Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Portocelo, Xove

Coord.:43°43′28″N7°31′46″O / 43.724444444444,-7.5294444444444
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Portocelo.
Portocelo
Praia de Portocelo.
ConcelloXove[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°43′28″N7°31′46″O / 43.724444444444,-7.5294444444444
Poboación265 hab. (2020)
Entidades de poboación5[1]
editar datos en Wikidata ]

San Tirso de Portocelo é unha parroquia do concellolugués deXove. Ten cinco núcleos de poboación. Segundo oInstituto Galego de Estatística,[2] en2020 tiña 265 habitantes (140homes e 125mulleres).

Territorio

[editar |editar a fonte]

Na súa costa está a enseada de Portocelo, que serve de abrigo ao portiño, e onde tamén se sitúan tres praias que quedan comunicadas coa marea baixa. Máis ao oeste a costa é máis accidentada. Os accidentes máis importantes son a Punta de Roncadoira, onde se sitúa ofaro de Punta Roncadoira, sendo o extremo máis setentrional deste tramo de costa, Punta da Mansa e Punta Saíñas. Así mesmo, a escasa distancia da costa hai un conxunto de pequenas illas coñecidas como Os Netos e situado entre Punta da Mansa e Punta Saíñas.

Economía

[editar |editar a fonte]

Os sectores económicos principais son a pesca e a agricultura. O marisqueo foi tradicionalmente un recurso auxiliar para as familias labregas e na actualidade opercebe eourizo son explotados profesionalmente. Canto á pesca, a frota que ten como base o porto de Portocelo redúcese a un pequeno número de embarcacións tradicionais. A agricultura é outro dos sectores económicos máis importantes da parroquia. Destacan o cultivo domillo,grelos epataca. A explotación dos montes deeucalipto constitúen unha importante fonte de ingresos para os habitantes da zona.

Patrimonio

[editar |editar a fonte]

A igrexa de San Tirso, cuxas ruínas aínda se poden ver en Portocelo,[3] e a igrexa de Vilachá, construída no século XX en substitución da primeira.

Historia

[editar |editar a fonte]

Na década de 1970Fenosa promoveu a construción dunhacentral nuclear no lugar de Regodela. Este proxecto encontrou unha forte oposición tanto na sociedade galega da época como nos habitantes da zona, e o 10 de abril de 1977 tivo lugar unha manifestación histórica, na que 8.000 persoas marcharon desdeViveiro atéXove.

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]
  • Praia de Portocelo.
    Praia de Portocelo.
  • Casas en Portocelo.
    Casas en Portocelo.

Lugares de Portocelo

[editar |editar a fonte]
Lugares da parroquia dePortocelo no concello deXove (Lugo)

Canelas |Portocelo |San Cristovo |Vilachá |Vilapol

Parroquias de Xove

[editar |editar a fonte]
Galicia |Provincia de Lugo | Parroquias deXove

Lago (Santa Eulalia) |O Monte (Santo Isidoro) |Morás (San Clemente) |Portocelo (San Tirso) |A Rigueira (San Miguel) |Sumoas (Santo Estevo) |Xove (San Bartolo) |Xuances (San Pedro)

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,1Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
  2. "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor".Xunta de Galicia. Arquivado dendeo orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 27 de abril de 2021. 
  3. Manuel Gago Mariño (16 de maio de 2011)."A sorpresa que gardaba San Tirso de Portocelo".Capítulo Cero. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Portocelo,_Xove&oldid=6613005»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp