1. Polo Sur Xeográfico 2. Polo Sur Magnético (2007) 3. Polo Sur Xeomagnético (2005) 4. Polo de inaccesibilidade.
OPolo Sur, tamén coñecido comoPolo Sur Xeográfico ouPolo Sur Terrestre, é un dos dous puntos nos que oeixe de rotación da Terra cruza a súa superficie. É o punto máis meridional da superficie daTerra e atópase no lado oposto óPolo Norte. Chámase polo sur verdadeiro para distinguilo dopolo sur magnético.
Está situado no continente daAntártida sendo este é o lugar onde se encontra oestación Amundsen-Scott, que se estableceu en 1956 e que estivo permanentemente habitada dende aquel ano. O polo Sur xeográfico non debe confundirse copolo Sur magnético.
Historia dos deseños dos marcadores do Polo surMarcador do Polo sur xeográfico, 2008O Polo sur cerimonial en febreiro de 2008.
Para a maioría dos propósitos, o Polo sur xeográfico defínese como o punto sur dos dous puntos onde oeixo de rotación da Terra cruza a súa superficie (o outro é oPolo norte xeográfico). Con todo, o eixo de rotación da Terra en realidade está suxeito a «bamboleos» moi pequenos (movemento polar), polo que esta definición non é axeitada para traballos moi precisos.
Ascoordenadas xeográficas do Polo sur adoitan indicarse simplemente como 90°S, xa que a súa lonxitude é xeometricamente indefinida e irrelevante. Cando se desexa unha lonxitude, pódese dar como0°. No Polo sur, todas as direccións miran cara ao norte. Por esta razón, as direccións no Polo danse en relación co «norte cuadriculado», que apunta cara ao norte ao longo doprimeiro meridiano.[1] Ao longo dos círculos de latitude pechados, o sentido das agullas do reloxo é o leste e o sentido antihorario é o oeste, fronte ao polo norte.
O Polo sur xeográfico atópase actualmente no continente daAntártida, aínda que non foi así durante toda aHistoria da Terra debido áderiva continental. Aséntase sobre unha meseta xeada, estéril e azoutada polo vento, a unha altitude de 2835 m sobre o nivel do mar, e atópase a uns 1300 km do mar aberto máis próximo, nabaía das Baleas. Calcúlase que o xeo ten un grosor duns 2700 m no Polo, polo que a superficie terrestre baixo omanto de xeo está realmente cerca do nivel do mar.[2]
A manto de xeo polar desprázase a un ritmo aproximado da 10 m o ano nunha dirección comprendida entre os 37° e 40° ao oeste da cuadrícula norte,[3] cara aomar de Weddell. Por tanto, a posición da estación e outros elementos artificiais en relación co polo xeográfico desprázase gradualmente co tempo.
O Polo sur xeográfico está marcado por unha estaca no xeo xunto a un pequeno sinal; estas reposicionanse cada ano nunha cerimonia odía de Ano Novo para compensar o movemento do xeo.[4] O cartel rexistra as datas respectivas en queRoald Amundsen eRobert F. Scott alcanzaron o Polo, seguidas dunha breve cita de cada home, e dá a elevación como "9,301 FT."..[5][6] Cada ano, o persoal do sitio deseña e fabrica unha nova estaca marcadora.[4]
Polo Sur Cerimonial coas bandeiras dos firmantes doTratado Antártico en 1998.
OPolo sur cerimonial é unha zona reservada para oportunidades fotográficas da Base Amundsen-Scott que consiste nunha esferametálica nun pedestal, arrodeado das bandeiras dos países firmantes doTratado Antártico orixinal.[7] Localízase a poucosmetros do Polo sur xeográfico, que está marcado unicamente por un sinal e unha estaca. Debido a que a capa de xeo se move 10 metros por ano, a estaca cámbiase de lugar cada ano enAno Novo.
O polo sur magnético é o lugar onde ocampo magnético do planeta é perpendicular á superficie, e é un sitio moi próximo ao polo sur xeomagnético e ao polo sur xeográfico, aínda que nun sentido estritamente magnético é un polo norte, cara ao que apunta o polo sur duncompás.
O16 de xaneiro de1909, tres homes, Douglas Mawson, Edgeworth David e Alistair Mackay, dunha expedición dirixida porSirErnest Shackleton, aseguraron que atoparan o Polo Sur Magnético.[9] Non obstante, hai dúbidas de se a súa localización foi a correcta.[10]
O campo xeomagnético terrestre pode ser aproximado por undipolo inclinado, situado no centro da Terra. O polo sur xeomagnético é o punto onde o eixo deste dipolo se cruza coa superficie da terra nohemisferio sur. En 2005 calculouse que estaba localizado nos79°44′S108°13′L / -79.733,-108.217,[11] preto dabase Vostok. Como o campo non é un dipolo exacto, o polo sur xeomagnético cambia de posición pola mesma razón que o magnético o fai.
O Polo Sur de Inaccesibilidade é máis remoto e complicado de acceder que o Polo Sur Xeográfico. O4 de decembro de2006, o Team N2i[12] (Equipo N2i), embarcouse para lograr chegar sen asistenciamecánica e o equipo logrou o seu cometido o20 de xaneiro de2007.
A tenda foi levantada pola expedición norueguesa dirixida por Roald Amundsen á súa chegada o 14 de decembro de 1911. Actualmente está enterrada baixo a neve e o xeo nas proximidades do Polo. Foi designadasitio e monumento histórico da Antártida (HSM 80), por mor dunha proposta de Noruega nunhareunión consultiva do Tratado Antártico.[13] Descoñécese a localización exacta da tenda, pero baseándose en cálculos da velocidade do movemento do xeo e a acumulación de neve, crese que, a partir de 2010, atópase entre 1,8 e 2,5 km do Polo a unha profundidade de 17 m por baixo da superficie actual.[14]
En 1820, varias expedicións afirmaron ser as primeiras en avistar a Antártida, coa primeira sendo a expedición rusa dirixida porFabian Gottlieb von Bellingshausen eMikhail Lazarev.[16] A primeira chegada a terra foi probablemente pouco máis dun ano despois, cando o capitán estadounidenseJohn Davis, un cazador de focas, puxo un pé no xeo artico.[17]
A xeografía básica da costa antártica non se comprendeu até mediados e finais do século XIX. O oficial naval estadounidenseCharles Wilkes afirmou (correctamente) que a Antártida era un novo continente, baseando a afirmación na súa exploración entre 1839–40,[18] mentres queJames Clark Ross, na súa expedición de 1839-1843, esperaba poder navegar até o Polo sur. (non tivo éxito).[19]
O explorador británicoRobert Falcon Scott naExpediciónDiscovery de 1901-1904 foi o primeiro en tentar atopar unha ruta desde a costa antártica até o Polo sur. Scott, acompañado porErnest Shackleton eEdward Wilson, partiu co obxectivo de viaxar o máis ao sur posible e, o 31 de decembro de 1902, alcanzou os 82°16′ S.[20] Shackleton regresou máis tarde á Antártida como líder da Expedición Antártica Británica (ExpediciónNimrod) nun intento de alcanzar o Polo. O 9 de xaneiro de 1909, con tres compañeiros, alcanzou os 88°23' S , a 180 km do Polo , antes de verse obrigado a dar media volta.[21]
Base Amundsen-Scott.
Os primeiros homes en chegar ao polo sur xeográfico foron onorueguésRoald Amundsen e o seu grupo, o14 de decembro de1911. Amundsen chamou ao seu campamentoPolheim, e todo o que rodeaba o polo,Haakon VII's Vidde, en honor ao reiHaakon VII de Noruega.Robert Falcon Scott regresou á Antártida coa súa segunda expedición, a ExpediciónTerra Nova, que nun principio descoñecía a expedición secreta de Amundsen. Scott e outros catro homes chegaron ao Polo sur o 17 de xaneiro de 1912, trinta e catro días despois que Amundsen. Na viaxe de volta, Scott e os seus catro compañeiros morreron de fame e frío extremo.
En1914, o exploradorbritánicoErnest Shackleton coa súaExpedición Imperial Trans-Antártica decidiu emprender a súa aventura de cruzar a Antártida pasando polo Polo Sur, mais oEndurance, o seu barco, quedou atrapado nabanquisa e afundiu once meses máis tarde. Shackleton e todo su equipo sobreviviron despois de moitas vicisitudes.
Un R4D-5L da Mariña dos EE. UU. foi o primeiro avión en aterrar no Polo sur, o 31 de outubro de 1956, para aOperación Deep Freeze II.
Non foi ata o31 de outubro de1956 cando outro home pisou de novo o Polo sur, foi cando un grupo dirixido polo almiranteGeorge J. Dufek daMariña dos Estados Unidos aterrou alí nun avión de transporte militar R4D Skytrain (Douglas C-47 Skytrain). A Estación do Polo Sur de EE. UU. Amundsen–Scott foi establecida por vía aérea entre 1956 e 1957 para oAno Xeofísico Internacional e desde entón conta continuamente con persoal de investigación e apoio.
Despois de Amundsen e Scott, os seguintes en chegar ao Polo surpor terra (aínda que con certo apoio aéreo) foronEdmund Hillary (4 de xaneiro de 1958) eVivian Fuchs (19 de xaneiro de 1958) e os seus respectivos equipos, durante aexpedición transantártica da Commonwealth. Houbo moitas expedicións posteriores que chegaron ao Polo sur en transporte de superficie, como as deHavola,Crary eFiennes.
O 6 de xaneiro de 1962 realizouse oprimeiro voo arxentino ao polo sur de dous aviónsDouglas DC-3 daArmada Arxentina ao mando do entón capitán de fragataHermes Quijada, feito que sorprendeu á opinión mundial xa que non se contaba neses momentos con cartografía da zona e polo tanto descoñecíase a existencia de referencias en terra que puidesen facilitar a orientación durante o voo directo desde o continente.[22][23]
O primeiro grupo de mulleres en alcanzar o polo foi o formado por Pam Young, Jean Pearson,Lois Jones,Eileen McSaveney, Kay Lindsay e Terry Tickhill en 1969.[24] Entre 1978-79, Michele Eileen Raney converteuse na primeira muller en invernar no Polo sur.[25]
Tras o establecemento, en 1987, da base de apoio loxístico no Campamento Base dePatriot Hills, o Polo sur fíxose máis accesible ás expedicións non gobernamentais.
No verán de 1988-1989, o glaciólogo chileno Alejo Contreras Steading chegou a pé ao Polo Sur; antes diso, chegara en 1980 por outros medios.[26][27]
O 17 de xaneiro de 1989 dúas mulleres,Vitoria E. Murden e Shirley Metz, alcanzaron o polo por terra.[28] O 30 de decembro de 1989,Arved Fuchs eReinhold Messner foron os primeiros en atravesar a Antártida polo Polo sur sen axuda animal nin motorizada, utilizando unicamente esquís e a axuda do vento.[29][30]
A marcha a pé máis rápida sen apoio ao polo sur xeográfico dende a costa durou 47 días, e foi feita en1999 porTim Jarvis ePeter Treseder, que levaron zorras que pesaban 200 kg e que contiñancomida ecombustible.
A viaxe sen apoio máis rápido ao Polo sur xeográfico desde o océano é de 24 días e unha hora desdeHercules Inlet e foi establecido en 2011 polo aventureiro noruegués Christian Eide,[31] que bateu a anterior marca en solitario establecida en 2009 polo estadounidenseTodd Carmichael de 39 días e sete horas, e a anterior marca de grupo establecida tamén en 2009 de 33 días e 23 horas.[32]
A travesía en solitario, sen apoio nin asistencia máis rápida realizada por unha muller até o polo sur foi a deHannah McKeand, do Reino Unido, en 2006. Fixo a viaxe en 39 días, 9 horas e 33 minutos. Comezou o 19 de novembro de 2006 e terminou o 28 de decembro do mesmo ano.[33]
No verán de 2011-12, expedicións separadas do norueguésAleksander Gamme e os australianosJames Castrission e Justin Jones reclamaron conxuntamente a primeira camiñada sen apoio, sen cans nin cometas, desde a costa antártica até o Polo sur e volta. As dúas expedicións partiron deHercules Inlet cun día de diferenza, comezando Gamme primeiro, pero completando xuntos os últimos quilómetros segundo o previsto. Como Gamme viaxaba só, converteuse así simultaneamente no primeiro en completar a tarefa en solitario.[34][35][36]
O 28 de decembro de 2018, o capitánLou Rudd converteuse no primeiro británico en cruzar a Antártida sen axuda polo polo sur, e na segunda persoa en realizar a viaxe en 56 días.[37] O 10 de xaneiro de 2020,Mollie Hughes converteuse na persoa máis nova en esquiar até o polo, con 29 anos.[38]
Telescopio do Polo sur durante a noite polar. A luz verde é aaurora polar.
Durante oinverno austral (de maio a agosto) o Polo Sur non recibeluz solar en absoluto, e está completamente escuro, agás a luz daLúa, e noverán (de outubro a febreiro) o sol, polo contrario, está todo o tempo nunha posición baixa no ceo sobre o horizonte, e parece moverse de dereita a esquerda.[39] Non obstante, sempre está relativamente baixo no ceo, alcanzando un máximo de aproximadamente 23,5° arredor do solsticio de decembro debido á inclinación aproximada de 23,5° do eixe terrestre. Moita da luz solar que chega á superficie é reflectida polaneve. A falta de calor solar, combinada coa elevadaaltitude (2800 m), inflúe en que o Polo Sur teña un dosclimas máis fríos do planeta (aínda que non é o máis frío; ese récord corresponde á rexión próxima á estación Vostok , tamén na Antártida, que se atopa a unha altitude máis alta).[40] Astemperaturas no Polo Sur son moito menores cás doPolo Norte, especialmente porque o Polo Sur se localiza a maior altitude en medio da masa continental,[41] mentres que o Polo Norte está aonivel do mar na metade do océano, o que á súa vez, actúa como reserva de calor.
A mediados do verán, cando o Sol alcanza a súa elevación máxima duns 23,5 graos, as temperaturas máximas no Polo Sur en xaneiro alcanzan unha media de -25 °C. A medida que avanza o "día" de seis meses e o Sol baixa, as temperaturas tamén baixan: alcanzan os -55 °C arredor do solpor (finais de marzo) e do amencer (finais de setembro) A mediados do inverno, a temperatura mantense a arredor de -60 °C. a temperatura máis elevada rexistrada naBase Amundsen-Scott foi de -12.3 °C, o día de Nadal de 2011,[42] e a máis baixa, -82.8 °C. o 23 de xuño de 1982.[43][44][45] (en comparación, a temperatura máis baixa rexistrada directamente en calquera lugar da Terra foi de -89,2 °C na estación de Vostok o 21 de xullo de 1983, aínda que se mediron indirectamente -93,2 °C por satélite na Antártida Oriental entre aDomo A e aDomo F en agosto de 2010.[46]). A temperatura media anual no Polo Sur é de -49,5 °C.[47]
O Polo Sur ten un clima de casquete glacial (clasificación climática de KöppenEF ). Aseméllase a un deserto, xa que recibe moi poucasprecipitacións. A humidade do aire é próxima a cero. Non obstante, os ventos fortes poden provocar nevadas, e a acumulación de neve ascende a uns 7 cm ao ano.[47] A antiga cúpula que se ve nas fotos da estación Amundsen-Scott está parcialmente enterrada debido ás tormentas de neve, e a entrada á cúpula tiña que ser despexada regularmente cunha escavadora para poder acceder a ela. Os edificios máis recentes están construídos sobre pilotes para que a neve non se acumule aos seus lados.
Temperaturas media máxima e mínima, e precipitacións no Polo Sur
Na maioría dos lugares da Terra, a hora local vén determinada polalonxitude, de modo que a hora do día está máis ou menos sincronizada coa posición percibida do Sol no ceo (por exemplo, ao mediodía percíbese que o Sol está aproximadamente no seu punto máis alto). Este razoamento non é válido no Polo sur, onde o Sol só sale e ponse unha vez ao ano e a súa elevación varía unicamente en función do día do ano, non da hora do día. Non hai ningunha razóna priori para situar o Polo sur nunha zona horaria concreta, pero por razóns prácticas, a estación Amundsen-Scott do Polo sur mantén ahora de Nova Zelandia (UTC+12/UTC+13). Isto débese a que Estados Unidos realiza as súas misións de reabastecemento («Operación Deep Freeze») desde aEstación McMurdo, que se abastece desdeChristchurch, Nova Zelandia.[50][51][52]
Debido ao seu clima excepcionalmente duro, non hai plantas nin animais autóctonos no Polo sur. Ocasionalmente vensepalleiras de MacCormick epetreles das neves que se desviaron da súa ruta.[53]
↑Kiefer, Alex (xaneiro de 1994)."South Pole Marker". Consultado o 22 de xaneiro do 2025.
↑George F. Mobley (18 de setembro de 2012)."Flags at the South Pole". National Geographic. Arquivado dendeo orixinal o 15 de xuño de 2020. Consultado o 22 de xaneiro do 2025.
↑"Famous Firsts".The Antarctic Sun. United States Antarctic Program. 13 de novembro de 2009. Arquivado dendeo orixinal o 16 de decembro de 2016. Consultado o 23 de xaneiro do 2025.
Landis, Marilyn J. (2003).Antarctica: Exploring the Extreme: 400 Years of Adventure. Chicago Review Press.ISBN 1-55652-480-3
Savatyugin, L.M., Preobrazhenskaya, M.A.Russian Exploration of Antarctica (enruso Российские исследования в Антарктике), publicado por Gidrometeoizdat, Arctic and Antarctic Research Institute (AARI), Servizo Federal para a Hidrometeoroloxía e a Monitorización Medioambiental da Federación Rusa (Roshydromet), en 3 volumes, San Petersburgo, 1999,ISBN 5-286-01265-5
Soviet Antarctic Expedition: information bulletin., Amsterdam: Elsevier Pub. Co.; Nova York: American Elsevier Pub. Co., 1964–, ISSN 0038-5271