Inglaterra converteuse nun estado unificado no ano 927 e toma o seu nome dosanglos, unha dastribos xermánicas asentadas no sur da illa durante os séculos quinto e sexto. Inglaterra tivo, e segue a ter, un impacto cultural e legal ao redor de todo o mundo, sendo o lugar de orixe dalingua inglesa, daIgrexa Anglicana e doDereito Inglés, o cal puxo as bases doDereito nos sistemas legais da maioría dos países do mundo. Ademais, en Inglaterra naceu aRevolución Industrial sendo o primeiro país do mundo en acadar a industrialización.
Nela atópase aRoyal Society, a cal mantén fundacións da ciencia moderna experimental. Inglaterra ten ademocracia parlamentaria máis antiga do mundo, polo tanto, moitas innovacións constitucionais, gobernamentais e legais, que teñen a súa orixe en Inglaterra, foron posteriormente adoitadas por outras nacións.
A morte do reiEduardo o Confesor en xaneiro de 1066, quen non tivo fillos, deu lugar a unha loita sucesoria entre varios aspirantes ó seu trono. Haroldo foi coroado rei pouco despois da morte de Eduardo, pero tivo que combater as invasións de Guillerme, do seu propio irmánTostig e do reinorueguésHaraldo Hardrada. Hardrada e Tostig derrotaron a un exército inglés reunido de forma apresurada nabatalla de Fulford o 20 de setembro de 1066, pero foron derrotados por Haroldo nabatalla de Stamford Bridge cinco días despois. As mortes de Tostig e Hardrada nesta batalla deixaron a Guillerme coma o único opoñente de Haroldo. Mentres este e as súas forzas estaban a recuperarse da batalla de Stamford Bridge, Guillerme desembarcou a súa forza de invasión no sur deInglaterra enPevensey o28 de setembro de 1066, e estableceu unha cabeza de praia para a súa conquista. Haroldo viuse obrigado a marchar rapidamente cara ó sur, reunindo o seu exército sobre a marcha.
Descoñécese o número exacto das forzas presentes na batalla. As estimacións modernas indican cifras de ó redor de 10 000 soldados de Guillerme e uns 7 000 de Haroldo. O exército inglés estaba composto na súa maioría deinfantaría e tiña poucosarqueiros, mentres que só a metade a forza de invasión era infantaría, co resto dividido en partes iguais entrecabalaría e arqueiros. Haroldo tentou sorprender a Guillerme, pero os exploradores deste atoparon o exército de Haroldo e informaron da súa chegada a Guillerme, que marchou dende Hastings ata o campo de batalla para enfrontarse a Haroldo. A batalla durou dende as 9 am ata o anoitecer. Os primeiros esforzos dos invasores para rachar as liñas inglesas foron pouco efectivos. Os normandos pasaron entón a adoptar unha táctica que consistiu en simular unha fuxida por mor do pánico para posteriormente volver loitar cos seus perseguidores. A morte de Haroldo cara ó final da batalla deu lugar á retirada e derrota da maior parte do seu exército. Tras unha marcha posterior e unhas pequenas escaramuzas, Guillerme foi coroado rei o día deNadal de 1066.
A resistencia e rebelións ó reinado de Guillerme seguiron tras esta batalla, pero Hastings marcou a culminación da conquista de Inglaterra por parte de Guillerme. O número de baixas non se coñece con exactitude, pero segundo algúns historiadores as estimacións indican que morreron 2 000 invasores xunto cuns 4 000 ingleses. Guillerme fundou unmosteiro no lugar da batalla, e o altar maior da igrexa da abadía está presuntamente localizado no lugar no que morreu Haroldo.
Está formado por catro círculos concéntricos de pedras. O círculo exterior, de 30 m de diámetro, está formado por grandes pedras rectangulares degres, que orixinalmente estaban rematadas porlinteis tamén de pedra, quedando hoxe en día só catro no seu sitio. Dentro desta fileira exterior encóntrase outro círculo de bloques máis pequenos de gres azulado. Neste obsérvase no seu interior unha ferradura construída por pedras de gres da mesma cor, e no seu interior permanece unha lousa de gres micácea coñecida como o Altar. Todo o conxunto está rodeado por un foxo circular que mide 104 m de diámetro. Dentro deste espazo álzase un bancal no que aparecen 56 fosas coñecidas como os "furados deAubrei". O bancal e o foxo están cortados pola Avenida, un corredor procesional de 23 metros de ancho e de 3 km aproximadamente de lonxitude. Preto áchase a Pedra do Sacrificio. En fronte encóntrase a Pedra Talón.
Está composto dun gran círculo de grandesmegálitos cuxa construción se data entre2500 a.C.|2500 e2000 a.C.. O círculo de area que rodea os megálitos está considerado a parte máis antiga do monumento, estando datada sobre o3100 a.C.. No seu comezo era un monumento circular de carácter ritual rodeado por un noiro e un foxo, de xeito similar a moitos outros situados no sur de Inglaterra. En2200 a.C. foi cando tomou o seu aspecto actual, para o cal transportaron 32 bloques de gres desde as montañas dePreseli, ao suroeste deGales e a pedra do Altar foi traída desde unha rexión próxima aMilford Haven.
Descoñécese a finalidade que tiveron os construtores deste gran monumento, mais suponse que era unobservatorio astronómico que servía para predicir estacións e como templo relixioso.
Wintour presentoulle aRobert Catesby, quen planeabaasasinar orei Xacobe I e instaurar unhamonarquía católica no trono. Os conspiradores alugaron unhacripta baixo acámara dos lords, e Fawkes quedou ó cargo dapólvora que almacenaron alí. As autoridades, tras recibir unha carta anónima, comezaron unha procura noPalacio de Westminster nas primeiras horas do 5 de novembro, e atoparon a Fawkes protexendo os explosivos, tralo que foi arrestado. Nos días seguintes foi interrogado etorturado, confesando eventualmente. Xusto antes da súa execución o 31 de xaneiro Fawkes caeu da plataforma dende a que ía seraforcado e partiu opescozo, evitando así a agonía da subsecuentemutilación.