Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Porta de Ishtar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A reconstrución da Porta de Ishtar no Pergamon Museum de Berlín.

APorta de Ishtar era a oitava das portas de acceso á antigaBabilonia, construída arredor do 575 a. C. polo monarca babilonioNabucodonosor II na honra da deusaIshtar.

Características

[editar |editar a fonte]

Medía 14 metros de altura por 10 de ancho. Estaba construída en adobe recuberto por ladrillo vidriado e po delapislázuli, cos teitos e portas de madeira decedro, e fastuosamente decorada con leóns (símbolos da deusamesopotámica Ishtar), dragóns (símbolos do deusMarduk) e touros (símbolos deAdad), enmarcados en conxuntos ornamentais a base de rosetas e outros motivos vexetais como palmeiras.

Estaba situada sobre a Vía Procesional que conducía aoEsagila, o templo de Marduk, cuxocigurat, oEtemanki, é unha das posibles localizacións que se barallan para a sonadaTorre de Babel. Orixinariamente foi considerada unha dasSete Marabillas do Mundo Antigo, ata o seu reemprazamento poloFaro de Alexandría.

Descubrimento e conservación

[editar |editar a fonte]

Os seus muros de adobe foron achados entre 1899 e 1914 polo arqueólogoRobert Koldewey, o descubridor de Babilonia. Foi reconstruída engadíndolle os recubrimentos vidriados, reconstrución que se pode observar hoxe noPergamon Museum deBerlín. Existen fragmentos da porta espallados por varios museos do mundo enIstambul,Gotemburgo,París,Nova York,Múnic,Toronto,Filadelfia,Chicago ouBoston.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Porta_de_Ishtar&oldid=6209951»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp