OPower metal é un subxénero doHeavy Metal derivado doSpeed Metal. Podería traducirse comoMetal Enérxico ouMetal Potente Estaetiqueta acuñouse para designar un amplo espectro de variedades do Speed Metal. Pode aglutinar óSpeed Metal, óMetal Melódico, óMetal Británico, óMetal Épico, óMetal Neoclásico, e incorporar elementos de folk (o que se denominaFolk-Metal),Trash Metal, ou inclusoBlack Metal. Exemplo desta diversidade son grupos tan dispares que acostumanetiquetarse comoPower Metal:Gamma Ray,Sarasvatï,Stratovarius,Rhapsody,Blind Guardian,Edguy, e moitos outros.
A diferenza deste, as estruturas dos temas musicais son moi variables, aínda que manteñan unha certa semellanza: varias estrofas, estrofaponte, retrouso, estrofas (facendo un total de menos versos que nas estrofas iniciais), estrofaponte (que habitualmente é unha variación da anterior), retrouso, só e retrousos finais. En moitos casos, o tema remata cunha serie de versos a modo deepílogo.
Tamén é moi notable a variabilidade de figuras, patróns rítmicos etempos, sendo moi comúns os continuos cambios detempo na mesma canción. Con frecuencia, os retrousos e as estrofasponte son moito máis corais que no Speed Metal, e acostuman ir precedidas dun brusco cambio detempo e incluso de tonalidade. Ademais, é moito máis intenso o uso dePower Chords, tanto en seccións rítmicas como nos retrousos.
Os temas musicais acostuman ter unha duración media duns cinco minutos, aínda que son moi frecuentes os temas de seis ou máis. Como moitos dos subxéneros do Heavy Metal, son frecuentes os L.P. que inclúen temas de entre oito e catorce minutos. Estes temas longos, que constitúen o elemento principal do L.P., adoitan ir ó final, aínda que algúns grupos o sitúan en primeiro lugar.