é unvideoxogo de terror e supervivencia de1999 desenvolvido porTeam Silent e publicado porKonami. É o primeiro título da serie de videoxogosSilent Hill, e foi lanzado orixinalmente paraPlayStation de febreiro a xullo.Silent Hill usa aperspectiva en terceira persoa, con gráficos en tempo real deescenarios 3D. Para mitigar as limitacións do hardware da consola, os desenvolvedores usaron xenerosamente anéboa e a escuridade para confundir os gráficos. En contraste cos xogos de terror de supervivencia anteriores que se centraban en protagonistas con adestramento de combate, opersonaxe xogador deSilent Hill é un "home ordinario".
O demo na cultura popular galega: EnGalicia, o demo recibe numerosas denominacións populares:abelurio, cachán, cachano, cachizo,demachiño (máis propiamente, aplícase a demos pequenos como odiaño burleiro),démaro, demiño, demócharo, democho, demóncaro, demonche, demoncre, demontre, demóñaro, demoño, demoro, déncaro, dencho, déngaro, denllo, dentre, deño, diabo, diabro, diantre, diaño, mafarrico, rabeno, rabudo, resalgario, sucio (e zucio), tardo, trasgo etrasno. Tamén se lle denomina mediante nomes propios, comoDonai (que pode proceder deAdonai, un dos nomes que recibeDeus naBiblia,Leonardo,Pedro, Perecho, Perello, Perete, Xan ou Xan Moxico, ouXuncras (posible contaminación conXudas). Tamén existen denominacións eufemísticas coas que se pretende evitar pronunciar o seu nome, por se o demo o puidese interpretar como que se lle invoca:o Cornudo, o Escuro, o das botas, o das zapatillas, o dos dentes longos, o Nemigo, o Pecado, o Rabudo, Papá Xarriña. Resulta común referirse a el comoArrenegado sexa! E, finalmente, tamén se utilizan as denominacións literarias máis clásicas, comoBelcebú,Luzbel eLucifer (que resplandece),Satán ouSatanás.
O demo pretende levar ós homes ó pecado e, como consecuencia, óinferno, e para iso recorre a calquera tentación que poida serlle útil e en calquera momento, porque, lémbrese, "O demo nunca ten sono". Por isto tamén se di que está detrás de calquera desgraza que aconteza á xente, ó gando ou ás leiras (enfermidades, incendios, andazos no gando, treboadas etc.) e incluso detrás de pequenos contratempos como perder algunha cousa ou que se rompa unha peza davaixela. Nestes casos, pode suceder que quen os sufra perda a paciencia e renegue ou maldiza, pecando. Finalmente, outro momento no que xente maior adoita amentalo pode ser ó observarnovas tecnoloxías ("Sonche cousas do demo").
AWikipedia é unha enciclopedia universal en liñamultilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contidolibre,obxectivo everificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado encinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenzaCreative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo coasnosas estatísticas, temos un total de 164 234 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 462 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio deproxectos temáticos e diversosespazos de conversa.