Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Praga

Este é un artigo de calidade da Galipedia
Coord.:50°05′15″N14°25′17″L / 50.0875,14.4214
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Praga (homónimos).
Modelo:Xeografía políticaPraga
Praha (cs)Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Vista aérea
Fotomontaxe
Vista no inverno
Imaxe

AlcumeMater urbium,Stověžatá Praha,Praga Caput Regni ePraga Caput Rei publicaeEditar o valor en Wikidata
Localización
lang=glEditar o valor en WikidataMapa
 50°05′15″N14°25′17″L / 50.0875,14.4214
PaísRepública ChecaEditar o valor en Wikidata
Enclave enBohemia CentralEditar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.397.880(2025)Editar o valor en Wikidata (2.817,11hab./km²)
Número de fogares579.509 (2011)Editar o valor en Wikidata
Lingua usadalingua checaEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie496,21 km²Editar o valor en Wikidata
Auga2,2Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Moldava,Čertovka,Botič,Dalejský potok,Prokopský potok,Říčanský potok,Lochkovský potok eRokytkaEditar o valor en Wikidata
Altitude235 mEditar o valor en Wikidata
Punto máis altoTeleček(en)Traducir (399 m)Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoRío Moldava (175,5 m)Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creaciónséculo VIIIEditar o valor en Wikidata
Evento clave
Organización política
• AlcaldeEditar o valor en WikidataBohuslav Svoboda(2023–)Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoconcello de Praga ,(Escano: 65)Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal1.193.200.000.000 (2016)Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal100 00–199 00, 252 26 e 252 28Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico2Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2CZ-10 e CZ-PREditar o valor en Wikidata
Código NUTSCZ010Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Taipei(2020–)Editar o valor en Wikidata

Sitio webpraha.euEditar o valor en Wikidata
Facebook: PrahaeuTwitter: PrahaEUInstagram: cityofpragueLinkedIn: magistrát-hl-m-prahaYoutube: UC2PrAs3ThtZ1Qi1lYxlC0ZwBNE: XX451702Editar o valor en Wikidata

Praga (enchecoPraha[ˈpraɦa] (AFI)Cs-Praha.oggescoitar) é a capital daRepública Checa e da rexión histórica deBohemia. Con anterioridade foino doReino de Bohemia e deChecoslovaquia. A cidade ten aproximadamente 1,3 millóns de habitantes, o que a converte na cidade máis poboada do país. A área metropolitana de Praga conta cunha poboación de 2,7 millóns de habitantes.[1] A cidade ten unclima oceánicotemperado, con veráns relativamente quentes e invernos fríos.

Situada á beira dorío Moldava, é un centro económico, político e cultural de Europa central que conta cunha rica historia. Praga desenvolveuse a partir doséculo IX converténdose nunha das capitais máis importantes de Europa nosséculos XVIII eXIX. Con todo, noséculo XX, sufriu as dúas guerras mundiais e os réximesnazi esoviético.[2] TralaRevolución de Veludo e a caída doMuro de Berlín a cidade tivo que facer fronte a unha dura adaptación cara a unha economía de mercado.

Praga é o fogar de numerosas atraccións culturais, moitas das cales sobreviviron a violencia e a destrución que padeceu Europano século XX. Entre elas salientan ocastelo de Praga, aponte de Carlos, a praza da cidade vella coReloxo Astronómico, obarrio xudeu, o outeiro dePetřín eVyšehrad. Dende 1992, o centro histórico da cidade foi incluído na lista daUNESCO comoPatrimonio da Humanidade. A cidade conta con dez grandes museos, xunto con numerosos teatros, galerías, cinemas e outros lugares históricos. Un sistema público e moderno conecta toda a cidade e conta cunha gran variedade de institucións educativas públicas e privadas, incluíndo aUniversidade Carolina de Praga, a máis antiga universidade deEuropa central.

Praga está clasificada como unhacidade global "alpha" segundo estudos deGaWC[3] e foi clasificada no sexto posto na lista mundial deTripadvisor como mellores destinos de 2016.[4] En 2019, a cidade clasificouse no posto 69 das cidades máis habitables do mundo de acordo con Mercer.[5] No mesmo, o indicador PISCA clasficou a Praga como a décimo terceira cidade máis habitable do mundo.[6] A súa rica historia convértena nun destino turístico popular, e no ano 2017 recibiu máis de 8,5 millóns de visitantes. En 2017, Praga clasificouse como a quinta cidade máis visitada deEuropa, despois deLondres,París,Roma eIstambul.[7]

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

Segundo a Crónica de Kosmas[8] (encheco:podle Kosmovy kroniky) a princesa Libuše aconsellou aos seus súbditos que o lugar máis axeitado para asentarse atoparíano alá onde un home labrase un limiar (encheco:práh) do que derivaría Praha, o nome da cidade.

«Vexo unha gran cidade, cuxa gloria tocan as estrelas. Vexo un lugar no medio dun bosque onde un empinado cantil se ergue sobre o río Moldava. Hai un home, que labra un limiar (prah). Alí construirase un castelo chamado Praga (Praha). Así, os príncipes e os duques inclinaranse diante do limiar, onde se erguerá o castelo e a cidade ao redor del».

Outros historiadores opinan que o nome da capital ten a súa orixe na palabra eslavaprga, que significa "fariña torrada", debido á aridez do lugar elixido para construír o castelo.[8] Por último algúns opinan que a orixe é a palabra checaprahy que significa "rápidos" polos rápidos dorío Moldava, en cuxas beiras se atopa a cidade.[8][9]

Historia

[editar |editar a fonte]

Durante os máis de mil anos de existencia de Praga, a cidade medrou a partir dun asentamento que se foi estendendo dende oCastelo de Praga ao norte até a fortaleza deVyšehrad ao sur, converténdose na capital multicultural dun moderno estado membro daUnión Europea: aRepública Checa.

Idade Antiga

[editar |editar a fonte]
Estatua adicada aLibuše e aPřemysl.

Os primeiros vestixios no lugar no que hoxe se atopa Praga datan doPaleolítico.[10][11] O primeiro asentamento estable considérase que foi o dunha tribocelta cara ao ano200 a. C., establecida no sur da actual Praga. A poboación chamábaseZávist, no presente un suburbio de Praga,[12][13] e déronlle nome á rexión de Bohemia, que quere dicir "fogar do pobo boii".[11][14] A finais doséculo I a tribo foi substituída polosmarcomanos e, posiblemente, ossuevos, ambos ospobos xermánicos. Noséculo VI, durante o período das invasiónsbárbaras tralacaída do Imperio Romano, os marcomanos migraron cara ao oeste ou foron asimilados poloseslavos. Durante un breve período de tempo foron conquistados tamén polosávaros.

Segundo as lendas, Praga foi fundada porLibuše e o seu esposo,Přemysl, fundador da dinastía do mesmo nome.[15] Xa sexa verdade ou non a lenda, o primeiro núcleo coñecido de Praga foi unoppidum de madeira erixido ao redor do ano800.[16] Esteoppidum foi a base dende a que se construíu o que dende o ano855 se coñece comoCastelo de Praga.[17] A parte do Castelo, había outra fortaleza en Praga, o castelo deVyšehrad que, aínda que parece máis antigo, foi construído cara aoséculo X, uns setenta anos máis tarde que o Castelo de Praga.[18]

Máis tarde, o Castelo de Praga estaría dominado pola catedral, que aínda que foi fundada en1344 non se completou até oséculo XX.[19] A cidade converteríase entón na sede dos duques, posteriormente reis, deBohemia. Baixo o emperadorOdón II a cidade converteuse en bispado en973,[20] e elevada a arcebispado en1344.[21] Xa dende os seus primeiros anos foi un importante centro para ocomercio, estabelecéndose nela mercadores de todaEuropa, incluíndo moitosxudeus, como lembra no ano965 o comerciante e viaxeiro xudeu Abraham ben Jacob.[22] Desa época sobrevive aSinagoga Staranová de1270. Praga posuía tamén un importantemercado de escravos.[23]

A primeira ponte sobre orío Moldava foi erixida polo rei Ladislau II en1170, a Ponte de Judith, nomeada na honra da súa mullerXudite de Turinxia,[24] que foi destruída por unha crecida en1342. Con todo, hoxe aínda quedan algúns restos dos cimentos orixinais da ponte. En1257, baixo goberno doreiOtakar II, foi fundadoMalá Strana (Barrio Pequeno) no lugar dunha antiga vila. Máis tarde converteríase no distrito deHradčany.[25] Este barrio pertencía aosxermánicos, os cales tiñan o dereito de administrar autonomamente as súas propias leis.[26] Este novo barrio, rodeado por murallas e fortificacións, está na beira oposta daStaré Město (Cidade Vella).

A era de Carlos IV

[editar |editar a fonte]
As preciosasXoias da Coroa de Bohemia son as cuartas máis antigas de Europa.
Unha das torres daPonte de Carlos.
Estatua adicada a Jan Hus na Praza deStaré Město en Praga.

Praga floreceu durante o reinado noséculo XIV (1346-1378) deCarlos IV,emperador do Sacro Imperio Romano eRei de Bohemia da nova dinastía dosLuxemburgo.[27] Como Rei de Bohemia e Emperador do Sacro Imperio, transformou Praga nunha capital imperial. Ordenou a construción daCidade Nova (Nové Město) adxacente áCidade Vella (Staré Město) e cun deseño feito por el mesmo. APonte de Carlos, en substitución da ponte deXudit destruída durante unha inundación xusto antes do seu reinado, levantouse para conectar os distritos marxe dereita conMalá Strana e azona do castelo. En1347 fundou aUniversidade Carolina, a universidade máis antiga deEuropa Central.[28] Tamén comezou en1344 a construción daCatedral gótica de San Vito no maior dos patios doCastelo de Praga, sendo Praga elevada aarcebispado ese mesmo ano.[29]

A cidade tiña unhacasa da moeda, e era un centro de intercambio entre banqueirosalemáns eitalianos e os comerciantes. A orde social, con todo, fíxose máis turbulenta debido ao crecente poder dos gremios dos artesáns (a miúdo desgarrados entre eles mesmos por loitas internas), e o crecente número depersoas pobres. OMuro da Fame, unha muralla de fortificación ao sur deMalá Strana e azona do castelo, foi construída durante un período de fame na década de1360. Esa obra ten fama de ser ordenada por Carlos IV como medio para proporcionar emprego e comida aos traballadores e as súas familias. Praga era entón a terceira cidade máis grande deEuropa.

Carlos IV morreu en1378. Durante o reinado do seu fillo, o reiVenceslau IV (1378-1419), produciuse un período de intensa axitación. Durante aSemana Santa de1389, os membros do clero de Praga acusou aos xudeus de profanar a Hostia (oblea eucarística) e alentaron ás multitudes a saquear, desvalixar e queimar o barrio xudeu. Case toda a poboación xudía de Praga (3.000 persoas) morreu.[30][31]

Jan Hus,teólogo e reitor da Universidade Carolina, predicou en Praga; en1402, comezou a dar sermóns na Capela de Belén. Inspirado porJohn Wycliffe (percusor daReforma protestante), estes sermóns centrábanse no que se consideraban reformas radicais dunha Igrexa corrupta. Despois de volverse demasiado perigoso para a organización política e relixiosa, Hus foi citado ante o Consello de Constanza e sometido a xuízo porherexía, sendo finalmente queimado na fogueira na propiaConstanza en1415.

Catro anos máis tarde tivo lugar aPrimeira Defenestración de Praga, cando o pobo se rebelou baixo o mando do sacerdote praguense Jan Želivský. A morte de Hus, xunto co proto-nacionalismo checo e proto-protestantismo, estimulou asguerras husitas. Os campesiños rebeldes, encabezados polo xeneral Jan Žižka, xunto coas tropas husitas de Praga, derrotaron aoEmperador Sexismundo, na Batalla de Vítkov.

Nos seguintes dous séculos, Praga fortaleceu o seu papel como cidade comercial. Nesa época foron erixidos moitos dos notables edificios góticos doCastelo de Praga.[32][33]

A era dos Habsburgo

[editar |editar a fonte]
ABatalla da Montaña Branca.

En1526,[10] osestados bohemios elixiron como novo gobernante aFernando I deHabsburgo, polo que Praga foi capital dunha provinciaaustríaca. O catolicismo fervente dos membros da dinastía xerou conflitos, primeiro en Bohemia e logo en Praga, onde asideas protestantes ían gañando popularidade.[34] Con todo, estes problemas non foron salientables durante o goberno do emperadorRodolfo II, nomeadoRei de Bohemia en1576. Rodolfo II elixiu como residencia oCastelo de Praga onde, aínda que invitou tamén aastrólogos emagos, recibiu acientíficos,músicos eartistas. O emperador era tamén amante da arte, convertendo a Praga na capital da cultura europea. Este período foi de grande esplendor para a cidade, algúns dos máis famosos habitantes desa época foron osastrónomosTycho Brahe eJohannes Kepler, opintorArcimboldo, osalquimistasEdward Kelley eJohn Dee ou apoetisaElizabeth Jane Weston, entre outros.

En1618, a elección deFernando II de Habsburgo,católico, como rei de Bohemia causou ira entre os nobres bohemios, de relixión protestante. Cando Fernando II enviou dous concelleiros católicos para preparar a súa chegada a Praga, estes foron secuestrados e guindados por unha fiestra do castelo, o que se coñece como aSegunda Defenestración de Praga. Estes feitos desembocaron naguerra dos Trinta Anos, un período especialmente duro para Praga eBohemia en xeral. Tralo comezo da confrontación Fernando II foi deposto, e o seu lugar como Rei de Bohemia ocupouno porFrederico V, Elector Palatino. Con todo, o exército checo baixo o seu mando foi esmagado noBatalla da Montaña Branca (1620) e, en consecuencia, Fernando II regresaría ao trono. Posteriormente a cidade sufriría a guerra contraSaxonia (1631) e contraSuecia (1648),[35] o que produciu un descenso da poboación, pasando dos 60.000 de antes da guerra a 20.000. Na segunda metade doséculo XVII a poboación Praga comezou a medrar de novo. Os xudeus, que chegaron a Praga a finaisséculo X, supoñían en1708 ao redor dun cuarto da poboación.[36]

Gravado que representa adefenestración de Praga de1618.

En1689, un grande incendio devastou Praga, o que impulsou unha renovación e reconstrución da cidade. Entre1713 e1714 houbo un importante gromo depeste, que matou entre 12.000 e 13.000 persoas.[37] Todo iso non impediu un grande auxe económico, que continuou durante oséculo XVIII cando a cidade acadou os 80.000 habitantes (1771). Gran parte deles eran ricos comerciantes e nobres, que enriqueceron a cidade coa construción dunha gran cantidade de palacios, igrexas e xardíns, creando un estilobarroco recoñecido en todo o mundo (o barrio deMalá Strana é coñecido comoa perla do barroco). Despois da Batalla de Praga de1757 a cidade volveu sufrir graves danos durante o bombardeo dePrusia. En1784, en virtude do emperadorXosé II, o municipios deMalá Strana,Nové Město,Staré Město eHradcany fusionáronse nunha soa entidade. O barrio xudeu,Josefov, non se incluíu até o ano1850.

ARevolución Industrial tivo un grande impacto Praga, xa que as fábricas tiñan a vantaxe de dispoñer minas de carbón nas proximidades. En1817 foi creado o primeiro suburbio,Karlín, e vinte anos despois a poboación superaría os 100.000 habitantes. Aonda de revolucións sucedidas por toda Europa en 1848 tamén chegaría a Praga, mais foi reprimida con ferocidade. Durante os seguintes anos o movementonacionalista checo comezou a medar, chegando a obter a maioría no consello da cidade en1861. En1848 Praga era na súa maioría de falaalemá, pero en 1880 a poboación alemá reduciuse ao 14% (42.000) e en1910 ao 6,7% (37.000). Isto foi debido ao aumento masivo da poboación total da cidade causado pola afluencia de checos procedentes do resto de Bohemia eMoravia. Durante oséculo XIX a actividade cultural e intelectual foi brillante, construíndose oMuseo Nacional, oTeatro Estatal e oRudolfinum.

Século XX e actualidade

[editar |editar a fonte]
Véxase tamén:Primavera de Praga e Revolución de Veludo.
Alexander Dubček tentou reformar o réxime durante aPrimavera de Praga.

Aprimeira guerra mundial remataría coa derrota doImperio Austrohúngaro e a creación deChecoslovaquia. Praga foi elixida como capital do novo estado e oCastelo de Praga como sede presidencial. Nesa época Praga era unha verdadeira capital europea cunsector industrial altamente desenvolvido. En1930 a poboación praguense acadaría os 850.000 habitantes.

Antes do estoupido dasegunda guerra mundial, oReichspräsident (presidente) daAlemaña Nazi,Adolf Hitler, ordenou ao exército alemán entrar na cidade o15 de marzo de1939 en base aosAcordos de Múnic, proclamando noCastelo de Praga a Bohemia e Moravia protectorados alemáns. Durante a meirande parte da súa historia, Praga foi unha cidade multiétnica[38] con importantes poboacións deetniabohemia,alemá exudía.[39] A partir desas datas, e durante todo o conflito, a maioría dos xudeus foron deportados ou ben fuxiron da cidade.

En1942 a cidade foi testemuña do asasinato dun dos homes máis poderosos daAlemaña nazi,Reinhard Heydrich, e en consecuencia, Hitler ordenou sanguentas represalias. Ao final da guerra foi bombardeada en múltiples ocasións pola USAAF (Forzas Aéreas dosEstados Unidos), morrendo máis dun milleiro de persoas e sendo destruídos centos de edificios, fábricas e lugares históricos. O dano, con todo, foi pequeno en comparación coa destrución total doutras moitas cidades nese tempo. O5 de maio de1945, dous días antes da capitulación deAlemaña, produciuse un levantamento contra os propios nazis, coñecido como aInsurrección de Praga. Catro días despois entraría na cidade oExército Vermello. A maioría da poboación alemá fuxiu ou foi expulsada.[40]

Durante aguerra fría, Praga estaba no territorio de influencia daUnión Soviética (véxasePano de Aceiro). O Cuarto Congreso de Escritores de Checoslovaquia, celebrado na cidade en1967, tomou unha forte posición fronte ao réxime.[41] Isto estimulou o recentemente nomeado secretario doPartido Comunista,Alexander Dubček, para proclamar un novo acordo novo estilo de goberno, comezando o curto período do "socialismo con rostro humano". Esta etapa coñécese como aPrimavera de Praga, cuxo principal obxectivo era a renovación das institucións dunha maneira democrática. AUnión Soviética e os seus aliados doPacto de Varsovia (exceptoRomanía) reaccionaron coa invasión deChecoslovaquia, entrando os tanques na capital o21 de agosto de1968.

APraza de Venceslau durante aRevolución de Veludo.

En1989, dúas décadas despois, a policía reprimiría violentamente unha manifestación estudantil pacífica, o que provocou que a poboación saíse e enchese ás rúas da capital dando comezo áRevolución de Veludo. Praga beneficiouse en gran medida do novo estado de ánimo. Esta revolución propiciaría un cambio de goberno, e posteriormente aDisolución de Checoslovaquia (1993), converténdose Praga na capital da novaRepública Checa. A finais da década de1990 a cidade volveu ser un importante centro cultural deEuropa, influenciado principalmente polaglobalización.[42]

No mes desetembro de2000[43][44] as protestas de contra a globalización durante o cumio doFondo Monetario Internacional e oBanco Mundial derivaron nunha serie de liortas urbanas contra a policía. Máis de 15.000 manifestantes participaron nunha das maiores protestas contra a globalización e o capitalismo da historia. En agosto de2002 orío Moldava desbordouse cun caudal superior aos 5.100 m³/s causando graves danos na cidade. Necesitáronse dous anos para recuperarse. Praga presentou a súa candidatura para albergar osXogos Olímpicos de 2016, aínda que non chegou a ser unha das catro aspirantes finais. Debido ao baixo apoio político, enxuño de2009 cancelaríase a candidatura para osXogos Olímpicos de 2020.[45]

Xeografía

[editar |editar a fonte]

Localización

[editar |editar a fonte]
Nevarada en Praga no mes de xaneiro.

Praga encóntrase no corazón de Europa,[46] a menos de 500 quilómetros dos maresBáltico,do Norte eAdriático. As súas coordenadas son 50 graos norte de latitude, e 14 graos leste de lonxitude. Pertence á rexión deBohemia Central e ocupa principalmente a área dePoberounská soustava e no seu extremo nordeste unha pequena parte da área deČeská tabule.[47]

Dentro da República Checa, a cidade está lixeiramente desprazada ao noroeste do centro xeográfico do país. A erosión e os procesos de sedimentación do Moldava nas súas marxes son os principais causantes do relevo da cidade.[46] Arredor do río e dos seus afluentes encóntranse unhas pendentes relativamente escarpadas que terminan en forma de planicie ao acadar certa altura. As pendentes pronunciadas prodúcense na marxe esquerda do Moldava. A altitude máxima da cidade é de 399 metros no barrio deZličín, ao oeste da cidade, e a altitude mínima é de 177 metros ao bordo setentrional, onde o río a abandona. Polo tanto, a diferenza máxima de altitude é de 222 metros nunha área relativamente pequena.[47]

Hidrografía

[editar |editar a fonte]
Véxase tamén:Río Moldava.

Praga é atravesada polorío Moldava (encheco:Vltava),[48] dividíndoa de sur a norte. As crecidas do Moldava foron responsables de diversas inundacións acontecidas na cidade, tendo lugar a última en2002 e que provocou numerosos danos materiais, aínda que a evacuación das zonas máis afectadas evitou vítimas mortais. O río é navegable ao seu paso pola capital checa, habendo numerosos barcos turísticos que ofrecen servizos de ceas ou paseos polo río vendo a panorámica da cidade. O Moldava é un río moi caudaloso, mesmo máis que orío Elba (encheco:Labe), do cal é afluente.

Clima

[editar |editar a fonte]

Praga posúe unclima continental con invernos relativamente fríos e secos (cunha temperatura media por embaixo dos 0 graos centígrados), e veráns suaves e húmidos (superando os 18 graos de media e acotío os 25 durante os meses dexullo eagosto, ademais as precipitacións acadan o seu punto máximo en xullo e comezan a descender en agosto). A temperatura media anual é duns 8-9 graos centígrados. A primavera é fresca ao principio e tórnase temperá e húmida segundo se vai aproximando o verán, acadando os 16-17 graos enxuño de media e superando os 70 mm. de precipitación. O outono de Praga é temperado e moderadamente seco, con precipitacións similares ás do inverno e a primavera, aínda que o mes denovembro é bastante frío, con menos de tres graos centígrados de media. A temperatura máxima rexistrouse o16 de xullo do2007 cando se acadaron os 38,6 °C, mentres que a temperatura mínima rexistrada é de -27,6 °C o1 de marzo de1785.

Datos climáticos para Prague (1981–2010)
MesXanFebMarAbrMaiXuñXulAgoSetOutNovDecAnual
Temperatura máxima en °C17,419,222,528,832,537,237,837,433,127,019,517,437,8
Media máxima en °C1,33,08,114,319,221,824,423,818,913,16,02,013,0
Media diaria en °C−1,4−0,43,68,413,416,118,217,813,58,53,1−0,38,4
Media mínima en °C−4−3,60,02,98,210,812,712,68,84,70,6−2,74,3
Temperatura mínima en °C−27,5−27,1−27,6−8−2,31,96,76,40,7−7,5−16,9−24,8−27,6
Precipitación media mm23,522,628,138,277,272,766,269,640,030,531,925,3525,8
Nevada media cm17,915,910,32,90,00,00,00,00,00,18,415,971,4
Media de días con precipitacións6,85,66,27,39,810,39,18,87,05,57,06,890,2
Humidade relativa media (%)86837769707170717681878877
Media de horas de sol mensuais50,072,4124,7167,6214,0218,3226,2212,3161,0120,853,946,71 667,9
Fonte #1: Pogoda.ru.net[49]
Fonte #2: NOAA[50]

Símbolos da cidade

[editar |editar a fonte]
Escudo de Praga.
Escudo de Praga durante aRepública Socialista de Checoslovaquia.

Dende1784,[51] cando os catro municipios de Praga (Staré Město, Nové Město, Hradčany e Malá Strana) se uniron nunha soa cidade, cada un deles empregaba o seu propio escudo. A cidade unificada adoptou o escudo de Staré Město como sede. Ao longo do tempo este escudo foi mudando. En1918, tras moitas discusións, acordouse o deseño dun novo escudo que posteriormente foi modificado en1964. O escudo actual data de1991.

Sobre uncampo degoles sitúase un lenzo de muro enouro coa porta aberta. Na porta atópase un brazo armado enprata que suxeita unha espada tamén de prata. Érguense tres torres douradas de ladrillos trala muralla e o número de ladrillos das mesmas é igual ao número de distritos da cidade. Hai tres cascos enriba do escudo (os dous dos extremos míranse entre si e o do centro mira á fronte) e sobre o central atópase unleón rampante de dobre cola cunha coroa dourada, mentres que de cada un dos cascos dos extremos saen 12 bandeiras das cidades ou distritos que forman a Gran Praga e teñen unha bandeira histórica (na actualidade tódolos distritos de Praga contan coa súa propia bandeira e escudo pero no escudo só saen as dos distritos históricos):

  • Dende a dereita cara ao centro atopamos as bandeiras de: Nové Město, Hradčany, Vyšehrad, Libeň, Bubeneč, Košíře, Smíchov, Vršovice, Žižkov, Uhříněvěs, Horní Počernice e Zbraslav.
  • Dende a esquerda cara ao centro atopamos as bandeiras de: Staré Město, Malá Strana, Josefov, Holešovice-Bubny, Břevnov, Karlín, Nusle, Královské Vinohrady, Vysočany, Modřany, Radotín, Dubeč.

Toda a composición está flanqueada a ámbolos dous lados por dous leóns de dobre cola cunha coroa dourada. Os leóns están de pé sobre unha póla de tileiro. Na parte inferior do escudo pode lerse a consigna "PRAGA CAPUT REI PUBLICAE" (dolatín "Praga Capital da República"), que no pasado era "PRAGA CAPUT REGNI" (dolatín "Praga Capital do Reino"), representado no edificio do concello da cidade. O autor do escudo foi Karel Pánek.

Durante a era socialista o número de bandeiras era de 18 (9 en cada lado), e o león principal foi tomado do escudo deChecoslovaquia. Nesta época a consigna presente no escudo mudou por "PRAHA MATKA MEST" (docheco "Praga Nai das Cidades").

Política

[editar |editar a fonte]

Capitalidade

[editar |editar a fonte]
Xardín do Pazo Wallenstein, sede do Senado daRepública Checa.

A Constitución checa, aprobada polo Parlamento Checo o día16 de decembro de1992 por 172 votos dos 198 totais,[52][53] establece que a capital da República Checa é Praga. A cidade foi previamente capital do reino deBohemia naIdade Media, e dende1918 ata a creación do novo estado checo foi a capital deChecoslovaquia.

Como capital do estado, en Praga se atopa a residencia do presidente da República (situada noCastelo de Praga), así como a sede das dúas cámaras do Parlamento: aCámara de Deputados e oSenado.

Goberno local

[editar |editar a fonte]
O alcalde Bohuslav Svoboda

A Asemblea Municipal

[editar |editar a fonte]

Comforme coa lei da Cidade de Praga, a Cámara Municipal de Praga está integrada por entre 55 e 70 membros. Son 63 os concelleiros elixidos polos cidadáns, que escollen aos seus representantes cada catro anos.[54] A Asemblea Municipal reúnese unha vez ao mes, sempre e cando non sexa preciso convocar ningunha reunión extraordinaria, estas sesións están abertas a todo aquel que queira asistir, así como as actas, dispoñibles para todo aquel que as queira ler. Esta institución establece comités que actúan como órganos de asesoramento das distintas áreas para as que son designados. a Asemblea Municipal toma decisións sobre tódolos asuntos importantes que afectan á cidade, así como propón proxectos de lei no parlamento e aproba os presupostos da cidade, ámbolos dous debatidos previamente polos distintos distritos da cidade; a Asemblea Municipal tamén outorga premios aos cidadáns destacados. A Asemblea Municipal elixe ao alcalde, que nomea e destitúe, de acordo co Ministro do Interior; o alcalde da cidade é tamén é o representante de Praga no exterior e leva a oficina do gobernador rexional, sempre que a lei non dicte o contrario. Dende febreiro de 2023, o alcalde de Praga é o membro do Partido ODSBohuslav Svoboda.[55]

Organización administrativa

[editar |editar a fonte]
Mapa administrativo de Praga.
Placas nunha rúa do distrito 13 de Praga.

Dende o2001, a cidade de Praga está dividida administrativamente en 22 distritos. Nos rótulos nos que aparece o nome das rúas pode observarse o número do distrito ao que pertence. Estes 22 distritos están divididos á súa vez en 57 municipalidades, das cales 4 pertencen ao Praga histórico (Staré Město, Nové Město, Malá Strana e Hradčany). Cada unha delas ten os seus propios representantes electos e competencias.

Os 22 distritos de Praga son os seguintes:

NomeEscudoMunicipalidadesNomeEscudoMunicipalidades
Praha 1
Staré Město, Malá Strana, HradčanyPraha 12
Libuš, Modřany
Praha 2
Nové Město, VinohradyPraha 13
Řeporyje, Stodůlky, Butovice
Praha 3
ŽižkovPraha 14
Dolní Počernice
Praha 4
Kunratice, ModřanyPraha 15
Dolní Měcholupy, Dubeč, Petrovice, Štěrboholy
Praha 5
Slivenec, SmíchovPraha 16
Radotín, Lipence, Lochkov, Velká Chuchle, Zbraslav
Praha 6
Lysolaje, Nebušice, Přední Kopanina, SuchdolPraha 17
Řepy, Zličín
Praha 7
Troja, HolešovicePraha 18
Letňany
Praha 8
Březiněves, Ďáblice, Dolní Chabry, Horní ChabryPraha 19
Kbely, Čakovice, Satalice, Vinoř
Praha 9
Prosek, VysočanyPraha 20
Horní Počernice
Praha 10
Hostivař, Strašnice, VršovicePraha 21
Újezd nad Lesy, Běchovice, Klánovice, Koloděje
Praha 11
Křeslice, Šeberov, Újezd, Chodov, HájePraha 22
Uhříněves, Benice, Kolovraty, Královice, Nedvězí

Demografía

[editar |editar a fonte]
Rúa ateigada de xente enMalá Strana.

A comezos doséculo XX Praga tiña unha poboación de 850.000 habitantes (1930).[56] Un dos motivos do crecemento da cidade foi a independencia da República Checa e o nomeamento de Praga como capital do novo estado, e pola absorción dos concellos lindeiros á capital en1922 (37 concellos que sumaban máis de 430.000 habitantes). A poboación de Praga é de aproximadamente 1.200.000 habitantes, o que supón algo máis do 10% da poboación do país. A cidade tivo unha explosión demográfica durante oséculo XIX debido ao seu florecemento económico e cultural. Se incluímos os arrabaldes que por entón non formaban parte de Praga, a poboación pasou de pouco máis de 157.000 habitantes en1850 a máis de 500.000 no ano1900.

A primeira ampliación da cidade ocorreu en1850 cando Praga absorbeu o concello de Josefov.[56] En1883 e1884 absorbéronse dous novos concellos e outro en1901.Realizáronse novas ampliacións en1960 (3 concellos), en1968 (25 concellos que sumaban preto de 70.000 cidadáns),1974 (37 concellos e preto de 65.000 habitantes), e en1987 e1988 chegaron as dúas últimas ampliacións (Černý Most e Kamýk) que sumaron outros 30.000 habitantes. Dende entón medrou de forma moderada ata os anos1980, a partir dese ano a poboación estabilizouse.

A poboación praguense está envellecendo a un ritmo superior ao do resto do país,[46] con todo é debido á inmigración de cidadáns en idade de traballar e ao descenso dataxa de natalidade. Deste xeito, a porcentaxe de habitantes en idade de xubilación non medrou nos últimos anos.

A prosperidade económica a comezos doséculo XXI coa apertura áUnión Europea,[57] a instalación de novas multinacionais e uns salarios máis elevados, atraeron a poboación produtiva do resto do país. Tamén provocou un aumento da inmigración, aínda que a porcentaxe de estranxeiros é aínda moderado. Segundo datos do ano2006 o 8,77% da poboación de Praga era estranxeira. Analizando o país de orixe destacan osucraínos, que representan o 34,3% dos inmigrantes, oseslovacos, que representan o 15,7% e osrusos, que son o 9,5% dos estranxeiros.

Desenvolvemento da poboación de Praga dende o ano 1378:[58][59][60]

Evolución demográfica da Praga histórica e dos concellos da Praga actual[61]
Ano12301370160018041837185018801900192519501980199120012019
Poboación de Praga4.00040.00060.00090.000105.500118.000162.000201.600718.300931.5001.171.3421.214.1741.169.1061.309.182[62]
Suma de concellos128.000349.574559.4351.057.5701.182.1861.214.1741.169.106

Economía

[editar |editar a fonte]
Centro de congresos da cidade de Praga, no arrabalde de Vyšehrad.

A moeda oficial do país é aCoroa checa (koruna česká), que se divide en 100haléřů (h), en singularhaléř. As súas abreviaturas son. e h respectivamente. OPIB per cápita de Praga é máis do dobre có daRepública Checa. No ano 2004 acadou os 33.784 dólares (PPA), o que supón máis dun 50% por riba da media daUnión Europea para ese ano. Isto sitúa á cidade e a súa rexión como a duodécima rexión máis rica da Unión.

Praga constitúe o centro económico do país.[46] Ademais de ser a capital, a maioría das institucións financeiras e das empresas transnacionais teñen a súa sede na cidade. Estes, entre outros motivos, fan posible que Praga represente preto do 25% do PIB checo. Porén o crecemento do PIB en Praga é menos có da media nacional dende2001.Praga foi quen de absorber a forza de traballo tanto nacional como internacional atraída pola prosperidade da cidade. No ano2001 Praga concentraba aproximadamente o 20% dos posto vacantes de emprego daRepública Checa, o cal é especialmente significativo se se compara co pouco máis do 10% que representa a poboación de Praga sobre a poboación total.

Banco Nacional Checo (Česká národní banka), Praga.

A demanda de traballadores era de 726.000 persoas mentres a poboación activa da cidade era de tan só 600.000.[46] A taxa de desemprego en Praga é aproximadamente a metade cá do país. Ademais, a súa posición central en Europa, ademais dun nivel de prezos máis baixos cós daEuropa Occidental, axuda a que moitas compañías internacionais a elixan como a súa sede Europea.

A distribución sectorial da cidade segue unha marcada tendencia cara ao sector terciario.[46] En2006 o 82% do valor engadido creado na cidade pertencía ao sector servizos. No outro lado da balanza é o sector industrial, o que posúe un peso significativamente inferior ao do resto do país. Outro sector que medrou durante a primeira década doséculo XXI é a construción, con máis dun 50% de incremento entre2001 e2006 en termos de valor das casas construídas.

Dende aRevolución de Veludo a cidade aproveita a súa belezaarquitectónica no sector doturismo.[46][63] No ano2005, 6,4 millóns de turistas visitaron a República Checa, dos cales a maioría pasou por Praga. Máis do 90% das prazas hoteleiras ocupadas foron destinadas a turistas estranxeiros. Con todo só o 41% das prazas dispoñibles eran en hoteis de catro e cinco estrelas en2006.

Educación

[editar |editar a fonte]
Edificio histórico da Universidade Carolina de Praga, unha das 38 facultades da cidade.

Na cidade de Praga se encontran as principais universidades do país.[46] No2006 tiña 10 centros universitarios e 38 facultades, nos que estaban matriculados 87.500 estudantes, ademais de 11.500 cursando estudos de posgrao. Tamén contaba cunha gran cantidade de escolas de educación secundaria, entre as que destacan as de gramática e de estudos técnicos.

Entre as universidades salienta a prestixiosaUniversidade Carolina, que fundada en1348 é a máis antiga deEuropa Central. Outras universidades públicas presentes na cidade son aUniversidade Técnica (fundada en1707), oInstituto de Tecnoloxía Química, aEscola Superior de Economía, aEscola Checa Superior de Agricultura, así como universidades privadas e sucursais de universidades internacionais como aUniversidade de Nova York ou aUniversidade Anglo-Americana.

As estatísticas sinalan a boa saúde da educación de Praga.[64] En2001 o 56% da poboación completaba os estudos secundarios, o que sitúa á cidade entre as primeiras clasificadas segundo este indicador. Respecto á poboación que ten estudos universitarios, a porcentaxe baixa ata o 12%, polo que Praga descende varios postos na clasificación, mais sitúase aínda por diante da maioría das cidades europeas. O 39% da poboación menor de catro anos asiste a algún centro preescolar.

Na capital checa teñen a súa sede algunhas importantes institucións internacionais como oInstituto Camões, oInstituto Cervantes, oGoethe-Institut ou oBritish Council. No eido da educación artística cómpre salientar aAcademia de Artes Performativas (fundada en1945), aAcademia de Belas Artes (fundada en1800) e aAcademia de Artes, Arquitectura e Deseño (fundada en1885).

Cultura

[editar |editar a fonte]

Tradicionalmente Praga foi un dos centros culturais máis importantes da Europa Central. Antes dasegunda guerra mundial acolleu ocírculo de Praga, grupo decrítica literaria elingüística que formou parte doformalismo ruso. Trala caída docomunismo, recuperou a súa tradición e festexa centos de eventos como festivais decine,música ouliteratura. A actividade teatral e operística da cidade presenta unha enorme oferta durante todo o ano. OTeatro Negro, oTeatro Nacional de Praga e o Teatro doballet Nacional son algúns dos máis famosos atractivos culturais.

Museos

[editar |editar a fonte]
Sinagoga española, parte do Museo Xudeu.

Os museos ofrecen ricas coleccións. Entre eles, destaca oMuseo Nacional de Praga e oMuseo Xudeu de Praga.

OMuseo Nacional (en checo:Národní muzeum)[65] é un dos principaismuseos de Praga. Ocupa un edificioneorrenacentista situado no alto dapraza de Venceslau, a principal da cidade. O seu vestíbulo central serve tamén depanteón dos grandes checos. O museo fundouse en1818 como Museo patriótico de Bohemia (Vlastenecké muzeum v Čechách). En1848 tomou o nome de Museo checo (České muzeum), de1854 a1919 o de Museo Real checo (Muzeum Království českého). O inmoble ocupado polo museo é obra do arquitectoJosef Schulz, autor do Teatro Nacional de Praga, construído na mesma época (1885-1890).

OMuseo Xudeu (encheco:Židovské muzeum)[66] constitúe un conxunto de distintos museos dentro do antigogueto deJosefov. O museo foi fundado en1906 porHugo Lieben e Augustin Stein para a conservación de valiosos obxectos das sinagogas de Praga. Coa ocupación nazi e comunista o museo viu moi limitadas as súas funcións. Dende1994 o museo recuperou e ampliou o seu status orixinal. Posúe unha das maiores coleccións de arte xudía no mundo, que comprende unhas 40.000 pezas de museo e 100.000 libros. O museo inclúe as sinagogasMaisel,Española,Pinkas,Klaus, oantigo cemiterio xudeu, asala cerimonial da Sociedade Funeraria e ocemiterio xudeu de Žižkov.

Outros museos destacados son o Museo Alfons Mucha[67] que recolle máis 100 obras e obxectos relacionados coautor checo, o Museo Franz Kafka[68] que posúe as primeiras edicións dos seus libros, así como correspondencia persoal e audiovisuais doescritor, ou o Museo do Xoguete, que se atopa no castelo de Praga, entre outros.

Música

[editar |editar a fonte]
Vista aérea doRudolfinum, inmoble que alberga unha gran sala de concertos.

Praga ten unha longa historia musical. A que fora unha das capitais culturais deEuropa nos séculosXVIII eXIX conserva a súa tradición musical.

Na cidade organízanse, durante todo o ano, concertos demúsica clásica. As contornas son variadas, dende antigas igrexas a fermosos auditorios como a Sala Smetana, sede da Orquestra Sinfónica de Praga, situada nun edificioArt Nouveau en Republiky 5, o Palacio da Cultura e a sala Dvorak (noRudolfinum, Praza Jan Palach), sede daOrquestra Filharmónica Checa situado nun edificoneoclásico onde se celebra a inauguración e clausura, sobre todo, do famosoFestival Internacional da Primavera de Praga entre o12 de maio e os primeiros días dexuño. Os concertos tamén se celebran regularmente na Galería Nacional do Castelo de Praga, nos xardíns, ao pé doCastelo e noMuseo Nacional, napraza de Venceslau. Os concertos na Vila Bertramka en Mozartova 169, Smichov, adoitan ter aMozart e os seus contemporáneos como protagonistas.

As antigas igrexas constitúen un dos lugares máis axeitados onde se pode gozar durante o mes de agosto do Festival de Música de Órgano. Os mellores programas son os que se ofrecen na Catedral de San Vito, en Hradcany; Ou Krízovníku, preto da ponte de Carlos, a Igrexa de San Nicolao da Malá Stupartská na Cidade Antiga, onde as notas do órgano flúen no medio de fermosas estatuas barrocas. Resulta curioso o Festival de Música Xudía que se celebra nos meses de outubro e novembro no Barrio Xudeu.

A tradición musical checa remóntase aoséculo IX con cancións de orixe relixiosa.[69] Durante aIdade Media compuxéronse cancións que aínda se conservan no cancioneiro checo. Noséculo XV o reformistaJan Hus impulsou de xeito notable a canción relixiosa na Capela de Belén de Praga, e segundo os textos contemporáneos é compositor de varias pezas da época.

Noséculo XVI instalouse o famoso órgano da Catedral de San Vito.[70] OEmperador Fernando I fundou nesta época a orquestra da corte, que os seus sucesores ampliarían posteriormente. Desta orquestra, formada por músicos de diversas nacionalidades, xurdiron diversas cancións populares checas.

Teatro Estatal de Praga, lugar onde se estreou a óperaDon Giovanni, composta e dirixida porMozart, en1787.
Antonín Dvořák.

Noséculo XVII a orquestra da corte foi levada aViena[71] aínda que aínda actuaban en Praga en ocasións especiais. A ópera estreouse enBohemia no ano1627 durante a coroación deFernando II. Durante este século empezáronse a representar óperas no país, pero ningunha compañía estableceuse de xeito permanente.

Coa coroación en1723 deCarlos VI estreouse en PragaConstanza e fortezza porJohann Joseph Fux, impresionando gratamente ao conde Spork quen decidiu a partir de entón que se represente ópera de forma permanente no seu teatro, baixo as ordes deAntonio Denzio. Noséculo XVIII en paralelo produciuse un auxe da música popular checa, que chegou a influenciar á música europea contemporánea.[72] Nesta épocaMozart viviu durante algún tempo en Praga e compuxoDon Giovanni, A casa que ocupou ao sur deMalá Strana, no barrioSmíchov, hoxe é un museo chamado Casa de Mozart. A ópera estreouse noTeatro Estatal de Praga.

Durante oséculo XIX,[73] co auxe de Praga coincide a mellor época musical da cidade. Nesta época viviron en Praga os compositores checos máis soados,Antonín Dvořák eBedřich Smetana. Dvořák e Smetana son uns dos autores que compuxeron algunhas das máis soadas composicións musicais checas como a óperaProdaná nevěsta (engalego:A noiva vendida).

Herdeiros de Dvořák e Smetana son outros compositores que desenvolveron a súa carreira xa noséculo XX comoJosef Suk,[74] que chegou a participar na Olimpíadas dos Anxos en1932 ouLeoš Janáček. Tralaprimeira guerra mundial xurdiu o movemento anti-romántico, do que cabe destacar ao prolífico compositorBohuslav Martinů, que desenvolveu a maior parte da súa carreira fora do país.

Arquitectura

[editar |editar a fonte]
Sinagoga de Xerusalén, de estilomudéxar eArt Nouveau.
Antigo concello na praza vella da cidade.

A rica historia de Praga permítelle ter grandes representacións de diversos estilos arquitectónicos. Os barrios deStaré Město,Malá Strana eHradčany reúnen palacios de gran valor artístico.

Xa noséculo X Praga era un importante centro comercial. Nesa época existía un bispado, dous conventos de gran tamaño e unha comunidade xudía que habitaba en casas de pedra.

Noséculo XIII comeza a utilizarse a pedra para as grandes construcións, para noXIV, grazas á influencia do ReiCarlos IV, desenvolverse un estudado deseño de Praga utilizando principalmente o estilogótico que a converteu nunha cidade fermosa e en centro político-cultural deEuropa.

Desta época son o edificio do Arcebispado e aCatedral de San Vito. CosHabsburgo chega orenacemento con construcións tan orixinais como o Palacete da Estrela e tan fermosos como o Palacio da Familia Schwarzenberg ou a Casa do Minuto. Tralaguerra dos Trinta Anos chegou un período de decadencia para renacer baixo os influxos dobarroco, con mostras tan interesantes como a Residencia de Verán da Familia Sternberken Troja ou o Palacio Clam-Gallas.

Noséculo XVIII imponse o clasicismo francés e na segunda metade doséculo XIX pásase a un estilo persoal checo promovido polos compoñentes da coñecida como Xeración do Teatro Nacional como se pode observar na Casa dos Artistas e no Teatro Nacional. Este estilo propio desenvólvese intensamente coa Feira conmemorativa do país en1891 que dá como froitos o Pavillón en ferro fundido que mandou construír o Príncipe Hanavsky, o Palacio Industrial de Holesovice e o Miradoiro do Outeiro. Xa noséculo XX pásase aomodernismo cuxas principais mostras son a Casa Municipal, o Hotel Europa, o Palacio de Exposicións e a casa de Ginger e Fred.

Literatura

[editar |editar a fonte]
Franz Kafka, escritor autor deA metamorfose.

Praga é berce de varios escritores de renome, comoJan Neruda,Jaroslav Hašek ouFranz Kafka.

Neruda (1834-1891) foi un poeta, dramaturgo e novelistacheco, un dos principais representantes do realismo checo e membro da chamadaEscola de maio. A súa obra máis recoñecida éContos de Malá Strana (1877), un libro de relatos sobre a pequena burguesía praguense daquel, por entón, tranquilo barrio. O seu apelido inspirou o pseudónimo dePablo Neruda aRicardo Neftalí Reyes Basoalto, quen se tomou a liberdade de cambiar a súa acentuación a grave. A rúa onde naceu leva hoxe día o seu nome.

Jaroslav Hašek ['jarɔzlaf 'ɦaʃɛk] (1883-1923), foi un escritor e xornalista, coñecido principalmente pola súa novelaOsudy dobrého vojáka Švejka za světové války ("As aventuras do bo soldado Švejk"), unha sátira antimilitarista publicada por entregas entre 1920 e 1923 e ambientada naprimeira guerra mundial. Esta obra está considerada a obra mestra da narrativa enlingua checa.

Kafka (1883-1924) é un dosescritores máis importantes doséculo XX enlingua alemá. A súa obra é unha das máis influentes da literatura universal no último século, malia non ser moi extensa: foi autor de tresnovelas (O proceso,O castelo eAmérica), unhanovela curta,A metamorfose, e un certo número deparábolas e relatos breves. Ademais, deixou unha abundante correspondencia e escritos autobiográficos, a maior parte publicados de forma póstuma. Gran parte da súa obra foi publicada trala súa morte polo seu amigo e confidente,Max Brod. A súa obra é expresiva, como ningunha outra, dasansiedades e aalienación do home doséculo XX. O Museo que leva o seu nome contén as primeiras edicións dos seus libros, así como correspondencia persoal e audiovisuais do escritor.

O novelistaMilan Kundera, malia non nacer en Praga, estudou naUniversidade Carolina de Praga e deu clases de historia do cine na Academia de Música e Arte Dramática desde1959 a1969, e posteriormente no Instituto de Estudos Cinematográficos de Praga. A súa obra máis coñecida éA insoportable levedade do ser, pola que foi galardoado en diversas ocasións.

Cine

[editar |editar a fonte]

Praga é un lugar excelente para gozar cocine de animación. Son especialmente fermosos os espectáculos poéticos e cómicos deKarel Zeman que conseguiu animar personaxes de cristal e gravados en madeira e as obras deJirí Trnka, o mestre do xénero, que creou as cine-óperas e os cine-ballets.

Ademais deste especial cine de animación en Praga existen numerosas salas onde se poden ver películas, sobre todo, americanas e europeas en versión orixinal e subtituladas encheco. As listas de películas atópanse nos xornaisPrognosis eThe Prague Post onde ademais figuran as direccións dos cines.

As rúas de Praga foron tamén escenario de numerosas películas comoAmadeus,Mission: Impossible,Les Misérables ouThe Bourne Identity entre outras. En Praga tamén naceron algúns dos máis importantes directores de cinema checos tales comoJan Švankmajer,Gustav Machatý,Petr Zelenka ouJiří Menzel. Na capital checa encóntranse tamén osEstudos Barrandov, uns dos máis grandes e importantes deEuropa.

Deportes

[editar |editar a fonte]
Estadio Strahov, segundo estadio máis grande do mundo, ten unha capacidade de 220 000 espectadores.

Praga conta cunhas boas instalacións deportivas e foi candidata a albergar os Xogos Olímpicos de1924 e de2016,[75] se ben para estes últimos quedou descartada na pre-selección que realizou o COI o4 de xuño de2008.

Entre as súas instalacións deportivas[76] atópase o segundo estadio máis grande do mundo, oEstadio Strahov, que pode albergar a 220.000 espectadores. Tamén destaca oSazka Area, construído en2004 para o Campionato do Mundo Masculino de Hockey sobre Xeo de 2004. Praga tamén é o escenario daMaratón Internacional de Praga, creada en1995 e que se converteu nunha das máis prestixiosas maratóns do mundo, e que se celebra en maio, con representantes de máis de 50 países.

Tamén acolleu a Copa Mundial de Skateboarding e diversas competicións internacionais defloorball, deporte no que a República Checa é unha potencia, como o Campionato do Mundo de Floorball en 1998 e 2008 e o Campionato de Europa de Floorball en 2003.

Os principais equipos de fútbol da capital checa[77] son oSparta de Praga e oSlavia de Praga, que adoitan dominar a liga nacional. O Sparta de Praga gañou 10 das 15 ligas disputadas dende a fundación daRepública Checa. Especial importancia na cidade ten tamén ohóckey sobre xeo, contando con tres equipos profesionais: oHC Slavia Praha e oHC Sparta Praha compiten naExtraliga Checa e suman 6 títulos da mesma entre os dous (4 o Sparta e 2 o Slavia), e oHC Lev Praha, un novo equipo fundado en2012 para competir naKontinental Hockey League (KHL) a partir datempada 2012-13. En baloncesto destaca oUSK Praga,subcampión de Europa en1966 e campión da recopa en1969.

Turismo

[editar |editar a fonte]

Praga é considerada como unha das cidades máis fermosas do mundo.[78][79] No ano2004 foi a sexta capital europea máis visitada polosturistas, só detrás deLondres,París,Roma,Madrid eBerlín. De acordo cun estudo máis recente, Praga foi a vixésima cidade mundial en recibir turistas no ano2006. A maior parte dos atractivos turísticos da cidade atópanse nos barrios que compoñen a zona antiga da cidade, é dicir:Hradčany,Malá Strana,Staré Město eNové Město.

Hradčany

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Hradčany.
Catedral de San Vito no Castelo de Praga.

O distrito do castelo é o máis antigo de Praga. Os seus principais atractivos turísticos son:

  • OCastelo de Praga: Construído noséculo IX. Con 570 metros de longo e 130 de anchura media, é considerado a maior fortalezamedieval do mundo.[80] Dentro do recinto do castelo atópase a Catedral de San Vito (vexa a continuación), o Quella do Ouro e a Alquimia, onde se reuniron varios alquimistas en busca da fórmula para crearenouro, e cuxos experimentos recolléronse na Torre da Pólvora (Mihulka), de1494. Na citada quella, viviu durante varios anosFranz Kafka. Na zona atópase tamén a Capela da Santa Cruz, doséculo XVIII, destacada polos seus frescos e empregada como axencia de cambio, a Casa do Preboste, doséculo XVII, o antigo Palacio Real, doséculo XII, dende onde se produciron as famosasdefenestracións de Praga, a Basílica de San Xurxo, erixida sobre unha antiga igrexa do ano920, o Templo de San Xurxo, doséculo XVIII, a Galería do Castelo, instalada nos antigas cortes dos cabalos, aloxa unha pinacoteca, a Torre Dalibor, onde foi encarcerado un violinista que deu orixe a unha ópera, o Palacio Lobkowicz, doséculo XVII, que hoxe alberga un museo histórico, a Casa Burgrave, que aloxa un museo do xoguete, e a Torre Negra, porta oriental do Castelo, foi en diversas ocasións da historia sede de distintos gobernos e é a residencia oficial dende1918 do presidente da República. Foi remodelado polo arquitectoJože Plečnik entre 1920-1934 a petición do presidente checoMasaryk.
  • ACatedral de San Vito: É un templo adicado ao culto católico situado na cidade de Praga (República Checa). Forma parte do conxunto artístico monumental doCastelo de Praga e é a maior mostra daArte gótica da cidade. Dende1989 está dedicada aSan Vito,San Venceslau eSan Adalberto. Foi o escenario da coroación de todos os reis deBohemia e nela atópanse tamén soterrados todos os santos bispos e arcebispos e un bo número de reis. A catedral, aínda que católica, é de propiedade estatal dende o comezo da súa construción noséculo XIV. É acatedralgótica máis antiga da Europa Central.

Outros atractivos turísticos son os Xardíns do Castelo, o Palacio Salm, o Palacio Schwarzenberg, oPalacio do Arcebispo, o Palacio Sternberg, o Palacio Toscano, o Palacio Černín, o Santuario do Loreto e a Igrexa de San Juan Nepomuceno.

Malá Strana

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Malá Strana.
A Ponte de Carlos, debe o seu nome ao monarca que a mandou construír, o ReiCarlos IV, en1357. Con 30 estatuas e 16 arcos é un dos principais atractivos turísticos da capital checa.

O barrio deMalá Strana, que se pode traducir polo Lado Pequeno ou Barrio Pequeno, atópase ao carón ao Barrio do Castelo e nel atópanse esplendorosos palacios, igrexas e prazas, que floreceron ao abrigo da nobreza do imperio. Os principais monumentos son:

  • APonte de Carlos: É aponte máis vella de Praga, atravesa orío Moldava da Cidade Vella á Cidade Pequena. A súa construción comezou en1357 co visto e prace do ReiCarlos IV, e foi rematada a comezos doséculo XV. Ten unha lonxitude de 516 metros, e o seu ancho é de case 10 metros, á vez que se atopa apoiada en 16 arcos. Está protexida por 3 torres distribuídas entre as súas dúas cabeceiras, dúas delas enMalá Strana e a restante no extremo situado naCidade Vella. A torre localizada na cabeceira da Cidade Vella é considerada por moitos como unha das construcións máis impresionantes daarquitectura gótica no mundo. A ponte está decorada por 30 estatuas situadas a ambos os dous lados do mesmo, a maior parte das cales son de estilobarroco e foron construídas ao redor do1700. Artistas e comerciantes tratan de facer diñeiro a expensas do importante fluxo de turistas que todos os días visitan o lugar.
  • OMosteiro de Strahov: Mosteiro fundado noséculo XII. O mosteiro incendiouse e posteriormente reconstruíuse en estilo barroco. Atópase no outeiro ao oeste do castelo. Inclúe as igrexas da Asunción da Virxe e de San Roque e as Bibliotecas Filosófica e Teolóxica, que albergan libros de incalculable valor histórico.
  • A Igrexa de San Nicolao: Igrexa finalizada en1710, de estrutura curvilínea, e interior ricamente decorado. Está situada na Praza de Malá Strana e Mozart tocou o órgano na súa estancia en Praga.

Tamén ten moito interese turístico a Rúa Nerudova -na que se atopan o Palacio Bretfeld, o Palacio Thun-Hohenstein e o Palacio Moržin-, o Palacio de Lichtenstein, o Concello do Distrito, o Palacio Smirickych, o Palacio Schönborn, o Palacio Lobkowicz, o Palacio Vrtba, a Igrexa da Nosa Señora da Vitoria, a Igrexa da Nosa Señora da Cadea, a Igrexa de San Xosé, o Palacio Wallenstein ou a Torre Petrin.

Staré Město

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Staré Město.
Reloxo Astronómico -Orloj- doséculo XV, o máis antigo deEuropa.

Eixo histórico de orixe medieval, reúne algúns dos edificios máis antigos da cidade, que se erguen en torno á Praza do Concello.

  • AIgrexa de Tyn: Situada preto da praza da Cidade Vella, comezou a erixirse noséculo XIV pero non foi rematada ata oséculo XVI. Malia as moitas reformas que sufriu, o seu estilo principal é ogótico. O seu elemento máis característico son a parella de torres xemelgas que se erguen por riba dos tellados da praza da Cidade Vella. No seu interior gárdase unha pila bautismal de peltre de1414, a máis antiga da cidade, unha Crucifixión de comezos doséculo XV, un altar maiorbarroco, de1649 e a tumba do astrónomoTycho Brahe, que formulou unha teoría intermedia entre os sistemas copernicano e tolemaico para amortecer os ataques da igrexa e avanzar ao mesmo tempo naastronomía.
  • O Concello Vello: Trátase dun desordenado complexo de edificios. O seu elemento máis famoso é o reloxo astronómico (Orloj), de1410, o máis antigo do seu tipo enEuropa. Cada vez que dá a hora saen unhas figuras que representan aos doce apóstolos e outros personaxes. Un dos edificiosrenacentistas posúe unha fiestra dourada co antigo escudo da cidade. Xa non ten funcións administrativas e o seu interior pode ser visitado.
  • ASinagoga Vella-Nova: É unha das máis vellas sinagogas deEuropa. Foi fundada preto do1270 e é un dos primeiros edificios de estilo gótico da cidade. A sinagoga sobreviviu aos lumes, á demolición do gueto noséculo XIX e aos moitospogroms acontecidos. O inmoble atópase en Josefov, o barrio xudeu de Praga. Hai soamente unha sinagoga do mesmo tipo, A Sinagoga Vella deCracovia enPolonia.

Outros atractivos turísticos son os restos do Karolinum, o Klementinum, oRudolfinum, a Igrexa de San Nicolao, o Cemiterio Xudeu e o Convento de Santa Inés.

Nové Město

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Nové Město.
ACasa danzante é o principal edificio contemporáneo dende o punto de vista arquitectónico.

A Cidade Nova é unha extensión da Cidade Vella que data doséculo XIV. Os seus principais atractivos son:

  • APraza de Venceslau: constitúe o centro comercial da cidade. A praza está coroada pola estatua de San Venceslau, patrón deBohemia. Nun extremo da praza sitúase oMuseo Nacional. A praza é escenario das principais manifestacións políticas da cidade. Foi escenario daPrimavera de Praga e do comezo daRevolución de Veludo. Está declaradaPatrimonio da Humanidade.
  • ACasa Danzante: é un famoso edificiodeconstrutivista situado en Praga. Foi deseñado polo gabinete de arquitectos deFrank Gehry e Vlado Milunić en1997. Pola súa semellanza cunha parella de bailaríns, é tamén coñecida comoGinger and Fred. Malia o seu estilo deconstrutivista, o inmoble intégrase perfectamente co resto das edificacións antigas da zona.
  • OTeatro Nacional: inaugurado o11 de xuño de1881 é unha das institucións culturais máis importantes da República Checa. Este teatro é coñecido como aalma máter da ópera checa e como o monumento nacional á historia e arte checos. Esta tradición axudou a preservar e desenvolver as características máis importantes da nación: o idioma checo e un sentido para o xeito de pensar musical e dramático checa.

Outros atractivos do distrito son a Porta da Pólvora, a rúa Na Prikope, a Casa Municipal ou a Praza de Carlos.

Transporte

[editar |editar a fonte]

O transporte público de Praga inclúe oMetro de Praga,[81][82] otranvía, autobuses, o funicular Petřín que ascende o monte homónimo, unha telecadeira no Zoo e tres transbordadores. O sistema está integrado como ‘’Transporte urbano integrado de Praga’’ e está administrado porDopravní podnik hl. m. Prahy, a.s. eROPID (Organizador Rexional do Transporte Integrado de Praga).

O tráfico en Praga non é moi seguro. A República Checa figura no sexto lugar de Europa polo perigo das súas estradas.[83][84] A finais dos 90 o número de vehículos para uso privado medrou de xeito exponencial, chegando ao 85% de incremento ao longo da década. Dende entón os problemas asociados ao tráfico son comúns en Praga, malia empregar o 57% da poboación o transporte público para desprazarse. Conta ademais cun aeroporto internacional.

Transporte aéreo

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Aeroporto de Praga.
Aeroporto Internacional de Ruzyně.

O aeroporto da cidade é oAeroporto Internacional de Ruzyně,[85][86] situado preto da cidade. Foi inaugurado en1937 e atópase a 10 quilómetros da capital. O aeroporto constitúe o maior da República Checa, contando con catro terminais: Norte1, Norte2, Sur1 e Sur2; malia que habitualmente adóitanse empregar só as dúas primeiras. A aeroporto de Praga medra a un ritmo do 2% anual, rexistrando no2011 un total de 11.788.629. pasaxeiros, sendo en2010 o 35ª aeroporto máis transitado deEuropa. O aeroporto é o centro de comunicacións da aeroliñaCzech Airlines.

O transporte público dende e cara ao centro de Praga consiste en tomarse oautobús número 119 ata a estación dosubterráneo Dejvická e realizando un transbordo á Liña Verde (Liña A) do subterráneo, ou o expreso número 100 ata a estación do subterráneo Zličín da Liña Amarela (Liña B), aínda que lonxe do centro. Unha viaxe típica implica uns 40 minutos. Tamén existen outros servizos de autobús que operan despois da media noite, cando as liñas do subterráneo deixan de operar.

Dende o11 de decembro de2005 a liña AE (Airport Express ou Expreso Aeroporto) realiza o traxecto RW Station Holešovice -Terminal Norte 1 - Terminal Norte 2 - AP Ruzyně; presta servizo tódolos días, dende as 5.00 ás 22.00 horas, cun intervalo de 30 minutos; a tarifa especial é de 45CZK.

Un dos premios máis importantes que recibiu o Aeroporto Internacional de Ruzyně inclúe o Diploma e Medalla de Ouro recibidos en1937 en ocasión daExposition Internationale des Arts et Techniques dans la Vie Moderne (Exposición Internacional de Artes e Técnicas) realizada enParís no ano 1937 pola concepción técnica do aeroporto central, especialmente a arquitectura do seu edificio para ocheck-in (actual Terminal Sur 1) deseñado polo arquitecto enxeñeiro A. Beneš.

O antigo aeroporto de Praga atópase no suburbio de Kbely. Dende asegunda guerra mundial emprégase exclusivamente para voos militares. Existen outros dous pequenos aeroportos en Praga, adicados a voos domésticos ou como clubs aéreos, son os de Letňany e Tocna.

Transporte terrestre

[editar |editar a fonte]
Véxase tamén:Metro de Praga.
Estación de Střížkov, na liña C.

O Metro de Praga esta composto por 3 liñas: a liña A ou verde, a liña B ou amarela e a liña C ou vermella, e 55 estacións. A súa lonxitude é de 54 quilómetros Existen interseccións entre as tres liñas nas estacións de Můstek (liñas A e B), Florenc (liñas C e B), e Muzeum (liñas A e C). O metro comezou a funcionar o9 de maio de1974 e ten aproximadamente 500 millóns de pasaxeiros anuais.

Praga ten 180 liñas de autobuses diúrnos e 16 nocturnos, con 2.510 paradas en total. O primeiro autobús urbano comezou a circular en1908, pero por diversos problemas técnicos o seu uso foi suspendido ata1925 cando volveu funcionar. A día de hoxe é empregado por máis de 300 millóns de pasaxeiros anualmente.

Un dos tranvías de Praga.

O Tranvía de Praga ten 26 liñas diúrnas e 9 nocturnas, 628 paradas e 553 quilómetros de vías. Comezou a funcionar en Praga en1875, naquel entón tirado por cabalos. En1901 inaugurouse o primeiro tranvía eléctrico, que finalmente desprazou ao tirado por cabalos en1905. A día de hoxe o Tranvía é empregado por máis de 300 millóns de pasaxeiros anualmente.

Praga está dividida en tres sectores onde operan varias empresas de servizos de taxi,[87] algunhas delas ofrecen servizo telefónico de reserva. Tamén existen taxistas clandestinos, que son famosos por aproveitarse dos turistas cobrando un sobreprezo. Este feito é mencionado na guía Lonely Planet e foi causa dunha reportaxe da CNN.

Praga ten servizo de transporte público que a conecta cos concellos da súa área metropolitana, as cidades da rexión, e coas principais cidades do país, tanto portren como porautobús.

Praga é o centro do sistemaferroviario da República Checa, ofrecendo transporte a calquera parte do país. A cidade posúe dúas estacións internacionais,Hlavní nádraží (tamén coñecida por Wilsonovo nádraží) e Praha-Holešovice. Xunto a estas atópanse na cidade outras dúas importantes estacións, onde tamén paran outros tren con destino nacional. Son Praha-Smíchov e Masarykovo nádraží. Por último, hai varias estacións máis de menor categoría.

Medio ambiente

[editar |editar a fonte]

Contaminación

[editar |editar a fonte]
Río Moldava en Praga.

A cidade de Praga controla constantemente a calidade ambiental (calidade do aire, da auga e niveis de ruído) mediante medidores situados en distintos puntos da cidade.

En Praga hai dúas fontes principais de contaminación atmosférica:[88] a industria e o tráfico de automóbiles (que segundo o anuario de2005 producen aproximadamente entre o 80 e o 90 % das emisións). O seguimento da calidade do aire é realizado polo Rexistro de Fontes de Contaminación do aire (cuxo acrónimo checo é REZZO). O rexistro REZZO establece catro categorías de fontes de contaminación atmosférica (as tres primeiras fan referencia a fontes estacionarias, sendo 1 o grao máximo, mentres que a cuarta fai referencia a fontes móbiles como automóbiles). Segundo o anuario publicado no2005, así como o Informe sobre o Medio Ambiente de2006, produciuse na cidade un descenso das emisións de partículas sólidas, porén o nivel de contaminación do aire (medido polo Instituto Checo Hidrometeorolóxico) ten aumentado, especialmente odióxido de nitróxeno (NO2).

A avaliación da calidade da auga baséase na normativa checa.[89] A normativa céntrase nunha determinación uniforme das clases de calidade da auga que flúe pola superficie (a clasificación serve como punto de referencia da calidade da auga en varias localizacións e momentos). A clasificación da auga superficial segundo a súa calidade é a seguinte:

  1. auga non contaminada.
  2. auga lixeiramente contaminada.
  3. auga contaminada.
  4. auga altamente contaminada.
  5. auga fortemente contaminada.

Segundo o anuario de2006, no2005 había 333 perfís hidrométricos. En Praga e os seus arredores foron vixiados catro perfís no ríos Moldava eBerounka. O río Moldava – Vrané nad Vltavou foi o perfil mellor avaliado, xa que a metade dos seus 38 indicadores medidos esran de clase I. Unha clasificación similar a obtiveron os indicadores de Vltava – Podolí, seguido de Vltava – Libčice e o último é Berounka – Lahovice.

Praga é a cidade con maior nivel de contaminación acústica da República Checa,[90] a principal causa do aumento do nivel de ruído é o incremento do tráfico na cidade, a pesar de que se están a crear vías de circunvalación que está previsto liberen de trafico algúns sectores do centro da cidade, e a pesar da construción de novos tuneles que non evitan que o ruído siga a medrar. Os niveis de ruído son medidos na cidade mediante o sistema IOŽIP en oito sitios distintos dende1984 ata o2000, así como outras obaservacións realizadas polo Hygienická služba (Servizo de Hixiene) dentro dun programa nacional do Státní ústav Zdravotní (Instituto Estatal de Saúde). A recente creación de Mapas de Ruído, actualizados cada cinco anos, axuda á toma de decisións para adoptar medidas para combater este problema.

Zonas verdes

[editar |editar a fonte]

Na capital checa existen 88 espazos protexidos dunha superficie superior ás 2.200hectáreas,[91] o que supón en torno ao 4 % da superficie total da cidade. Existen tamén 11 grandes parques que constitúen outro 20 % da superficie da rexión.

Os parques e xardíns forman parte da imaxe da cidade,[92] datando do ano1248 o xardín máis antigo conservado ata os nosos días e que antigamente pertenceu ao patio do bispo establecido en Malá Strana. A superficie conservada (alterada en numerosas ocasións) recibe o nome deVojanovy sady. A pesar de no chasco antigo existen pequenos xardíns dos burqueses e que os xardíns do mosteiro sexan máis importantes, estes xogan un papel secundario na imaxe da Praga medieval. Baixo o reinado deCarlos IV, quen creou o Nové Město, deu a orde de plantar viñedos e árbores frutais en1358. Un dos xardíns máis importantes da cidade é oValdštejnská, que data de finais doRenacemento e oBarroco, pola súa proximidade ao centro histórico da cidade.

O concello de Praga está tratando de ampliar as zonas verdes da cidade dende principios doséculo XX con iniciativas como creación doXardín Botánico (1969), ou anteriormente coZoo (1931).

Cidades irmandadas

[editar |editar a fonte]

A cidade de Praga está irmandada coas seguintes cidades:[93][94]

Cidades homónimas

[editar |editar a fonte]

A emigración fixo que apareceran multitude de cidades co mesmo nome que a capital checa ao redor do mundo, especialmente no continente americano:

