Porto Príncipe[1] (no idioma oficial do país, o francés,Port-au-Prince) é acapital deHaití. Ten arredor de 2.000.000 de habitantes (2007) na área metropolitana. Situada nogolfo deLa Gonâve, Porto Príncipe exporta principalmentecafé eazucre, e produce nas súas fábricasalimentos,téxtiles ecemento.
Antes da chegada deCristovo Colón, a zona que comprende hoxe Porto Príncipe carecía de asentamentos permanentes importantes. A fins do século XV, estaba controlada polo caciqueBohechío, e o territorio só se utilizaba como zona de caza.
A presenza dos españois forzou aos amerindios da illa a someterse. MortoBohechío sen descendencia, foi sucedido pola célebreAnacaona, que foi morta en1503, polo gobernadorNicolás de Ovando. Pouco despois, Ovando estabeleceu unha pequena aldea ao oeste dalagoa de Saumâtre, que denominouSanta Maria de la Paz Verdadera. A localidade foi incendiada en1535 polos franceses, e en1592 polo ingleses. En1606, os españois decidiron abandonar o asentamento.
Durante máis de 50 anos, a zona estivo practicamente deshabitada. Paulatinamente, bandas de piratas comezaron a utilizar a zona como base das súas operacións, ao tempo que mercadores holandeses apareceron polo lugar para tratar concoiros.
Arredor de1650,piratasfilibusteiros franceses, sen lugar na illa deTortuga principiaron a visitar a costa e ergueron unha colonia en Trou-Bordé. A medida que a colonia medraba, instalaron unhospital, sobre os altos de Turgeau, o que levou a que a rexión comezase a ser coñecida comoHôpital (é dicir, "hospital" en francés).
A coroa española enviou tropas co obxectivo de volver a controlar a zona, pero a expedición acabou nun desastre. En1697, polaPaz de Ryswick, España renunciou a reivindicar o territorio de Hôpital. Arredor da mesma época, os franceses, pola súa parte, estabeleceron bases en Ester (na actual Petit-Rivière) e nos Gonaïves. Na primeira residía o gobernador. Un incendio en1711, obrigou a abandonar Ester, aínda que seguiu a acrecentarse a presenza francesa, que fundaron unha nova localidade: Léogane. A administración colonial francesa encarou o problema filibusteiro, tentando sometelos, e aínda que non cederon Hôpital, acabaron por clausuralo e asentáronse como agricultores.
A desaparición da poboación pirata fixo o lugar máis apetecíbel para os ingleses. Para protexer a zona, o capitán do navíoLe Prince, De Saint-André, fondeou xusto baixo Hôpital e chamou o lugar "Le Port du Prince", o que non mudou de contado o nome do sitio, pero os illotes da baía comezaron moi logo a ser coñecidos comoîlots du Prince.
Os ingleses non atacaron o lugar. Varios nobres pediron terras á coroa francesa no Hôpital. Un dos primeiros foi sieur Joseph Randot. Ao tempo a administración francesa convenceuse da necesidade de estabelecer unha capital para controlar mellor a parte francesa dailla de Santo Domingo. Foron descartadas Petit-Goâve e Léogane, a primeira polo seu mal clima, moi propenso aopaludismo, e a segunda polo seu relevo, que facía difícil a defensa. Coidouse polo tanto mellor outro lugar e foi escollido Port-au-Prince.
Port-au-Prince, Porto Príncipe, foi fundado en1749 por plantadores franceses doazucre, sobre o lugar que fora doado a sieur Randot, e logo estendeuse con bastante rapidez. En1770 substituíu aLe Cap Français como nova capital colonial. Durante o período daRevolución Francesa foi rebautizado como "Port Républicain" (Porto Republicano). En1804 pasou a ser a capital do independente Haití, e o emperador haitianoJacques I, tornoulle o nome de Port-au-Prince. Cando Haití se rompeu, cun reino no norte e unha república no sur, Port-au-Prince foi a capital republicana so o goberno deAlexandre Pétion.
As principais edificacións son o Palacio Nacional, o Museo Nacional, o Pazo de Xustiza, o Pazo dos Ministerios, Palais das contribucións, a Torre 2004, o Hospital da Universidade do Estado de Haití, O Bispado de Porto Príncipe, a vila Manrese, a Municipalidade, o Banco da República de Haití, a catedral da Santa Trindade (episcopal), a Caserne Dessalines, antigo cuartel xeral do exército, a basílica de Notre-Dame e mais o mercado de ferro.