Poteira
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Unhapoteira é un pequenoaparello para apesca deportiva ou artesanal daslulas. Consiste nunchumbo arrodeado deanzois na súa parte inferior, e forrado conplástico de cores rechamantes ouvernizado cunha luz química.
A técnica de pesca consiste en baixar primeiro a poteira á pendura dunhatanza (liña) até estar preto do fondo, para despois dar un tirón brusco cara a arriba e deixar caer de novo. A repetición continua deste movemento, xunto coa luz ou brillo da poteira, chama a atención da lula que vorazmente se bota a engulir por confundila cun peixiño.