«Caso» redirixe aquí. Para o concello asturiano, véxase
Casu.
Engramática, ocaso gramatical é a forma que adquire unha palabra (substantivos,adxectivos,pronomes oudeterminantes) dependendo dafunción sintáctica que desempeñe. Este concepto é aplicábel en principio áslinguas flexivas e áslinguas aglutinantes. Ao conxunto de casos que ten unha palabra dada chámaselledeclinación. Así, por exemplo, enlatín existían seis casos (nominativo,vocativo,acusativo,xenitivo,dativo eablativo), en grego clásico cinco (nominativo,vocativo,acusativo,xenitivo edativo). Nas dúas linguas existen tamén trazas dos antigoslocativo einstrumental.
Os casos poderían clasificarse nos seguintes subtipos:
- caso formal: expresa unha relación puramente sintáctica entre o predicado e os sintagmas nominais. En latín sería o nominativo e o acusativo.
- caso relacional: establece unha relación entre doussintagmas nominais ou entre un sintagma nominal e un verbo. En latín serían o xenitivo e o dativo.
- caso posicional: indica o lugar onde se dá ou ten lugar unha acción. En latín sería o ablativo.
Existen linguas cun sistema de casos posicionais moi desenvolvido, como otabasarano, que posúe cincuenta e dous: entre eles oinlativo, oelativo, oablativo, oadlativo, osublativo, odelativo, osupralativo, opostlativo, ointerlativo, oinesivo, oadesivo, osubesivo, ointeresivo, opostesivo, ou osuperesivo.
No grupo dos casos relacionais existen dous grandes sistemas nas linguas do mundo. Aquí do que se trata é de ver quen leva as marcas formais entre o suxeito dos verbos transitivos e intransitivos e o complemento directo dos verbos transitivos:
- Se se marca dalgún xeito o Complemento Directo estaremos ante unsistema acusativo (no que o suxeito se pon en nominativo e o Complemento Directo en acusativo) -este sería o caso do latín e, dalgún xeito, o dogalego;
- Se o que se marca é o suxeito dos verbos transitivos e non o dos intransitivos nin o Complemento Directo, o primeiro irá en casoergativo e os outros enabsolutivo. É o que se chama unsistema de ergativo, propio entre outros doéuscaro.
Esta é unha listaxe de casos tal e como se usan en variaslinguas flexivas que teñen declinación.
- Nota: a maioría dos casos que expresan lugar e movemento empréganse tamén para indicar tempo.
Para os significados dos termosaxente,paciente,experimentador, einstrumento, verpapeis theta.
- Case (1994), de Barry J. Blake, editado en Cambridge University Press (ISBN 0-521-44661-9)
- The Oxford handbook of case: studies in honor of Bernard Comrie (2008), editado por Greville G. Corbett, Michael Noonan en John Benjamins Publishing Company, Amsterdam & Philadelphia (ISBN 978-90-272-2994-6)