Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Portal:Bélxica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Bélxica (Gl-Bélxica.oggpronunciación (axuda · info)) (enalemán:BelgienDe-belgien.ogg[ˈbɛlɡiən] (axuda · info), enfrancés:BelgiqueFr-belgique.ogg[bɛlʒik] (axuda · info), enneerlandés:BelgiëNl-belgie.ogg[ˈbɛl.ɣi.jə] (axuda · info)), oficialmenteReino de Bélxica (Gl-Reino de Bélxica.oggpronunciación (axuda · info)) (enalemán:Königreich Belgien, enfrancés:Royaume de Belgique, en neerlandés:Koninkrijk België), é unhamonarquía parlamentaria situada enEuropa Noroccidental, que fai fronteira cosPaíses Baixos,Alemaña,Luxemburgo eFrancia. É un dos membros fundadores daUnión Europea cuxas institucións principais están hospedadas no país, así como moitas outras organizacións internacionais, como aOTAN. O territorio belga espállase ao longo de 30.528km², onde viven algo máis de 11 millóns de habitantes, o que fai de Bélxica un dos paísesmáis densamente poboados do mundo.

O país atópase na encrucillada entre os límites daEuropaxermánica coalatina. Nel habitan dous grupos lingüísticos diferentes: osflamengos, de orixe xermánica, e mailosfrancófonos, de orixe latina. Xunto a estes existe unha pequena minoría delingua alemá. Así, Bélxica atópase dividida en tres rexións. As dúas meirandes rexións son a deFlandres, defala neerlandesa, e a deValonia, defala francesa. A primeira, a máis poboada, atópase localizada no norte. Nela vive o 59% da poboación belga. A segunda atópase no sur e nela vive o 31% da poboación. A terceira,Bruxelas-Capital, oficialmente bilingüe, acolle a capital do país. Malia atoparse dentro da rexión flamenga, trátase dun enclave maioritariamente francófono. Nela vive o 10% da poboación. A diversidade lingüística de Bélxica e os conflitos culturais e políticos relacionados con ela reflítense nahistoria política e mais no seu complexo sistema de goberno do país.

Bélxica recibe o seu nome do nome latino da parte máis setentrional daGalia,Gallia Belgica, cuxo nome procede dun grupo de tribosceltas, osbelgas. Historicamente, Bélxica foi parte dosPaíses Baixos, que tamén comprenden os actuais Países Baixos eLuxemburgo, e cubrían unha rexión algo maior que o actualBenelux. Dende finais daIdade Media ata oséculo XVII, foi un florecente centro decomercio ecultura. Dende oséculo XVIII ata aRevolución belga de1830, Bélxica, naquela época chamada osPaíses Baixos do Sur, foi o lugar de moitas batallas entre os poderes europeos, e é por iso que se gañou os alcumes de "o campo de batalla de Europa".

Biografía destacada
Imaxe destacada
Sabías que...?
Artigos de calidade e bos

editar

Artigos de calidade (0)

Artigos bos (0)

Proxectos relacionados
Portais relacionados
Proxectos irmáns

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons

Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Portal:Bélxica&oldid=5638895»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp