Esta páxina ou secciónestá a editarse nestes intres. Para evitar posiblesconflitos de edición, non edites esta páxina ou sección mentres vexas esta mensaxe. Revisa ohistorial de edicións para saber quen traballa nela.O usuarioO Breixo (conversa·contribucións) realizou aúltima edición na páxinahai 8 días. O tempo máximo de presenza deste marcador é dun mes dende a última edición do usuario que o puxo; pasado ese tempo debe retirarse.
Aciencia é, en sentido amplo, calquera coñecemento organizado. Pero, en sentido máis restritivo, é o conxunto dossistemas de coñecemento organizado con obxectos e métodos deestudo determinados e baseados enleis obxectivas que se poden verificar (o que se chama ométodo científico), e tamén ao sistema empregado para adquirir ditos coñecementos.
Omelanismo industrial é un efectoevolutivo, observado principalmente en variosartrópodos, que consiste en que nunha especie evoluciona unhapigmentación escura (melanismo) se vive nun ambiente afectado polacontaminación industrial, como a polución polo gasdióxido de xofre e por depósitos defeluxe escuro. O dióxido de xofre mata osliques que crecen sobre os troncos das árbores, deixando ascascas das árbores espidas, mentres que en áreas limpas esas árbores terían un aspecto visiblemente "estampado" con liques, e ademais o feluxe nas zonas contaminadas escurecería a casca e outras superficies. Os individuos con pigmentación máis escura teñen unha maiorfitness nas áreas nas que a súacamuflaxe se corresponde mellor co fondo contaminado, polo cal son favorecidas polaselección natural. Este cambio, amplamente estudado porBernard Kettlewell (1907–1979), é un exemplo común utilizado na ensinanaza da evolución, que proporciona unhaevidencia da selección natural. Os resultados de Kettlewell foron postos en discusión por algúnszoólogos, porcreacionistas e pola xornalistaJudith Hooper, pero posteriormente os investigadores comprobaron e ratificaron os descubrimentos de Kettlewell.
Molécula de inmunoglobulina coa súa típica forma de Y. En azul obsérvanse ascadeas pesadas con catro dominios Ig, mentres que en verde se mostran ascadeas lixeiras. Entre o pé do Y (fracción constante, Fc) e os brazos (Fab) existe unha parte máis delgada coñecida como "rexión bisagra". Osanticorpos (tamén coñecidos comoinmunoglobulinas, abreviado Ig) songlicoproteínas de tipogammaglobulina, a fracción deglobulinas máis abundante noplasma sanguíneo. Poden encontrarse en forma soluble nosangue ou noutros fluídos corporais dosvertebrados, ou poden estar inseridos namembrana plasmática, onde actúan comoreceptores noslinfocitos B. Son empregados polosistema inmunitario para neutralizarpatóxenos tales comobacterias,virus eparasitos. En xeral, considérase que anticorpo e inmunoglobulina son termos equivalentes, facendo referencia o primeiro termo á función, mentres que o segundo alude á estrutura. O termo gammaglobulina refírese ás propiedadeselectroforéticas das inmunoglobulinas solubles nosoro sanguíneo, se ben algunhas inmunoglobulinas migran coas fraccións alfa, beta e incluso coaalbumina.
Un anticorpo típico está constituído por unidades estruturais básicas, cada unha delas con dous grandescadeas pesadas e dúascadeas lixeiras de menor peso molecular. A molécula de anticorpo ten forma de Y; os extremos dos brazos do Y son o fragmento Fab por onde se une ao antíxeno; o pé do Y é o fragmento Fc. As moléculas dos anticorpos poden aparecer por separado, comomonómeros, ou asociarse entre si formandodímeros con dúas unidades ou pentámeros con cinco unidades. Os anticorpos son sintetizados por un tipo deleucocito denominadolinfocito B ou célula B. Existen distintos tipos de anticorpo, chamadosisotipos, diferenciados pola forma da cadea pesada que presenten. Coñécense cinco clases deisotipos enmamíferos que desempeñan funcións diferentes, contribuíndo a dirixir a resposta inmune axeitada para cada distinto tipo de corpo estraño que encontran, que son:IgA,IgD,IgE,IgG eIgM. (Ler máis...)
Carl Sagan gañou gran popularidade grazas á galardoada serie documental deCosmos: A Personal Voyage, producida en 1980, da que foi narrador e coautor. Tamén publicou numerosos artigos científicos, e foi autor, coautor ou editor de máis dunha vintena de libros de divulgación científica, sendo os máis populares os seus librosCosmos, publicado como complemento da serie, eContact, no que se basea apelícula homónima de 1997.Cosmos foi a serie máis vista da historia datelevisión pública americana, foi vista por un mínimo de 500 millóns de persoas ó longo de 60 países diferentes. En 1978 gañou oPremio Pulitzer de Literatura Xeral de Non Ficción polo seu libroThe Dragons of Eden. (Ler máis...)
Image 6
Helene Thiesen coa súa segunda familia durante a súa estancia en Dinamarca. A raíñaIngrid de Suecia visitando Fedgaarden en 1951. Oexperimento dos pequenos dinamarqueses, tamén coñecido sinxelamente comoo experimento (endinamarqués:eksperimentet), foi unha operación deDinamarca realizada en1951 durante a cal 22 nenosinuit groenlandeses (coñecidos como "nenos do experimento"; endinamarqués:eksperimentbørn) foron enviados a familias adoptivas dinamarquesas nunha tentativa de reeducalos como "pequenos dinamarqueses". Aínda que se supoñía que todos os nenos eranorfos, a maioría non o eran. Seis nenos foron adoptados mentres estaban en Dinamarca, e dezaseis volveron a Groenlandia e foron trasladados aorfanatos defala dinamarquesa e nunca máis volveron vivir coas súas familias. A metade dos nenos sufriu trastornos dasaúde mental, e tamén a metade deles morreron sendo adultos novos. O goberno de Dinamarca pediu desculpas oficialmente en 2020, despois de varios anos de demandas dos funcionarios groenlandeses. (Ler máis...)
Image 7
Oautismo é untrastorno do neurodesenvolvemento caracterizado por problemas nainteracción social,comunicación verbal e non verbal e comportamentos limitados e repetitivos. Os primeiros sinais deste trastorno detéctanse habitualmente nos dous primeiros anos de idade dos nenos. Estes sinais adoitan desenvolverse de forma gradual, malia que algúns nenos con autismo acadan os seusfitos de desenvolvemento a un ritmo normal e posteriormente presentan unharegresión. Ocriterio para o seu diagnóstico precisa que os síntomas sexan aparentes nunha idade temperá, habitualmente antes dos tres anos de idade.
A causa do autismo é unha combinación de factoresxenéticos e ambientais. Algúns casos están fortemente asociados con factores presentes durante oembarazo, incluíndo certasinfeccións coma arubéola e o consumo dealcohol oucocaína. O autismo afecta ó procesamento da información nocerebro alterando como se conectan e organizan asneuronas e as súassinapses, aínda que non se coñece con exactitude como ocorre isto. No manualDSM V o autismo inclúese dentro doespectro autista, ó igual que asíndrome de Asperger, que non presenta atrasos no desenvolvemento cognitivo ou de linguaxe, e cotrastorno xeneralizado do desenvolvemento non especificado, que se diagnostica cando non se cumpren o conxunto de criterios para o autismo ou Asperger. (Ler máis...)
O límite exterior da Nube de Oort define o límitecosmográfico doSistema Solar e a extensión daesfera de Hill do Sol. A Nube exterior de Oort tería unha débil ligazón co Sistema Solar, e veríase doadamente afectada polo pulo gravitacional de estrelas próximas e da propiaVía Láctea. Estas forzas serían as que ocasionalmente extraeríancometas das súas orbitas dentro da nube, enviándoos cara aoSistema Solar interior. Baseándose nas súasórbitas, a maioría doscometas de período curto procederían do disco disperso, máis algúns destes poderían ter a súa orixe na Nube de Oort. (Ler máis...)
Image 11
Dickinsonia costata, un organismo ediacárico icónico, que mostra a aparencia "acolchada" típica de moitos organismos desta biota.Afauna de Ediacara, tamén coñecida comoorganismos ediacáricos,biota de Ediacara,biota ediacariana,biota do período ediacárico ou, anteriormente,biota oufauna vendiense ouvendiana, está formada por antigas formas de vida sésiles con formas tubulares ou foliáceas que habitaron aTerra durante operíodoediacárico (hai uns 635-542 millóns de anos) e que representan osorganismos pluricelulares complexos máis antigos coñecidos.
Esta doenza transmítese polas picaduras de varias especies demosquitos doxéneroAedes, principalmente a especieAedes aegypti. O virus do dengue ten cincoserotipos distintos. A infección cun dos tipos habitualmente provoca ainmunidade de por vida a ese tipo, pero tan só unha inmunidade a curto prazo para os tipos restantes, e unha infección subsecuente cun tipo diferente incrementa o risco de complicacións graves. Existen diversas probas que permiten confirmar a diagnose desta doenza, incluíndo a detección deanticorpos para o virus ou o seuARN. (Ler máis...)
Osaborixes australianos son, xunto cosinsulares do estreito de Torres, os descendentes dos primeiros habitantes do continente australiano e as súas illas adxacentes. Segundo a lexislaciónaustraliana, ámbolos dous pobos constitúen o conxunto dospobos indíxenas do país. O territorio tradicional dos aborixes esténdese por todaAustralia,Tasmania e asIllas do estreito de Torres. Dende1988, no día do bicentenario de Australia, moitos deles rexeitaron o nome "aborixe" (dolatínab origen que define ós autóctonos dun poboamento) e prefiren o termokoori (o noso pobo, en moitas linguas aborixes), xa que o termo adquiriu connotacións negativas e ten reminiscencias do pasado colonial. Dende os anos80 está a coller forza o termo "indíxena australiano" por ser máis inclusivo.
Distínguense dous tipos de aborixes australianos, os do continente e Tasmania e os das Illas do estreito de Torres. Estes últimos son considerados diferentes porque tanto lingüisticamente como cultural e fisicamente seméllanse máis ósmelanesios deNova Guinea. A poboación de indíxenas Australianos no momento de colonización permanente Europea estimouse entre uns 318 000 e 1 000 000, cunha distribución semellante á da poboación actual de Australia, na que a maioría vive no sueste do contintente. (Ler máis...)
Image 15
Apsoríase é unhadoenza autoinmune que se caracteriza por manchas anormais napel. Estas manchas na pel son polo xeralvermellas, resecas, conproído e descamación. Nas persoas coa pel escura as manchas poden adquirir a cor púrpura. A psoríase varía en función do seu tamaño e poden ser manchas localizadas ou estendidas por todo o corpo. As lesións na pel poden desencadear cambios psoriáticos na rexión afectada, o cal é coñecido comofenómeno de Koebner.
Existen cinco tipos principais de psoríase: vulgar,guttata,inversa,pustulosa eeritrodérmica. A psoríase de placas, tamén coñecida comopsoriasis vulgaris, supón arredor do 90% dos casos. Preséntase polo xeral como manchas vermellas con escamas brancas na parte superior. As áreas do corpo que adoitan ser as máis afectadas son a parte posterior dos antebrazos, canelas, área doembigo e o coiro cabeludo. A psoríase guttata presenta lesións en forma de pinga. A psoríase pustulosa presenta pequenasbóchegas non infecciosas cheas debrume. A psoríase inversa forma parches vermellos nos pregos da pel. A psoríase eritrodérmica ocorre cando a erupción se estende moito e pode desenvolverse a partir de calquera dos outros tipos. Asunllas das mans e dos pés vense afectadas na maioría das persoas con psoríase nalgún momento da súa vida. Isto pode provocar manchas ou cambio de cor nas unllas. (Ler máis...)
Malia a escasa educación formal recibida, Faraday é un dos científicos máis influentes da historia. Foi debido ao seu estudo docampo magnético ao redor duncondutor polo que circulacorrente continua que Faraday estableceu as bases para o desenvolvemento do concepto decampo electromagnético. Faraday tamén estableceu que omagnetismo podía afectar osraios de luz e que había unha relación subxacente entre ambos fenómeno. Descubriu, tamén, o principio de indución electromagnética, diamagnetismo, asleis da electrólise e inventou algo que el chamoudispositivos de rotación electromagnética, que foron os precursores do actualmotor eléctrico. (Ler máis...)
Aristóteles de Estaxira (engrego antigo , Ἀριστοτέλης,Aristotélēs), nado no ano384a.C. e finado no ano322a.C., foi un importante filósofo grego, un dos maiores pensadores de todos os tempos. As súas reflexións filosóficas (por un lado orixinais e por outro reformuladoras da tradición grega) acabaron por configurar un modo de pensar que se estendería por séculos. Prestou inigualábeis contribucións para o pensamento humano, destacando enética,política,física,metafísica,lóxica,psicoloxía,poesía,retórica,zooloxía,bioloxía,historia natural e outras áreas de coñecemento. É considerado por moitos o filósofo que máis influíu no pensamento occidental.
Aristóteles escribiu cerca de 200 tratados sobre unha enorme variedade de temas transformando case todas as areas do coñecemento que tocou, recoñecido como pai e fundador da lóxica e da bioloxía pois foi o primeiro en realizar as primeiras investigacións. Entre moitas das contribucións, destacan a teoría da xeración espontánea na que se sostiña que moitas formas de vida aparecían de maneira espontánea a partir de materia inerte, ata o ano 1668, cando o químico francésPasteur postulou a lei dabioxénese, pola cal a teoría de Aristóteles apoiada máis tarde da súa creación por pensadores comoDescartes,Bacon ouNewton quedaba totalmente no recordo. Outros traballos seus son a teoría do principio de non contradición, os conceptos de categoría, substancia, acto, potencia e primeiro motor inmóbil. Ademais disto, cabe destacar que Aristóteles foi discípulo de Platón e doutros pensadores comoEudoxo durante os vinte anos que estivo naAcademia de Atenas. Pouco despois da morte de Platón, Aristóteles abandonouAtenas para ser o mestre deAlexandre o Grande noReino de Macedonia durante case 5 anos. Na última etapa da súa vida fundou o Liceo en Atenas onde ensinou ata un ano antes da súa morte. (Ler máis...)
A popularhipótese de Gaia foi artellada por Lovelock coa colaboración de Dian Hitchcock eLynn Margulis, para explicar o comportamento sistémico doplaneta Terra. Lovelock afirmou que a finais doséculo XXI, a temperatura media nas rexións temperadas da Terra aumentará en 8 °C e nostrópicos en 5 °C, facendo que a maioría dos cultivos cultivables do mundo se convirtan en terreo inhabitable. (Ler máis...)
Steven Paul Jobs, máis coñecido comoSteve Jobs, nado o24 de febreiro de1955 e finado o5 de outubro de2011, foi un magnate e empresario informáticoestadounidense. Foi o cofundador, e presidente executivo deApple Inc. Jobs tamén foi durante un tempo presidente executivo dePixar Animation Studios; e fíxose membro do consello de directores deThe Walt Disney Company en 2006, despois da adquisición de Pixar por parte de Disney. Nos créditos deToy Story (1995) aparece como un dos produtores executivos.
A finais dos anos 70, Jobs, co cofundador de AppleSteve Wozniak, e xunto aMike Markkula e outros, deseñaron, desenvolveron e comercializaron unha das primeiras e exitosas liñas de ordenadores persoais, a serieApple II. A principios dos 80, Jobs estaba entre os primeiros en ver o potencial comercial dainterface gráfica controlada porrato da compañía PARC, que levou á creación doMacintosh. (Ler máis...)
Salk é tamén famoso por desenvolver unha vacina libre de patentes. Cando lle preguntaron nunha entrevista televisiva quen posuía a patente da vacina, Salk respondeu: «Non hai patente. Pódese patentar o sol?». (Ler máis...)