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]
  • Ao fondo a igrexa de Santo Nicolao en Malá Strana.
    Ao fondo a igrexa de Santo Nicolao en Malá Strana.
  • Rúa en Malá Strana.
    Rúa en Malá Strana.
  • Vista nocturna da torre da Ponte de Carlos situada en Malá Strana.
    Vista nocturna da torre da Ponte de Carlos situada en Malá Strana.
  • Praza da Cidade Vella coa Igrexa de Nosa Señora de Týn.
    Praza da Cidade Vella coaIgrexa de Nosa Señora de Týn.
  • Lápidas no antigo cemiterio xudeu.
    Lápidas no antigo cemiterio xudeu.
  • Palák Koruna, na Praza de Venceslau.
    Palák Koruna, na Praza de Venceslau.
  • Vista do Castelo de Praga.
    Vista do Castelo de Praga.
  • Gárgola na Catedral de San Vito.
    Gárgola na Catedral de San Vito.
  • Nave central da Catedral de San Vito.
    Nave central da Catedral de San Vito.
  • Garda do Castelo de Praga.
    Garda do Castelo de Praga.
  • Garda do Castelo de Praga en inverno.
    Garda do Castelo de Praga en inverno.
  • Estatua de Bedřich Smetana.
    Estatua de Bedřich Smetana.
  • Estatua de Franz Kafka.
    Estatua de Franz Kafka.
  • Muro de John Lenon en 2009.
    Muro de John Lenon en 2009.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Eurostat (ed.)."Population on 1 January by five-year age group, sex and metropolitan regions". Consultado o 21 de febreiro de 2020. 
  2. "Short History of Bohemia, Moravia and then Czechoslovakia and Czech Republic".hedgie.eu. 2015. Arquivado dendeo orixinal o 18 de maio de 2016. Consultado o 7 de abril de 2016. 
  3. GaWC (ed.)."The World According to GaWC 2016". Arquivado dendeo orixinal o 10 de outubro de 2013. Consultado o 24 de febreiro de 2020. 
  4. "Best Destinations in the World – Travelers' Choice Awards – TripAdvisor".tripadvisor.com. 2016. Consultado o 7 de abril de 2016. 
  5. "Quality of Living City Ranking | Mercer".mobilityexchange.mercer.com. Consultado o 30 de maio de 2019. 
  6. "The PICSA Index". Arquivado dendeo orixinal o 08 de marzo de 2021. Consultado o 24 de febreiro de 2020. 
  7. Expats.cz, ed. (8 de novembro de 2017)."Top 100 City Destinations Revealed: Prague among Most Visited in the World". Arquivado dendeo orixinal o 29 de agosto de 2018. Consultado o 24 de febreiro de 2020. 
  8. 8,08,18,2Radio Praga."Zlatá Praha- la Praga Dorada"(en castelán). Consultado o 05-05-2008. 
  9. "What's in a name? Prague History lesson".praguesummer.com. Arquivado dendeo orixinal o 14 de marzo de 2017. Consultado o 14 de marzo de 2016. 
  10. 10,010,1Mundocity."Historia"(en castelán). Consultado o 4-10-2012. 
  11. 11,011,1Demetz, Peter (1997). "Chapter One: Libussa, or Versions of Origin".Prague in Black and Gold: Scenes from the Life of a European City. Nova York: Hill and Wang.ISBN 978-0-8090-7843-1. Consultado o 7 de abril de 2016. 
  12. Kenety, Brian. Czech Radio, ed."Atlantis české archeologie"(en checo). 
  13. Dovid Solomon Ganz, Tzemach Dovid (3rd edition), part 2, Warsaw 1878, pp. 71, 85 (available online )
  14. Kenety, Brian. Czech Radio, ed."Unearthing Bohemia's Celtic heritage ahead of Samhain, the 'New Year'". Consultado o 23 de febreiro de 2020. 
  15. "Prague in Black and Gold".nytimes.com. 
  16. Novinky.cz (ed.)."Slované na Hradě žili už sto let před Bořivojem –". Arquivado dendeo orixinal o 05 de abril de 2011. Consultado o 14 de abril de 2011. 
  17. Hrad.cz, ed. (8 de xullo de 2005)."Archaeological Research – Prague Castle". Consultado o 30 de maio de 2011. 
  18. praguewelcome.cz (ed.)."TOP MONUMENTS - VYŠEHRAD". Consultado o 14 de novembro de 2013. 
  19. Architectural Digest (ed.)."5 of the Best Gothic Buildings in Prague | Architectural Digest". Consultado o 23 de agosto de 2018. 
  20. Wolverton, Lisa (9 de outubro de 2012). University of Pennsylvania Press, ed.Hastening Toward Prague: Power and Society in the Medieval Czech Lands.ISBN 978-0812204223. 
  21. Radio Praha (ed.)."Prague – an architectural gem in the heart of Europe | Radio Prague". Consultado o 23 de agosto de 2018. 
  22. Rothkirchen, Livia (1 de xaneiro de 2006). U of Nebraska Press, ed.The Jews of Bohemia and Moravia: Facing the Holocaust.ISBN 978-0803205024. 
  23. Moïssey Postan, Michael; Miller, Edward; Postan, Cynthia (1987).The Cambridge Economic History of Europe: Trade and industry in the Middle Ages. Cambridge University Press. p. 417.ISBN 0-521-08709-0. 
  24. Radio Praha (ed.)."History of Charles Bridge | Radio Prague". Consultado o 23 de agosto de 2018. 
  25. Guides, Rough (16 de xaneiro de 2015).The Rough Guide to Prague. Rough Guides UK.ISBN 9780241196311. 
  26. Dickinson, Robert E. (2003).The West European City: A Geographical Interpretation. Taylor & Francis.ISBN 9780415177115. 
  27. Worldatlas.com (ed.)."Czech Republic". Consultado o 4 de decembro de 2011. 
  28. "Charles University Official Website". 
  29. Palmitessa, James (2002)."The Archbishops of Prague in Urban Struggles of the Confessional Age 1561–1612"(PDF).Bohemian Reformation and Religious Practice4: 261–273. 
  30. Everything2 (ed.)."The Prague Pogrom of 1389". Consultado o 16 de xuño de 2009. 
  31. prague.cz (ed.)."The former Jewish Quarter in Prague". Consultado o 16 de xuño de 2009. 
  32. Old.hrad.cz, ed. (13 de outubro de 2005)."Architecture of the Gothic". Consultado o 18 de novembro 2013. 
  33. Hrad.cz, ed. (16 de decembro de 2011)."Old Royal Palace with Vladislav Hall - Prague Castle". Consultado o 18 de novembro de 2013. 
  34. Prague.st (ed.)."Religious conflicts". Arquivado dendeo orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 18 de novembro de 2013. 
  35. "The Kingdom of Bohemia during the Thirty Years' War". Family-lines.cz. Arquivado dendeo orixinal o 18 de xullo de 2011. Consultado o 14 de abril de 2011. 
  36. "Prague".Jewish Virtual Library. Consultado o 18 de novembro de 2013. 
  37. M. Signoli, D. Chevé, A. Pascal (2007)."Plague epidemics in Czech countries". p.51.
  38. "Einwohnerzahl europäischer Städte"(PDF)(enalemán).Prag insgesamt 1940 928.000 
  39. "Aus der Geschichte jüdischer Gemeinden"(enalemán).1937/38 ca. 45.000 
  40. Bryant, Chad (2007).Prague in Black: Nazi Rule and Czech Nationalism. Cambridge, MA: Harvard University Press, p. 167ff.ISBN978-0674024519
  41. Pehe, Jiří."Post-Communist Reflections of the Prague Spring".Jiří Pehe. 
  42. McAdams, Michael (1 de setembro de 2007). Transtext(e)s Transcultures, ed."Global Cities as Centers of Cultural Influence: A Focus on Istanbul, Turkey". pp. 151–165.doi:10.4000/transtexts.149. 
  43. La Voz de Galicia.""Revolta en Praga contra a globalización"". Arquivado dendeo orixinal o 16-08-2011. Consultado o 02-11-2008. 
  44. La Voz de Galicia.""Clausurada un día antes e por sorpresa a asemblea do Fondo Monetario Internacional"". Arquivado dendeo orixinal o 16-08-2011. Consultado o 02-11-2008. 
  45. GamesBids, ed. (16 de xuño de 2009)."It's Official – Prague Out of 2020 Bid". Arquivado dendeo orixinal o 10 de setembro de 2010. Consultado o 14 de abril de 2011. 
  46. 46,046,146,246,346,446,546,646,7Instituto Nacional de Estatística da República Checa (ed.)."Characteristics of the Capital City of Prague"(en inglés). Consultado o 4-10-2012. 
  47. 47,047,1Instituto Nacional de Estadística de la República Checa."CHARACTERISTICS OF THE CAPITAL CITY OF PRAGUE"(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 26 de decembro de 2008. Consultado o 11 de xuño de 2008. 
  48. "Flight Before the Flood".BBC News. 13 de agosto de 2002. Arquivado dendeo orixinal o 16-12-2007. Consultado o 11-10-2012. 
  49. "The Climate of Prague 1981–2010 (Temperatures,Humidity)"(en ruso). Weather and Climate (Погода и климат). Consultado o 9 de maio de 2016. 
  50. "Praha Climate Normals 1961–1990 (Precipitation, Precipitation days, Snow, Sunhours)". National Oceanic and Atmospheric Administration. Consultado o 28 de febreiro de 2013. 
  51. Flags of the World."Escudo e bandeira de Praga"(en inglés). Consultado o 6-10-2012. 
  52. El País."El Parlamento checo aprueba la Constitución de la nueva república"(en castellano). Consultado o 14-06-2008. 
  53. Parlamento da República Checa."Constitution of the Czech Republic (art. 13)"(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 20-12-2008. Consultado o 27-10-2012. 
  54. Praha.eu."Prague City Assembly"(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 30-11-2012. Consultado o 8-10-2012. 
  55. "Primátor - Praha - MHMP".Praha(en checo). Consultado o2025-03-30. 
  56. 56,056,1Oficina Estatística da República Checa."Statistical yearbook of the capital city of Prague 2004"(en inglés). Consultado o 22-04-2008. 
  57. Oficina de Estatística da República Checa."Foreigners: by region, district and citizenship; 31 December 2010"(PDF)(en inglés/checo). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 16-11-2012. Consultado o 24-10-2012. 
  58. Historický lexikon obcí České republiky 1869–2005
  59. Czso.cz, ed. (23 de novembro de 2010)."Pohyb obyvatelstva v Českých zemích"(en checo). Arquivado dendeo orixinal o 22 de xaneiro de 2011. Consultado o 14 de setembro de 2013. 
  60. "Počet obyvatel v obcích České republiky k 1.1.2013"(en checo). 1 de xaneiro de 2013. Arquivado dendeo orixinal(XLS) o 04 de outubro de 2013. Consultado o 14 de setembro de 2013. 
  61. Oficina Estatística da República Checa."Long-term development of the population: Prague city sections"(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 28-09-2011. Consultado o 10-06-2008. 
  62. "Pohyb obyvatelstva v hl. m. Praze v 1. čtvrtletí 2019"(en checo). Czso.cz. 12 de xuño de 2019. Arquivado dendeo orixinal o 01 de setembro de 2019. Consultado o 1 de setembro de 2019. 
  63. Radio Praha."O número de turistas en 2005 bate o récord"(en castelán). Consultado o 19-04-2008. 
  64. Urban Audit."Praha"(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 24-05-2012. Consultado o 24-10-2012. 
  65. Národní muzeum."Homepage"(en inglés). Consultado o 24-10-2012. 
  66. Židovské muzeum."Informações para os visitantes"(en portugués). Arquivado dendeo orixinal o 28-05-2012. Consultado o 24-10-2012. 
  67. Mucha Museum."Mucha Museum Home Page"(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 14-12-2006. Consultado o 24-10-2012. 
  68. "Páxina oficial".Museo Franz Kafka(en inglés). Consultado o 19 de novembro de 2018. 
  69. Radio Praga."Historia da música checa - Música medieval"(en castelán). Consultado o 17-05-2008. 
  70. Radio Praga."Historia da música checa - Música renacentista"(en castelán). Consultado o 17-05-2008. 
  71. Radio Praga."Historia da música checa - Música barroca"(en castelán). Consultado o 17-05-2008. 
  72. Radio Praga."Historia da música checa, música clasicista"(en castelán). Consultado o 17-05-2008. 
  73. Radio Praga."Historia da música checa, música romántica"(en castelán). Consultado o 17-05-2008. 
  74. Radio Praga."Historia da música checa, música do século 20"(en castelán). Consultado o 17-05-2008. 
  75. Cinco días."Madrid, candidata oficial para os JJ OO de 2016"(en castelán). Consultado o 04-06-2008. 
  76. Prague Post."Rethinking 'Fortress Strahov'"(en inglés). Consultado o 24-10-2012. 
  77. prague.fm."Los deportes más populares en Praga"(en castelán). Consultado o 24-10-2012. 
  78. UNESCO."World Heritage List Evaluation"(PDF)(en inglés). Consultado o 18-05-2008. 
  79. Radio Praga."Prague, sixth most visited city in Europe, attracting more UK tourists"(en inglés). Consultado o 18-05-2008. 
  80. Guinness Book of World Records, ed. (1991)."Segundo o Libro Guinness dos Récords". Consultado o 14-10-2012. 
  81. Páxina oficial da República Checa."Transporte urbano integrado de Praga"(en castelán). Arquivado dendeo orixinal o 04-05-2008. Consultado o 23-04-2008. 
  82. ROPID."Novos horarios"(en checo). Arquivado dendeo orixinal o 09-02-2008. Consultado o 10-10-2012. 
  83. Radio Praga."Aumenta número de accidentes en estradas checas"(en castelán). Arquivado dendeo orixinal o 05-04-2008. Consultado o 23-04-2008. 
  84. UDI Praha (Instituto de Enxeñería do Transporte)."The yearbook of transportation Prague 2004"(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 14-04-2014. Consultado o 24-10-2012. 
  85. Aeroporto de Praga."In 2011, Prague Airport handled 11.8 million passengers, representing a 2% increase over the preceding year"(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 05-11-2012. Consultado o 10-10-2012. 
  86. Magazine du Tourisme."Les aéroports européens les plus fréquentés en 2010"(en francés). Consultado o 10-10-2012. 
  87. Prague TV."Overpriced Taxis"(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 30-03-2008. Consultado o 23-04-2008. 
  88. The Yearbook Prague – The Environment 2006 (no sitio web da cidade de Praga)."Air Quality"(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 07-04-2013. Consultado o 01-11-1012. 
  89. Sitio web da cidade de Praga."Water Quality"(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 07-04-2013. Consultado o 01-11-1012. 
  90. Praha anual Životní prostředí 2006 (no sitio web da cidade de Praga)."Noise"(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 07-04-2013. Consultado o 01-11-1012. 
  91. praha.eu."Environment"(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 01-11-2012. Consultado o 30-10-2012. 
  92. praha.eu."Green Prague"(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 07-04-2013. Consultado o 30-10-2012. 
  93. db-city.com."Prague"(en inglés). Consultado o 07-10-2012. 
  94. Prague (ed.)."Partnerská města HMP".zahranicnivztahy.praha.eu(en checo). Arquivado dendeo orixinal o 25 de xuño de 2013. Consultado o 20 de agosto de 2019. 
  95. Tshaonline.org, ed. (10 de novembro de 2013)."| Texas State Historical Association (TSHA)". Consultado o 18 de novembro de 2013. 
  96. cityofpragueok.org, ed. (23 de abril de 2008)."The History of Prague". Arquivado dendeo orixinal o 07 de marzo de 2012. Consultado o 18 de novembro de 2013. 
  97. Casde.unl.edu (ed.)."CASDE | Prague – Saunders County". Arquivado dendeo orixinal o 07 de agosto de 2013. Consultado o 18 de novembro de 2013. 
  98. Web.archive.org (ed.)."Visitor Information". Arquivado dendeo orixinal o 15 de maio de 2008. Consultado o 18 de novembro de 2013. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  PragaModificar a ligazón no Wikidata
AGalicitas posúe citas sobre:  Praga
Vexa a entrada doGalizionario acerca de  Praga

Bibliografía

[editar |editar a fonte]


Cultura e sociedade

[editar |editar a fonte]
  • Becker, Edwin et al., ed.Prague 1900: Poetry and Ecstasy. (2000). 224 pp.
  • Boehm, Barbara Drake; et al. (2005).Prague : the Crown of Bohemia, 1347–1437. New York: The Metropolitan Museum of Art.ISBN 978-1588391612. 
  • Burton, Richard (2003).Prague. A cultural and literary history.(eninglés). Oxford: Signal Books.ISBN 1-902669-62-2. 
  • Cohen, Gary B.The Politics of Ethnic Survival: Germans in Prague, 1861–1914. (1981). 344 pp.
  • Fucíková, Eliska, ed.Rudolf II and Prague: The Court and the City. (1997). 792 pp.
  • Holz, Keith.Modern German Art for Thirties Paris, Prague, and London: Resistance and Acquiescence in a Democratic Public Sphere. (2004). 359 pp.
  • Iggers, Wilma Abeles.Women of Prague: Ethnic Diversity and Social Change from the Eighteenth Century to the Present. (1995). 381 pp.online editionArquivado 28 de xullo de 2011 enWayback Machine.
  • Porizka, Lubomir; Hojda, Zdenek; e Pesek, Jirí.The Palaces of Prague. (1995). 216 pp.
  • SayerDerek.Prague: Crossroads of Europe. London Reaktion Books, 2019.ISBN978-1-78914-009-5.
  • Sayer, Derek.Prague, Capital of the Twentieth Century: A Surrealist History (Princeton University Press; 2013) 595 pages; a study of the city as a crossroads for modernity.
  • Sayer, Derek. "The Language of Nationality and the Nationality of Language: Prague 1780–1920."Past & Present 1996 (153): 164–210.in Jstor
  • Spector, Scott (2000).Prague Territories: National Conflict and Cultural Innovation in Kafka's Fin de Siècle.(eninglés). Berkeley: University of California Press.ISBN 978-0520236929. Arquivado dendeo orixinal o 19 de outubro de 2012. Consultado o 30 de outubro de 2012. 
  • Svácha, Rostislav.The Architecture of New Prague, 1895–1945. (1995). 573 pp.
  • Wittlich, Peter.Prague: Fin de Siècle. (1992). 280 pp.

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Predecesor:
AlemañaWeimar

Capital Europea da cultura
xunto conFranciaAviñón
Bergen
ItaliaBoloña
BélxicaBruxelas
PoloniaCracovia
FinlandiaHelsinqui
IslandiaReiquiavik
GaliciaSantiago de Compostela

2000
Sucesor:
Países BaixosRotterdam
PortugalPorto
Capitais europeas da cultura
Bandeira da Unión Europea
Mapa de Europa coas CEC
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Praga&oldid=7220284»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp