Apróstata (do grego προστάτης - prostates, literalmente "o que está primeiro", "protector", "gardián") é unórganoglandular doaparato xenitourinario, exclusivo dos homes, con forma decastaña, localizada enfronte dorecto, debaixo e á saída davexiga urinaria. Conténcélulas que producen parte do líquido seminal que protexe e nutre osespermatozoides contidos noseme.
O día15 de setembro celébrase oDía Europeo da Saúde Prostática[1]. Con esta celebración preténdese visibilizar unha enfermidade que afecta, na súa forma benigna (hiperplasia benigna de próstata) ó 50% dos varóns de máis de 50 anos ata o 88% dos varóns de máis de 90 anos. A forma maligna, o cáncer de próstata, representa o 22% dos cánceres nos pacientes varóns e, aínda ten unha taxa de curación do 90% cando se realiza un diagnóstico precoz, é a terceira causa de mortalidade masculina por cáncer[2].
Transglutaminasa (en roedores, densifica o seme de maneira que xera un tapón vaxinal, evitando a saída do seme así como a cópula por parte doutro macho)
Outras
Xusto encima e aos lados da glándula prostática atópanse asvesículas seminais que producen a maioría do líquido seminal. A próstata rodea a primeira parte dauretra, conduto polo que circulan osouriños e o seme ata opene.
Ashormonas masculinas estimulan a glándula prostática desde o desenvolvemento dofeto. A próstata continúa o seu crecemento ata a xuventude. A partir dos corenta ou cincuenta anos comeza a hipertrofiarse, sendo o único órgano en medrar nestas idades.
Adrenaxe linfática da próstata realízase a través devasos linfáticos que drenan na superficie exterior da próstata formando arede periprostática, que drena tanto nosganglios da cadea ilíaca externa, como en ganglios sacros e ganglios hipogástricos.
Durante o orgasmo, o esperma é transmitido desde os condutos deferentes á uretra, a través dos condutos exaculadores que entran na próstata. A próstata é con frecuencia chamada "oPunto G masculino". Algúns homes son capaces de alcanzar un orgasmo unicamente a través da estimulación da próstata, xa sexa unha masaxe prostática ou relacións sexuais anais. As sensacións da estimulación prostática son a miúdo similares ás descritas por mulleres acerca da estimulación do Punto G.