Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Portal:Aves

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Asaves sonanimaisvertebrados, desangue quente, quecamiñan, saltan ou se manteñen só sobre as extremidades posteriores, mentres que as extremidades anteriores evolucionaron até converterse enás que, do mesmo xeito que moitas outras característicasanatómicas únicas, permítenlles, na maioría dos casos,voar, aínda quenon todas voan. Teñen o corpo cuberto deplumas e, as avesstricto sensu, unbicocórneo sendentes. Para reproducírensepoñenovos que incuban até a súaeclosión.

O seu grupotaxonómico denomínaseclaseAves (a palabra é latina e está en plural, en singular seríaavis) para asistemática clásica, pero na sistemáticafiloxenética actual esteclado non ten rango, e está incluído á súa vez sucesivamente dentro dos clados:Theropoda,Dinosauria,Archosauria,Sauropsida,Tetrapoda, etc., aínda que haimáis nidacións intermedias con denominación.

As avesorixináronse a partir dedinosauros carnívoros bípedes doXurásico, hai 150-200 millóns de anos, e son, de feito, os únicos dinosauros que sobreviviron áextinción masiva producida ao final do Mesozoico. A súaevolución deu lugar, tras unha forteradiación, ás máis de 18 000especies actuais (máis 153extintas en tempos históricos). As aves son ostetrápodos máis diversos; con todo, teñen unha grande homoxeneidade morfolóxica en comparación cosmamíferos. As relacións de parentesco dasfamilias de aves non sempre poden definirse pormorfoloxía, pero coaanálise de ADN comezaron a esclarecerse.

As aves habitan en tódolosbiomas terrestres e tamén en tódolos océanos. O tamaño pode ser desde 6,4 cm noMellisuga helenae até 2,74 metros naavestruz. Oscomportamentos son diversos e notables, como nanidificación, aalimentación das crías, asmigracións, oapareamento e a tendencia áasociación en grupos. A comunicación entre as aves é variable e pode implicar sinais visuais,chamadas e cantos. Algunhas emiten gran diversidade de sons, e destacan pola súaintelixencia e pola capacidade de transmisión cultural de coñecementos a novas xeracións.

O ser humano tivo unha intensa relación coas aves. Na economía humana asaves de curral e ascinexéticas son fontes de alimento. Ascanoras e ospapagaios son populares como mascotas. Úsase apenuxe depatos egansos domésticos para encher almofadas, e antes cazábanse moitas aves para adornar chapeus coas súasplumas. Oguano das aves úsase na fertilización de chans. Algunhas aves son reverenciadas ou repudiadas por motivos relixiosos, supersticións ou por prexuízos erróneos. Moitas son símbolos culturais e referencia frecuente para a arte. Nos últimos 500 anosextinguíronse máis de 150 especies como consecuencia de actividades humanas, e, actualmente, son máis de 1200 as especies deaves ameazadas que necesitan que se tomen medidas para a súaconservación.

Artigo destacado

editar

Ododo (Raphus cucullatus) era unhaave non voadoraextinta eendémica da illa deMauricio, ó leste deMadagascar noocéano Índico. O seu familiar xenético máis próximo era o tamén extintoPezophaps solitaria, formando ámbalas dúas especies asubfamiliaRaphinae dafamilia daspombas. O seu familiar existente máis próximo é oCaloenas nicobarica. Antigamente críase que existira un dodo branco na illa deReunión, mais considérase que isto foi unha confusión coThreskiornis solitarius debido a diversos cadros sobre dodos brancos.

Os restossubfósiles que se conservan indican que o dodo medía ó redor dun metro de altura e podería pesar entre os 10,6 e os 17,5kg. A súa aparencia só se coñece por medio dos debuxos, pinturas e rexistros escritos doséculo XVII. Debido a que estes varían de forma considerable e a que só algunhas das ilustracións están feitas a partir de exemplares vivos, a súa aparencia exacta non se coñece ó completo, e hai moi pouca información sobre o seu comportamento. Malia que historicamente o dodo considerábase un animal gordo e torpe, o consenso científico actual indica que era unha especie ben adaptada ó seuecosistema. As diversas representacións amósano cunhaplumaxe de cor marrón agrisada, patas amarelas, unha mata de plumas na cola, unha cabeza espida de cor gris e unbico verde. Segundo un dos rexistros escritos conservados, a súa posta era dun só ovo. Os investigadores cren que o dodo quedou sen a capacidade de voar pola gran dispoñibilidade de fontes de alimentos e a ausencia relativa depredadores na illa de Mauricio.

A primeira mención rexistrada dun dodo é a duns mariñeirosholandeses no ano1598. Nos anos seguintes esta ave foi cazada por mariñeiros eespecies invasoras, ó mesmo tempo que o seu hábitat foi quedando destruído. O último avistamento amplamente recoñecido dun dodo foi en1662. A súa extinción non chamou a atención inmediatamente, e algúns chegaron a consideralo unha criaturalendaria.

Categorías
Imaxe destacada
Sabías que...?

editar

  • ... aavestruz é a maior ave do mundo, con ata 2,5 metros de altura?
  • ... oArchaeopteryx foi a primeira ave que existiu?
  • ... ofalcón peregrino é a ave máis veloz, podendo acadar os 320 km/h?


Artigos de calidade e bos
Proxectos relacionados
Proxectos irmáns

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons

Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Portal:Aves&oldid=5311265»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp