Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Ponte Vella Internacional Tui-Valença

Coord.:42°02′11″N8°38′49″O / 42.036398,-8.646956
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ponte Vella Internacional Tui-Valença
TuiEditar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Parte de
 Material usado
Persoas e organizacións
 Deseñador/a
Datas e cronoloxía
 Fundación
1885Editar o valor en Wikidata
 Acontecementos
2000reconstrución
25 de marzo de 1886inauguración
1884construciónEditar o valor en Wikidata
Transporte
 Permite o paso de
Dimensión
Lonxitude399 mEditar o valor en Wikidata
Número de arcos5Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Altitude
15 mEditar o valor en Wikidata
 Atravesa
Patrimonio cultural
Sen protección legal
Fontes e ligazóns
Redes
Patrimonio Galego: 27023
Wikidata C:Commons

APonte Vella Internacional Tui-Valença sobre orío Miño, entreGaliza, no estadoespañol, e odistrito de Viana do Castelo, enPortugal, está destinada ó tránsito de peóns, vehículos (orixinalmente carruaxes) eferrocarril.

Historia

[editar |editar a fonte]

É falsa a lenda de que é obra deGustave Eiffel ou un dos seus discípulos.[1] Foi deseñada polo enxeñeiro e deputadorioxanoPelayo Mancebo y Agreda.[2] Inaugurouse oficialmente o25 de marzo de1886, case ano e medio despois da súa finalización. Custou seis millóns de reais.

Durante máis de cen anos soportou moito tráfico, ao ser a única ponte para salvar oMiño,fronteira natural entre aprovincia de Pontevedra ePortugal. Aliviou moito o tránsito a construción das pontes internacionais deSalvaterra de Miño eMonção (15,5km río arriba),Goián eVila Nova de Cerveira (14 km río abaixo), e a ponte Tui-Valença (1993) da autovía (670 metros río abaixo).

Durante séculos, as e osperegrinos chegaban a Tui dendePortugal cruzando o río en barcas. A partir de 1884, a ponte pasou a formar parte doCamiño portugués doCamiño de Santiago.

A finais do ano 2000 foi renovada e mellorada. Por ela transitan catrotrens diarios e segue a ser a única conexión ferroviaria entre Galiza e Portugal.

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]
  • Na esquina inferior dereita o Parador de Tui, ó fondo a Fortaleza de Valença.
    Na esquina inferior dereita o Parador de Tui, ó fondo a Fortaleza de Valença.
  • Entrada da ponte desde Portugal.
    Entrada da ponte desde Portugal.
  • Peregrinos do Camiño portugués.
    Peregrinos doCamiño portugués.
  • Interior da ponte.
    Interior da ponte.
  • Interior da ponte á noite.
    Interior da ponte á noite.
  • Panorámica da ponte
    Panorámica da ponte
  • Un CP pasando pola ponte vella
    Un CP pasando pola ponte vella
  • Vista das vías do tren da ponte
    Vista das vías do tren da ponte
  • Litografía da ponte
    Litografía da ponte
  • Litografía do proxecto da ponte
    Litografía do proxecto da ponte
Ponte Vella Internacional Tui - Valença
Ponte Vella Internacional Tui - Valença visto desde aFortaleza de Valença

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. El puente que soldó el Miño cumple 125 años(encastelán),La Voz de Galicia, 11/10/2009.
  2. Eleccións nas que foi deputado Pelayo Mancebo y Agreda(encastelán).Congreso dos Deputados.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Ponte Vella Internacional Tui-ValençaModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ponte_Vella_Internacional_Tui-Valença&oldid=6987072»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp