Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Porviso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Oporviso ouproviso[1] é un ser damitoloxía galega, untrasno ou undemo, que aparece de noite adoptando forma de animal, e impídelle alentar á xente mentres dorme.

Características

[editar |editar a fonte]

Considérase ás veces un ser rexoubeiro que enreda e procura meterlle medo á xente,[2][3] porén, este ser xeralmente aparece polas noites, impedíndolle á xente alentar mentres dorme.[2][4][5] Represéntase cun rabo longo,[4] adopta a forma de distintos animais e é moi peludo.[5][6] Para escorrentalo hai que persignarse;[3][7] a "flor da auga", que se forma anoite de san Xoán e se recolle pola mañanciña, serve para arredar o porviso, ó igual que todos os demos.[2][8]

Rafael Dieste enA fiestra valdeira (1927) nomea o porviso como diaño;[9]Xosé Miranda considerao como un demo[10] eXesús Alonso Montero denomínao demo ou demoño.[11]

Xeralmente adoita aparecerse cando se está durmindo. Ti déitaste e esquéceste de persignarte; entón o Porviso ven e pónseche enriba do peito. Ti despertas porque case non podes alentar e notas un peso moi grande. Se queres gritar, non podes, porque a voz marchouche [...] Se botas a man ó peito, podes atopar un gato moi peludo ou un carneiro. O carneiro ten uns cornos grandísimos e moi revirichados e unhas las moi longas [...] a min aparecéuseme en forma de carneiro, e eu tentábao coas mans e só oía a respiración, moi forte, do bicho. Entón o que fixen, que é o que se debe facer, foi persignarme. Nada máis acabar, oín un ruído coma dun brinco, mirei para o chan, e o carneiro [...] desapareceu.[6]

O porviso na cultura popular

[editar |editar a fonte]

Teatro

[editar |editar a fonte]

Rafael Dieste menciona o porviso na súa obra de teatroA fiestra valdeira, onde se compara un dos personaxes con este ser.

Literatura infantil

[editar |editar a fonte]

O libroO Porviso do patín, escrito por Rocío Pérez Castro e ilustrado por Lidia Brea Pedreira, é un conto infantil.

  • Pérez Castro, Rocío (2015).O Porviso do patín. Ilustracións: Brea Pedreira, Lidia. Vigo: Bailarete.ISBN 978-84-941160-4-9. 

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. R. C. C. 1971, p. 380, "á beira do mar, na fala dos mariñeiros, dise porviso; pero ao nos afastar da ribeira, ouvimos aos labradores proviso".
  2. 2,02,12,2"Micromitos 037: O Porviso".Galicia encantada. 21-10-2020. Consultado o 26-11-2024. 
  3. 3,03,1García Rodríguez 1971, p. 355.
  4. 4,04,1Reigosa, Antonio (2020). "Guía de campo da Galicia Encantada: Dos seres míticos e dos lugares que habitan". Ilustracións: Noemí López.Vigo:Xerais.ISBN 978-84-9121-646-9. 
  5. 5,05,1Miranda 2005, p. 37.
  6. 6,06,1García Rodríguez 1971, p. 356.
  7. Miranda 2005, p. 38.
  8. Rey, Nati (22-06-2018)."A flor da auga na mañanciña de San Xoán".Biosbardia. Consultado o 26-11-2024. 
  9. R. C. C. 1971, p. 380.
  10. Miranda 2005, p. 36.
  11. Alonso Montero, Xesús (2008). "Lingüística da cautela e da expresividade: sinónimos galegos de ꞌdemoꞌ, ꞌmorrerꞌ (ꞌmorteꞌ), ꞌporcoꞌ, ꞌsacerdoteꞌ e ꞌsapoꞌ". Madrygal: 14. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Vídeos externos
O Porviso (2012). Obradoiro "Animando a tradición oral con plastilina" (Biblioteca pública municipal de Rois).
Illa Bufarda, dentro do programa daXunta de Galicia Letras Vivas.
Vexa a entrada doGalizionario acerca de  porviso

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
Historia mítica de Galicia
Deuses
Reis e heroes
Estatua de Breogán, de Xosé Cid, preto da torre de Hércules.
Razas míticas
Personaxes lendarios
Personaxes
aparentemente humanos
Animais
Alicorno · Balea xigante de San Cibrao · Basilisco · Becerra con cans · Biosbardo · Boi Bruón · Boi de Sandomedio · Boi Louro · Bois de Gures · Boi Vidal · Butre · Cabalo da fiaña · Cabalo da luz · Cabalo do pensamento · Cabalo do vento · Cabalo pantasma · Cabra con pernas de muller · Cabra do aire · Cabra que fala · Cacharreira · Cadela peregrina · Can branco · Cancérbero · Can doente · Caranguexo coa pinza de ouro · Carbunco · Chasco · Cobra con ás · Cobra de sete cabezas · Coca · Cozocha · Cozorello · Dragón · Formigas de Belén · Galiña dos pitos de ouro · Galiña dos ovos de ouro · Galo negro · Gata branca · Gatipedro · Gran besta · Home lagarto · Home vaca · Loberno · Lobo branco · Malvís · Monstro da lagoa · Paxaro do demo · Pega negra · Princesa ra · Princesiña troita · Príncipe carneiro · Raposa do aire · Saavedra · Serpe do bosque de Cons · Serpe mariña · Serpe negra · Serpe xigante do Castelo · Urco · Vákner · Zarrouco
Seres relacionados
coa morte
Lugares
Eventos
Fontes
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Porviso&oldid=6899799»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp