Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Príamo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Príamo
Imaxe
 Instancia de
Obra
 Presente na obra
Biografía
 Lugar de falecemento
 Circunstancias morte
 Asasinado por
 Sexo
Actividade
 Inimigo/a
 Cargo ocupado
 Conflito
Familia
 Nai
 Pai
 Cónxuxe
 Parella
 Irmá/n
 Fillo/a
Heitor
Clonius(en)Traducir
Hypeirochus(en)Traducir
Lysimache(en)Traducir
Deiopites(en)Traducir
Philaemon(en)Traducir
Chersidamas(en)Traducir
Hyperion(en)Traducir
Agavus(en)Traducir
Aristodeme(en)Traducir
Idomeneus(en)Traducir
Dryops(en)Traducir
Medesicaste(en)Traducir
Laodocus(en)Traducir
Echemmon(en)Traducir
Armogaras(en)Traducir
Phorbas(en)Traducir
Polymedon(en)Traducir
Mestor(en)Traducir
Amycus(en)Traducir
Antinoos(en)Traducir
Dios(en)Traducir
Demosthea(en)Traducir
Demnosia(en)Traducir
Dolon(en)Traducir
Evagoras(en)Traducir
Echephron(en)Traducir
Medusa(en)Traducir
Diores(en)Traducir
Chrysolaus(en)Traducir
Brissonius(en)Traducir
Aristomache(en)Traducir
Archemachus(en)Traducir
Caão(pt)Traducir
Astynomus(en)Traducir
Axion(en)Traducir
Astyoche(en)Traducir
Lysithous(en)Traducir
Telestas(en)Traducir
Lysianassa(en)Traducir
Democoon(en)Traducir
Agathon(en)Traducir
Antifo
Esaco(pt)Traducir
Héleno
Deífobo
Creúsa(pt)Traducir
Ilíone(pt)Traducir
Idaeus(en)Traducir
Laódice(pt)Traducir
Casandra
Polidoro(pt)Traducir
Aegeoneus(en)Traducir
Paris
Troilo
Polixena(pt)Traducir
Lycaon(en)Traducir
Hipónoo
Melanippus(en)Traducir
Cebrion(pt)Traducir
Aretus(en)Traducir
Evander(en)Traducir
Hippodamas(en)Traducir
Ascanius(en)Traducir
Atas(en)Traducir
Astygonus(en)Traducir
Bias(en)Traducir
Polydorus(en)Traducir
Glaucus(en)Traducir
Pammon(en)Traducir
Doryclus(en)Traducir
Chromius(en)Traducir
Isus(en)Traducir
Gorgythion(pt)Traducir
Polites(en)Traducir
Hippothous(en)Traducir
Alastor(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Identificadores
VIAF170032012Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/060lbEditar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

Namitoloxía grega,Príamo (en grego ΠρίαμοςPríamos), foi o rei mítico deTroia durante aGuerra de Troia, na que foi morto porNeoptólemo.

Era o fillo máis novo do reiLaomedonte e daninfaEstrimo, filla do ríoEscamandro.Apolodoro di que segundo algúns a nai de Príamo eraPlacia, filla deOtreo; e segundo outros era Leucipe[1].

Podarces

[editar |editar a fonte]

Sábese pouco de Príamo antes dos acontecementos da Guerra de Troia. Sendo aínda meniño,Heracles conquistouTroia como vinganza contra Laomedonte xa que este non quixo darlle a recompensa prometida (uns cabalos inmortais que lle regalaraZeus) se acababa cun monstro enviado porPoseidón, ó que debía sacrificar á súa fillaHesíone. Non contento con conquistar a cidade, matou a Laomedonte e a tódolos seus fillos, agás a propia Hesíone e mais o fillo máis novo, Podarces.

Heracles ofreceu a Hesíone como esposa aTelamón, rei deSalamina[2], e ofreceulle como galano de voda o que ela quixera. Hesíone pediu ó seu irmán Podarces e Heracles accedeu, aínda que baixo a forma dunha venda simbólica. Por iso Podarces cambiou o seu nome polo de Príamo, que viría a significarcomprado ouo que foi vendido[3].

E como se tratara do único fillo do rei, entregoulle o reino de Troia.

Matrimonio e descendencia

[editar |editar a fonte]

Príamo casou conArisbe, filla deMérope (rei de Percote, unha cidade daTróade), coa que tivo un fillo,Ésaco. Este fillo herdou do seu avó a capacidade de interpretar os soños e por iso entendeu o soño de Hécuba (segunda esposa de Príamo). Esta soñou que daba a luz un tizón ardendo que logo prendía lume a toda a cidade, e Ésaco advirtiu que o fillo que ía parir, que sería Paris, provocaría a destrución da cidade, polo que aconsellou a Príamo que o matara ó nacer. Pero Príamo non lle fixo caso[4].

Tras abandonar a Arisbe, Príamo casou conHécuba, filla deDimante, coa que tivo dezanove fillos, entre elesHeitor,Paris,Casandra,Deífobo,Héleno,Creúsa[5], etc[6]. Pero tamén tivo numerosos fillos con diferentesconcubinas ata un total de cincuenta fillos e fillas, segundo contan os mitógrafos. Os diferentes autores dan cifras e nomes diferentes[7].

Incluso, da descrición do palacio de Príamo naIlíada (libro VI, vv. 249-255) parece deducirse que tivo 50 fillos ("No seu interior había cincuenta estancias, dispostas a continuación unhas doutras, onde os fillos de Príamo dormían xunto ás súas lexítimas esposas ...") e doce fillas ("... mentres que ó outro lado, en fronte, as súas fillas tiñan no patio doce estancias de pedra puída, dispostas a continuación unhas doutras, onde os xenros de Príamo dormían xunto ás súas venerables esposas").

Príamo na guerra de Troia

[editar |editar a fonte]

Cando se produciu a Guerra de Troia, Príamo xa contaba cunha idade avanzada, polo que non participou nos combates cos aqueos. NaIlíada podémolo ver presidindo os consellos que decidían as accións de guerra, normalmente dirixida por Héitor. Si que queda claro que non considera aHelena responsable de nada senón ós deuses:

"Ti para min non es en absoluto culpable de nada. Os culpables son os deuses, que trouxeron contra min esta guerra, causa de bágoas, cos aqueos"
Ilíada, III, 164

E, de feito, Príamo rexeitou ós embaixadores enviados porAgamenón para reclamar a devolución de Helena ó seu maridoMenelao, polo que os gregos comezaron coas accións bélicas. Nos primeiros momentos da guerra, Aquiles mata aTroilo, un fillo de Príamo[8] e, noutra incursión, capturou aLicaón, outro dos fillos de Príamo[9], e matou aMéstor, outro fillo.

Durante os distintos combates da guerra, os fillos de Príamo van morrendo un tras outro, pero a verdadeira reacción tivo lugar co gallo da morte de Heitor, o seu primoxénito e fillo preferido.Aquiles non só mata a Heitor en combate singular senón que logo arrastra o seu cadáver atado ó seu carro ó redor da muralle de Troia e logo lévao ata o campamento grego onde, durante varios días, segue profanando o cadáver. Este comportamento moveu a conciencia dos deuses que, coa oposición de Hera, Poseidón e Atenea, decidiron esixir a Aquiles que entregase o corpo, para o que mandaron a Tetis a convencer ó fillo. Simultaneamente, mandou aIris onda Príamo para que fose, el só, recoller o cadáver de Heitor no campamento grego.

Os gregos crían que os mortos só podían descansar en paz nosCampos Elisios despois de recibir digna sepultura e celebradas os rituais e libacións de rigor[10]. E Príamo desexaba darlle esa homenaxe a Heitor. Por iso tivo que humillarse e acudir, ás agachadas, ata a tenda de Aquiles para pregarlle axeonllado ante el que lle devolvese o corpo do seu fillo. Aquiles accedeu, ben por admiración á valentía demostrada por Príamo, ben polo xeneroso rescate que este lle ofreceu.Homero detalla naIlíada[11] a composición deste rescate: dez talentos de ouro, trípodes, copas, túnicas, peplos, etc. Tamén se di que o rescate consistiu no peso de Heitor en ouro, ou a promesa de casar con Aquiles aPolixena (unha filla de Príamo), ante o que Aquiles contestaría que rexeitaba o ouro se Príamo o casaba con Polixena.

"Como non quería entregarllo ó pai para que o sepultara, por orde de Xúpiter, Príamo chegou guiado por Mercurio ata o campamento dos dánaos, recibiu o corpo a cambio de ouro e sepultouno"
Hixino,Fábula 106[12]

Príamo puido regresar a Troia co cadáver de Heitor sen que ninguén o impedise. Para que puidesen celebrarse sen problemas as honras fúnebres, Aquiles comprometeuse a respectar unha tregua de 12 días, tempo durante o que os gregos cesarían na súa loita[13].

Tampouco puxo Príamo ningún inconveniente a que se entrasen na cidadela oCabalo de Troia deixado polos gregos, a pesar de que tanto Casandra comoLaocoonte (un sacerdote deApolo en Troia) advertíronlle de que era unha trampa dos gregos.

Morte de Príamo a mans de Neoptólemo, fillo de Aquiles (ánfora ática, c. 520-510 a. C., Museo do Louvre)

AIlíada remata coa morte e as exequias de Heitor, pero naOdisea e naEneida se describen os feitos seguintes. Nesta última,Eneas relata aDido os últimos momentos de Troia e a morte de Príamo da que el mesmo fora testemuña[14]. Como xa se dixo, Príamo era neste momento demasiado vello para loitar, pero aínda así quixo coller a espada para defender o palacio cando os gregos entraron nel. Hécuba impediullo e levouno a un altar de Zeus no fondo do palacio, cuberto por unloureiro sagrado, para poñerse baixo a protección dos deuses e así sobrevivir ou morrer xuntos. Non lle serviu de nada porqueNeoptólemo[15], despois de matar aPolites (outro fillo de Príamo), chegou onda el, arrancouno do altar polos pelos e degolouno, deixando o seu corpo decapitado e insepulto[16]. Noutra variante do mito, Neoptólemo arrastrou a Príamo ata a tumba de Aquiles, fóra da cidade, e alí degolouno[17].

"Agora, morre. Dicindo así ante o altar, arrastrouno, tremendo e esvarando no sangue do seu fillo, coa esquerda colleu o seu cabelo, desenvaiñando coa dereita a espada brillante afundiuna no seu costado ata a empuñadura. Este foi o fin dos fados de Príamo, esta morte lle coubo en sorte"
Eneida II, 550-554

Existe unha tradición alternativa segundo a cal Neoptolemo mata a Príamo golpeándoo co corpo deAstianacte, fillo de Heitor, co que se pretendía extinguir calquera liña sucesoria de Príamo[18].

Príamo na arte

[editar |editar a fonte]

Galería de arte

[editar |editar a fonte]

A figura de Príamo na iconografía creada ó redor da guerra de Troia é a dun personaxe secundario, eclipsado claramente por Aquiles, Heitor, Helena ou Paris. Pero o momento en que Príamo acode a suplicar a Aquiles que lle devolva o corpo do seu fillo constitúe unha excepción polo seu dramatismo e a dignidade dos dous protagonistas. A escena aparece pintada nacerámica grega xa noséculo VI a. C. (pintores de Brigos e Oltos). Continuará representándose en épocaromana, momento en que se observa unha insistencia nos regalos que ofrece Príamo, o que suxire a submisión de Oriente ó poder de Roma.

O tema deixa practicamente de tratarse na arte ata oséculo XIX, cando o retoman artistas comoDavid,Fussli ouThorvaldsen[19].

O segundo momento no que parece que Príamo desperta o interese dos artistas é o do seu asasinato sacrílego a mans de Neoptólemo, momento que se reflicte xa na cerámica antiga e se retoma noséculo XVIII, con artistas comoAntonio Canova. Tamén se pode atopar o momento en que Neoptólemo lanza desde o alto da muralla a Astianacte e, por veces, ámbalas escenas se representan simultaneamente.

  • Príamo suplica a Aquiles a devolución do cadáver de Heitor, que xace baixo a cama (escifo do pintor de Brigos, c. 480 a. C.)
    Príamo suplica a Aquiles a devolución do cadáver de Heitor, que xace baixo a cama (escifo do pintor de Brigos, c. 480 a. C.)
  • Neoptólemo mata a Astianacte, fillo de Heitor, ante o xesto impotente do seu avó Príamo
    Neoptólemo mata a Astianacte, fillo de Heitor, ante o xesto impotente do seu avó Príamo
  • Casandra profetiza o fin de Troia, ante Príamo e Paris (á esquerda) e Heitor (á dereita) (Pompeia, Museo Nacional de Nápoles)
    Casandra profetiza o fin de Troia, ante Príamo e Paris (á esquerda) e Heitor (á dereita) (Pompeia, Museo Nacional de Nápoles)
  • Príamo, no frontón oriental do templo de Afaia, en Exina (c. 480 a. C.)
    Príamo, no frontón oriental do templo de Afaia, en Exina (c. 480 a. C.)
  • Morte de Príamo (s. I a. C. - s. I d. C. (Museo de Belas Artes de Boston)
    Morte de Príamo (s. I a. C. - s. I d. C. (Museo de Belas Artes de Boston)
  • Príamo suplica a Aquiles
    Príamo suplica a Aquiles
  • Aquiles desafía a Heitor. No centro, con barba branca, Príamo (Museo Catedralicio de Zamora)
    Aquiles desafía a Heitor. No centro, con barba branca, Príamo (Museo Catedralicio de Zamora)
  • Morte de Príamo (Tadeusz Kuntze, 1756, Castelo de Wawel, Polonia)
    Morte de Príamo (Tadeusz Kuntze, 1756, Castelo de Wawel, Polonia)
  • Príamo recibe a Helena (tapiz do castelo de Wawel)
    Príamo recibe a Helena (tapiz do castelo de Wawel)
  • Príamo suplica a Aquiles (Felipe Giani (1758–1823), Faenza, Italia)
    Príamo suplica a Aquiles (Felipe Giani (1758–1823), Faenza, Italia)

O tesouro de Príamo

[editar |editar a fonte]
Diadema e pendentes doTesouro de Príamo

No transcurso das escavacións realizadas poloarqueólogo (afeccionado)Heinrich Schliemann na costa occidental deAnatolia, nas inmediacións do estreito dosDardanelos, este atopou en1873 un importante conxunto de obxectos de ouro e outros metais preciosos que bautizou como oTesouro de Príamo. En realidade, o nivel de ocupación no que estaba escavando nese momento non correspondía ós restos da cidade de Troia nos tempos de Príamo, hoxe identificada como Troia VII (cara ao ano 1000 a. C.), senón á que hoxe se coñece como Troia II (entre 3000 e 2000 a. C.). Esa identificación comoTesouro de Príamo obedecía máis ben ó seu entusiasmo ó crer que localizara a cidade descrita por Homero[20]

Schliemann levouse o tesouro aGrecia sen autorización das autoridadesturcas. Aínda que foi demandado por estas, mantivo o tesouro no seu poder a cambio dunha multa. Legouno ó Museo de Artes e Oficios deBerlín e de aí pasou ó Museo de Etnoloxía. Co gallo da toma de Berlín polosrusos naSegunda guerra mundial, o tesouro desapareceu, pero en1993 sóubose que estaba depositado noMuseo Pushkin deMoscova, a onde fora levado en1945 como botín de guerra[21]. Aínda que se chegaron a manifestar dúbidas sobre a autenticidade do tesouro, hoxe en día foron desbotadas polos expertos.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Grimal, s. v.Príamo.
  2. E pai deÁiax o Grande e deTeucro.
  3. Julia García Moreno, tradutora daBiblioteca mitológica na edición de Alianza Editorial e autora das notas a rodapé, explica que "Apolodoro deriva o nome de "príamai", 'comprar', segundo a etimoloxía mencionada porTzetzes eHixino" (nota 101 a II, 6.4, px. 134).
  4. Grimal, s. v.Ésaco. Pero segundoEurípides na traxediaAndrómaca foi Casandra, tamén adiviña, a que fixo esta profecía, lo cual resuta imposible se se ten en conta que Casandra naceu despois de Paris.
  5. Que casaría conEneas.
  6. Esta cifra de dezanove fillos con Hécuba é a tradicionalmente aceptada (Grimal, s. v.Hécuba; Graves, px. 677), peroPseudo-Apolodoro, que lista tódolos nomes da descendencia de Príamo, só nomea catorce.
  7. En Apolodoro (III, 12.5) pode consultarse a listaxe completa; tamén en Hixino (Fábula 90), que dá unha lista de 55 nomes.
  8. Dise que Aquiles se namorou de Troilo pero este o rexeitou, polo que terminou matándoo.
  9. Vendeuno como escravo a un fillo deXasón pero pronto foi liberado e regresou a Troia, onde terminou morto a mans de Aquiles.
  10. "...coa mesma esperanza entérranse os restos do defunto, esperando que atope unha vida feliz nos Campos Elisios se se observan os rituais prescritos para a ocasión. Os insepultos carecían de tal esperanza" (Carmona, px. 178).
  11. Ilíada XXIV, 228-235.
  12. Lémbrese,Xúpiter eMercurio son as denominacións latinas de Zeus e Hermes. O xentiliciodánaos designa colectivamente ó conxunto dos reinos gregos e dos habitantes da Hélade, como tamén o dearxivos (derivado da cidade de Argos.
  13. Ilíada XXIV, 671.
  14. Virxilio:Eneida, libro II. 507-558.
  15. Designado naEneida polo nome de "Pirro" pois, cando Tetis pretendeu evitar que Aquiles fose á guerra de Troia agochouno na corte deLicomedes, vestido como muller e baixo o nome de "Pirra".
  16. Grimal, s. v.Príamo; Pseudo-Apolodoro:Epítome V. 21.
  17. Pausanias X, 27.2: "Príamo non morreu no hogar de Herceo [sobrenome de Zeus, protector da casa]senón que, arrancado do altar, foi morto de paso por Neoptólemo, xunto ás portas da súa casa"; Graves, px. 755-756.
  18. Píxide de figuras negras, de 560-550 a. C. (Museo de Antigüidades de Berlín).
  19. Elvira Barba, px. 465.
  20. Poucos anos despois, Schliemann escavou nas ruínas deMicenas e atopou un conxunto de tumbas e diversos obxectos de ouro. Entre eles unha máscara de ouro que non dubidou e identificar como aMáscara de Agamenón, atribuíndoa ó mítico rei que conquistaría Troia. Tampouco acertou neste caso, pois terminou datándose entre 1550 y 1500 a. C., é dicir, uns 300 anos antes do tempo de Agamenón.
  21. "Aparece en Moscú el Tesoro de Troya, oculto desde la Segunda Guerra Mundial", enLa Voz de Galicia 27.08.1993.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Príamo

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Relixións e cultos
Grupos
Deuses olímpicos
Outras deidades maiores
Heroes
Ritos e prácticas
Lugares sagrados
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Príamo&oldid=7033515»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp