Pop punk |
---|
e |
Orixe musical | punk rock,pop,surf rock,power pop,garage rock,new wave |
---|
Orixe cultural | mediados dos 70 enEstados Unidos,Reino Unido,Canadá e outros países |
---|
Instrumentos típicos | voces, guitarra, baixo, batería e uso ocasional doutros instrumentos |
---|
|
Opop punk é un xénero musical que combina elementos dopunk rock coa músicapop en varios graos. Allmusic descríbeo como unha variante dorock alternativo que adoita a mesturar melodías pop, tempos rápidos do punk, cambios de acordes e guitarras fortes[1]. About.com definiu ás bandas pop punk contemporáneas como grupos accesibles para as radios pero mantendo aínda a velocidade e actitude do punk clásico[2].
Non está claro cando o termo pop punk foi usado por vez primeira, pero as bandas de punk rock influenciadas polo pop veñen existindo dende mediados a finais dos anos 70. Un dos primeiros usos do termo apareceu nun artigo de 1977 doNew York Times, "Cabaret: Tom Petty's Pop Punk Rock Evokes Sounds of 60s". A mediados dos 90, as bandas pop punk californianasGreen Day eThe Offspring, que foron seguidas posteriormente porblink-182, acadarían o éxito comercial en todo o mundo. Dos 90 en diante, moitas bandas asociadas ao xénero foron descritas como "happy punk", "faux-punk", "mall punk", "pseudo-punk" ou "bubblegum punk".