Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Ponteceso

Coord.:43°14′34″N8°54′02″O / 43.2429,-8.9005
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Ponteceso.
Modelo:Xeografía políticaPonteceso
Imaxe

Localización
lang=glEditar o valor en WikidataMapa
 43°14′34″N8°54′02″O / 43.2429,-8.9005
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia da CoruñaEditar o valor en Wikidata
CapitalPontecesoEditar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación5.318(2024)Editar o valor en Wikidata (57,8hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie92,01 km²Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano AtlánticoEditar o valor en Wikidata
Altitude387 mEditar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• AlcaldeEditar o valor en WikidataXosé Lois García CarballidoEditar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en PontecesoEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15110Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE15068Editar o valor en Wikidata

Sitio webponteceso.netEditar o valor en Wikidata

Ponteceso é un concello daprovincia da Coruña, pertencente ácomarca de Bergantiños. Segundo oIGE no ano2018 tiña 5.565 habitantes (5.789 no ano 2015, 6.065 no2012, 6.134 no2011, 6.215 no2010). O seu xentilicio(véxase no Galizionario) é «pontecesán».

Xeografía

[editar |editar a fonte]

Situación

[editar |editar a fonte]

Limita cos concellos deCabana de Bergantiños,Carballo,Coristanco eMalpica de Bergantiños. Está formado por 14 parroquias, sendo as máis poboadas as deTella (1.102 habitantes no 2018),Corme Porto (1.077 habitantes no 2018) eCospindo (679 habitantes no 2018). Os centros médicos atópanse no lugar dePonteceso e enCorme Porto, onde se sitúa tamén o único porto pesqueiro do concello.

Demografía

[editar |editar a fonte]
Censo total5.789(2015)
Menores de 15 anos515 (8.9 %)
Entre 15 e 64 anos3.481 (60.13 %)
Maiores de 65 anos1.793 (30.97 %)
Evolución da poboación de Ponteceso  Fontes:INE eIGE.
1900193019501981200420092011201220132014201520162017201820192020202120222023
6.9878.5179.3238.7146.8106.3026.1346.0655.964
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos doINE e doIGE poden non coincidir.)
Casa consistorial.

Cultura

[editar |editar a fonte]

Toponimia

[editar |editar a fonte]

O topónimo da vila provén dolatínPonte caesa (que significa Ponte pechada ou cortada). Algúns historiadores afirman que o topónimo débese a que a ponte orixinal, de orixe romana que unía os actuais municipios deCabana de Bergantiños ePonteceso, se derrubou dando lugar ao nomeponte caesa (ponte cortada).[Cómpre referencia]

O primeiro censo no que se nomea o concello co nome de Ponteceso é o de 1877. Anteriormente o concello foi coñecido co nome deBugalleira.[1]

Etnografía

[editar |editar a fonte]

Festas e celebracións

[editar |editar a fonte]

En Ponteceso celébranse multitude de festas de toda índole: relixiosas, pagás e gastronómicas.

Na primeira semana dexullo celébrase aFesta dopercebe, e a segunda fin de semana desetembro celébrase afesta da Barquiña que é a festa principal do concello sendo oluns e omartes días festivos locais.
Outras festas relevantes son a daVirxe do Faro, celebrada o8 de setembro, e a de San Bernardo da Graña, celebrada o20 de agosto. Ademais noDía das Letras Galegas celébranse varias actividades culturais no Couto.

Entre as festas destacan:

Capela Virxe do Faro

Economía

[editar |editar a fonte]

A agricultura en Ponteceso ten certa importancia, con cultivos comomillo epataca. Nos últimos anos o municipio desenvolveu un bo sector turístico arredor da vila mariñeira deCorme. Na capital pontecesán o comercio e os servizos son as actividades maioritarias. As capturas de diversos mariscos, como por exemplo opercebe, son tamén importantes para a economía local.

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Galería de imaxes de Ponteceso.
  • Ponte sobre o río Anllóns
    Ponte sobre o río Anllóns
  • Pazo Pondal
    PazoPondal
  • Capela da Virxe do Faro
    Capela da Virxe do Faro
  • Praia de Balarés
    Praia de Balarés

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Ministerio de Facenda e Administracións Públicas de España."Variaciones de los municipios de España desde 1842."(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 22 de xaneiro de 2015. Consultado o 30 de abril de 2014. (encastelán)

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  PontecesoModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Galicia |Provincia da Coruña | Parroquias dePonteceso

Anllóns (San Fins) |Brantuas (San Xián) |Cores (San Martiño) |Corme Aldea (Santo Adrán) |Corme Porto (Nosa Señora dos Remedios) |Cospindo (San Tirso) |A Graña (San Vicenzo) |Langueirón (San Xián) |Nemeño (San Tomé) |Niñóns (San Xoán) |Pazos (San Salvador) |Tallo (Santo André) |Tella (Santo Eleuterio) |Xornes (San Xoán)

Comarca de Bergantiños
Control de autoridades

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobreconcellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo.Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipediamellore e medre.
 Existen igualmente outrosartigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ponteceso&oldid=6946536»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp