Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Pota

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Pota (homónimos).
Pota
Todarodes sagittatus
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Mollusca
Clase:Cephalopoda
Orde:Teuthida
Suborde:Oegopsina
Familia:Ommastrephidae
Subfamilia:Todarodinae
Xénero:Todarodes
Especie:T. sagittatus
Nome binomial
Todarodes sagittatus
(Lamarck,1798)
Sinonimia
Véxase o texto

Apota,choupa oulura pota,[2] é unmoluscocefalópodomariño daorde dostéutidos,suborde dosegopsinos. É aespecie tipo dafamilia, dasubfamilia e doxénero.[3]

O nome procede da palabra catalápota, que quere dicirpouta.[4]

Taxonomía

[editar |editar a fonte]

Descrición

[editar |editar a fonte]

A especie foi descrita en1798 polonaturalistafrancésJean-Baptiste Lamarck baixo o nome deLoligo sagittata.[3]

Nome vulgar

[editar |editar a fonte]

O seu nome vulgar engalego é, como quedou dito,pota oulura pota.[2]

Sinónimos

[editar |editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[3]

  • Ommastrephes sagittatus(Lamarck, 1798)
  • Ommastrephes todarus(Rafinesque, 1814)
  • Sthenoteuthis todarus(Rafinesque, 1814)
  • Loligo sagittataLamarck, 1798
  • Loligo aequipodaRüppell, 1844
  • Sepia minorSeba, 1758
  • Loligo brasiliensisFérussac, 1823
  • Sepia loligoGmelin, 1789

Características

[editar |editar a fonte]
Lámina deTodarodes sagittatus

Como os demaiscefalópodos, as potas teñencabeza diferenciada,simetría bilateral,manto, oitobrazos confunciónalimenticia e doustentáculos máis longos con funciónreprodutiva.

Perderon acuncha dos seus devanceiros na súaevolución, conservando só unhapluma no interior do manto que serve para lles dar rixidez e apoio aosmúsculos.

Malia teren dúasaletas, estas xeralmente non son o seu medio de propulsión, senón que a conseguen exectando auga a presión a través dunsifón.

Son grandes nadadoras, e poden 'voar' en distancias curtas fora da auga.[5]

A pel está cuberta decromatóforos, o que lles permite camuflar a súa cor cos seus arredores.

Pesca e comercialización

[editar |editar a fonte]

A pesca das potas é porpesca de arrastre enaltura, e usandopoteiras cando se fai enpesca de baixura. É unha especie con valor comercial polo seu usogastronómico, similar ao dasluras pero de menor calidade. Son obxecto de gran comercialización e consumo en forma deaneisconxelados, para o seu cociñadoá romana.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Barratt, I., Allcock, L. & Laptikhovsky, V. (2014):Todarodes sagittatus naLista vermella daUICN. Consultada o 5 de setembro de 2023.
  2. 2,02,1pota, 2ª acepción, noDicionario da RAG
  3. 3,03,13,2Todarodes sagittatus (Lamarck, 1798) noWoRMS. Consultado o 5 de setembro de 2023.
  4. pota, 1ª acepción noDRAE.
  5. Jabr, F. (2010):Fact or Fiction: Can a Squid Fly Out of the Water?Scientific American, 2 de agosto de 2010.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  PotaModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pota&oldid=6846595»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp