Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Poulo, Ordes

Coord.:43°04′34″N8°23′02″O / 43.07605519,-8.38401817
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Poulo.
Poulo
Igrexa de San Xulián de Poulo.
ConcelloOrdes[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°04′34″N8°23′02″O / 43.07605519,-8.38401817
Poboación323 hab. (2022)
Entidades de poboación9[1]
editar datos en Wikidata ]

San Xulián de Poulo é unha parroquia que se localiza no leste do concello deOrdes. Segundo oINE en 2022 tiña 323 habitantes (154 homes e 169 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 353 habitantes.

Historia

[editar |editar a fonte]

Na aldea de Carballo apareceron restos de canalizacións da épocaromana. Na aldea dasPardiñas atópanse restos dunpoboado castrexo, o único do concello de Ordes no que aínda se poden observar parte das edificacións.

Patrimonio

[editar |editar a fonte]

Na parroquia hai unha vivenda dun andar con teito a dúas augas. Na fachada ten unha inscrición na pedra, xunto á porta de entrada, na que se di que o reiFilipe II de España pasou alí unha noite no ano1554. Hai dúas versións acerca da noite real: unha di que o rei viaxaba daCoruña aSantiago de Compostela por motivos reais ou relixiosos; outra indica que o rei se dirixía á Coruña para tomar un barco con destino aGran Bretaña. Tampouco está claro se a parada foi improvisada por mor das condicións meteorolóxicas, ou se estaba xa planificada e a casa xa se acondicionara para recibir o soberano.

Lugares e parroquias

[editar |editar a fonte]

Lugares de Poulo

[editar |editar a fonte]
Lugares da parroquia dePoulo no concello deOrdes (A Coruña)

Blanca |A Calle |A Costa |Lavandeira de Baixo |Lavandeira de Riba |O Outeiro |As Pardiñas |O Piñeiro |A Senra

Parroquias de Ordes

[editar |editar a fonte]
Galicia |Provincia da Coruña | Parroquias deOrdes

Ardemil (San Pedro) |Barbeiros (Santa María) |Beán (Santa María) |Buscás (San Paio) |Leira (Santa María) |Lesta (Santo André) |Mercurín (San Clemente) |Ordes (Santa María) |Parada (Santa Mariña) |Pereira (Santaia) |Poulo (San Xulián) |Santa Cruz de Montaos (Santa Cruz) |Vilamaior (Santiago)

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,1DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Poulo,_Ordes&oldid=7014508»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp