificaron totalmente a zona ateigándoa con recheos, o que afectou tamén á praia que quedou reducida.[12][13][14] En 1969 completouse a estrada con catro carrís de circulación e inaugurouse como autovía o 8 de agosto de 1969.[15][16]
O 28 de xuño de 2023 o Estado desafectou a praia doporto xa que era innecesaria para a actividade portuaria e incorporouse ao réxime xeral de dominio público marítimo-terrestre.[17]
É unha praia practicamente rectilínea e chaira situada nunha contorna semiurbana.[3] Trátase dunha praia marítima de area branca e fina con fronte áría de Pontevedra. Ten unha orientación noroeste.
Atópase situada moi preto da autovía PO-11 e é unha praia de augas tranquilas que ten vistas á ría e áilla de Tambo. Dispón de duchas e establecemento de bebidas.[18]
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Praia de Praceres |