Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Poesía

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Poeta»)

Trobadores nunha miniatura doCancioneiro da Ajuda, colección de poesías engalaico-portugués (s. XIII).

Apoesía é unha forma deliteratura que emprega as calidadesestética e rítmica[1][2][3] dalinguaxe, como aeufonía, osimbolismo fonético e aprosodia, para evocarsignificados engadidos ou o significadoprosaico.

A poesía ten unha longahistoria que se remonta áEpopea de Gilgameshsumeria. Os poemas máis antigos evolucionaron dende cancións populares, como oShijing chinés, ou dende a necesidade de recoller a tradición das lendas orais, como osVedassánscritos, osGathaszoroastras ou os poemashoméricos, aIlíada e aOdisea. Os primeiros intentos de definir a poesía, como os daPoética deAristóteles, centráronse no emprego dafala naretórica, nodrama, nocanto e nacomedia. Intentos máis serodios centráronse en aspectos como a repetición, na forma do verso e narima, salientando a estética que é o que distingue á poesía doutras formas de escrita máis obxectivas, informativas eprosaicas. Dende mediados do século XX, a poesía é considerada de forma máis xeneralizada como a forma creativa fundamental de empregar a linguaxe.

A poesía emprega formas e convencións para suxerir diferentes interpretacións das verbas, ou para evocar respostas emotivas. Recursos como aasonancia, aaliteración, aonomatopea e oritmo son empregados a miúdo para acadar efectosmusicais ou de encantamento. O uso daambigüidade, osimbolismo, aironía e outros elementosestilísticos da dicción poética fan posible deixar un poema aberto a múltiples interpretacións. Figuras semellantes do discurso como ametáfora, osímil e ametonimia[4] crean unha resonancia entre imaxes dispares creando conexións de significados.

Algunhas clases de poesía son específicas deculturas exéneros particulares e responden a características da lingua na que escriben os poetas. Os lectores acostuman a identificar a poesía conDante,Goethe,Mickiewicz eRumi e poden considerarse escritos conrima emétricas regulares. Porén, hai tradicións, como apoesía bíblica, que empregan outros xeitos para crear ritmo eeufonía. Moita da poesía moderna reflicte unha crítica á tradición poética,[5] poñendo a proba e xogando e co principio mesmo da eufonía, ou mesmo obviando a rima e o ritmo.[6][7] No proceso crecente deglobalización, os poetas a miúdo adaptan estilos, formas e técnicas de diferentes culturas e linguas.

ODía mundial da poesía foi proclamado pola Conferencia Xeral daUnesco e celebrouse por primeira vez o21 de marzo de 2000. A súa finalidade é fomentar o apoio aos poetas novos, volver ao encantamento da oralidade e restablecer o diálogo entre a poesía e as demais artes (teatro,danza,música etc.)

Historia

[editar |editar a fonte]
Aristóteles.
Artigo principal:Historia da poesía.

A poesía como forma de arte pode ser anterior áliteratura.[8] O poema máis antigo que se conserva é aEpopea de Gilgamesh, do terceiro milenio antes de Cristo e procedente deSumer (enMesopotamia, actualIraq), que foi escrita enescritura cuneiforme en táboas de arxila, e posteriormente enpapiros.[9] Unha táboa que data do ano -2000 describe un rito anual no que o reicasa simbolicamente e acóplase coa deusaInanna para garantir prosperidade e fertilidade, e está considerado o máis antigo poema de amor do mundo.[10][11] Exemplos de poesía épica exipcia inclúen aHistoria de Sinuhé (c. -1800). Outros poemas épicos antigos inclúen aIlíada e aOdiseagregos, os librosavésticosGathas eYasna, aEneida deVirxilio, e os poemas épicos indiosRamayana eMahabharata.

Apoesía épica, como osVedas indios, osGathasand ou aOdisea do século -VII, semella que foron compostos en forma poética para axudar na súa memorización e para a transmisión oral en sociedades prehistóricas e antigas.[12] Outras formas de poesía desenvolvéronse directamente dende as cancións populares. As entradas máis antigas do recompilatorioShijing, foron letras de cancións, que precederon a outras entradas creadas para ser lidas.[13]

Os esforzos dos antigos pensadores para determinar que fai da poesía unha forma distintiva, e que distingue á poesía boa da mala, resultaron na "poética"—o estudo da estética da poesía.[14] Algunhas tradicións poéticas antigas, como por exemplo apoesía clásica chinesa no caso deShijing (Cásico de poesía) recolle o desenvolvemento dos canons de poesía con relevancia estética e ritual.[15] Máis recentemente, os pensadores tiveron problemas para atopar unha definición que abranguese as grandes diferenzas que existen entreOs contos de Canterbury de Chaucer e oOku no Hosomichi deMatsuo Bashō, así como as diferenzas de contexto que inclúen a poesía relixiosa, a poesía de amor e orap.[16]

Tradicións occidentais

[editar |editar a fonte]
John Keats.

Os pensadores clásicos empregaron a clasificación como un xeito de definir e avaliar a calidade da poesía. Os anacos existentes daPoética deAristóteles describen tres xéneros de poesía, a épica, a cómica e a tráxica, e desenvolven regras para distinguir a poesía de máis calidade en cada xénero, sobre a base dos propósitos subxacentes do xénero.[17] Osestéticos posteriores identificaron tres grandes xéneros: a poesía épica, apoesía lírica e a poesía dramática, considerando acomedia e atraxedia comosubxéneros da poesía dramática.[18]

O traballo de Aristóteles foi moi influente a través da Idade Media durante aIdade de ouro islámica,[19] así como en Europa durante oRenacemento.[20] Poetas posteriores a miúdo distinguían e definían a poesía en oposición áprosa, que era xeralmente entendida como a escrita cunha proclividade á explicación lóxica e a unha estrutura narrativa lineal.[21]

Isto non quere dicir que a poesía sexa ilóxica ou que careza de narración, senón máis ben que a poesía é un intento de facer algo fermoso ou sublime sen a carga de participar nos procesos de pensamento lóxico ou narrativo. O poetarománticoJohn Keats denominou esta fuxida da lóxica como "Capacidade negativa".[22] Esta visión "romántica" é un elemento chave do éxito da poesía porque a forma é abstracta e distinta da lóxica subxacente nocional. Esta achega foi influente durante todo o século XX.[23]

Durante este período, tamén foi substancialmente maior a interacción entre as diversas tradicións poéticas , en parte por mor docolonialismo europeo e o conseguinte aumento do comercio mundial.[24] Ademais do boom datradución, durante o período romántico foron descubertas numerosas obras antigas.[25]

Disputas dos séculos XX e XXI

[editar |editar a fonte]
Archibald MacLeish.

Algúnsteóricos literarios do século XX tiveron menos en conta a oposición entre prosa e poesía, centrándose no poeta como aquel que crea empregando a linguaxe, e na poesía como a creación do poeta.[26] O concepto subxacente do poeta como creador non é pouco común, e algúnspoetas modernos non distinguen entre a creación dun poema con palabras, e os actos creativos noutro medios. Porén, outros modernistas consideran o intento de definir a poesía como trabucado.[27]

O rexeitamento das formas e estruturas tradicionais da poesía comezaron na primeira metade do século XX e cadraron co cuestionamento do propósito e significado das definicións tradicionais e das distincións entre poesía e prosa, dando exemplos de prosa poética e poesía prosaica. Varios poetas modernistas escribiron en xeitos non tradicionais ou no que tradicionalmente se tería considerado prosa, malia que os seus escritos estaban polo xeral infundidos pola dicción poética e a miúdo contaban con ritmos e sons con intencións nonmétricas. Isto xerou unha substancial resposta formalista dentro das escolas modernas, esta resposta centrouse no desenvolvemento de novas estruturas formais como xeito de rexurdimento das vellas formas e estruturas.[28]

Elementos

[editar |editar a fonte]

Prosodia

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Prosodia.

A prosodia é o estudo da métrica, doritmo e daentoación do poema. O ritmo e a métrica son diferentes, malia estar estreitamente relacionados.[29] A métrica é o patrón definitivo estabelecido para un verso (coma opentrámetro iámbico), mentres que o ritmo é de feito o son que resulta da propia poesía. A prosodia tamén pode ser empregada para referirse máis especificamente ó de determinar a métrica para comprobar de que clase é.[30]

Ritmo

[editar |editar a fonte]
Artigos principais:Isocronía, Lingua tonal e Acento tonal.
Robinson Jeffers

Os xeitos de crear o ritmo poético varían segundo as diferentes linguas e as tradicións poéticas. As linguas son descritas a miúdo como posuidoras de tempos estabelecidos polos acentos, as sílabas e asmoras dependendo de como se fixa o ritmo, aínda que unha lingua pode ser influenciada por outros factores. Oxaponés é unha lingua co tempo baseado enmoras. Entre as linguas co tempo baseado na sílaba cóntanse olatín, ocatalán, ofrancés, oleonés, ogalego e ocastelán. Oinglés, oruso e oalemán son linguas baseadas no acento.[31] As variacións naentoación tamén inflúen en como o ritmo é percibido. Hai linguas que poden basearse en calquera ton, coma osánscrito védico ou ogrego antigo. Entre aslinguas tonais cóntanse ochinés, ovietnamita e moitaslinguas níxer-congo.[32]

O ritmo métrico xeralmente involucra modalidades precisas de acentos ou sílabas en patróns repetidos chamadospés. No inglés moderno, o patrón dos acentos nos versos permite diferenciar os pés, polo que o ritmo baseado na métrica se basea a miúdo no patrón de sílabas tónicas e átonas (soas ouelididas).[33] Por outra banda, naslinguas clásicas, mentres as unidadesmétricas son semellantes, a duración vocálica é a que define a métrica.[34] Na poesía doinglés antigo emprégase un patrón métrico que implica diversos número de sílabas, pero un número fixo de fortes acentos en cada liña .[35]

O recurso predominante napoesía bíblicahebrea, incluíndo moitossalmos, foi oparalelismo, unha estrutura retórica na que as liñas sucesivas reflíctense entre elas na estrutura gramatical, na estrutura do son e na noción do contido. O paralelismo prestábase a respostasantifonais ou dechamada e resposta, que pode ser reforzada polaentoación. Deste xeito, a poesía bíblica baséase moito menos nos pés métricos para crear ritmo, e no seu canto, crea ritmo baseándose en unidades de son máis longas, como frases e oracións.[36] Algunhas formas clásicas de poesía, como osvenpa dalingua támil, tiñan gramáticas ríxidas (até o punto que poden ser expresados engramática libre de contexto) o que garantiu un ritmo.[37] Napoesía chinesa, tanto os tons como os acentos crean o ritmo. Apoesía clásica chinesa identifica catro tons: ton de nivel, ton ascendente, ton saínte e ton entrante.[38]

Os patróns formais de métrica empregados nos versos do para crear ritmo xa non dominan a poesía contemporánea en inglés. No caso doverso libre, o ritmo adoita estar organizado en unidades máis flexibles de cadencia no canto da métrica regular.Robinson Jeffers,Marianne Moore eWilliam Carlos Williams son tres poetas salientables que rexeitaron a idea de que a métrica con acentuación regular é crítica para a poesía inglesa.[39] Jeffers experimentou coritmo sprung como un xeito alternativo de marcar o ritmo.[40]

Métrica

[editar |editar a fonte]

Nas tradicións poéticas occidentais, a métrica é agrupada de xeito habitual segundo o característico e o número de pés por liña.[41] O número de pés por liña é descrito seguindo a terminoloxía grega:tetrámetro para catro pés ehexámetro para seis pés, por exemplo.[42] Así, o "pentrámetro iámbico" é unha métrica que comprende cinco pés por liña, no que o tipo de pé predominante té o "iambo". Este sistema métrico orixinouse napoesía grega, e foi empregado por poetas comoPíndaro eSafo, e polos grandestráxicos deAtenas. De xeito semellante, o "hexámetro dactílico" comprende seis pés nos que a clase dominante é o "dáctilo". O hexámetro dáctilo foi a métrica tradición dapoesía épica grega, sendo os exemplos máis antigos coñecidos os deHomero eHesíodo.[43] O pentámetro iámbico e o hexámetro dactílico foron empregados con posterioridade por outros poetas, comoWilliam Shakespeare eHenry Wadsworth Longfellow, respectivamente.[44] As formas métricas máis comúns son:[45]

Homero.
  • Iambo – unha sílaba sen acento seguida por outra con acento.
  • Troqueo – unha sílaba con acento seguida por unha sílaba sen el.
  • Dáctilo – unha sílaba con acento seguida por dúas sílabas sen acento.
  • Anapesto – dúas sílabas sen acento seguido por unha con acento.

