Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Posmodernismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Suxeriuse que este artigo ou apartado sexafusionado con"Arte posmoderna" (conversa).
Para realizar a fusión das páxinas segueestes pasos.
Posmodernismo
Imaxe
 Instancia de
 Parcialmente coincidente con
Implicados
 Fundador/a
Datas
 Data de comezo
década de 1940Editar o valor en Wikidata
Identificadores
Freebase/m/05wkcEditar o valor en Wikidata
MeSHD033302Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC509535802 eC2993392076Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O termoposmodernismo[1] designa xeralmente a un amplo número demovementos artísticos,

culturais efilosóficos doséculo XX, definidos en diverso grao e maneira pola súa oposición ou superación domodernismo.

Historia

[editar |editar a fonte]

As distintas correntes do movemento posmoderno apareceron ó longo do terzo central do século XX. Histórica, ideolóxica e metodoloxicamente diversos, comparten así a todo un parecido de familia centrado na idea de que a renovación radical das formastradicionais na arte, a cultura, o pensamento e a vida social impulsada polo proxecto modernista fracasou no seu intento de lograr a emancipación da humanidade, e de que un proxecto semellante é imposible ou inalcanzable nas condicións actuais.

Fronte ó compromiso rigoroso coa innovación, o progreso e a crítica das vangardas artísticas, intelectuais e sociais, ó que considera unha forma refinada deteoloxía autoritaria, o posmodernismo defende a hibridación, a cultura popular, o descentramento da autoridade intelectual e científica e a desconfianza ante osgrandes relatos.

Antecedentes do termo

[editar |editar a fonte]
Escola daBauhaus.

Se ben a acepción máis usual do posmodernismo se popularizou a partir da publicación da obraLa Condition posmoderne: rapport sur le savoir deJean-François Lyotard en1976, varios autores empregaran o termo con anterioridade.

O pintor inglésJohn Watkins Chapman designou comoposmodernismo unha corrente pictórica que intentaba superar as limitacións expresivas do impresionismo sen recaer no convencionalismo da pintura académica; o termo non se popularizou, preferíndose a designación depostimpresionismo suxerida polo críticoRoger Fry. Inda que o posmodernismo neste sentido non garda máis ca unha relación moi distante co posmodernismo tal como se entende habitualmente; coincidindo polo xeral, de feito, cos principios teóricos e metodolóxicos domodernismo artístico; a relación de ambigüidade entre a superación e a conservación que dificulta a definición do mesmo xa se fai aparente aquí. O uso queArnold J. Toynbee faría do termo para indicar a crise dohumanismo renacentista a partir da década de 1870 está relacionado con este.

En1934 ocrítico literarioFederico de Onís empregou por primeira vez o posmodernismo como unha reacción fronte á intensidade experimental da poesía modernista ou vangardista, identificada sobre todo coa produción da primeira época deRubén Darío; de Onís suxire que os distintos movementos de retorno ou recuperación da sinxeleza lírica, da tradición clásica, do prosaísmo sentimental, do naturalismo, da tradición bucólica etc; son provocados pola dificultade das vangardas, que as illa do público. Varios destes trazos reaparecerán en análises posteriores, inda que a obra de Onís non deixou pegada directa na tradición teórica.

O uso do termo porBernard Smith en1945 para designar a crítica á abstracción por parte dorealismo soviético e porCharles Olson para indicar a poesía deEzra Pound estaba a cabalo entre as dous concepcións anteriores. Se ben subliñaba a ruptura coas tendencias do modernismo, carecíase dunha armazón teórica que permitise distinguir a produción das vangardas; en si complexa e multiforme; da dos seus críticos dunha maneira decisiva.

Só a fins da década de1950, a partir dos traballos dos críticos literariosHarry Levin,Irving Howe,Ihab Hassan,Leslie Fiedler eFrank Kermode, o termo comezou a utilizarse dunha maneira sistemática para designar a ruptura dos escritores de posguerra cos trazos emancipatorios e vangardistas do modernismo, concibido este último como a exploración programática da innovación, a experimentalidade, a autonomía crítica e a separación do cotián. A concepción non estaba exenta de dificultades, e algúns autores ós que Levin e Howe — ambos intelectuaiscomprometidos e de esquerdas; criticaron, comoSamuel Beckett, foron simultaneamente percibidos por outros teóricos da cultura; entre elesTheodor Adorno, un modernista destacado en dereito propio— como a forma máis refinada de modernismo. Así a todo, o central desta noción; o posmodernismo como renuncia á teleoloxía emancipadora das vangardas; segue sendo considerado o trazo máis distintivo do posmodernismo.

O trazo fundamental da ruptura non estivo na corrección da frialdade e as deficiencias arquitectónicas dos edificios modernistas, senón no rexeitamento absoluto da posibilidade de producir unha innovación verdadeiramente radical. O eixo do pensamento moderno; tanto nas artes como nas ciencias; estivera centrado na idea deevolución ou progreso, entendido como a reconstrución de tódolos ámbitos da vida a partir da substitución datradición ou convención polo exame radical non só do saber transmitido; como por exemplo a formasinfónica en música, o retrato de corte en pintura ou a doutrina clásica daalma en antropoloxía filosófica; senón tamén das formas aceptadas de organizar e producir ese saber; como atonalidade, aperspectiva ou a primacía daconciencia; a noción de descontinuidade adquirira dignidade filosófica a través da interpretaciónmarxista e nietzcheana dadialéctica de Hegel. O posmodernismo desistiu do proxecto desta evolución; nas súas formas máis agudas filosoficamente, habería de intentar desmontar dende dentro o proxecto modernista ó afirmar que a evolución total presupuña a constancia do seu suxeito, o individuo autónomo.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  PosmodernismoModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras parapost-.
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Posmodernismo&oldid=7050628»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp