Polonia[1] (enpolaco: Polska, [ˈpɔlska] (AFI), escoitar), oficialmenteRepública de Polonia (Rzeczpospolita Polska), é un país daEuropa central membro daUnión Europea (UE), cuxa capital e maior aglomeración urbana é a cidade deVarsovia. Polonia fai fronteira conAlemaña polo oeste; aRepública Checa eEslovaquia polo sur;Ucraína,Belarús eLituania polo leste; e omar Báltico e o enclaveruso deKaliningrado polo norte. O país abrangue unha superficie de 312.696[2][3]km²[4], facendo de Polonia o sexasésimo noveno país do mundo e o noveno deEuropa[Cómpre clarificar]. Polonia ten unha poboación por riba dos 38 millóns de habitantes[4], o que o converte no trixésimo cuarto país máis poboado do mundo e o oitavo de Europa[4]. Polonia é un Estado unitario dividido en 16 subdivisións administrativas.
O territorio polaco comprende na súa porción máis grande ao norte parte dagran chaira europea e abarca ao sur territorio montañoso dosSudetes, osCárpatos e aSerra da Santa Cruz. A súa capital e cidade máis poboada éVarsovia, a capital histórica de Mazovia, aínda que para moitos polacos, é máis importante a antiga capital,Cracovia, ePoznan, a capital antiga dos polacos, devanceiros de Polonia.
A orixe do nome de Polonia e o xentilicio dospolacos inclúeendónimos (a maneira de se referiren a si mesmos e ao seu país) e exónimos (a forma en que outros pobos se refiren aos polacos e do seu país). Os endónimos e a maioría dos exónimos dos polacos e de Polonia derivan do nome dospolanos, unha triboeslava occidental.
A orixe do nomePolanie en si é incerto. Podería derivar dalgunhas palabras polacas como"pole" (campo), xa que predominan as terras eouteiros baixos en toda esta vasta rexión, desde a costa báltica aos contrafortes dosmontes Cárpatos.Inter Alpes Huniae et Oceanum est Polonia, sic dicta en eorum idiomate cuasi Campania é a descrición porGervasio de Tilbury na súaOtia Imperialia (Recreación para o emperador, 1211). Nalgunhas linguas, os exónimos para Polonia derivan doutro nome tribal,Lechitas (Lechici).
Segundo a regestaDagome iudex,[5] datada do ano 991 d. C., faise mención das terras Civitas Schinesghe, que é o nome co que se autodenominaban os habitantes desas terras (actual Polonia), que á súa vez, é como se chamaba daquela oDucado de Polonia.[6]
Os homínidos parecen estar presentes na actual Polonia desde hai cincocentos mil anos. Oseslavos asentáronse neste territorio desde hai 1500 anos e a historia de Polonia como estado case abarca un milenio. O territorio ocupado por Polonia variou enormemente durante a súa historia. No século XVI, durante aRepública das Dúas Nacións, formaba a nación máis grande de Europa, antes do crecemento doImperio ruso. Desde ese momento non existiu unha estrutura polaca independente ata a recuperación da independencia en 1918, e tras máis dun século de goberno por parte dos seus veciños, pero as súas fronteiras foron alteradas novamente despois dasegunda guerra mundial.
Noséculo X aparece Polonia como nación; gobernárona unha serie de fortes líderes que converteron aos polacos aocristianismo, creando un reino poderoso e integrando a Polonia na cultura europea. Noséculo XIII a fragmentación interna determina a erosión da nación inicial, pero ao longo do século consolídase a base do novo Estado dominante que estaba por chegar.
Grazas á cooperación de ambos os países, osexércitos lituano e polaco venceron aOrde Teutónica nabatalla de Grunwald en 1410. Foi a maior batalla en chan europeo librada en todo o século XV. A amizade foi beneficiosa para os polacos e lituanos, que desempeñaron o papel dominante nun dos imperios máis importantes deEuropa polo seguintes tres séculos.
Wawel, sede dos reis polacos.Cracovia foi a capital do país desde 1038 ata o traslado aVarsovia en 1596.
ONihil novi, acta adoptada poloSejm en1505, transferiu máis poder lexislativo ao Sejm que ao monarca. Este evento marcou o principio do período chamado a «Mancomunidade dos nobres» cando oestado era gobernado por «libres e iguais», aszlachta[7]. AUnión de Lublin de 1569 estableceu a Mancomunidade polaco-lituana como un participante moi influente napolítica ecultura europea.
En 1651, debido á crecente ameaza dos seus aliadostártaros, oatamáncosacoKhmelnytsky pediu ao tsarAlexis I de Rusia que incorporaseUcraína aos seus dominios, en calidade de ducado autónomo baixo a protección rusa.[8] Desta maneira a influencia rusa substituíu a polaca en 1654. A segunda ofensiva contra a mancomunidade foi a invasión sueca en 1655, na que participaron taménTransilvania eBrandeburgo, e que se coñece como «Avalancha».
Despois dos seguintes dezaseis anos deguerra cos otománs (1682-1699), estes tiveron que retirarse dos territorios ao norte doDanubio, que nunca volveron ocupar; a guerra acabou así mesmo coa ameaza otomá naEuropa central.
No século XVIII a democracia dos nobres gradualmente declinou na desorganización, facendo á vez unha poderosa mancomunidade, vulnerable ás influencias estranxeiras. Eventualmente todos quixeron unha parte de Polonia, e obtivérona,borrando Polonia do mapa en1795. A idea de independencia polaca mantívose ata o século XIX. A localización de Polonia no centro de Europa volveuse significativa nun período en quePrusia e aRusia Imperial estaban intensamente involucradas nas rivalidades e alianzas europeas e os Estados modernos establecíanse por completo nocontinente.
Desde o verán de 1915, Alemaña e Austria-Hungría ocuparan todos os territorios historicamente polacos, grazas á eficacia daofensiva de Gorlice-Tarnów. Os alemáns propuxeron a creación dun reino polaco o 5 de novembro de 1916 e ese mesmo día os emperadores Guillerme II de Alemaña e Francisco Xosé I de Austria proclamaron o reino independente de Polonia. A elección dun rei foi posposta, sempre considerándose como candidatos a membros da nobreza daCasa de Habsburgo. A independencia deste estado polaco ocupado militarmente era dubidosa, e o gobernador xeral alemán, coronel xeralHans Hartwig von Beseler, exercía o poderde facto.
Coa firma doarmisticio de Compiègne, o gobernador von Beseler cedeu o poder ao xeneral polacoJózef Piłsudski o 11 de novembro de 1918.[9] Esta transferencia de poder significou o restablecemento dun estado polaco realmente independente tras 123 anos de ocupación estranxeira (1795-1918). Logo dasublevación polaca en territorios de Alemaña (1918–1919), Polonia gañou máis terreo. NoTratado de Versalles, recoñeceuse internacionalmente a independencia polaca, e a súa fronteira occidental foi definida, sendo a creación duncorredor polaco unha das innovacións máis polémicas. Aínda que Polonia estivo en paz con Alemaña, a súa integridade territorial estaba lonxe de ser segura.
En efecto, algunhas rexións poboadas porucrainanos dentro de Austria-Hungría[10] declararon as súas intencións de independizarse baixo o nome daRepública Nacional de Ucraína Occidental, en outubro de 1918. Tales rexións incluían aGalitzia, aRutenia transcarpática e aBucovina. ARepública Popular de Ucraína negociara secretamente eses territorios cos austro-húngaros desde febreiro do mesmo ano, aínda que finalmente non o conseguiu.[11] A maioría polaca enLviv,[12] capital do novo estado, non desexaba formar parte dunha Ucraína occidental, e iniciaron un levantamento anti-ucraíno. Este levantamento recibiu axiña o apoio polaco, o que motivou que as dúas repúblicas ucraínas se unisen en xaneiro de 1919 (véxaseguerra polaco-ucraína).[13] Esta unión foi simbólica,[13] xa que non significou ningunha melloría para a situación militar dos ucraínos da Galitzia. Cara a xullo de 1919, os exércitos ucraínos foron derrotados e os territorios de Ucraína occidental foron asimilados por Polonia. Tal anexión non sería recoñecida polaSociedade de Nacións ata marzo de1923.[13]
A República Popular Ucraína recoñeceu as ganancias polacas no oeste,[13] a cambio de recibir apoio naOfensiva de Kíiv,[14][15] cuxo obxectivo era asegurar a creación dun estado ucraíno con fronteiras sólidas ante osbolxeviques. O inicio daguerra polaco-soviética non deu os resultados esperados: unha contraofensiva soviética devolveu aos polacos ás súas fronteiras e aínda máis aló. A inicios de agosto de 1920, unidades doExército Vermello, comandadas polo comandanteMikhail Tukhachevsky, achegáronse aVarsovia, no que se consideraba o último paso da subxugación de Polonia.[16] O resultado dabatalla de Varsovia deu un envorco sorprendente o 16 de agosto, cando tropas de reserva ao mando do xeneral Józef Piłsudski contraatacaron, expulsando os soviéticos de Polonia. Unha segunda derrota importante nabatalla do Río Niemen, motivou aos bolxeviques para propoñer un tratado de paz.[17] Polonia, exhausta,[17] aceptou definir unha nova fronteira logo dunha serie de curtas negociacións. A nova fronteira foi plasmada naPaz de Riga. Durante a guerra, os territorios destinados para o estado ucraíno foron dados a Polonia e á recentemente establecidaUcraína soviética.[15][17]
Polonia tamén loitou en dúas guerras curtas contraChecoslovaquia eLituania, en 1919 e 1920 respectivamente, logrando un arranxo fronteirizo na primeira e anexionando a capital lituanaVilnius e o 20% do territorio na última. Con Lituania mantívose en estado de guerra ata o inicio da segunda guerra mundial, cando miles de militares polacos pediron asilo en Lituania, escapando do exército nazi.
Aínda que a política polaca durante operíodo de entreguerras estipulaba que a alianza militar con Francia obtida nosTratados de Locarno era a mellor garantía contra Alemaña e a Unión Soviética, isto non impediu que Polonia asinase pactos de non-agresión cos soviéticos en 1932. Aínda que os bolxeviques ameazaron con romper o pacto se Polonia ocupaba territorios checoslovacos durante aCrise dos Sudetes; estas ameazas non se cumpriron, e Polonia anexionouseZaolzie. Este pacto foi reafirmado en 1938.
Polonia tamén asinou un pacto de non-agresión coaAlemaña nazi en 1934. Logo de que os polacos se negasen a permitir que aCidade Libre de Danzig fose devolta a Alemaña,Hitler anulou o pacto en abril de 1939.[18]
O 1 de setembro de 1939,Alemaña invadiu Polonia. Dous días despois, o Reino Unido e Francia declararon a guerra ao agresor, o que deu inicio ásegunda guerra mundial. O 17 de setembro, comezou ainvasión soviética de Polonia. O exército alemán e o soviético non se atacaron entre si e dividíronse Polonia, como acordaran nunha cláusula secreta asinada no pacto de non agresiónRibbentrop-Molotov.
Osnazis executaron unhaguerra lóstrego moi efectiva, avanzando moi axiña. Na conquista de Polonia, lanzaron bombardeos e ataques que devastaron a nación. Ante a resistencia, os alemáns endureceron as súas ofensivas sobre as cidades, que destruíron en parte e mataron miles de persoas. A comezos de outubro de 1939, Polonia rendeuse.
Na Polonia ocupada, encerraron os xudeus dentro das cidades deVarsovia eLodz. Nesesguetos, o amontoamento, a fame e as enfermidades cobráronse miles de vidas. De entre eles seleccionábase as persoas para enviar por ferrocarril aos campos de exterminio, onde enviaban a poboación xudía local e doutros países ocupados, ademais de xitanos e disidentes de Alemaña.
Varsovia, capital de Polonia, destruída polos alemáns tras o alzamento de 1944.
En agosto de 1944, comezou oalzamento de Varsovia, planificado poloArmia Krajowa ouExército Territorial, que representaba ogoberno constitucional no exilio. Formaba parte daOperación Tempestade, para liberar Polonia antes de que o fixese aUnión Soviética. As tropas polacas sostiveron 63 días o asedio alemán, pero ante a falta de apoioaliado, foron superadas polas moito mellor equipadas tropas alemás. O final da contenda saldouse con 250.000 civís de Varsovia mortos, a maioría executados, e máis do 85% dos edificios da cidade destruídos.
A segunda guerra mundial causou en Polonia un trauma abafador. As súas cidades foron destruídas e o 20% da poboación foi asasinada polos alemáns ou morta polos ataques. Gran parte da identidade da nación foi ultraxada e o 80% dos edificios importantes reducidos a entullos. A reconstrución do país iniciouse durante aGuerra fría, ata alcanzarse na década de 1980.
ALiña Curzon e cambios territoriais de Polonia entre 1939 e 1945.
Ao final da segunda guerra mundial, a URSS quedou co territorio de Polonia ata a liña Curzon e osterritorios da cidade alemá de Königsberg; en compensación, acordouse noacordo de Potsdam que a fronteira oeste de Alemaña se desprazase a liña Oder-Neisse, perdendo así Alemaña o 25 % do seu territorio, co que finalmente Polonia só perdeu o 20 % da súa superficie restando o que lle quitou a URSS do que gañou de Alemaña.
Isto xerou a saída forzosa de varios millóns de polacos das súas terras, e de catorce millóns de alemáns das súas, de entre os cales medio millón de alemáns morreu durante a expulsión. De entre os que optaron por quedar, exerceuse sobre eles unha política de represión, levando a cabo leis por exemplo que prohibían falar alemán, recibindo multas por iso, debido a estas políticas, a maior parte dos que decidiran quedar víronse obrigados a emigrar a Alemaña.
A fins dos anos 1980 un movemento de oposición ao goberno, encabezado polo sindicato obreiroSolidarność logrou poñer en xaque o réximecomunista, apoiado polaspotencias occidentais e aIgrexa católica, que logrou influír no proceso, a través dos seus líderes, para afianzar a restauración das liberdades democráticas, así como ocapitalismo e o libre mercado como bases do sistema económico (xa iniciada a través de reformasliberalizadoras pola anterior administración) baixo un réximemultipartidista electoralparlamentario- Isto deu lugar ao moderno Estado polaco, que cambiou o seu nome oficial para República de Polonia.[19] Polonia ingresou naUnión Europea en 2004.
O territorio de Polonia esténdese a través de varias rexións xeográficas, entre aslatitudes 49° e 55° N e aslonxitudes 14° e 25° E. Ao noroeste atópase a costa do mar Báltico, que se estende desde abaía de Pomerania aogolfo de Gdansk. Esta costa está marcada por varias albufeiras, lagos costeiros (antigas baías que foron illadas do mar), e dunas. A liña de costa, en gran parte recta, interrómpese polalagoa de Szczecin, a baía de Puck, e alagoa do Vístula. O centro e boa parte do norte esténdense dentro dachaira nordeuropea.
Sobresaíndo por encima destas terras baixas, é unha rexión xeográfica que comprende os catro distritos montañosos demorena elagos de morena represados formados durante e despois da idade de xeo doPlistoceno. Estes distritos son o lago dePomerania, o Gran polaco, oCasubia e oDistrito dos lagos de Masuria. O Distrito dos lagos de Masuria é a maior dos catro e cobre gran parte do nordés de Polonia. Os distritos do lago forman parte da cordilleira do Báltico, unha serie de cintas de morena ao longo da beira sur domar Báltico.
Polonia ten 70 montañas de máis de 2000 m de altitude, todas nos montes Tatras. O Tatra polaco, que consiste nos Altos Tatras e os Tatras Occidentais, é o grupo da montaña máis alta de Polonia e de toda a cordilleira dos Cárpatos. Nos Altos Tatras atópase o punto máis alto de Polonia, o noroeste do pico Rysy, de 2499 m. Aos seus pés atópase o lago Negro, ao pé do monteRysy e Morskie Oko (Ollo Mariño).
O segundo grupo de montañas máis alto do país son as montañas Besquides, cuxo pico máis alto é oBabia Góra, a 1725 m. Os seguintes grupos de montañas máis altas atópanse nas montañas dos Xigantes, nos Sudetes, cuxo punto máis alto é oSněžka, a 1602 m; e as montañas deKrálický Sněžník, cuxo punto máis alto é Snieznik, a 1425 m.
O único deserto situado en Polonia esténdese sobre a Conca de Dąbrowa (situada preto da cidade deDąbrowa Górnicza). Chámase odeserto de Błędów, situado noVoivodato de Silesia no sur de Polonia. Ten unha superficie total de 32 quilómetros cadrados. É un do únicos cinco desertos naturais en Europa. Tamén é o deserto máis caloroso desas latitudes. O deserto de Błędów xurdiu hai miles de anos por unglaciar que se derreteu. A estrutura xeolóxica específica foi de grande importancia. O espesor medio da capa de area é duns 40 metros, cun máximo de 70 metros.
A actividade domar Báltico noparque nacional de Słowiński creoudunas de area, que co transcurso do tempo separaron a baía do mar creando dous lagos. Ao levaren as ondas e o vento a area para as dunas, estas móvense lentamente a unha velocidade de 3 a 10 metros por ano. Algunhas dunas son bastante altas (ata 30 metros). O pico máis alto do parque (Rowokol de 115 metros) é tamén un excelente punto. As áreas ao redor das cidades deSzczecin,Świnoujście eGdańsk eElbląg foron formadas polos ríosOder eVístula.
A temperatura media no verán ao nivel do mar ao longo da costa domar Báltico é de 22 °C.
O clima é maiormentetemperado en todo o país. O clima éoceánico no norte e oeste, e gradualmente vólvese máis cálido e continental cara ao sur e o leste. Os veráns son xeralmente cálidos, con temperaturas medias entre 18 e 30 °C en función dunha rexión. Os invernos son fríos, con temperaturas media de 3 °C no noroeste e -6 °C no nordés. As precipitacións son frecuentes durante todo o ano, aínda que, sobre todo no leste; no inverno é máis seco que no verán.
A rexión máis cálida en Polonia é a daBaixa Silesia situado no suroeste de Polonia, onde as temperaturas no verán media entre 24 e 32 °C, pero pode chegar de 34 a 39 °C nalgúns días de xullo e agosto. As cidades máis cálidas de Polonia sonTarnów eCracovia, ambas as situadas noVoivodato da Pequena Polonia. As temperaturas medias enCracovia son 20 °C no verán e 0 °C no inverno. Tarnów ten o verán máis longo de toda Polonia, de 115 días, a partir de mediados de maio a mediados de setembro. A rexión máis fría de Polonia atópase no nordés noVoivodato de Podlaquia, preto da fronteira conBelarús eLituania. A cidade máis fría éSuwałki. O clima vese afectado polas frontes frías que veñen deEscandinavia eSiberia. A temperatura media no inverno en Podlaquia oscila -4 °C -15 °C.
Orío Vístula ao seu paso por un dos históricos conventos fortificados deCracovia. O río é o máis longo de Polonia, percorre todo o seu curso a través de Polonia antes de desaugar no mar Báltico preto deGdańsk.
Osríos máis longos son oVístula, con 1047 quilómetros de longo; oOder con 854 quilómetros de longo e que forma parte da fronteira occidental de Polonia; o seu afluente, oVarta con 808 quilómetros de longo; e oBug Occidental, un afluente do Vístula, de 772 quilómetros de longo. O Vístula e o Oder desembocan nomar Báltico, do mesmo xeito que numerosos ríos menores enPomerania.[22]
Os ríosŁyna eAngrapa flúen a través dorío Pregolya ata o mar Báltico, mentres que oCzarna Hańcza desemboca no mar Báltico a través dorío Niemen. Aínda que a gran maioría dos ríos de Polonia desembocan no mar Báltico, asmontañas Beskidy de Polonia son a orixe dalgúns dos afluentes superiores dorío Orava, que flúen a través doVáh e oDanubio aomar Negro. As montañas Beskidy orientais son tamén a fonte dalgúns arroios que desembocan a través doDnister ata o mar Negro.
Os ríos de Polonia utilizáronse desde tempos remotos para a navegación. Osviquingos, por exemplo, viaxaron polo Vístula e o Oder nos seusdrakkar. NaIdade Media e nos tempos modernos, cando aMancomunidade de Polonia-Lituania era oceleiro de Europa;[23] os envíos degran e outros produtos agrícolas, trasladábanse polo Vístula cara aGdańsk e de alí a outras partes de Europa onde adquiriron grande importancia.[23]
Ademais dos distritos do norte (en Masuria, Pomerania,Kashubia,Lubusz, eGran Polonia), tamén hai un gran número de lagos de montaña nosmontes Tatras, dos cales o Morskie Oko é o maior. O lago coa maior profundidade, de máis de 100 metros, é olago Hańcza, ao leste de Masuria noVoivodato de Podlaquia.
Entre os primeiros lagos cuxas costas foron poboadas, foron as daGran Polonia. Os palafitos deBiskupin foron ocupados por máis dun milleiro de habitantes, e foron fundados antes do século VII a. C. pola xente dacultura lusaciana.
Os lagos sempre desempeñaron un papel importante na historia de Polonia e seguen sendo de grande importancia para a sociedade polaca moderna. Os antepasados dos polacos de hoxe, ospolanos, construíron as súas primeiras fortalezas nas illas destes lagos. O lendario príncipePopiel gobernou enKruszwica desde unha torre erixida no lago Gopłou. O primeiro gobernante historicamente documentado de Polonia, o duqueMiecislao I, tiña o seu palacio nunha illa no río Varta enPoznan. Hoxe en día os lagos polacos proporcionan un lugar para a práctica de deportes acuáticos como anavegación de recreo ou deportiva e owíndsurf.
A costa báltica de Polonia é de aproximadamente 528 quilómetros de longo e esténdese desdeŚwinoujście nas illas deUsedom eWolin no oeste deKrynica Morska naBarra do Vístula ao leste. Na súa maior parte, Polonia ten unha costa suave, conformada polo movemento continuo da area polas correntes e ventos. Esta continua erosión e deposición formou cantís, dunas e barras, moitas das cales acabaron creando lagoas, como o lago Łebsko noParque nacional de Słowińesquí.
Antes do final dasegunda guerra mundial e a posterior modificación das fronteiras nacionais, Polonia tiña só unha pequena liña de costa; esta atopábase ao final doCorredor polaco, o territorio polaco recoñecido internacionalmente, que daba o acceso do país ao mar. Despois da segunda guerra mundial, o novo trazado das fronteiras de Polonia e o consecuente 'cambio' das fronteiras do país resultaron nunha considerable incremento da lonxitude costeira. Debido a importancia deste evento, e a importancia da mesma para o futuro de Polonia como nación industrializada, coñécese como ásVodas de Polonia co Mar de1945.
Polonia é o cuarto país máis boscoso de Europa. Os bosques cobren aproximadamente o 30,5% da superficie terrestre de Polonia sobre a base de normas internacionais, e a súa porcentaxe global segue aumentando. Osbosques de Polonia son administrados polo programa nacional de reforestación (KPZL), co obxectivo dun aumento da cuberta forestal para así alcanzar o 33% no ano 2050. A riqueza dos bosques de Polonia é máis de dúas veces superior á media europea (con Alemaña e Francia na parte superior), que contén 2.304 millóns de metros cúbicos de árbores. O complexo forestal máis grande de Polonia é a área salvaxe daBaixa Silesia.
Máis de 1% do territorio de Polonia, 3.145 quilómetros cadrados, está protexido dentro de 23parques nacionais. Outros tres parques nacionais proxéctanse para Masuria, a meseta de Cracovia-Czestochowa, e asmontañas Beskidy. Ademais, aszonas húmidas ao longo de lagos e ríos no centro de Polonia están legalmente protexidas, como son as zonas costeiras no norte. Hai máis de 120 áreas designadas como parques naturais, xunto con numerosas reservas naturais e outras áreas protexidas (por exemplo, aRede Natura 2000).
Hoxe en día Polonia é un país con perspectivas agrícolas favorables, e máis de dous millóns de granxas privadas. É o principal produtor europeo depatacas ecenteo (o segundo maior no mundo para o ano 1989), o maior produtor do mundo detriticale, e un dos produtores máis importantes dacebada,avea,remolacha,cogombro,liño e froitas. É o cuarto maior provedor da Unión Europea de carne deporco, despois de Alemaña, España e Francia. Por outra banda, o goberno segue debatendo unha nova reforma agraria e a procura da opción da poxa de grandes extensións de terras agrícolas de propiedade estatal.
Nos bosques, tamén se atopan animais de caza, como ocervo, ocorzo e oxabaril. No leste de Polonia hai unha serie de bosques antigos, como o de Białowieża. Tamén hai grandes zonas boscosas nas montañas de Masuria, Pomerania, Lebus e Baixa Silesia.
Polonia acolle a zona de anidamento máis importante para unha variedade de aves migratorias europeas. De todas as aves migratorias que chegan a Europa no verán, unha cuarta parte da poboación mundial dacegoñas brancas (40.000 parellas reprodutoras) aniñan en Polonia, especialmente nos distritos do lago e as zonas húmidas ao longo doBiebrza, oNarew e o Warta, que forman parte das reservas naturais ou parques nacionais.
Polonia é unhademocracia, cunpresidente comoxefe de estado, cuxaconstitución data de1997. A estrutura do goberno céntrase no gabinete de ministros encabezado poloprimeiro ministro. O presidente nomea oConsello de ministros segundo as propostas do primeiro ministro, representante da coalición maioritaria doSejm. O presidente elíxese por voto popular cada cinco anos. O actual presidente é Andrzej Duda e o primeiro ministro éDonald Tusk.
Os votantes polacos elixen un Parlamentobicameral que consta dunha cámara baixa de 460 (Sejm) e unha cámara alta de 100 membros (Senat). O Sejm elíxese baixo unharepresentación proporcional segundo ométodo D'Hondt, método semellante ao empregado en moitos sistemas políticos parlamentarios. O Senat, porén, elíxese baixo un raro método deescrutinio maioritario plurinominal onde os candidatos con maior apoio son elixidos por cada circunscrición.
Coa excepción dos partidos que representan as minorías étnicas, só os candidatos dos partidos políticos cun 5% do voto nacional poden obter representación no Sejm. Nas sesións conxuntas, os membros do Sejm e do Senat forman a Asemblea Nacional (Zgromadzenie Narodowe). A Asemblea Nacional reúnese en tres ocasións: cando o novo presidente xura o cargo; cando se presenta unha imputación ao presidente no Tribunal do Estado (Trybunał Stanu); e cando se declara a incapacidade do presidente para exercer os seus deberes por motivos de saúde. Até o de agora tan só se produciu o primeiro caso.
Opoder xudicial xoga un papel importante na toma de decisións. As súas maiores institucións inclúen a Corte Suprema (Sąd Najwyższy); a Corte Suprema administrativa (Naczelny Sąd Administracyjny); o Tribunal Constitucional (Trybunał Konstytucyjny); e o Tribunal Estatal (Trybunał Stanu). Coa aprobación do Senat, o Sejm nomea aovaledor do pobo ou inspector para a protección dos dereitos civís (Rzecznik Praw Obywatelskich) por un período de cinco anos. O valedor do pobo ten o deber de garantir a observación e implementación dos dereitos e liberdades doscidadáns polacos e residentes, da Lei e dos principios da vida comunitaria e a xustiza social.
Os actuaisvoivodatos ou voivodías (provincias) están baseados principalmente nas rexións históricas do país, mentres que aqueles que se formaron nas dúas décadas anteriores a1998 creáronse e nomeáronse a partir de cidades. Os voivodatos creados teñen unha superficie que vai dende os 10.000 km² até os 35.000 km². A autoridade administrativa a nivel do voivodato compártese entre o voivoda (governor elixido polo goberno), unha asemblea rexional electa (sejmik) e un executivo elixido pola asemblea.
Os voivodatos subdivídense enpowiats (condados ou comarcas), e estes engminas (concellos). As cidades principais adoitan ter o status degmina epowiat á vez. Actualmente Polonia divídese en 16 voivodeships, 379 powiats (incluíndo 65 cidades co status depowiat), e 2.478gminas.
Alingua oficial da República de Polonia é opolaco. Existen minorías que falan linguas oficiais nos países veciños: ucraínos, belarusos, lituanos, checos, eslovacos e alemáns. Cómpre destacar unha lingua eslava autóctona e minorizada, ocaxubio. En2005, aprobouse a Lei de Minorías Étnicas e Linguas Rexionais que recoñece a certos concellos con minorías lingüísticas significativas o dereito a establecer unha segunda lingua auxiliar que se pode utilizar xunto co polaco en contextos oficiais. Ata 2008 son 20 os concellos que estableceron esa segunda lingua: 16 o alemán, 2 caxubio, 1 lituano e 1 belaruso.
↑Christine Zuchora-Walske (2013)."The Lakes Region". En ABDO Publishing.Poland(eninglés). p. 28.ISBN978-1-61480-877-0. Polonia é o fogar de 9.300 lagos. Finlandia é a única nación europea cunha maior densidade de lagos que Polonia.