Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Portal:Suecia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Suecia(ensuecoSverige[ˈsværjɛ] (AFI)Sv-Sverige.oggescoitar) é unpaís nórdico situado napenínsula escandinava. Limitado ao norte e oeste conNoruega, ao norte e leste conFinlandia e ao suroeste conDinamarca, polos estreitos deSkagerrak,Kattegat eÖresund, onde se atopa aponte homónima que o conecta ambos países. Ademais está bañada polas costas doMar Báltico, formando oGolfo de Botnia xunto con Finlandia.

É membro daOrganización das Nacións Unidas e pertence a outras organizacións internacionais como oConsello de Europa, aOrganización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico e doConsello Nórdico. Ademais dende o1 de xaneiro de1995 pertencente áUnión Europea, sendo o terceiro estado membro máis grande dela e o quinto deEuropa, o que xunto cunha poboación de pouco máis de nove millóns de habitantes, supón unha das menores densidades de poboación do mundo. Con todo a meirande parte dos suecos vive na parte sur do país, vivindo ademais o 85% deles en zonas urbanas. A capital éEstocolmo, sendo ademais a cidade máis poboada, chegando aos dous millóns de habitantes na súaárea metropolitana. As dúas seguintes cidades máis poboadas sonGotemburgo eMalmö.

Os habitantes de Suecia gozan dun alto nivel de vida, e é un país xeralmente percibido como moderno e liberal. A conservación da natureza, protección do medio ambiente e a eficacia enerxética son polo xeral prioridade na formulación de políticas e contan con acollida por parte da poboación sueca en xeral. Suecia ten sido durante moito tempo un importante exportador deferro,cobre emadeira, ademais na década de1890, a escolarización universal e a industrialización permitiron ao país desenvolver unha gran industria manufactureira. Noséculo XX foi clasificada constantemente entre os países con mellorÍndice de Desenvolvemento Humano, ocupando en2007 osétimo posto a nivel mundial.

Alingua sueca é a lingua oficial do país, se ben dende 2009 outras cinco linguas son recoñecidas como linguas minoritarias no país. A moeda de Suecia é acoroa sueca (SEK).

Artigo destacado

editar

IKEA é unha corporación multinacional de orixesueca, fundada en1943 enSmåland, adicada á venda minorista de mobles e obxectos para o fogar e decoración a baixo prezo e deseño contemporáneo. A estrutura organizativa da empresa é opaca e confusa. A marca IKEA pertence a unha fundación con sede nosPaíses Baixos, baixo o control da familia Kamprad, e que cobra un canon a cada tenda pola súa operación. Á súa vez, as tendas e algunhas fábricas son propiedade de distintas empresas e fundacións interrelacionadas entre si e supostamente tamén controladas pola familia Kamprad, pero cuxa estrutura societaria real non se desvelou completamente.

É unha das principais empresas en fabricación de mobles. En2007 contaba con 238 tendas en 34 países e emprega a 104.000 traballadores en 44 países. A súa casa matriz está na cidade deÄlmhult, Suecia. A empresa é considerada unha icona do deseño contemporáneo e unha das máis prestixiosas e innovadoras. O seu exitoso modelo é motivo de estudo nasescolas de negocios.

A palabra IKEA está formada polas iniciais do seu fundador,Ingvar Kamprad (I.K.), máis a primeira letra de Elmtaryd e Agunnaryd, que son a granxa e a aldea onde creceu, respectivamente.

Cidade destacada

editar

Estocolmo (enlingua suecasv-Stockholm.oggStockholm (axuda · info)) é acapital e acidade máis grande deSuecia. A cidade de Estocolmo é administrativamente unha municipalidade doCondado de Estocolmo , cunhapoboación de 792 593 habitantes (1 942 233 na súaárea metropolitana, sobre o 20% da poboación de Suecia). Estocolmo é a cidade máis grande dosPaíses nórdicos

Estocolmo está formada por 14 illas e illotes, unidos por medio de 53 pontes. O municipio está dividido dende 1998 en 18 distritos, que ten a responsabilidade das escolas primarias, asistencia social o os medios culturais locais. O actual alcalde de Estocolmo é Sten Nordin (dende 2008), doPartido Moderado.

Como capital doestado, Estocolmo é asede dogoberno e oparlamento suecos e tamén da residencia do xefe do Estado, o reiCarlos XVI Gustavo, oPalacio Real de Estocolmo, como doPrimeiro Ministro, aCasa de Sager.

Estocolmo é o centro histórico de Suecia dende oséculo XIII, grazas a súa localización, na costa leste sueca, no centro sur, cunarquipélago doMar Báltico en fronte e olago Mälaren ás costas.

Está considerada como unhacidade global. É unha das cidades máis visitadas do Países nórdicos, darredor dun millón de visitantes tivo no 2006.

Categorías
Biografía destacada

editar

Carl Linnaeus, (ensueco:Carl Nilsson Linnæus,latinizado comoCarolus Linnaeus, tamén coñecido logo do seuennobrecemento comoCarl von Linné), nado o23 de maio de1707 enRåshult, naprovincia deSmåland,Suecia, e finado o10 de xaneiro de1778 enUppsala, foi uncientífico,médico,botánico ezoólogosueco que estableceu os fundamentos para o esquema moderno danomenclatura binomial. É recoñecido como «o pai dataxonomía moderna» e fundador dabioxeografía vexetal. Linné introduciu o concepto de «economía natural» para argumentar como osorganismos, creados por "Deus", se organizan entre si e contribúen ao perfecto funcionamento danatureza; e o cal foi das primeiras nocións daecoloxía.

Linné realizou unha gran parte dos seus estudos superiores naUniversidade de Uppsala e, cara a 1730, empezou a dar conferencias debotánica. Viviu no estranxeiro entre 1735-1738, onde estudou e publicou unha primeira edición da súaSystema Naturae nosPaíses Baixos. De volta aSuecia converteuse en profesor demedicina e debotánica enUppsala. Durante a década de 1740, realizou varias expedicións a través de Suecia para colleitar e clasificarplantas eanimais. Durante as décadas de 1750 e 1760, continuou recollendo e clasificando animais, plantas eminerais, publicando variosvolumes sobre o tema. No momento da súa morte, era recoñecido como un dos científicos máis importantes en todaEuropa. É considerado heroe nacional de Suecia.

En botánica, aabreviación de autor usada para indicar a Linné como autoridade para os nomes de especies éL. É considerado heroe nacional de Suecia.

Imaxe destacada
Sabías que...?

editar

A ponte de Oresund dende Malmö.


Artigos de calidade e bos

editar

Artigos de calidade (1)

Artigos bos (0)

Proxectos relacionados
Portais relacionados
Proxectos irmáns

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons

Arte
Cine
Literatura
Música
Ciencia
Ciencias naturais
Astronomía
Bioloxía
Ciencias sociais
Política
Etnografía
Ocio e entretemento
Outros
Deporte
Historia
Historia antiga
Idade Media
Idade contemporánea
Tecnoloxía
Xeografía
África
América
Asia
Europa
Outros
Rexións
Cidades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Portal:Suecia&oldid=6626490»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp