
Apontes de viga,ponte de vigas,ponte de trabe ouponte de trabes son as formas estruturais máis sinxelas para asluces das pontes apoiadas por un estribo ouun piar en cada extremo.[1][2] Non se transfirenmomentos ao longo do soporte, polo que o seu tipo estrutural coñécese comosimplemente apoiado.
Aspontes deseñadas parainfraestruturas modernas adoitan estar construídas deaceiro ouformigón armado, ou unha combinación de ambos. Os elementos de formigón poden serarmados, pretensados ou postesados. Tales pontes modernas poden incluír vigas de placas,vigas de caixa, e todo tipo de pontes de vigas.
A ponte de vigas máis sinxela pode ser un tronco (ponte de troncos), unha táboa de madeira ou unhalousade pedra (ver pontella, pontillón ouponte de batea) posta sobre unregato.
Os tipos de construción poderían incluír moitasvigas lado a lado cunha cuberta na parte superior delas, ata unha viga principal a cada lado que apoia unha cuberta entre elas. As vigas principais poden ser vigas en I, cerchas ouvigas de caixa. Poden ser a medias (half-through) ou arriostradas na parte superior para crear unha ponte de paso.Debido a que non se transfiren momentos, o pulo (como procedente dunha ponte de arco) non se pode acomodar, o que leva a deseños innovadores, como cerchas lenticulares e arcos tesados de corda, que conteñen as forzas horizontais dentro da superestrutura.
As pontes de vigas non se limitan a un únicotramo. Algúnsviadutos, como a ponte de Feiyunjiang naChina, teñen varias luces simplemente apoiadas en piares. Isto oponse aosviadutos que utilizan vaos continuos sobre os piares.
As pontes de vigas adoitan usarse só para distancias relativamente curtas porque, a diferenza doutras pontes, non teñen apoios incorporados. Os únicos apoios son proporcionados por piares. Canto máis afastados sexan os seus soportes, máis débil se fai unha ponte de vigas. Como resultado, as pontes de vigas raramente abranguen máis de 80metros (250 pés). Isto non significa que as pontes de vigas non se utilicen para atravesar grandes distancias; só significa que hai que unir unha serie de pontes de vigas, creando o que se coñece como luz ou van continuos.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ponte de trabe |