Existen un gran número de nomes para outros tipos de pés, como ocoriambo, un pé de catro sílabas cunha inicial con acento, dúas seguintes sen acento e a última sílaba con acento. O coriambo procede da antigapoesía grega elatina.[43] As linguas que empregan aduración da vogal ou aentoación no canto dos acentos das sílabas para determinar a métrica, como oturco otomán ouvédico, a miúdo teñen conceptos semellantes ó iambo e o dáctilo para describir combinacións comúns segundo a duración dos sons.[46]

Cada un destes pés causa un certo "sentimento," ben sexa en solitario ou en combinación con outros. O iambo, por exemplo, é a forma de ritmo máis natural en lingua inglesa, e xeralmente produce un verso sutil, máis estable.[47] A análise da métrica pode amosar a base ou os fundamentos dos patróns subxacentes nos versos, mais non amosa os diferentes graos deacentos, nin as diferentes así como as diferentes densidades e lonxitudes das sílabas.[48]

Ilustración deHenry Holiday para "The Hunting of the Snark" deLewis Carroll, que está escrito principalmente entetrámetro anapéstico.

Existe un debate sobre a utilidade da multiplicidade dos diferentes "pés" á hora de describir a métrica. Por exemplo,Robert Pinsky argumentou que mentres o dáctilo é importante no verso clásico, o verso dáctilo en inglés é moi irregular e podería ser mellor descrito con patróns de iambos e anapestos, os pés que están considerados máis naturais nesta lingua.[49] De feito, o ritmo é significativamente máis complexo que a clasificación métrica devandita, e moitos estudosos buscaron desenvolver sistemas que superaran tal complexidade.Vladimir Nabokov observou que o estándar regular de sílabas tónicas e átonas nunha liña de verso era un patrón distinto de acentos resultantes do natural das palabras faladas, e suxeriu que o termo "scud" para distinguir un acento marcado doutro que non o é.[50]

Patróns métricos

[editar |editar a fonte]

As diferentes tradicións e xéneros de poesía empregan diferentes métricas, dende opentámetro iámbico de Shakespeare, ohexámetro dactílico de Homero ou otetrámetro anapéstico empregado nascantigas de berce. Porén, son comúns as variacións para estabelecer a métrica, co fin de proporcionar énfase e atención a un pé en concreto e para evitar repeticións aburridas. Por exemplo, o acento dun pé pode ser invertido, pode ser engadida unhacesura (ou pausa) e o pé final pode ter un remate feminino para suavizalo ou substituílo porespondeu para subliñar ou crear unha parada. Algúns patróns (como o pentámetro iámbico) tenden a ser bastante regulares, mentres que outros estándares, como o hexámetro dactílico, tenden a ser altamente irregulares.[51] A regularidade pode variar dunha lingua a outra. Ademais, os patróns poden desenvolverse de xeito diferente en función da lingua, xa que otetrámetro iámbico en ruso reflicte unha regularidade no emprego dos acentos para fornecer a métrica, o cal non ocorre, ou ocorre con menos frecuencia, no inglés.[52]

Alexander Pushkin.

Algúns patróns métricos salientables, xunto con exemplos de poetas e poemas, poden ser:

Rima, aliteración, asonancia

[editar |editar a fonte]
Artigos principais:Rima, Verso aliterativo e Rima asonante.
O poema épicoanglosaxónBeowulf está escrito enversoaliterativo.

A rima, a aliteración, a asonancia e aconsonancia son camiños de crear patróns de son repetitivos. Poden ser empregadas como un elemento estrutural independente nun poema, para fornecer os patróns rítmicos, ou como elemento ornamental.[58] Poden conter un significado distinto dos patróns de son repetitivo creados. Por exemplo,Chaucer empregou a aliteración para burlarse do verso en inglés antigo e para representar unha personaxe como arcaica.[59]

A rima componse de sons idénticos ("rima consonante") ou semellantes ("rima asonante") que se atopan ó final das liñas ou en lugares predicibles dentro das liñas ("rima interna"). Entre as diferentes linguas varía a riqueza das estruturas rítmicas. Oitaliano, por exemplo, ten unha rica estrutura rítmica que permite manter a rima en todo o poema. A riqueza defínese polos remates de palabras que seguen formas regulares. O inglés, que ten remates de palabras irregulares adoptadas doutras linguas, é menos rico en rima.[60] O grao de riqueza das estruturas rítmicas dunha lingua xoga un papel esencial en determinar que formas poéticas son as máis comúns nesa lingua.[61]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Oxford Dictionaries, ed. (2013)."Poetry". Arquivado dendeo orixinal o 18 de xuño de 2013. Consultado o 27 de maio de 2016. 
  2. Merriam-Webster, ed. (2013)."Poetry". 
  3. Dictionary.com, LLC, ed. (2013)."Poetry".Dictionary.com. 
  4. Strachan, John R; Terry, Richard, G (2000). Edinburgh University Press, ed.Poetry: an introduction. p. 119.ISBN 978-0-8147-9797-6. 
  5. Eliot, TS (1999). Faber & Faber, ed.Selected Essays. pp. 13–34.ISBN 978-0-15-180387-3. 
  6. Longenbach, James (1997). Oxford University Press, ed.Modern Poetry After Modernism. pp. 9, 103.ISBN 0-19-510178-2. 
  7. Schmidt, Michael, ed. (1999).The Harvill Book of Twentieth-Century Poetry in English. pp. xxvii–xxxiii.ISBN 1-86046-735-0. 
  8. Hoivik, S; Luger, K (3 de xuño de 2009). "Folk Media for Biodiversity Conservation: A Pilot Project from the Himalaya-Hindu Kush".International Communication Gazette71 (4): 321–346.doi:10.1177/1748048509102184. 
  9. Sanders, NK (trans.) (1972). Penguin Books, ed.The Epic of Gilgamesh (Revised ed.). pp. 7–8. 
  10. Mark, Joshua J. (13 de agosto de 2014)."The World's Oldest Love Poem". 
  11. ARSU, SEBNEM. New York Times, ed."Oldest Line In The World". Consultado o 1 de maio de 2015. 
  12. Ahl, Frederick; Roisman, Hannah M (1996). Cornell University Press, ed.The Odyssey Re-Formed. pp. 1–26.ISBN 0-8014-8335-2. . Outros suxiren que a poesía non perseguía necesariamente a escritura.Goody, Jack (1987). Cambridge University Press, ed.The Interface Between the Written and the Oral. p. 98.ISBN 0-521-33794-1. 
  13. Ebrey, Patricia (1993). The Free Press, ed.Chinese Civilisation: A Sourcebook (2º ed.). pp. 11–13.ISBN 978-0-02-908752-7. 
  14. Abondolo, Daniel (2001). Curzon, ed.A poetics handbook: verbal art in the European tradition. pp. 52–53.ISBN 978-0-7007-1223-6. 
  15. Gentz, Joachim (2008). Kern, Martin, ed.Text and Ritual in Early China. University of Washington Press. pp. 124–148.ISBN 978-0-295-98787-3. 
  16. Habib, Rafey (2005). John Wiley & Sons, ed.A history of literary criticism. pp. 607–609, 620.ISBN 978-0-631-23200-1. 
  17. Penguin Books, ed. (1997).Poética de Aristóteles.ISBN 0-14-044636-2. 
  18. Frow, John (2007). Routledge, ed.Genre. pp. 57–59.ISBN 978-0-415-28063-1. 
  19. Bogges, WF (1968). "'Hermannus Alemannus' Latin Anthology of Arabic Poetry".Journal of the American Oriental Society88 (4): 657–70.JSTOR 598112.doi:10.2307/598112. Burnett, Charles (2001). Brill Academic Publishers, ed.Poetry and Philosophy in the Middle Ages: A Festschrift for Peter Dronke. pp. 29–62.ISBN 90-04-11964-7. 
  20. Grendler, Paul F (2004). Johns Hopkins University Press, ed.The Universities of the Italian Renaissance. p. 239.ISBN 0-8018-8055-6. 
  21. Kant, Immanuel; Bernard, JH (trans.) (1914). Macmillan, ed.Critique of Judgment. p. 131.  Kant defende que a natureza da poesía como unha forma autoconsciente abstracta e fermosa elévase até o máis alto nivel nas artes verbais, con son ou música que a segue, e só despois da prosa máis lóxica e narrativa.
  22. Ou, Li (2009). Continuum, ed.Keats and negative capability. pp. 1–3.ISBN 978-1-4411-4724-0. 
  23. Watten, Barrett (2003). Wesleyan University Press, ed.The constructivist moment: from material text to cultural poetics. pp. 17–19.ISBN 978-0-8195-6610-2. 
  24. Abu-Mahfouz, Ahmad (2008)."Translation as a Blending of Cultures"(PDF).Journal of Translation4 (1). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 09/03/2012. Consultado o 30/05/2016. 
  25. Highet, Gilbert (1985). Oxford University Press, ed.The classical tradition: Greek and Roman influences on western literature. pp. 355, 360, 479.ISBN 978-0-19-500206-5. 
  26. Wimsatt, William K, Jr; Brooks, Cleanth (1957). Vintage Books, ed.Literary Criticism: A Short History. p. 374. 
  27. Johnson, Jeannine (2007). Fairleigh Dickinson University Press, ed.Why write poetry?: modern poets defending their art. p. 148.ISBN 978-0-8386-4105-7. 
  28. Jenkins, Lee M; Davis, Alex (2007). Cambridge University Press, ed.The Cambridge companion to modernist poetry. pp. 1–7, 38, 156.ISBN 978-0-521-61815-1. 
  29. Pinsky 1998, p. 52
  30. Fussell 1965, pp. 20–21
  31. Schülter, Julia (2005). Walter de Gruyter, ed.Rhythmic Grammar. pp. 24, 304, 332. 
  32. Yip, Moira (2002). Cambridge University Press, ed.Tone. pp. 1–4, 130.ISBN 0-521-77314-8. 
  33. Fussell 1965, p. 12
  34. Jorgens, Elise Bickford (1982). University of Minnesota Press, ed.The well-tun'd word : musical interpretations of English poetry, 1597–1651. p. 23.ISBN 978-0-8166-1029-7. 
  35. Fussell 1965, pp. 75–76
  36. Walker-Jones, Arthur (2003). Society of Biblical Literature, ed.Hebrew for biblical interpretation. pp. 211–213.ISBN 978-1-58983-086-8. 
  37. Bala Sundara Raman, L; Ishwar, S; Kumar Ravindranath, Sanjeeth (2003)."Context Free Grammar for Natural Language Constructs: An implementation for Venpa Class of Tamil Poetry".Tamil Internet: 128–136. 
  38. Brogan, TVF (1995). Princeton University Press, ed.The Princeton handbook of multicultural poetries. p. 86.ISBN 978-0-691-00168-5. 
  39. Hartman, Charles O (1980). Northwestern University Press, ed.Free Verse An Essay on Prosody. pp. 24, 44, 47.ISBN 978-0-8101-1316-9. 
  40. Hollander 1981, p. 22
  41. Corn 1997, p. 24
  42. Corn 1997, pp. 25, 34
  43. 43,043,1Annis, William S (xaneiro de 2006). Aoidoi, ed."Introduction to Greek Meter"(PDF). pp. 1–15. 
  44. Fondazione Universitaria in provincia di Belluno (ed.)."Examples of English metrical systems"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 08 de marzo de 2012. Consultado o 10 de decembro de 2011. 
  45. Fussell 1965, pp. 23–24
  46. Kiparsky, Paul (setembro de 1975). "Stress, Syntax, and Meter".Language51 (3): 576–616.JSTOR 412889.doi:10.2307/412889. 
  47. Thompson, John (1961). Columbia University Press, ed.The Founding of English Meter. p. 36. 
  48. Pinsky 1998, pp. 11–24
  49. Pinsky 1998, p. 66
  50. Nabokov, Vladimir (1964). Bollingen Foundation, ed.Notes on Prosody. pp. 9–13.ISBN 0-691-01760-3. 
  51. Fussell 1965, pp. 36–71
  52. Nabokov, Vladimir (1964). Bollingen Foundation, ed.Notes on Prosody. pp. 46–47.ISBN 0-691-01760-3. 
  53. Adams 1997, p. 206
  54. Adams 1997, p. 63
  55. tetrameter.com (ed.)."What is Tetrameter?". Arquivado dendeo orixinal o 13 de decembro de 2011. Consultado o 10 de decembro de 2011. 
  56. Adams 1997, p. 60
  57. James, ED; Jondorf, G (1994). Cambridge University Press, ed.Racine: Phèdre. p. 32–34.ISBN 978-0-521-39721-6. 
  58. Corn 1997, p. 65
  59. Osberg, Richard H (2001). Gaylord, Alan T, ed.Essays on the art of Chaucer's verse.Routledge. pp. 195–228.ISBN 978-0-8153-2951-0. 
  60. Alighieri, Dante; Pinsky Robert (trans.) (1994). Farrar, Straus & Giroux, ed.The Inferno of Dante: A New Verse Translation.ISBN 0-374-17674-4. 
  61. Kiparsky, Paul (verán de 1973). "The Role of Linguistics in a Theory of Poetry".Daedalus102 (3): 231–244. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  PoesíaModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Poesía&oldid=6675048»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp