A vila de Pontedeume é unha das poucas poboacións galegas que conserva o seu centro histórico. As súas rúas e prazas manteñen moitos elementos tradicionais como os soportais, as casas con balcóns de madeira e galerías acristaladas, as fontes públicas e un gran número de edificios monumentais. Todo isto, unido a unha gran riqueza paisaxística e natural na súa contorna, fixo que en1971 a comarca eumesa fose declaradaConxunto histórico e paraxe pintoresca[3]. Pontedeume é un importante destinoturístico, no seu territorio está un dos portais de acceso e o Centro de Interpretación do Parque Natural dasFragas do Eume. Por Pontedeume pasa un dosCamiños de Santiago, oCamiño Inglés.
A zona oeste do concello está dominada polomonte Breamo de 305 metros de altitude, último contraforte da cadea montañosa que, partindo daserra da Loba, vai de leste a oeste ata chegar ao mar onde formacantís[4]. Neste monte esténdese a parroquia tamén chamada deBreamo. Na súa aba, e entre este monte e o mar, espállanse as parroquias deBoebre,Centroña ePontedeume.
Na parte leste predomina un material xeolóxico doprecámbrico aopaleozoico con terreos ricos en materia orgánica e boa drenaxe, tanto interna como superficial[4]. O terreo vai gañando en altitude conforme se avanza, partindo da beira do río Eume, cara ao sur e ao leste[5], ata chegar aos límites cos concellos deMonfero eVilarmaior. É precisamente nos límites con este último onde se encontra a maior altura do concello, o coto deAllegue, de 414 metros. Neste anfiteatro áchanse as parroquias deVilar,Nogueirosa eOmbre. A parte máis oriental do concello, de forte pendente, coincide co tramo final docanón do Eume e está dentro do parque natural dasFragas do Eume.
Ao sur das alturas mencionadas está a parroquia deAndrade, a máis meridional do concello.
O río máis importante é oEume, un dos máis caudalosos deGalicia[4], que baña o concello polo norte e actúa como límite natural co concello deCabanas. Xa noesteiro do Eume, desemboca orío de Covés oude Esteiro[4] que baixa das alturas de Andrade.
O territorio do concello está naconca do Eume, agás a parte meridional cuxos regatos verten nos ríosXarío eBaxoi, que desembocan naría de Betanzos en terras deMiño[5].
O clima, igual que no resto dos concellos do Golfo Ártabro, éoceánico litoral[5] ou húmido[4], o que fai que as temperaturas medias sexan moi suaves durante todo o ano (media de 14,4 °C), con febles oscilacións anuais (9,6 °C) e unhas precipitacións arredor dos 1.000 milímetros anuais, cunha diferenza de 100 milímetros entre os meses máis chuviosos (novembro e decembro con 129 mm.) e o máis seco (xullo con 29 mm.)[6].
A continuación amósanse os datos mensuais dos valores medios de temperaturas e precipitacións[6]:
Da análise dos datos dedúcese que durante oséculo XX houbo un crecemento sostido da poboación, agás un pequeno descenso nos anos cincuenta e sesenta, probabelmente debido á forteemigración, primeiramente aAmérica e logo aEuropa[8], que se produciu neses anos. Osestaleiros daría de Ferrol, con gran presenza de traballadores eumeses, sufriron unha dura reconversión naval nos anos oitenta. A pesar de todo, os seus efectos negativos víronse minguados en parte pola declaración oficial da comarca deZUR, cuxos beneficios permitiron o establecemento en Pontedeume dun pequeno tecido industrial (LAGASA,Einsa), que axudou a incrementar lixeiramente a poboación durante as dúas últimas décadas doséculo XX[9].
Pola contra, esta tendencia positiva inverteuse noséculo XXI, o que se traduciu nunha perda de poboación de máis de mil habitantes.
A poboación en2022 era de 7 563 habitantes, dos que 3 617 (48%) eran homes e 3 946 (52%) mulleres. Algúns datos interesantes da poboación actual son[1]:
O desequilibrio de poboación de 329 mulleres máis ca homes, prodúcese maioritariamente no tramo de poboación de máis de 65 anos; isto indica que aesperanza de vida dos homes é sensibelmente inferior á das mulleres. Pola contra, os homes superan lixeiramente ás mulleres no tramo de idade dos menores de 16 anos.
É unha poboación que está envellecendo paulatinamente: O grupo de poboación maior de 64 anos (28%) dobra amplamente ao de menores de 16 (só un 11%). Por riba diso, ocrecemento vexetativo durante a última década foi negativo, concretamente en 2022 houbo 58 defuncións máis ca nacementos[1]. Un dato positivo do ano 2012 foi o do movemento migratorio: nese ano houbo 10 persoas máis que se estableceron no concello cas que se foron[1]. Este dato contrasta co último do ano 2022 cando houbo un saldo migratorio negativo de 40 persoas. A idade media sitúase nuns altos 49 anos[1].
Pódese concluír que a evolución demográfica do concello sitúase na tendencia xeral galega de estancamento demográfico. Pero ao mesmo tempo o concello vese favorecido polas actividades do sector servizos, facendo isto que a súa situación non sexa tan alarmante coma a doutros concellos moi envellecidos[9].
O crecemento urbanístico da vila de Pontedeume estivo sempre condicionado pola súa situación entre o monte Breamo, ao sur, e o río Eume, ao norte, nun terreo con forte pendente. Xa que logo, as direccións naturais de expansión son a leste e a oeste[10].
A historia urbana de Pontedeume comeza coa concesión en1270 por parte deAfonso X do título devila a un asentamento que existía a rentes daponte sobre o Eume[11].
Para protexer a recentemente creada vila fíxose necesario dotala dun bo sistema defensivo. Catorce anos despois da fundación, a vila xa contaba cun valado e portas de acceso. O sistema foise mellorando engadíndolle torres de vixilancia e robustecendo o contorno ata ter unha muralla que circunvalaba completamente a vila[12]. Esta estaba constituída por un sistema de cuadrícula onde as rúas, dispostas paralela e perpendicularmente nas direccións N-S e L-O, dividían os soares de casas en trece bloques[13], posteriormente ampliados a catorce[14], que en ningún momento se apoiaban nas murallas.
Praza da Calzada ou de San Roque, un dos primeiros lugares extramuros de expansión da vila.
Xa aos poucos anos de erguérense as murallas existían edificacións extramuros. Así, construíuse aermida das Virtudes ao leste da vila, probabelmente a finais doséculo XIV en tempos deFernán Pérez de Andrade, o Boo; e na entrada sur, onde estaba a ermida de San Roque, vai crecendo un novo barrio aproveitando o paso do camiño real. Na parte oeste medraba tamén o barrio de Porto. A construción doconvento dos agostiños noséculo XVI fai que estes soliciten insistentemente unha porta de acceso á vila por esa parte leste. Simultaneamente a poboación intramuros tamén foi medrando, de tal xeito que a rolda interior da muralla foi invadida polas casas que foron pegándose a aquela[15].
Resultado de todo o anterior foi o proceso de derrubo ou substitución por casas da parte das murallas que daban ao leste (convento dos agostiños), ao sur (barrio de San Roque ou da Calzada) e ao oeste (barrio de Porto). Proceso que tivo lugar ben entrado o século XVII[15].
Dous feitos van marcar a expansión da vila: adesamortización deMendizábal[10] (que fai que o convento dos agostiños pase a propiedade municipal), e a construción da nova estrada que, partindo de Betanzos, vai cara a Ferrol[16]. Así mesmo, segue o proceso de deterioración da muralla da que xa non quedan máis que algúns lenzos e unhas poucas portas[12].
O primeiro feito fai que se urbanice a zona leste extramuros coa construción, en terreos que eran do convento, da rúa de Raxoi, que permite comunicar o centro da vila co novo barrio de Aguabar, que xa gozaba dunha certa entidade nesas datas.
Poucos anos máis tarde realízase o novo trazado da estrada Betanzos-Ferrol que, baixando de Campolongo, dá un rodeo pola parroquia de Vilar para enfilar a entrada á ponte polo barrio de Aguabar[16]. Este trazado evita que se pase polo camiño real que atravesaba a vila. Consecuencia urbanística desta obra foi a necesidade de comunicar as rúas coa nova estrada, cousa que se fai pola recentemente construída rúa de Raxoi[17] e pola rúa de Santo Agostiño, na que é necesario derrubar os soportais para poder nivelar a rúa coa estrada[18].
En1840 derrúbase a capela de San Roque[19], a rentes do camiño real, para comunicar este coa nova rúa de Raxoi e Aguabar.
En1884 engádense á parroquia urbana os barrios e lugares do Picho, Porto, Fontenova, Souto da Vila, Fieitela, Penedos e Aguabar, anteriormente pertencentes ás parroquias deBreamo eVilar[20].
Se no século anterior a vila abriuse polo leste, neste século chega o momento da expansión polo oeste. Por esta dirección atrancaba a expansión oPazo dos Andrade. A inminente chegada doferrocarril e a situación daestación ao oeste da vila, fai que o concello se propoña a construción dun vial que comunique con ela. Adquire a propiedade do Pazo e derruba unha parte para o paso da estrada da estación. Detrás do pazo había unha considerábel extensión de terreo, a Horta do Conde, que se urbaniza cun xardín público ao norte da nova estrada, e novas edificacións privadas ao sur[21]. O que quedaba do Pazo vaise deteriorando lentamente ata a case total eliminación nos anos trinta[22], a pesar de ter sido declaradoMonumento Arquitéctonico-Artístico[23] poucos anos antes. OTorreón dos Andrade é o único que queda do Pazo.
O crecemento urbanístico nas distintas etapas é o que vai creando os distintos tecidos urbanos:
Zona centro: comprende o antigo territorio intramuros e as zonas de expansión anteriores ao século XIX. A zona intramuros artéllase coma unha cuadrícula con cinco rúas paralelas de norte a sur e cinco travesas de leste a oeste[15]. A construción predominante é a tradicional, conservándose algunhas rúas soportaladas.
Zonas do Xardín e da Alameda de Raxoi: Corresponden ás expansións cara ao leste no século XIX trala desamortización do convento dos agostiños[17], e cara ao oeste na primeira metade do XX despois da adquisición por parte do concello do Pazo e da Horta do Conde[21].
Av. deRicardo Sánchez, principal arteria do barrio de Aguabar.
Zonas da Estación e Aguabar: Nas últimas décadas produciuse un espectacular crecemento dos barrios de Aguabar[24], no leste, e da Estación, no oeste[25]. Son as das construcións máis modernas, onde se concentra a meirande parte da poboación urbana do concello. A urbanización destas zonas deixou espazo para edificios de servizos públicos[24] (centros de ensino, edificio de servizos municipais, piscina, centro de saúde) e novos espazos verdes (parque Alcalde Sarmiento, paseo marítimo)[26].
O barrio non é unha entidade con recoñecemento oficial, porén si ten un recoñecemento popular e mesmo algúns historiadores locais considérano nos seus estudos[20]. Na vila de Pontedeume pódense considerar os seguintes:
Centro antigo.
Porto, no antigo camiño de Centroña. Abrangue a urbanización Boavista, feita na década dos setenta do século XX.
O Xardín, na antiga Horta do Conde.
A Estación, a rentes da estrada da Estación.
A Calzada, no antigo camiño real.
A Fontenova, antigo lugar da parroquia de Breamo.
Souto da Vila, ao sur, na aba do monte Breamo.
Aguabar, ao leste, artellado polas estradas da Coruña e a de Ombre.
Pontedeume e a súa comarca estiveron poboados desde moi antigo. Da épocaprehistórica existen túmulos e indicios dunpetróglifo.
Da época tumularia oumegalítica están catalogados trestúmulos na parroquia deAndrade e catro na parroquia deOmbre[27] (ver detalles). Nestas dúas parroquias e nas do resto do concello existen tamén varias referencias toponímicas e orais.
Hai indicios da existencia de petróglifos na chamadaPena do Gato no Coto do Gato da parroquia deOmbre, á beira docanón do Eume[28].
O pretorDécimo Xunio Bruto, alcumado posteriormenteo Galaico estivo en terra eumesa a finais doséculo II antes de Cristo, asediando e conquistando os asentamentos ártabros. A partir dese momento comeza o proceso de romanización, cuxa pegada marcou profundamente a historia destas terras. Da cultura romana consérvanse os restos de dúas vilas romanas á beira do mar en Centroña[30] e Sopazos[31].
Son ossuevos os que, coa súa pretensión de organizar a igrexa galega na segunda metade doséculo VI, nos proporcionan as mencións máis antigas dos territorios radicados na comarca eumesa dePruzos (ao sur do Eume) eBezoucos (ao norte do río) que con tempo pasarían a constituírenarciprestados. Entre os anos572 e583 as igrexas dos territorios mencionados adscríbense ádiocese de Iria[34].
Non se pode negar a chegada dosmusulmáns a terra eumesa, aínda que permanecesen por pouco tempo. Os historiadores dos primeiros séculos da reconquista falan dunha batalla gañada aos musulmáns polo reiFroila I enPontumio. Non hai certeza da súa localización; aínda que algúns autores sitúano en Pontedeume, outros, comoAntonio López Ferreiro, fano nas beiras dorío Umia e mesmo algúns enPortugal[31].
No ano 820 durante o reinado deAfonso II o Casto, o caudillo Abd-el-Kerím, chamado nas crónicas cristiás Alaber, fixo unha incursión seguindo a costa e sempre cara ao norte, atravesou a terra eumesa e foi derrotado polas tropas de Afonso II, segundo todas as posibilidades, enterra de Trasancos, no actualNarón. Algúns autores supoñen que asistira o propio rei ao combate[31].
A mediados doséculo VIII aparecen osnormandos nas costas galegas. Hai constancia de incursións en terras mariñáns. Despois das primeiras acometidas, os habitantes da costa retiráronse atemorizados cara ao interior, como fixeran os daCoruña que se acolleran aoBurgo. É de supoñer que Pontedeume, agochado no fondo da ría, vise daquela, por esta causa, acrecentada a súa poboación dun xeito considerábel[31].
Ao comezo daBaixa Idade Media, Pontedeume achábase en terras doCondado de Trastámara que abranguía as terras comprendidas entre oTambre e oSor. Á fronte deste condado estaban osCondes de Traba, pertencentes á familia Fróilaz-Pérez. O máis salientábel foiPedro Fróilaz. Un dos seus fillos, Bermudo Pérez de Traba, fundou o mosteiro de Nogueirosa en1148[11].
Para se protexeren dos señoríos laicos e eclesiásticos, xorden por mandato real noséculo XIII os alfoces deFerrol (coa freguesía deMugardos),Vilalba, Pontedeume eAs Pontes cuxa xurisdición correspondía exclusivamente ao rei[34].
Selo deAfonso X, rei que outorgou a Pontedeume a súa Carta-Póboa.
Concretamente, Pontedeume obtén deAfonso X o Sabio a súa Carta-Póboa o30 de decembro de1270, que instaba aos veciños de Pruzos e Bezoucos a fundaren unha vila no lugar daPonte Deume. Esta fundouse cun amplo alfoz en ámbolosarciprestados, moi fragmentado por mor das posesións eclesiásticas e nobiliarias[11].
Á morte deFernando de Andrade, por volta do1540, sucedeuno o seu netoPedro Fernández de Castro Andrade, que xuntou na súa persoa os condados deAndrade eLemos[35]. A partir dese momento os condes deixaron de residiren na vila, o que supuxo a perda do seu mecenado e da súa protección. Os novos condes nomeaban contadores, mordomos de rendas e posteriormente administradores, para velar polos seus intereses na vila, que poucas veces visitaban[37].
A vila e o seu alfoz estaban gobernados por dous alcaldes, un maior e outro ordinario, ao que correspondía o goberno económico e político, e seis ou sete rexedores vitalicios. Estes cargos eran nomeados polo conde. As reunións da Corporación eran convocadas polo alcalde ordinario pero presidía o alcalde maior, representante do conde e con voto decisivo[37].
Algúns destes alcaldes e rexedores son lembrados hoxe en día por teren sido benfeitores da vila. Así, no século XVIAlonso Mancebo deixou unha parte do seu capital para dar de comer aos pobres e remediar as súas necesidades. AFundación de Mancebo tivo longa vida, chegando case ata os nosos días. Co paso do tempo, o Estado fíxose cargo da fundación que foi esmorecendo non quedando dela máis ca lembranza[38].
Neste mesmo século XVI, o rexedorXoán Beltrán de Anido deixou instaurada unhaCátedra de Latinidade para dar instrución aos mozos da vila. Estableceuse esta cátedra na casa que habitaba o mesmo Beltrán de Anido e que posteriormente pasou a oucpar a Biblioteca Municipal. Ademais da casa, deixou tódolos seus bens para a mencionada institución. Das súas aulas saíron eumeses ilustres, sendo o persoeiro máis salientábel oarcebispo de Santiago,Bartolomé Raxoi e Losada[39].
Nesta época histórica o concello estaba administrativamente encadrado naprovincia de Betanzos desde finais doséculo XV, e así estivo ata a reestruturación provincial de1833, ano en que pasou a formar parte daprovincia da Coruña[37].
Os condes tiñan nun estado de completo esquecemento a vila de Pontedeume, sen se preocuparen polo benestar dos seus veciños e sen visitala apenas. En contraste, gozaban dunha serie de propiedades, prebendas e prerrogativas que lles supuñan unha fonte de ingresos moi substancial. Non resulta estraño pois, que foran frecuentes os litixios entre a vila e o conde. Houbo desencontros polo cárcere, os fornos do conde, o privilexio da venda do viño en xuño, a praza do peixe, o mesón etc[40].
Así as cousas tivo que ser un fillo da vila, o arcebispo de Santiago, Bartolomé Raxoi e Losada, quen se preocupara de mellorar algúns aspectos e promovera obras para a comunidade. A el débense aigrexa parroquial, as lonxas dos mariñeiros, opazo de Raxoi, as escolas de nenos e nenas, a Ermida de Covés e o amaño do convento de Santo Agostiño[41].
A comezos do século XIX os ingleses trataron conquistar a estratéxica praza militar deFerrol. Nunha das súas tentativas, en 1804, a escuadra inglesa estivo fondeada naría de Ares. Nos areais de Pontedeume fondearon algúns buques menores da frota[42].
Durante aguerra da Independencia estivo acampado en Pontedeume un escuadrón de cabalaría ás ordes do tenente coronelBédat desde o20 de xaneiro ata o2 de febreiro de1809, cometendo varios excesos. Tamén está constatado o paso por Pontedeume doBatallón Literario de Santiago. Aparece esta noticia nunDiario de Campaña publicado na obraBritanos y Galos deTettamancy[42].
Durante a primeiraguerra carlista proliferaron as faccións dun e doutro bando que deixaron triste lembranza pois eran máis patrullas de bandoleiros ca defensores dunha causa. Un destes facciosos, Modesto Varela, era natural de Pontedeume e fora enviado á cadea deCeuta[42].
O século XIX foi pródigo en pronunciamentos de distintos signos políticos. Pontedeume sumouse ao pronunciamento de1840 contra a rexencia deMaría Cristina de Borbón. No pronunciamento de1843 o militar Manuel Rilo botou da vila ás tropas fieis ao goberno. O 20 de abril de1846 o coronelMiguel Solís e Cuetos, quen seis días despois seríafusilado enCarral, respondeu desde Pontedeume a un requirimento dos sublevados. Na sublevaciónrepublicana de Ferrol en1872, os insurrectos foron alcanzados no lugar doAreal, enCabanas, producíndose un intercambio de disparos no que caeu morto un soldado do goberno que foi enterrado no cemiterio de Pontedeume[42].
A implantación en1923 daditadura dePrimo de Rivera, supuxo a fin da representación nas Cortes dun deputado elixido polo distrito, así coma un freo ao asociacionismo.
Aseleccións municipais que propiciaron a proclamación daSegunda República Española o14 de abril de1931 tiveron un desenvolvemento fraudulento en Pontedeume, onde se chegou a cambiar unha urna enNogueirosa. Isto provocou a repetición dos comicios o31 de maio, dos que saíron sete concelleiros da coaliciónORGA-FRG, cinco doPartido Republicano Radical e tres doPSOE, elixindo como alcalde aMiguel Regueira Fernández. O novo goberno local tomou medidas de índole social e, xunto cos demais concellos da comarca, reivindicaron unha serie de demandas comúns. Todos eles dimitiron en bloque no ano1932 para reclamaren unha solución aoconflito obreiro provocado polos despedimentos nosestaleiros ferroláns da Sociedade Española de Construción Naval -SECN-. Durante eses anos foron constantes os enfrontamentos do concello cunha moi activadereita católica, incrementados desde a consolidación daCEDA[46].
Arevolta obreira de 1934 contra o xiro á dereita dogoberno nacional, especialmente forte enAsturias eCataluña, tivo na comarca unha marcada repercusión que provocou algunhas mortes e numerosos detidos, entre os que se achaban catroconcelleiros da corporación eumesa. O goberno do Partido Radical-CEDA nomeou delegado gobernamental en Pontedeume aHiginio Fernández Prieto, quen cesou á corporación municipal o10 de novembro e nomeou outra progobernamental conJosé Prado Rivas comoalcalde. Esta nova corporación despediu a tres peóns municipais polas súas ideasesquerdistas e suspendeu as cativas subvencións do concello aossindicatos locais[46].
Coa vitoria en febreiro de1936 daFronte Popular, foi nomeadoCelestino Sardiña Navarro delegado do gobernador civil para restablecer as corporacións municipais da comarca que xurdiran das eleccións do ano 1931. Foron repostos moitos dos cargos públicos cesados en 1934 e ospartidos políticos nomearon a outros para completaren as corporacións. O9 de marzo Celestino Sardiña Navarro preside o pleno municipal de Pontedeume no que nomea aManuel López Seijo como alcalde[47].
Curto sería o mandato do socialista Manuel López Seijo, último alcalde republicano de Pontedeume. O17 de xullo de 1936 sublévase oexército deÁfrica, téndose noticia en Pontedeume o mesmo día. Ao día seguinte, seguindo instrucións do Goberno Civil, establécese un Comité de defensa da República con persoas dos partidos fieis ao goberno republicano e algúns carabineiros e veciños mal armados[48]. Este Comité levanta unha barricada naponte do Eume e sitúa un control enCampolongo, pon baixo vixilancia os locais estratéxicos e requisaarmas. Así mesmo son detidas varias persoas sospeitosas de seren afectos aossublevados[47].
Ás oito da mañá do xoves23 de xullo sae de Ferrol cara a Pontedeume unha columna doRexemento deArtillaría, á que se lle unen quincegardas civís e dezfalanxistas. Chegan a Pontedeume sobre as once e, logo dun pequeno tiroteo na barricada da ponte, entran en Pontedeume sobre o mediodía sen apenas achar resistencia. Os defensores da legalidade republicana tentan escapar polo monte Breamo[48].
Nos días e semanas posteriores produciuse unha forterepresión. Houbo detencións e cárcere,paseos ou fusilamentos. Os máis afortunados foron condenados a traballos forzados no muro da rúa de Porto[47]. Outros conseguiron permanecer agachados ou fuxir cara ao monte, onde se unirían á resistencia ou irían aoexilio. As mulleres eran castigadas co corte de cabelo ao rape[48]. Omitindo casos dubidosos e aqueles que foron asasinados posteriormente, o historiadorBernardo Maiz contabiliza vinte e cinco veciños de Pontedeume asasinados entre 1936 e1939[46].
A primeira corporación municipalfranquista é designada o28 de xullo de 1936 polo Comandante Militar da vila, sendo elixido presidente da Comisión Xestora o procuradorJesús Calvo Patiño[47].
Durante os primeiros anos do novo réxime moitos dos fuxidos da comarca agacháronse nasFragas do Eume. Co paso do tempo, oPartido Comunista organizounos en partidas deguerrilleiros que chegaron a cometer diversos golpes e atentados con consecuencias mortais nalgúns casos. A súa actividade foi minguando co paso do tempo debido ao acoso continuo da Garda Civil. Aínda así, o último guerrilleiro da Fraga,Pancho, caeu nunha emboscada enOmbre o derradeiro día de1954[49].
O período franquista estivo marcado pola figura do alcaldeJuan Sarmiento Patiño en cuxo longo mandato, de 1939 a1970, o concello sufriu unha profunda transformación en tódolos eidos, como reflicten algunhas actuacións do seu mandato, entre as que se poden salientar: a mellora da rede de sumidoiros, o alumeado público, a urbanización do barrio de Aguabar, a construción de vivendas sociais, as escolas unitarias nas parroquias, o centro sanitario e o mercado municipal[38].
Juan Sarmiento sería relevado na alcaldía porCelestino Sardiña Fernández[50] que se mantería nela ata1987, xa instaurada ademocracia en España. Durante a súa primeira etapa de alcalde franquista conmemorouse con diversos actos o Sétimo Centenario da fundación de Pontedeume e levouse a cabo a construción do grupo escolar da vila ao que se lle puxo o nome do eumésCouceiro Freijomil. Celestino Sardiña continuou sendo alcalde durante os anos daTransición e os primeiros de eleccións democráticas, gañando as dúas primeiras nas filas deAlianza Popular.
Nas eleccións de 1987 foi elixido alcaldeBelarmino Freire Bujía, doPSOE, quen gobernou durante vinte anos, sempre en coalición con distintos partidos[51]. Despois de máis de medio século, Pontedeume tiña de novo un alcalde socialista.
Evidentemente o nome do concello fai referencia á ponte sobre o Eume. Sobre o topónimo do río, o historiadorLuís Monteagudo García[55] considera que o termo Eume deriva deUma, xentilicio etrusco que designaría aoProcurator metallorum do val do Eume e a súa zona aurífera. É dicir, o topónimo viría do nome do procurador responsábel das extraccións auríferas no val do Eume, xa que, segundo algúns historiadores, o Eume era un río aurífero.
Isidoro Millán, na súa obra sobre a toponimia eumesa[56], afirma que Eume procede da forma hidronímica célticaUme, da cal procederán tamén os nomes do ríoUmia en Pontevedra, doMao (antigamenteHumanum) en Ourense e dos dous ríosHomem existentes no N. de Portugal.
No que respecta ao nomePontedeume, este existía anteriormente á concesión real para fundar vila de reguengo en 1270. Pódese deducir dos termos da redación do diploma pola chancelería do rei: "...pueblen en el lugarque dizen ponte deume...", mais tamén porque existen documentos anteriores que o mencionan: "...per terminos dePonte de Eume usque ad flumen de Conido..." nunha doazón dos Condes de Trava en 1162; "...Johan Goth, et Pedro de Deus, todosdas Pontes de Eume..." nun documento notarial varios meses anterior no mesmo 1270.[56]
Existen tres grupos de túmulos no concello, un na parroquia deAndrade e dous na deOmbre[27]:
Grupo de Seixas, na parroquia de Andrade:
Seixas I: En regular estado de conservación, posúe un balado de 1,5 metros de alto en todo o contorno agás polo leste onde levanta 40 centímetros. Áchase nun terreo en ladeira adicado a arborado de repoboación.
Seixas II: As mesmas características e dimensións ca Seixas I.
Seixas III: Emprazado nunha chaira con arborado de repoboación, áchase en moi mal estado.
Dous túmulos en Pena Grande, parroquia de Ombre:
Pena Grande I: En regular estado de conservación, está situado nun cume con arborado e monte baixo. Ten un diámetro de 22 metros e unha altura entre 50 e 80 centímetros.
Pena Grande II: En ladeira con arborado de repoboación, ten un diámetro de 12 metros e 30 centímetros de altura. Atópase en moi mal estado de conservación, practicamente arrasado.
Dous túmulos no Campo da Carreira da parroquia de Ombre:
Campo da Carreira I: Nunha chaira con arborado e monte baixo, ten unha longura de entre 16 e 18 metros e 50 centímetros de alto. Moi mal estado de conservación.
Campo da Carreira II: Está practicamente arrasado. Situado nunha chaira con arborado e monte baixo, ten 11 metros de diámetro e 30 centímetros de alto.
Castros
Castro da Insua.
Están catalogados seis castros no concello de Pontedeume[30]:
Couto da Nogueirosa: situado no lugar doCastro, na parroquia deNogueirosa. Está formado por un recinto con socalcos que se asenta sobre un segundo recinto rodeado por un sistema defensivo que se conserva nalgúns tramos. Presenta diferentes alteracións.
Castro das Insuas ouda Insua: é un castro costeiro situado nunhapenínsula no lugar da Barreira, na parroquia deBoebre. Está defendido por un único parapeto no istmo que o une á terra. No seu lado oeste está arrasado polo mar, e no leste os labores agrícolas desmontaron parte do parapeto defensivo. En2011 aAsociación cultural Ardóbriga liderou unha prospección arqueolóxica, realizándose achados de distintas épocas: desde cerámica castrexa ata lápidas sepulcrais e ósos humanos correspondentes á época na que se achaban alí o cemiterio e a igrexa da parroquia de Boebre[57].
Castro de Centroña: famoso por atoparse nas súas proximidades untorque de ouro en1912 que se conserva noMuseo Arqueolóxico de Lugo[58]. Está no cumio dun monte de escasa altura no lugar deCastrelo, parroquia deCentroña. Consta dun recinto principal amurallado rodeado á súa vez por un antecastro no lado norte e oeste. Circúndano, na súa totalidade, un importante sistema de socalcos.
Castro de Chao: áchase no lugar deChao na parroquia deOmbre. Está arrasado polos cultivos, conservándose só unha parte do recinto principal que puido ser de forma alongada.
Castro de Andrade: no lugar dosCastros da parroquia deAndrade. Está nunha ladeira e posuía dous grandes recintos fortificados dos que só se conserva o superior e un complexo sistema defensivo de muros e foxos.
Castro da Orela: situado no lugarhomónimo, na parroquia de Ombre. Componse dun recinto principal circular defendido por unha muralla. No seu lado norte encóntrase un antecastro que presenta as mesmas características defensivas que o recinto principal. Áchase moi arrasado pola existencia dunha canteira, un recheo de entullos e un camiño.
Estacións arqueolóxicas romanas
Praia de Sopazos, sobre a cal se descubriron restos dunha vila romana.
Vila Romana de Centroña: situada no lugar doPortiño na parroquia de Centroña, atopada no ano1950 é un exemplo devillae e mare. Está moi alterada pola acción erosiva do mar, mais, con toda probabilidade, aínda existan ocultas diferentes estruturas. Na campaña de escavación que se efectuou no ano1951 dirixida porJosé María Luengo Martínez descubriuse unha gran sala coas paredes recubertas de estucados moldurados e pintados, pavimentada cunmosaico cuxos restos se trasladaron aoMuseo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón daCoruña, e aberta cara á ría a través dunha presunta sucesión de fiestras e pilastras alternadas, o que fai supor a existencia dunha galería corredor[30]. Luengo publicou os resultados das escavacións nosCuadernos de Estudios Gallegos en1962, datándoa noséculo IV[34].
Sopazos: no lugar homónimo, moi preto do centro urbano. É un asentamento costeiro moi arrasado pola acción costeira e do home. A pesar de todo e posíbel que se conserven estruturas debaixo dos actuais socalcos que o cobren.Ángel del Castillo descríbeo a principios do século XX do seguinte xeito[31]:
Un lugar formado ata agora por unhas sete casas pequenas, de forma rectangular e muros de cachotaría, todas con escaleiras de entrada... con chanzos... de cantería labrada... pedras de cantería... a clave dun arco, unha pedra de fogar, unha especie de base de semicolumna... restos de ánforas romanas.
Casa do Concello: foi reedificada en1609 despois do incendio de1607. En1975 foi derrubada para modernizar as dependencias municipais, porén a fachada, co escudo dosCondes de Lemos, e a torre do reloxo foron reconstruídos pedra por pedra[60].
Casas soportaladas da Rúa Real e a Praza do Conde: é o que se conserva dos soportais que había nestas e outras rúas.
Cemiterio municipal: construído a finais do século XIX no barrio de Porto. Destaca a capela que fora da igrexa do convento de Santo Agostiño, derrubada cando a exclaustración.
Igrexa parroquial de Santiago: obra doarcebispo Raxoi, de mediados do século XVIII. Conserva a capela maior dunha igrexa anterior edificada por Fernando de Andrade e Pérez das Mariñas.
Lonxas de Raxoi: datan de1763. Foron usadas polos mariñeiros eumeses para asalgadura do peixe e para gardar os aparellos depesca. Parte das lonxas úsanse hoxe en día como albergue deperegrinos.
Torreón dos Andrade: catalogado comoBen de Interese Cultural (BIC) desde1924, é o que queda do derrubado Pazo dos Andrade. Na súa fronte hai un escudo de armas dos Condes de Lemos que se achaba anteriormente no pazo.
Estatua da panadeira, na praza do Pan, obra do escultorJosé Díaz Fuentes.
Da Angustia oudas Angustias: pequena praza por onde entraba o camiño real no recinto intramuros a través da porta sur. Está dotada defonte ecruceiro. Nunha das súas casas naceu e morou durante os seus anos mozos oescritor eumésRamiro Fonte.
De España: fíxose nun soar que quedou ao comezo da rúa Real segundo se sae da ponte do Eume, cando en1903, o concello expropiou e derrubou oArco de Maldonado e outras dependencias da mesma propiedade.
De San Roque ouda Calzada: xorde no primeiro lugar de expansión extramuros da vila, a rentes do camiño real e próxima á porta sur da muralla. Foi escenario de mercados defroitas,hortalizas, animais e gran.
Do Conde: o nome venlle do Pazo dos Condes de Andrade que se achaba nun dos seus laterais. Cando foi derrubado o pazo, sufriu unha profunda transformación que culminou coa construción no seu lado sur do mercado municipal.
Do Convento oude Santo Agostiño: cando se construíu o convento de Santo Agostiño quedou, a modo de adro, un espazo diante do convento e a súa igrexa separado da vila pola muralla. Co derrubamento da muralla oadro quedou unido á rúa de Santo Agostiño actuando como praza pública na que tiña lugar a venda de encaixes, madeira e froita. A raíz da demolición da igrexa do convento en1866, sufriu unha remodelación que lle deu un aspecto que se mantivo ata1970, ano en que mudou a un estilo máis moderno co gallo do sétimo centenario da fundación da vila. O seu aspecto actual provén da derradeira década doséculo XX.
Praza Real.
Do Pan: en1713 o soar onde se sitúa esta praza era de propiedade privada. Nese ano o concello permutou un alfolín, ou depósito de sal, que posuía na entrada da ponte. Na permuta especificábase que a propietaria do soar se comprometía a construír outro alfolín no soar permutado para uso público. No ano1850 derrubouse o alfolín e construíuse un posto de venda de pan. En1940 o posto do pan estaba tan deteriorado que se procedeu á súa demolición e á pavimentación da praza, que pasou a denominarsedos Voluntarios. O aspecto actual da praza data de1984 e é obra doescultor deSarria,José Díaz Fuentes, quen incluíu unhaestatua debronce no centro da praza dunha muller amasando pan. A corporación municipal, en acordo de14 de xullo de1989, deulle o nome de Praza do Pan en lembranza da súa antiga función.
Real: é, con toda probabilidade, a praza máis antiga da vila, onde se celebraban asfeiras do último domingo de cada mes. Co paso do tempo a praza foi quedando pequena e fíxose necesaria a ampliación. Aproveitando oincendio de1607 o concello adquiriu os soares da parte inferior e procedeu á ampliación da praza en1617. O aspecto actual apenas mudou desde entón.
Pontes
Ponte de pedra.Ponte de ferro.
Do Eume: chamadaponte de pedra polos eumeses, a primeira referencia escrita é de1162 e refírese a unha ponte demadeira. Porén xa debía existir desde tempo inmemorial para comunicar ámbalas marxes do río, habitadas desde tempos remotos. A finais doséculo XIV,Fernán Peres de Andrade o Boo, mandou construír unha ponte decantería. Esta ponte tiña 78 arcos e dúas torres: entre os arcos 8º e 9º, aTorre da Ponte e entre os arcos 40º e 41º, aTorre do Risco. Entre os arcos 2º e 3º erguíanse, sobre unhas peañas, os símbolos de Fernán Peres: ooso e oxabarín. No final da ponte había uncruceiro. Tamén existía un hospital deperegrinos entre os arcos 19º e 20º. A ponte foi reparada en varias ocasións dos danos que ocasionaban as crecidas do río, mais non se puido evitar o deterioración progresivo da ponte. Así, desapareceu o hospital entre1791 e1820 e en1843 desapareceron as torres e os símbolos dos Andrade. Finalmente a ponte foi derrubada e construíuse unha nova entre1863 e1873, inicialmente con 11 arcos que se ampliaron progresivamente ata os 15 actuais. O oso e o xabarín da ponte de Fernán Peres están hoxe en día no claustro do convento de Santo Agostiño[59].
Do Ferrocarril: coñecida popularmente comaponte de ferro, foi rematada no ano1910 para a liña de ferrocarril Betanzos-Ferrol, inaugurada en1913. Ten tres vans con luces de 40, 70 e 40 metros. Os tramos de acceso e as pías son de perpiaños graníticos, con pedra traída da canteira da Graña, enFerrol[66].
Ponte do río Eume (na autoestrada): aberta ao tráfico en1998 dentro do último tramo daAP-9 cara a Ferrol. Ten unha lonxitude de 635 metros divididos en nove vas[67]. Próximo a esta ponte e na mesma AP-9 está o viaduto sobre o río Covés de 365 metros.
A Fontenova: aparece citada por primeira vez en1777 e foi construída por mor do mal estado das demais fontes da vila, nun momento no que o concello andaba escaso de recursos.
De Santiago: é de1751 e está na rúa Mancebo. As súas augas veñen do coto de Breamo.
De Santo Agostiño: chamada taméndo chafariz oudo convento, é a máis antiga da vila e a única existente ata1671, ano en que se construíu afonte do Pilón debido á mingua domanancial da de Santo Agostiño que a facía insuficiente para o consumo de toda a vila.
Do Pilón: foi feita en 1671 na Praza do Conde para paliar a escaseza de auga da fonte de Santo Agostiño. Aliméntase de mananciais do monte Breamo canalizados ata a súa localización. Fixérase un ramal para unha fontiña no xardín do pazo dos condes, baixo a condición de que os condes achegaran un terzo das reparacións que necesitase a fonte. Ten catro canos e un pío, de aí o seu nome. En1943 foi desprazada uns metros cara ao oeste.
Outras fontes son a de Porto, a das Virtudes, a da praza da Angustia, a da parte alta do adro da igrexa e mailas existentes nas distintas parroquias do concello.
Asociación cultural Palilleiras Eumesas: fundada por un grupo de mulleres eumesas afeccionadas ao encaixe. Realizan exposicións de traballos e cursos de formación[70].
Biblioteca Municipal: situada no edificio da antigaCátedra de Latinidade, ofrece servizos de préstamo e consulta de libros. Dispón de fondos infantís-xuvenís e de adultos, ademais de hemeroteca de asuntos locais[73].
Casa da Cultura: o antigoconvento dos agostiños alberga a Casa da Cultura do concello, que dispón de salón de actos, salas de exposicións e locais de ensaios.
Alameda de Raxoi no outono.Praia de Ver.Xardíns de Lombardero.
Alameda de Raxoi: no lugar que ocupaba a horta do convento de Santo Agostiño. Foi usado como lugar de feiras, mercados e verbenas[17].
Área recreativa doMonte Breamo: lugar de lecer con mesas e grellas na contorna da Ermida de San Miguel de Breamo.
Esteiro do Río Eume: pouco antes da súa desembocadura, o río Eume forma un amplo esteiro que alberga unha importante riqueza fáunica. Forma parte daRede Natura 2000 e está clasificado como Espazo de Interese Xeomorfolóxico[77].
Parque Natural dasFragas do Eume: importante exemplo de bosque atlántico. Parte do seu territorio áchase no concello de Pontedeume[78].
Paseo marítimo: esténdese na marxe esquerda do río Eume entre as pontes de pedra e a da autoestrada. Fíxose en1995 aínda que foi inaugurado o ano seguinte[79]. Posúe un ramal que se adentra pola beira do río de Covés ata a estrada provincial que leva ás Fragas do Eume. Neste tramo integrouse parte do terreo no que se encontra o centenarioTeixo dos Tenreiro[80], en estado crítico a pesar de estar catalogado comoárbore senlleira de Galicia[81][82]. Nas proximidades do teixo encóntrase unhaaraucaria no terreo ao que tamén pertencía o teixo, que tamén está considerada árbore senlleira pola Xunta de Galicia[81].
Praias: no termo municipal hai catro praias principais, amais dalgunhas pequenas calas que en marea chea apenas teñen superficie. Unha destas calas, a da Insua, en fronte da illa Carboeira e ao pé do castro homónimo, é usada pornudistas[64]. As catro praias principais son, de norte a sur:
Sopazos: situada a continuación do porto de Pontedeume, ten uns 300 metros de lonxitude. Está moi preto da vila e ten o inconveniente quedar moi reducida coa marea chea e a abundancia de rochas. Nunha delas erixiuse un monumento ávirxe do Carme, patroa dos mariñeiros. Non posúe servizos, agás duchas de auga doce[64].
Centroña: na parroquia homónima, ten un centenar de metros de lonxitude e un par de fermosas calas cara ao oeste. Coa marea chea redúcese moito. Non ten servizos turísticos, agás unha ducha de auga doce[64].
Ver: áchase no lugar homónimo da parroquia deBoebre, a súa lonxitude é duns 250 metros. Durante os primeiros anos da década de1970 construíuse unha urbanización de pisos e apartamentos, demasiado grande para o tamaño da praia. Formando parte dela fixéronse unhacafetería e unhotel excesivamente preto da praia, de feito o hotel tiña saída directa ao areal; no ano2008 foron derrubados para axustarse á Lei de Costas[83]. Na contorna da praia hai douscámpings[64].
Andaío: no lugar daHerbosa, na parroquia de Boebre, áchase esta praia duns 250 metros de lonxitude, contigua á praia de San Pedro, xa no concello deMiño, coa que na realidade forma unha única praia coñecida comopraia de Perbes. Está ben dotada de servizos turísticos, repartidos entre os dous concellos: cámpings, restaurantes, porto deportivo e apartamentos[84].
Xardíns de Lombardero: cando se expropiou o Pazo dos Andrade parte da Horta do Conde que se estendía pola parte posterior do pazo foi destinada a uns xardíns públicos que levan o nome do deputado polo distrito de Pontedeume, José Lombardero[21]. Nestes xardíns áchase unhaÁrbore do fogo catalogada pola Xunta de Galicia coma árbore senlleira[81].
Seguindo unha orde cronolóxica a partir do comezo do ano, destacan:
O Feirón
Celébrase tódolos sábados desde finais dos anos setenta do século vinte[86]. Nas rúas e prazas da vila espállanse distintos postos onde se vende todo tipo de mercancía propia das feiras: desde produtos da terra ata roupa, pasando por utensilios, louza, antigüidades, artesanía etc. Moitos eumeses mercan no Feirón o moi prezadoqueixo do país que, de forma artesanal, se elabora nas parroquias rurais[87].
OAntroido
O nome é a variante dialectal doEntroido nestas terras[88]. Fortemente arraigado no concello, a primeira referencia documental que se ten del é de1840, aínda que ata1900 non se fai referencia a un dos elementos máis característicos do entroido eumés: as comparsas, que nun principio compoñían letras e músicas orixinais para seren cantadas, pasando posteriormente a utilizar a música de cancións populares e escribir letras críticas con algún aspecto da vida local ou nacional. Segundo a tradición oral, a primeira comparsa,Os larpeiros, xa existía en1890[87].
De gran tradición, téñense referencias escritas de1630. Desde oXoves Santo ata oDomingo de Resurrección escóitase o son producido polas carracas, instrumentos de percusión instalados nunha das torres da igrexa parroquial en1765.Comeza coa procesión que sae da ermida das Virtudes oDomingo de Ramos. Continúa oXoves Santo coa procesión doViacrucis Mariñeiro, adaptación local da Procesión do Silencio.Na madrugada doVenres Santo transcorre a xenuinamente eumesaMarcha do Paso que percorre as rúas da vila ao son da mesma e reiterada peza musical. Remata no albor do Venres Santo no Encontro na Praza Real das imaxes deSan Xoán,A Verónica,Cristo e aVirxe das Dores. Na noite do Venres Santo desenvólvense as procesións do Enterro, ou dos homes, e da Soidade, ou das mulleres, en completo silencio.Remata a Semana Santa oDomingo de Resurrección coa procesión do Cristo da Custodia arredor do adro da igrexa[87].
Teñen lugar o primeiro de maio para celebrar a chegada do mes e o augurio dunha boa colleita. Os rapaces confeccionanmaios, estruturas compostas por varas, mirtos, flores e laranxas bravas; e maquetas de motivos locais, coma ocastelo ou otorreón, cubertas de follas e flores. Son levados por catro nenos que antano ían de casa en casa e cantaban a cambio de algo.Celébrase un concurso que premia aos mellores maios e báilase a recuperadaDanza do Biouteiro que simboliza a chegada do maio[87].
Romaría de San Miguel de Breamo
Remóntase ao ano1557, cando se funda unha confraría que se fixo cargo daigrexa de San Miguel de Breamo. Dita confraría costeaba unhamisa mensual no templo e unha procesión cada 8 de maio, o día do Santo, na que se subía a imaxe do santo desde a parroquia deSan Pedro de Vilar, onde fora trasladada anos atrás. Despois da procesión facíase unha merenda campestre que foi o comezo da actual romaría[89]. En1686 a confraría decide celebrar unha segunda romaría o29 de setembro, día doArcanxo San Miguel[90]. Deste xeito, as dúasromarías marcan o comezo e o remate das celebracións estivais. Os romeiros soben a pé desde a vila ao cumio do monte Breamo onde está aermida de San Miguel. Alí os romeiros fan as comidas campestres amenizadas por gaiteiros. Antes do xantar sácase unha imaxe do santo en procesión ao redor da ermida. Unha tradición di que se pode pedir un desexo a San Miguel dando unhas voltas en silencio ao redor da ermida, porén non hai acordo canto o número de voltas sendo tres, sete ou nove o máis aceptado[89].
Fogueiras de San Xoán
Como no resto de Galicia, son tradicionais asfogueiras de San Xoán a véspera deSan Xoán. É tradicional comersardiñas asadas ao carón do lume. Durante a noite déixase auga mesturada con flores e plantas aromáticas para lavar a cara con ela na mañá de San Xoán[87].
Feira Medieval
Tamén chamado Feirón dos Andrade, celébrase a primeira fin de semana de xullo. Durante estes días moitos veciños vístense á usanza medieval. É moi frecuentada desde a súa primeira edición de2010[91].
Festas do Carme
O 15 e 16 de xullo celébranse as festas daVirxe do Carme, patroa dos mariñeiros, que a sacan en procesión marítima o 16, día do Carme. A imaxe da virxe vai presidindo a barca que encabeza a procesión ata a entrada da ría[87].
As festas das Peras
Os Mómaros.A Cucaña marítima.
Remóntanse a comezos doséculo XIX, cando o concello acordou celebrar grandes festas na praza de San Roque e anuncialas por tódalas parroquias e aldeas da contorna para acadar a maior concorrencia posíbel. O motivo non era outro que darlle saída á grande abundancia de froitos cuxa exportación era imposíbel, de aí venlle o nome "das Peras"[92]. Celébranse do 7 ao 11 de setembro, tendo cada día as súas características propias[87]:
Día 7: Comezan as festas coa alborada e a saída dos Mómaros (parella de xigantes de cartón-pedra) e Cabezudos (rapaces cunha gran cabeza de cartón-pedra) que fan a ledicia dos máis pequenos. Saen tódolos días das festas agás o último. Ao serán, a lectura do Pregón a cargo dunha personalidade eumesa ou relacionada co concello é o comezo oficial das festas.
Día 8: É o día da Virxe das Virtudes. Destaca a cucaña marítima, competición na que os rapaces da vila compiten por colleren unha bandeira ao final dun pau untado de sebo colocado na proa dunha embarcación. A queima do "galán", un artefacto pirotécnico que non para de xirar, marca a fin da cucaña.
Día 9: Celébrase o Concurso de froitas na Alameda de Raxoi, onde se premian os mellores lotes de froita de diferentes clases.
Día 10: Xunto co día 8, é o día grande por ser a festividade do co-patrón da vila, San Nicolás de Tolentino. Ofíciase unha misa solemne na que se bendicen os boliños protectores do lume e se renova oVoto de San Nicolás. Na media noite os Fogos de Artificio, coa batalla naval, é un dos momentos máis agardados das festas.
Día 11: A festa trasládase ao río Eume. A xente sobe o río en barcas ata un lugar coñecido coma o Campo da Festa, levando as súas viandas dispostos a pasar unha xornada de xolda. A volta comeza cando remata o día. Esta festa coñécese coma a Xira ao Eume.
Festas patronais nas parroquias
Merecen mención tamén as distintas festas das parroquias[87]:
Andrade: San Martiño o 11 de novembro.
Boebre: Santiago o 25 de xullo.
Centroña: A Asunción o 15 de agosto.
Nogueirosa: San Cosme o 26 de setembro.
Ombre: O Espírito Santo con data variábel en maio ou xuño.
Vilar: San Pedro o 29 de xuño e Santa Margarida o 20 de xullo, esta última no lugar deCampolongo.
En1986 a Asociación Orballo recuperou a tradición, vinte e cinco anos esquecida, de bailar a Danza do Biouteiro, que é un modo de representar osmaios en forma de danza[87].No eido musical, a peza musical que se interpreta naMarcha do Paso pódese considerar xenuinamente eumesa[87].
O produto máis característico da cociña eumesa é acostrada, unha especie deempanada de varias capas elaborada con carne, peixe ou marisco. Conta a tradición que a trouxeron noséculo XII aomosteiro de Caaveiro, uns monxes agostiños procedentes deItalia. É un produto caro que só se fai por encarga nalgunhas confeiterías e restaurantes da vila, normalmente co gallo dalgunha festa ou celebración[93].Outros produtos locais con sona son oqueixo do país, osmelindres, asrosquillas, abiscoitada e mailaproia manteigada[93].Canto a bebidas destacan oviño romano feito da uva romana das cepas que se cultivan nas parroquias bañadas polo Eume, tanto en Pontedeume coma en Cabanas. É este un viño de moi pouca graduación que se destina, case na súa totalidade, ao consumo privado. A abundancia deguindeiras fai que se elabore olicor de guindas, moi prezado nas mesas eumesas en calquera celebración[93].
Varios son os artesáns que desenvolven o seu traballo no concello[94]:
Palilleiras: A artesanía das palilleiras importouse deCamariñas e xa está arraiga no concello, ata o punto de que existe unha asociación cultural denominadaPalilleiras Eumesas[70] que realiza cursos e exposicións de traballos.
Moitas son as lendas referentes a diversos lugares ou costumes do concello. Algunhas son[95]:
A ponte do Eume e o demo:
No medievo unha fermosa filla do señor de Andrade de nome Minla, estaba namorada dun mozo chamado Ledán que vivía na outra beira do río. Como non había ponte, Ledán cruzaba a nado tódolos días o río despois do traballo para ver á súa amada. Un día sorpréndeo a tormenta e morre afogado. Minla escoita o seu berro de agonía e acode correndo, mais non pode chegar onda el porque se acha ao outro lado do río. O demo ofrécelle facer unha ponte para que poida pasar coa condición de que lle venda a alma. Desesperada, Minla acepta pero pon tamén a súa condición, e é que a ponte estea rematada antes de que cante o galo do curral dos Andrade. O demo traballa ben a présa pero non pode rematar antes do pactado: cando canta o galo aínda lle queda un arco por facer. Xa que logo sen perder a súa alma, Minla pasa á outra beira saltando o arco que falta.Por ser feita a ponte polo demo nunha noite chamousePonte do demo, que se foi transformando primeiramente en Pontedemo e logo, en Pontedeume.
O castelo da fame en Nogueirosa:
En tempos dos señores de Andrade, o seu castelo estaba custodiado polo alcaide Pero Lopes. A señora de Andrade, dona Guiomar, adoitaba ir no verán ao castelo coa súa doncela Elvira a quen o alcaide lle facía as beiras, mais Elvira non lle facía caso por estar namorada de Mauro, un xove paxe do señor de Andrade.
Coa chegada do inverno, Pero Lopes preparou a súa vinganza e secuestrou aos dous mozos nos calabozos do castelo. Pasados os días, os señores de Andrade pensaran que a desagradecida parella escapara. Durante o seu cativerio leváballes a comida un servente negro e mudo do alcaide, de nome Zalemi. Un día Mauro conseguiu golpear a Zalemi e ferilo de morte pero este conseguiu saír do alxube e pechalo. Cheo de medo, o alcaide non se atreveu a levarlles comida e os namorados morreron de fame.
Chegou a primavera e o alcaide tornou a facer as beiras ás mulleres da comarca. O noivo dunha delas, ante o acoso á súa moza, feriuno de morte. O señor de Andrade foi visitar ao alcaide nas súas últimas horas e este, cheo de remorsos, confesoulle o seu crime. Alí mesmo, sacou o señor a súa daga e matou ao alcaide. Cando foron aos calabozos acharon a Elvira nos brazos de Mauro, que era un fillo natural do señor de Andrade. Desde entón se coñece ao castelo como ocastelo da fame.
As tres doncelas transparentes:
Contan que hai moitos anos, onde hoxe está o amplo esteiro do Eume, o río era máis estreito e había unha gran cidade en ámbalas marxes que era moi rica e próspera. A súa fama era tal que chegaban barcos de países moi afastados atraídos pola súa sona, mais tamén souberon os piratas da súa opulencia e facían rapinas que provocaban destrución e morte. Fíxose necesario facer un castelo defensivo no alto do monte.
Os cabaleiros e soldados baixaban do castelo á cidade nos seus momentos libres. Había na cidade unha casa de moita sona habitada por tres fermosísimas doncelas cuxos corpos eran transparentes. Chegaran un bo día á cidade e ninguén sabía de onde viñan. O certo é que, malia a beleza das donas do lugar, os homes estaban engaiolados con estas doncelas e as súas festas, que remataban cando xa saíra o sol e nas que se comían os máis exquisitos manxares e se bebían os mellores viños de Betanzos.
O alcaide do castelo comezou a preocuparse con tanta festa pois os soldados chegaban cansos aos seus postos e a cidade estaba quedando desprotexida. Foi ás fragas do Eume a pedirlle consello a un sabio que habitaba nelas. Cando lle falou das tres doncelas, a faciana do sabio mudou de repente e díxolle que non había nada que facer. Coñecía moi ben ás tres doncelas e explicoulle que estaban apodrecendo aos homes e á cidade enteira. O lugar estaba maldito.
O sabio díxolle ao alcaide que fose ao castelo e que non saíse en toda a noite. Despois subiu a unha pena e botou un conxuro que trouxo unha tremenda treboada con fortísimos ventos e chuvia incesante. A xente seguía divertíndose sen preocuparse, só pensaban en cando pararía a treboada, mais esta continuou e o nivel da auga crecía e crecía.
Cando saíu da súa fortaleza pola mañá, o alcaide só viu unha grande extensión de auga onde antes había casas e palacios. A cidade quedara asolagada.
O escudo e maila bandeira de Pontedeume foron aprobados polo Decreto 420/1996, do 21 de novembro (DOG nº 235, do 2 de decembro), daXunta de Galicia onde di[96]:
Artigo primeiro.- Aproba-lo escudo heráldico do Concello de Pontedeume (A Coruña), que quedará organizado do seguinte xeito: Deazur, e sobre ondas de azur eprata, unha ponte de prata sumada, á destra, dun oso deouro, pasante e contornado, e, á sinistra, dun xabaril pasante, do mesmo, e surmontado no centro dunha torre de prata. Ó timbre,coroa real pechada.
Artigo segundo.- Aproba-la bandeira do Concello de Pontedeume (A Coruña), que quedará organizada do seguinte xeito: sobre pano verde, a banda de amarelo.
A principal actividade do concello céntrase nosector servizos, que representa, tanto en número de traballadores como de empresas, máis do 70% do total. Os outros sectores son minoritarios, non representando ningún deles máis do 15% do total de traballadores ou empresas[1]. Estes datos contrastan cos de hai unha década (2007), cando aindustria e aconstrución tiñan un certo peso relativo ao absorberen a primeira á cuarta parte dos traballadores e a segunda a case un quinto da poboación activa[97].
Traballadores e empresas por sector de actividade
Sector
Traballadores
Empresas
Agricultura e pesca
94
56
Industria
384
34
Construción
215
69
Servizos
1917
383
Totais
2610
542
Datos completos en setembro de 2017 para traballadores e 2015 para empresas. Os gráficos son de datos correspondentes a 2007[1][98].
En Pontedeume teñen a súa sede dúas grandes empresas:Leite Celta eEinsa.
Canto ao paro rexistrado, en 2016 había un total de 580 parados, o que representaba un 11,3% da poboación activa comprendida entre os 15 e os 65 anos[1].
Estradas: Aestrada nacional N-651 comunica o concello conFerrol eBetanzos. A estrada provincial que enlaza a N-651 naInsua (Paderne) coaN-VI enGuísamo (Bergondo) comunica coa capital provincial. As estradas provinciais AC-564 (Cabanas-Goente) e AC-142 (Goente-As Pontes) comunican con As Pontes, onde se pode coller a autovíaAG-64 Ferrol-Vilalba para a comunicación conLugo eAsturias[99].
Autoestradas: A Autoestrada do AtlánticoAP-9 permite unha comunicación rápida coas cidades e vilas doArco Atlántico ePortugal. A saída 21F enCabanas dá acceso directo[99].
Servizos de viaxeiros por estrada e autoestrada: A empresaArriva comunica por estrada e autoestrada Pontedeume coas cidades de Ferrol, A Coruña eSantiago e as principais vilas do norte dasprovincias da Coruña eLugo[100]. A empresaMonbus ten un servizo regular de viaxeiros entre Ferrol e Vigo por autoestrada que une Pontedeume coas cidades de Santiago,Pontevedra eVigo[101].
Ferrocarril: Hai unhaestación de ferrocarril da liña Betanzos-Ferrol[102] con servizo de viaxeiros a Ferrol, Betanzos, A Coruña eMadrid. A estación inaugurouse oficialmente o5 de maio de1913, aínda que o primeiro tren que pasou por Pontedeume fíxoo na mañá do4 de febreiro de1912, levando autoridades e invitados á botadura doacoirazado España enFerrol; na tarde dese mesmo día pasou un segundo convoi con máis invitados no que viaxaba o reiAfonso XIII. Ámbolos dous trens fixeron a viaxe de volta o día 6[43].
A vila ten un porto pesqueiro e deportivo practicábel só para barcos de pequeno calado[103]. Hai outros dous puntos de atraque deportivos na praia de Andaío (Boebre)[104] e no río Eume ao remate do paseo marítimo. Ata finais do século XX había un estaleiro de ribeira na vila, Ramón Bedoya, que facía pequenos barcos pesqueiros de madeira[105].
Existe unpolígono industrial desde o ano2001 no lugar doVidreiro da parroquia deAndrade, a carón da N-651. Ten unha superficie de 113.269 m2 dos que 40.091 son de uso industrial, divididos en 33 parcelas cunha superficie mínima de 821 metros cadrados[106].
Centros de información: Oficina de turismo noTorreón dos Andrade e Centro de Interpretación dasFragas do Eume na parroquia de Ombre á entrada do parque natural.
Aloxamento: Un hotel, nove pensións, unha casa de turismo rural e dous campamentos de turismo (datos de 2017)[97].
Hostalería: Nove restaurantes e case un cento de bares e cafeterías (datos de 2011)[98].
O concello carece de televisión e radio locais, mais ten unha longa tradiciónxornalística que se remonta aoséculo XIX. Durante todo este tempo destacan as publicacións[39]:
La Verdad: Só once números tirou este xornal desde o 5 de outubro de1902 ata o 14 de decembro do mesmo ano.
El Eco de Puentedeume: O primeiro número é do 4 de febreiro de1906 e tiña inicialmente unha periodicidade quincenal, ata que a partir do número 25 correspondente ao 3 de febreiro de1907 saen tres números mensuais. A partir do número 83 do 1 de novembro de1908 cambia o seu nome polo deGalicia Pintoresca. O 20 de febreiro de1910, no canto do número 123, sae unha folla comunicando a suspensión da revista. O seu director foiEdmundo Roberes Alonso.
Breamo: Nace o 31 de maio de1914 e desaparece cando entra no seu terceiro ano de publicación. O seu director eraFrutos Fernández Illá.
Pontumio: Foi unha publicación estudantil do Colexio Luís Vives durante os anos cincuenta.
Alfoz: Publicado pola Asociación Empresarial Eumesa, sae o primeiro número en xaneiro de1990. De periodicidade variábel, mensual, quincenal e bimestral, o seu derradeiro número, o 33, sae en marzo de1995[107].
Tamén se editan no concello dúas revistas:
Cátedra: SubtituladaRevista Eumesa de Estudios sae puntualmente á rúa cada ano desde1994. Está enfocada ao estudo e investigación dahistoria local. Edítaa o concello de Pontedeume[108].
Cadernos do Ateneo Eumés: Editada poloAteneo Eumés Fernán Martís. O seu primeiro número saíu o 25 de outubro de2003 e ten unha periodicidade anual. Nas súas páxinas trátanse temas de actualidade, tanto locais como nacionais ou internacionais. Tamén se poden achar artigos de diversa índole como os económicos ou os históricos[72].
Monumento aos piragüistas.Pavillón dedeportesA Casqueira.
Varios son os clubs que representan ao concello nos deportes máis populares:
Club Firrete dePiragüismo[109]: Está considerado como un dos mellores clubs de España, contando con numerosos títulos galegos e españois[110]. Así mesmo, varios padexeiros do club foron campións ou subcampións de Europa e do Mundo[111].
Peña Ciclista Leboreira[117]: Fundada o 21 de xuño de 2003, centra a maioría das súas actividades nocicloturismo. Organiza desde o ano de fundación aSubida ao Castelo de Andrade tódolos meses de setembro, coincidindo coas festas de San Cosme de Nogueirosa, parroquia onde ten a sede. Desde 2004 leva a cabo aCronoescalada ao monte Breamo no marco das Festas das Peras[118].
Club Eumés deXadrez (C.E.X.) Torreón[119]: Fundado o 8 de marzo de 2008, pretende encher o oco que deixaron os anteriores clubs xadrecísticos da vila, dos que chegou a haber ata catro á vez[120].
A institución máis antiga de ensino da que se ten noticia é unhaCátedra de Latinidade outorgada porXoán Beltrán de Anido no seu testameto, datado o5 de febreiro de1580. Para acollela legou tamén a súa casa, a cal aínda segue en pé acollendo labores culturais, pois é a sede da Biblioteca Municipal. A Cátedra estivo en funcionamento ata mediados doséculo XIX[39].
O concello preocupouse desde moi vello de subvencionar escolas de primeiras letras. Sábese que en1611 había na vila unha escola para nenos, mais estas escolas non tiveron unha vida continua, ora por finalizar o contrato do mestre, ora por apuros económicos do concello. A situación mellorou cando un antigo alumno da Cátedra e posteriormente catedrático dela, Francisco Pérez, que foi cóengo dacolexiata da Coruña, fundou en1707 unha cátedra de menores agregada á de latinidade, para a instrución dos máis novos[39].
Outro alumno ilustre da Cátedra, oarcebispo de Santiago,Bartolomé Raxoi deu un paso máis na estabilización do ensino primario ao fundar o16 de maio de1769 dúas escolas, unha para nenos e outra para nenas. Para albergalas mandou construír un edificio a carón da igrexa parroquial.
As escolas fundadas por Raxoi estaban dotadas coas rendas de dez almacéns do peirao destinados á salgadura do peixe. As rendas foron minguando polo declive da industria da salgadura e non chegaban para manter as escolas. É por iso que en1838 o concello decide crear dúas escolas, unha para nenos no antigo edificio que ocupaban as escolas de Raxoi, e outra para nenas en dependencias do amortizado convento dos agostiños. Un mestre destacado foiJosé Serapio Casal, quen levou a escola de nenos durante uns corenta anos ata1904, e que escribiu varios libros de ensino entre os que destaca unhaAritmética, declarada de texto por Real Orde[39].
Nas primeiras décadas doséculo XX había en Pontedeume cinco escolas nacionais, tres de nenos e dúas de nenas[39].
Logo daguerra civil, o mestreÁlvaro Vázquez Penedo funda en1940 aAcademia Cervantes[38] no primeiro andar do edificio da Cátedra de Latinidade. En1947 a Academia Cervantes estaba a piques de desaparecer, polo queRobustiano de Castro Carballeira funda oColexio Luís Vives aproveitando as instalacións da academia. Pouco despois o colexio trasladouse a un edificio novo na avenida de Ricardo Sánchez, e a comezos da década dos setenta ampliouse con outro máis novo moi preto do anterior. Finalmente, en1978, o Estado adquiriu este último edificio para o novo Instituto de Ensino Medio da vila[38].
A ofertaeducativa para ocurso escolar 2017/2018 incluía un total de 7 centros, dos cales 5 son públicos e 2 privados concertados[122]. Isto supuña un descenso con respecto ao curso 2012/2013 cando había 8 centros nos que 188profesores impartían docencia a 1570alumnos[97]. Por niveis educativos, ditos centros son:
Pontedeume desfrutaba de servizo médico costeado polo concello, polo menos desde mediados doséculo XVI. Sábese que en1560 o licenciado Coca exercía este servizo, que sufriu numerosas interrupcións por motivos económicos. O médico recibía pequenas cantidades variábeis dependendo do estado das arcas municipais, e os pacientes cunha certa capacidade económica dábanlle un pequeno estipendio[123].
En1912 o filántropo Agustín Tenreiro, natural de Pontedeume, finou enBos Aires deixando no seu testamento quince mil pesos para un hospital na súa vila natal. Con estes cartos procedeuse á construción dun hospital-asilo en terreos do antigo cemiterio, mais o certo é que, aínda que se rematou o edificio, nunca foi destinado a tal fin, senón que albergou durante moitos anos ao grupo escolar da vila que levou o nome do seu benfeitor. O cambio de funcións foi motivado en gran parte pola construción dun asilo de anciáns nuns terreos moi próximos. O asilo foi inaugurado o12 de agosto de1919 e na actualidade continúa desenvolvendo o seu labor[123].
Hoxe en día Pontedeume ten catro farmacias e unCentro de Saúde conPunto de Atención Continuada, dependente daÁrea Sanitaria de Ferrol. A oferta sanitaria privada inclúe centros de fisioterapia, auditivos, podolóxicos, pediátricos, psicolóxicos, psicotécnicos, podolóxicos, clínicas dentais, ópticas e consultas médicas[124].
Amais dos efectivos da Policía Local, na parroquia deVilar hai desde mediados da década de 1970 unha Casa-cuartel daGarda Civil[125], que substituíu a antiga situada nos baixos da Cátedra de Latinidade[126].
Bernardo Fernández (PSdeG-PSOE) é o alcalde de Pontedeume desde xuño de 2015. No seu segundo intento de acceder á alcaldía logrou a maioría absoluta, obtendo os mellores resultados do seu partido nas eleccións municipais e rematando cos oito anos de goberno deGabriel Torrente[53]. Revalidou a maioría absoluta nas eleccións de 2023, mantendo o número de concelleiros (9), aínda que cunha lixeira baixada de votos.
Pontedeume contou unicamente con catro alcaldes ao longo da democracia:Celestino Sardiña (AP, 1979-1987),Belarmino Freire (PSdeG-PSOE, 1987-2007), Gabriel Torrente (PP, 2007-2015) e Bernardo Fernández desde 2015.
Resultados dos partidos que acadaron representación nas eleccións municipais de 2023
Partido
Votos
% Votos válidos
Concelleiros
PPdeG
760
17,85%
2
PSdeG-PSOE
2.662
62,53%
9
BNG
788
18,51%
2
Nas últimas eleccións de 2023, só se presentaron tres partidos políticos e os tres obtiveron representación no concello: OPPdG con 2 concelleiros, oPSdeG-PSOE con 9 concelleiros e oBNG con 2 concelleiros. Non se presentaron O Grupo Pontedeume Siglo XXI (GPSXXI), que si o fixeran nas eleccións de 2011 e 2015, e Somos Maioría que no 2015 non logrou chegar ao centenar de votos.
A pesar de ser un sindicato minoritario, aUnión Sindical de Traballadores de Galicia (USTG) ten unha certa implantación no concello, contando cun número suficiente de afiliados para formar unha Unión comarcal[127].
Ata2014 era o único sindicato que posuía delegación en Pontedeume. En abril dese ano formouse nos estaleiros deNavantia na ría de Ferrol oMovemento Alternativo Sindical (MAS), como unha escisión da USTG. Algúns dos afiliados eumeses deste sindicato pásanse á nova formación e establecen sede en Pontedeume[128].
Durante a primeira década doséculo XXI existiu en Pontedeume o Colectivo Fusquenlla, que tivo un protagonismo importante na denuncia de ilegalidades e irregularidades, principalmenteurbanísticas[129].
O27 de abril de 2007 presentouse aAsociación de Veciños de Pontedeume. Entre os seus obxectivos destacan a loita contra o amiguismo, ocaciquismo e acorrupción; que se teña en conta a opinión dos veciños nos asuntos locais; e a vixilancia do cumprimento por parte dos políticos locais das súas obrigas[130].
↑15,015,115,2De Castro 2007, §I.1. Desarrollo morfológico y proceso de denominación hasta mediados del siglo XIX: la fase democrática de la denominación
↑34,034,134,234,3De Castro 2007, Prehistoria, Edades Antigua y Media en la comarca eumesa: bibliografía y estado de la cuestión (Cátedra nº 14)(encastelán)
↑Abelairas, Bea (2013). "El santuario de Breamo fue un convento hasta finales del siglo XVI".El Comarcal de Ferrolterra, Eume y Ortegal(encastelán) (La Voz de Galicia) (12): 15.
↑Vilariño, Sindo 2005, Escolma da nosa historia: Un lustro coa publicación deAlfoz. Suma e sigue para a historia da prensa local (Cátedra nº 12)(encastelán)
De Castro, Carlos (2007). Concello de Pontedeume, ed.Calles, Plazas y Jardines de Pontedeume. Denominación, Morfología y Actividad en el Espacio Público (1270-1970)(en castelán).ISBN978-84-921952-4-4. DL C-1873-2007.
Piñeiro de San Miguel, Esperanza; Gómez Blanco, Andrés (2000). Pluma Estudio Gráfico, ed.De lenda en lenda. Camiños máxicos polo noroeste de Galicia.ISBN84-931221-0-6. DL C-2323/1999.